ASTEROIDES, UNHA MINA EN ÓRBITA

Se os recursos que obtemos na Terra son limitados, por qué non obtelos de fora do noso planeta? A idea de explotar comercialmente asteroides e outros obxectos do Sistema Solar xa se lles pasou pola cabeza a varios empresarios do sector espacial, pero non só a eles, tamén a están a barallar dúas empresas estadounidenses chamadas Planetary Resources e Deep Space Industries (DSI), as cales traballan activamente para que se poidan dar nun futuro próximo.

Recreación del proyecto 'Harvestor': una sonda robótica...

A empresa DSI plantexa enviar, no 2016, a súa primeira misión robótica exploratoria para ensaiar a tecnoxía en tres asteroides, que DSI visualiza coma grandes e auténticas minas desaproveitadas. David Gump, fundador e presidente da compañía explica, entusiasmado, como xa é posible fabricar tecnoloxía espacial de baixo custo. Naturalmente, é de baixo custo se a comparamos cos precios habituais ata agora, aínda que por “barato” que resulte, temos que admitir, que ir buscar minerais a asteroides vai a sair moito máis caro ca buscalos na Terra, á vez que innecesario, xa que non penso que escaseen: ” Los geólogos de nuestro equipo siempre nos dicen que lo primero que hay que saber sobre las llamadas tierras raras, es que no son raras en absoluto. Son abundantes en la Tierra, aunque es cierto que China prácticamente tiene el monopolio sobre ellas porque cuenta con casi todos los depósitos. Pero no hace falta ir a buscarlos a los asteroides.” dicía Gump.

Aínda que faltan moitos aspectos por decidir, xa teñen preparado un almanaque provisional:

  1. No 2016 plantexan enviar tres pequenas naves espacias, chamadas FireFly, a tres asteroides para unha primeira misión exploratoria. Esta primeira fase custaría arredor duns 20 millóns de dólares, e estaría financiada por clientes potenciais e patrocinadores.
  2. Cara ao 2017 teñen previsto enviar outra nave chamada Dragonfly, que recollerá mostras e traeraas á Terra (tardará dous ou tres anos en regresar).
  3. Logo, no 2019 lanzarán unha nave moito máis grande chamada Harvestor, coa que queren comenzar a fabricar combustible.

Aínda que estas misión son robóticas, o empresario apunta que tamén serán necesarios seres humanos que comproben os procesos e arranxen as cousas.

Autora: Andrea Brea

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Recursos naturais, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to ASTEROIDES, UNHA MINA EN ÓRBITA

  1. Victor di:

    A PARTIR DE ONTE E DURANTE 10 DÍAS, TEREDES ABERTO UN NOVO FORO: «A CIENCIA TEN SEXO?»

  2. Victor di:

    Simplemente comezade dando a vosa opinión xeral sobre a proposta que trata este artigo.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Como ben di o artigo,os recursos da Terra empezan a ser moi limitados,e temos que buscalos onde sexa,incluso no espazo. Este artigo ofrece unha posibilidades de extracción de recursos especiais,o cal eu estou de acordo,xa que o fundamental do que nos rodean na nosa vida son os recursos,é o espacio e un lugar infinito,onde os recursos en forma de asteroides son ilimitados; creo que non viría nada mal que estés proxectos foran tamén financiados polos Gobernos.

    • faa-begonasuarez di:

      O artigo móstranos como podemos extraer fontes de enrxía fóra da terra, Eu opino que iso está ben xa que os nosos recursos nun futuro serán limitados e haberá que atopar a maneira de buscalos fóra. É unha boa idea e espero que dea resultado xa que sería algo positivo para todos nós.

    • faa-adrianmartinez di:

      Pois paréceme unha boa idea, sí, pero demasiado cara e perigosa. Non creo que se leve a cabo a non ser que sexa absolutamente necesario. No caso de que finalmente se leve a cabo, farase mediante unha empresa privada, que venderá os recursos seguramente a prezos desorbitados. O dito, non creo que sexa útil nin necesario ata que os recursos realmente escaseen na Terra.

    • faa-diegocores di:

      Na miña opinión o de investigar isto está ben, para ter esa información pero paréceme precipitada a planificación de mandar en 6 anos naves a explotar estes asteroides tendo estes recursos de momento na Terra. Opino que si se deben ter eses datos e si ter un plan de acción, que nunca está de máis pero non actuar ata que se estean a esgotar os recursos terrestres.

  3. faa-ricardop di:

    Eu penso que estaría ben iso de ir a coñecer outros planetas, sobre todo para a ciencia, que con isto, conseguimos máis información, non só da Terra, senon que tamén doutros planetas do Sistema Solar.
    Aunque coma todos, hay un pero, Estaríamos dispostos a perder tantos millóns de dolares para que a ciencia avance… ?

  4. faa-veronicanoya di:

    Penso que sería moito mellor invertir todos esos cartos en investigar como conseguir recursos na nosa Terra, mellorando os mecanismos de recolección das enerxiás revobables ou buscando algunhas novas, xa que todos esos cartos invertiranse nun proxecto do cal non teñen a certeza de que poidan conseguir tales recursos, e que no caso de conseguilos non duraría para sempre, senón que dentro dus anos xa non quedarán máis deses recursos neses planteas, e terían que volver a gastar unha morea de cartos outra vez para conseguir os recursos noutros planetas.

    • faa-lauravazquez di:

      Estou de acordo con Verónica. A investigación e a extracción de enerxía doutros planetas sería moi custosa e nin se quera se sabe con certeza que sea factible. É certo que os recursos da Terra son limitados pero poderíase mellorar certos aspectos, na extración a partir de combustibles fósiles ou tamén abrir novos campos nas renovables.

  5. faa-noeliaparracho di:

    Na miña opinión a idea de non explotar tanto o noso planeta ten dúas caras.
    É unha boa idea xa que esto axudaría a non explotar tantos países pobres, reducindo a explotación infantil, as guerras por territorios con determinados materiais, etc. Tamén axudariamos a producir menos contaminación na extracción.
    Por outra banda crearíase moito desempleo. Crearíase empleo noutro ámbito pero dubido que as persoas desempleadas cumpran os mínimos para traballar no espazo. Ademáis habería que invertir bastantes cartos, e non estamos como para isto se non produce un beneficio considerable con respecto ós gastos.
    Quizais a mellor opción sexa facer un balance de puntos a favor e en contra de determinar se paga a pena facelo xa ou esperar uns anos máis para facelo en boas condicións económicas.

  6. fab-anaoubina di:

    Pois eu penso que estaría ben recoller recursos dos asteroides, moitos metales que escasean na corteza terrestre e que son indispensables para as industrias, son moi abundantes nos asteroides. De feito a corteza da terra formouse sin estos materiais que foron arrastrados hacia o núcleo cando o planeta se encontraba recién fundido a altas temperaturas. Foi unha intensa choiva de asteroides o que volveu a depositar estos materiais sobre a corteza da terra. A empresa parece ter un bo plan, e este plan non parece incluir unha urgencia inmediata por obter benefícios e ademais a NASA parece estar dacordo con iso.

  7. fab-aidagonzalez di:

    Eu penso que a idea de ir buscar recursos fóra do noso planeta resulta un pouco egoísta. O problema de que se estén esgotando os recursos do noso planeta, de certo xeito, é noso. En vez de obter recursos en asteroides e de outros obxectos do Sistema Solar, poderían intentar, de algún xeito, solucionar o problema sen ter que “quitarlle as cousas aos outros”. Ademais, como di no artigo, aínda que sexa barato é moito máis caro ir buscar recursos fora do nosos planeta que aquí, e eu vexoo un gasto innecesario. No caso de que se faga, podería ocorrer que non se atopasen recursos nos asteroides cercanos, ou que se atopen moi poucos, esto supondría un gasto moi importante de cartos sen obter nada a cambio.
    Na miña opinión debemos intentar preservar o que temos.

  8. fab-marcosdaporta di:

    Paréceme boa idea no sentido de que así poderíase usar calquer tipo de minería xa que non se contaminaría.
    Aprenderíanse novas técnicas de aterrizaxe que poderían ser útis cando se intente chegar a novos planetas e satélites.
    Tamén se irían abaratando pouco a pouco os custos de este tipo de viaxes e pode que nun futuro ata salga rentable.
    Por outra parte, actualmente será unha pérdida de cartos bastante importante.

  9. fab-jairotroncoso di:

    E verdade que na Terra os recursos son limitados, e chegará un momento no que non habrá máis, e paréceme boa idea eso de ir a outros planetas e recoller alí os recursos, e ao mellor, quen sabe, hai incluso novos recursos que non se coñecen.

  10. faa-saracastro di:

    Este artigo fálanos da explotación de minerais de fóra do noso planeta. Ao igual que moitas outras cousas, ten as súas vantaxes e as súas desvantaxes.
    Benificiaríanos no sentido de que grazas a isto os minerais da Terra conservaríanse durante moito máis tempo, cousa que é moi boa, xa que desta maneira non se chegarían a esgotar “nunca”, podríamos dicir.
    Por outra banda, un dos motivos polos que nos teríamos que plantear esta explotación é o seu custo. Os cartos que habría que gastar serían moi elevados, como ben se indica no artigo, e perxudicaría de certo modo á nosa economía.
    Malia estes inconvintes, eu penso que a explotaión de minerais fóra do noso planeta é algo interesante e deberiamos investigar máis sobre este amplo campo de posibilidades.

  11. faa-javierestevez di:

    Penso que é unha boa idea, o tempo dirá se é viable ou non pero a verdade é que na Terra os materiais non son ilimitados, e se os podemos adquirir de asteroides moito mellor! E como dí Jairo ao mellor atopamos novos materias que nos serviran para mellorar nos avances de Terra.

  12. fab-noerodriguez di:

    Na miña opinión, a pesar do custe que suporía o feito de ter que levar máquinas ao espacio, é unha boa idea. O feito de obter materiais no espacio fai que obteñamos unha fonte de minerais posíblemente inesgotable, posto que son numerosos os meteoritos que pasan preto da Terra. O problema sería chegar aos asteroides e despois volver á Terra. Pero para que isto resultase beneficioso, habería que esperar bastante tempo, cando as técnicas de navegación polo espacio sexan máis avanzadas e non haxa problemas técnicos durante a viaxe nin económicos á hora de financiar este proxecto.

  13. Victor di:

    Non credes que este tipo de minería encarecería moito a materia prima e ao remate do proceso produtivo o produto final tería un prezo moi caro para o consumidor?
    Non vos parece que a investigación espacial resulta economicamente moi custosa e o máis axeitado sería que se fixera de xeito común de maneira que os resultados obtidos foran beneficiosos para todos os países e non so para os ricos?

    • faa-veronicanoya di:

      Si, penso que se encarecería moito a materia prima, polos altos custos de investigación e do transporte destas materias, polo que non penso que sexa moi rentable. Ademáis, aceptar tales custos e riscos para que só se poidan beneficiar os países ricos é moi egoísta, e se desa forma se pode coidar a nosa Terra, o mellor sería compartilo con todos, de forma que ningún país teña que seguir contaminando polo feito de ter menos cartos.

    • faa-martinlosada di:

      Dende o meu punto de vista creo que está minería terá un cuso excesivo pola gran dificultade da operación, o que a fai tan custosa, pero a idea que deu Victor pareceme axeitada, porque sería un gran avance para a ciencia pero a un precio máis asequible e que poderíamos disfrutar todos e non so uns poucos, e xa que os recursos do noso planeta non son inesgotables, por que non?

    • faa-christiancacabelos di:

      Ola!
      Eu coido que este tipo de extracción de minerais é máis custosa e que non todos poderemos “aproveitarnos” dela xa que ademáis de encarecer os materiais só os países máis desenvolvidos poderían aproveitarse dos minerais extraídos por ter unha mellor economía, entre outras cousas creo tamén que deixaríamos de explotar aos países máis pobres diminuíndo asi o número de guerras e creo que non contaminaríamos tanto a Terra, ademáis sempre resulta beneficioso investigar e investir en ciencia, xa que é a forma de avanzar cara o futuro.

    • faa-adrianmartinez di:

      Exacto, é a conclusión que chego no meu outro comentario. Isto só sería económicamente rentable para todos en caso de levarse a cabo de forma común e non por empresas privadas. Xa que de ser así, aproveirarían o seu monopolio para subir moito os prezos.

    • faa-begonasuarez di:

      Por suposto, penso que este tipo de minería encarecería moito a materia prima e ao remate do proceso o produto final sería moi caro para o consumidor, polo que só as persoas máis ricas poderían utilizala, no caso de que quixesen. E penso que non debería ser así, que o prezo debería ser asequible para todos, que todos tiveramos os mesmos recursos.

  14. fab-ariadnacordal di:

    En certo punto, é bo que se intente obter recursos doutras fontes que non sexa a Terra, pois como non estamos coidando o noso planeta, chegará un momento no que esgotemos os máis importantes e a vida aquí nos resultará máis difícil. Ademais, as viaxes exploratorias polo espazo incluso poderían permitirnos descubrir novos elementos, máis eficientes e menos contaminantes. Pero opino que deberiamos esperar un tempo, a que os prezos de produción destas naves se reducisen e se avanzase nas súas tecnoloxías.

  15. fab-noerodriguez di:

    Claro que a encarecería moito, si, pero en circunstancias desesperadas, pode que non haxa outra alternativa.
    Ademais, como xa dixen, é unha posible fonte ilimitada de recursos. Pode que no futuro as viaxes espacias resulten máis baratas e polo tanto sexa todo máis asequible. Ademáis non contaminaría a Terra… Pode que mereza a pena despois de todo.
    Por outra parte, opino que compartir os nosos coñecementos espaciais cos países pobres pode ser beneficioso e pode non selo. Pode que estes países non saiban utilizar estes materiais de xeito produtivo, ou polo menos menos produtivo do que nos pode resultar a nós.

  16. fab-iriamartinez di:

    Penso que buscar recursos fora da terra pode ser interesante, xa que os recursos daTera son ilimitdos, e poderíamos empezar a buscar recursos no espazo, e quizáis non encontremos recursos para a Terra, senón alguna resposta a todas as que temos acerca do espazo.

  17. faa-cristinaguillan di:

    Eu creo que está ben que exploren as materias primas existentes no espazo, xa que rematarán por esgotarse na Terra e mesmo se poderían atopar combustibles máis eficientes que os xa coñecidos, pero quizais deberiamos esperar a que os custos das expedicións espaciais se abaratasen, xa que o que se puidera obter sería demasiado caro e por tanto estaría só en mans dos países máis ricos.

  18. faa-marcromero di:

    Estou confuso…

    Que esperan atopar estas grandes empresas nuns asteroides, que orbitan a millons de quilómetros de aquí, que realmente lles supoña un beneficio importante? Petróleo? Non o creo. Metais pesados como ouro? Isto o único que faria e subida da oferta de ouro na Terra e polo tanto a baixada do prezo. Auga? Ferro para as industrias?
    Ou, pedra de asteroide que comercionalizariase como cosmético?

    Non sei, pero eu votaría pola última opción.

    Agora en serio, pareceme moi bonita a idea de ir o espazo, a exploraro e a explotaro, pero ata que non teñamos unha industria basada no que podemos extraer dos asteroides, non ten lóxica ir a extraélo.

  19. faa-christiancacabelos di:

    Ola!
    Na miña opinión, na Terra estos minerais poden estar repartidos de forma moi heteroxénea e nalgúns puntos do planeta mesmo hai guerras a causa destos minerais, por outra banda temos que non se aproveitan os minerais que se empregan en productos de elctrónica como o silicio que se desaproveita e se perde en vertedoiros e logo disto tamén temos os monopolios que encarecen os minerais.

  20. faa-fatimaf di:

    Eu creo que sería moito máis produtivo, ademais de moito menos contaminante intentar buscar enerxías renovables máis rentables cas que temos na actualidade que explotar as materias primas existentes no espazo.

    • fab-marcosdaporta di:

      Pero non se trata de buscar enerxías novas se non de recursos dunha maneira non contaminante e eficiente, aínda que polo de agora non fose rentable.

    • faa-veronicanoya di:

      O de moito menos contaminante ten dous puntos de vista. É menos contaminante se partimos da idea de non extraer esos recursos da nosa Terra, pero todas esas expedicións teñen un alto coste, non só económico, senón tamén para a Terra, xa que esas naves necesitan grandes cantidades de combustible para ir e volver, e como ata o de agora non atopamos outros tan eficaces, os combustibles utilizados para esas naves serían combustibles fósiles, é dicir, non renovables e que contaminan moito na súa extracción, polo que, se o que imos arranxar por un lado o imos estar estropeando por outro, creo que non paga a pena.

  21. faa-christiancacabelos di:

    Ola!
    Quería comentarvos unha mera opinión pola que creo que esta técnica de minería é positiva.
    Dende o meu punto de vista, se aproveitamos a extracción de mineráis de asteroides ademáis de non contaminar a Terra con químicos que se filtran pola terra e logo contaminan augas subterráneas que todos consumimos dunha ou doutra forma e poden causar serios problemas de saúde, tamén reduciríamos o tamaño dos asteroides reducindo a súa vez o risco de impacto e as fatais consecuencias que poderían causarnos un impacto.
    Canta menos masa menor forza de atracción e menores consecuencias no caso dun impacto.

  22. fab-iciacores di:

    Penso que deberíamos esperar a que o prezo baixara, aínda que claro que é bo experimentar con outros recursos, pois queiramos ou non, chegará un momento no que na Terra quedaremos sen eles pola nosa forma de malgastalos.

  23. faa-nicolecorbacho di:

    Pareceme interesante o tema de ir ao espacio a extraer minerais,que pero como comentan os meus compañeiros e mellor esperar a que baixen os prezos.

  24. faa-larafernandez di:

    Por un lado, e bo que se empecen a investigar outras formas alternativas de adquirir fontes de enerxía, e tamén é certo que a investigación espacial custa moito. Hai moitos factores que ter en conta, pero na miña opinión, esta futura industria espacial ten un futuro moi prometedor en canto a preservar os recursos da Terra e adquirir unha enerxía, e incluso outras cousas como novos materiais, evolución tecnolóxica…

    Pola contra, é moi egoísdta que esta industria esta a favor das clases, industrias e empresas máis ricas, xa que deberían ser un beneficio para todos, e que chegue a ser parte do noso día a día.

  25. fab-saulmondragon di:

    Esta ben intentar explotar asteroides xa que así non contaminamos o noso planeta, pero sabendo como somos os humanos ata o espacio acabara cheo de basura espacial.