1-OCTENO-3-OL

O Párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa do sistema nervioso central, que se debe a factores hereditarios, así como a causas ambientais como son os químicos artificiais. Non obstante, nos últimos días, descubriuse, nunha investigación, levada a cabo nas universidades Rutgers y Emory, que unha substancia orgánica elaborada polos fungos, provocan síntomas semellantes ós desta enfermidade, nos insectos.

Nesta investigación os científicos expuxeron á mosca da froita (Drosophila melanogaster),  a aire cunha ínfima concentración desta substancia orgánica (1-octeno-3-ol). Isto provocou que ao cabo dunhas 24 horas as mosca comezasen a voar de xeito lento e descordinado, ademais de padecer unha morte prematura.

Un dos principais síntomas desta enfermidade son os movementos lentos, algo que se asocia coa perda de neuronas produtoras da dopamina. Este fenómeno, estaba presente no cerebro das moscas sometidas ó 1-octeno-3-ol, xa que esta substancia danaba o sistema dopamínico, sobretodo si estas estaban xeneticamente predispostas.

O estudo leva a pensar, que estes fungos poidan supoñer un risco para os humanos, aínda que non se saiba a cantidade de exposición sería perigosa para nós.

Autora: Laura Rey Romay

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to 1-OCTENO-3-OL

  1. Victor di:

    Neste artigo, Laura, fala da utilización dun tipo de mosca na investigación; resulta común investigar con esta mosca? Que vantaxes ten?

    • faa-estebanpintos di:

      A mosca da frroita, tamén chamada mosca do vinagre, utilízase moi a menuda para a experimentación xenética, porque teñen un pequeno numero de cromosomas (4 pares), unha vida moi curta (entre 15 e 21 días) e ao redor dun 61% dos xenes de enfermidades humanas coñecidas teñen unha contrapartida identificable no xenoma destas moscas, e o 50% das secuencias proteínicas da mosca da froita teñen análogos nos mamíferos.
      Esta mosca tamén foi utilizada para investigar outras enfermidades como o Alzheimer, Huntington e ataxia espinocerebelosa.

    • fab-iriamartinez di:

      É unHa especie utilizada frecuentemente na experimentación xenética, dado que posee un reducido número de cromosomas (4 pares), breve ciclo da vida (15-21 días) e aproximadamente o 61% dos xenes de enfermidades humanas que se coñecen teñen una contrapartida identificable no xenoma das moscas da froita, e o 50% das secuencias proteínicas da mosca teña análogos nos mamíferos.

    • faa-veronicanoya di:

      Si, é común experimentar xeneticamente con esta mosca, xa que se reproduce moi rápidamente, polo que se poden estudar moitas xeracións nun curto período de tempo, o seu mantemento é de baixo coste, a elaboración do seu medio require pouco espazo, ten baixo número de cromosomas e o seu metabolismo é parecido ó dos mamíferos.

    • faa-begonasuarez di:

      A mosca da froita resulta doado investigala porque ten catro pares de cromosomas, a súa vida dura uns 15-21 días e aproximadamente o 61% dos xenes de enfermidades humanas que se coñecen teñen unha contrapartida identificable no xenoma da mosca da froita, e un 50% das secuencias de proteínas na mosca ten semellanzas nos mamíferos.
      Para fins de investigación, poden facilmente substituír os humanos. Elas reprodúcense rapidamente, de modo que se poden estudar moitas xeracións nun curto espazo de tempo, e todo o mapa do seu xenoma é coñecido.

    • faa-adrianmartinez di:

      Si, é común investigar con esta mosca na xenética xa que tan só ten 4 pares de cromosomas e unha vida moi curta ( de 15 a 21 días)e arredor dun 61% dos xenes de enfermidades humanas coñecidas teñen unha contrapartida identificable no xenoma destas moscas. Ademais o 50% das secuencias proteínicas da mosca da froita teñen análogos nos mamíferos.

  2. Victor di:

    A PARTIR DE HOXE E DURANTE 10 DÍAS, TEREDES ABERTO UN NOVO FORO: “A CIENCIA TEN SEXO?”

  3. faa-ricardop di:

    Este tipo de mosca (chamada vulgarmente mosca do vinagre ou fruta) é unha especie de díptero da Familia dos Drosophilidae. É unha especie utilizada nos experimentos de xenética, como ben di Laura, dado que posúen un reducido número de cromosomas (4 pares), cun pequeno ciclo de vida (15 a 21 días) e aproximadamente o 61% dos xenes das enfermidades humanas que son coñecidas teñen unha contrapartida identificable no xenoma das moscas da fruta ou vinagre, e o 50% das secuencias proteínicas da mosca teñen análogos nos mamíferos, Polo que é moi productivo facer investigacións con este tipo de mosca, xa que ten moitas das enfermidades que nós padecemos.

  4. faa-saracastro di:

    A verdade é que invesigar con esta mosca é bastante frecuente debido a todas as similitudes que ten coa raza humana.
    Un 75% dos xenes humanos relacionados con enfermidades teñen o seu homólogo no xenoma desta mosca. A parte disto, investigar con esta especie resulta moi cómodo no sentido de que se reproducen rapidamente e pódense estudar así moitas xeracións nun curto periodo de tempo. Ademais, estas moscas teñen un curto período de vida, facendo así que sexa moi doado ver o seu ciclo de vida. Sen embargo, o motivo principal de que se investigue con este tipo de animais é que o espazo que necesitan para desarrollarse é mínimo e o custo para mantelos é tamén moi reducido.

  5. fab-martarodriguez di:

    Estou de acordo con todo o que dín os meus compañeiros, investigar con certos insectos como esta mosca e moi frecuente debido a todas as similitudes que teñen coa raza humana.
    Buscando algunha información por internet, Painter descubreu que a larva desta mosca tiña cromosomas xigantes nas células das glándulas salivales.A vantaxe mallor e que os xenes desas células, xigantes en comparación coas demáis, son 150 veces máis grandes e polo tanto máis fáciles de observar con un microscopio.

  6. faa-noeliaparracho di:

    É bastante común investigar con esta mosca chamada mosca do vinagre ou mosca da fruta. Ademais de ser moi común, esta mosca ten sobre un 63% dos xenes humanos que están relacionados coas enfermidades, polo que se pode deducir os efectos de certas enfermidades en humanos. Además o seu período de vida e moi curto comparado con outras especies e permite ver varias xeracións en períodos de tempo relativamente curtos, podendo ver así que as enfermidades son heredables e como afectan ós descendentes. Tamén ten como vantaxe este pequeno animal que debido ó seu reducido tamaño ocupa pouco espazo, polo que é doado de manter.

  7. faa-larafernandez di:

    A mosca da fruta ou tamén mosca do vinagre (nome cedido pola súa alimentación) é común utilizala para investigación xenética xa que ten un número reducido de cromosomas (4 pares), o seu ciclo de vida é moi curto ( entre 15 e 25 días) e comparte, aproximadamente o 61% dos xenes das enfermidades que nos sufrimos. Tamén conta como factor que o 50% das cadeas de proteínas desta mosca sean semellantes ós dos mamíferos.

    Todo isto fai que a mosca da fruta sexa un excelente obxecto de experimentación xenética e que poda substituír perfectamente ós humanos neste tipo de investigacións.

  8. fab-anaoubina di:

    Hay varios factores que fan que as moscas da forita sexan suxetos ideais para as investigacións genéticas. Sobre todo, pola súa estructura genética simple, é ideal nas investigacións sobre xenes. Debido a súa rápida reproducción, resulta moi útil estudar as súas distintas mutacións porque permite aos científicos observar as vantaxes e desvantaxes. Os seus cromosomas son grandes e están divididos, o que lles permite unha fácil observación.

  9. faa-diegocores di:

    Este artigo e moi interesante pero lévame a preguntar se gracias a este descubrimento é posible chegar encontrar unha cura para esta enfermidade.

    • Victor di:

      Pois Diego; faite esa pregunta en google; que o tes ao teu alcance.

    • fab-marcosdaporta di:

      Como moitas enfermidades neurodexenerativas poderánse curar con células madre, ou polos menos eso supoñen os científicos. Nas enfermidades neurodexenerativas (como o Parkinson ou o Alzheimer) as neuronas morren, por iso facendo un transplante con células madre, pode que se reverta a dexeneración das neuronas. Tal vez xa se tería investigado se non fose polas pegas que pon a Igrexa dicindo que traballar con células madre é antinatura e mátanse persoas (xa que a maior parte das células madre sácanse de fetos que van ser abortados).

  10. Victor di:

    Non credes que facer este tipo de investigacións con animais máis semellantes a nos tería vantaxes. Que problemática vedes que tería o realizar este tipo de investigación con porcos (seméllanse moito a nos)?
    E con chimpancés a problemática sería a mesma?

    • fab-martapalacios di:

      Eu penso que non tería problemática ningunha, todo o contrario, sacaríase información máis fiable porque, ao fin e ao cabo esas investigacións son para os humanos, e un mamífero de peso e tamaño aproximado ó dun humano vai ter reaccións ás probas máis semellantes a un humano que un insecto.

    • faa-martinlosada di:

      Na miña opinión sería máis eficaz que este experimento se leve a cabo con animais que teñan máis parecido cos seres humanos porque creo que sería o que nos proporcione unha información máis eficaz, pero na miña opinión non creo que os experimentos con animais sexan o mellor porque ao fin e ao cabo son seres vivos, e creo que ningún ser vivo quere morrer

    • faa-adrianmartinez di:

      Estas investigacións en seres máis semellantes a nós seria máis fructífera. Pero claro, a morte dunha mosca, que é un ser distante a nós cunha vida curta non é o mesmo que a morte dun mamífero coma un chimpancé, especie da cal non sobran indiviuos precisamente e que ten un ciclo de vida moito máis longo que esta mosca.

  11. fab-ariadnacordal di:

    Efectivamente, é bastante común realizar investigacións xenéticas coa mosca da froita ou mosca do vinagre. Algunhas das vantaxes que trae consigo o uso desta especie neste ámbito son:
    -Os parecidos xenéticos que manteñen co ser humano, o que permite que o home sexa substituído polo insecto nalgunhas investigacións. Ademais, segundo dixo unha bióloga da NASA, aproximadamente un 61% dos xenes enfermidades humanas teñen unha contrapartida no código xenético deste tipo de moscas. Tamén é doado estudar os seus cromosomas, xa que son grandes e non están divididos.
    -A rápida apreciación das mutacións. Esta especie caracterízase por ter unha vida curta (1 mes), sufrir por unha metamorfose completa e manter unha rápida reprodución, o que permite aos científicos investigar a súas mutacións rapidamente.
    Os neurocientíficos tamén se interesaron na investigación relacionada coa memoria con esta especie, e poden obter resultados beneficiosos para o mundo da mediciña destas probas.

  12. faa-cristinaguillan di:

    En canto a avance científico e mellor estudo, o uso de mamíferos que se asemellen máis aos humanos en peso e estructura xenética daría resultados máis fiables que co uso dun insecto co que non compartimos estas características.
    A principal problemática que atopo no uso destes animais, non só para esta investigación senón para a maioría das invastigacións, é que dende o punto de vista dos dereitos dos animais non sería ético: o uso da mosca da froita non sería tan agresivo xa que ten unha vida moi curta, pero o porco ten unha vida relativamente longa para un animal e o chimpancé ten unha vida tan longa coma un humano, polo que provocarlle os danos que sufren os enfermos de párkinson levaria a ter que sacrificalos antes de tempo.

  13. fab-elisaperez di:

    Na miña opinión será máis eficaz facer experimentos con animais que teñan un organismo parecido ao noso. Imaxino que os avances na medicina se benefician dun mellor coñecemento e aproveitamento do metabolismo e, se fose necesario, dos órganos de cara a facer transplantes ou reconstrucións.

  14. faa-veronicanoya di:

    Penso que sería moito máis útil facer estas investigacións con animais que sexan máis semellantes a nós, como os porcos, e creo que nos proporcionaría moitísima información, aínda que non estou a favor de experimentar con animais, menos aínda sabendo que esa experimentación lle proporcionará unha enfermidade terminal, sexan porcos, chimpancés ou moscas.

  15. fab-martarodriguez di:

    Penso o mesmo que Marta, non habería ningunha problemática senón todas as vantaxes do mundo. Os porcos e os chimpancés como moitos outros animais axudarian moito nas investigacións de enfermidades ou medicamentos dos seres humanos. Na miña opinión investigaría máis con porcos e unha especie que non está en perigo de extinción como os chimpancés que son menos cumúns entre nos.

  16. fab-anaoubina di:

    Si, sacaríase información máis fiable cun mamífero que cun insecto. Pero eu non estou dacordo que centos de millóns de animais sexan utilizados cada ano en probas de toxicidade, inxerir substancias químicas etc.. A maior parte da sociedade non xustificaría que se experimentara con humanos en contra da súa vontade aínda que iso supuxera grandes avances. Eu penso que os animais, igual que nós, non queren morrer e desexan disfrutar da súa vida en libertade.

  17. faa-ricardop di:

    Eu penso que os experimentos hay que probalos en animais, antes de ser probados con humans, xa que se un experimento sale mal, e o inxire un humano, se fose contaxioso (vía aérea), sería moi grave para todos. En canto ós porcos e monos, eu penso que cantos máis parecidos a nós mellor, xa que terían nos dous corpos reaccións similares…

  18. faa-marcromero di:

    Vexo un grave problema neste experimento con moscas.

    As moscas da froita son uns estupendos especímenes á hora da investigación pola sua gran capacidade evolutiva. As moscas viven pouco e reproducense moito, feito que amplifica a sua evolución e permite a os investigadores estudar os xenes dunha xeración a outra, e outra, e outra…

    Pero o que se trata neste artigo non é o Parkinson como enfermidade hereditaria, o que aquí estase a tratar é o Parkinson producido a partir dun axente externo, neste caso un composto químico que bloquea os receptores de L-dopamina (un neurotransmisor) nas neuronas. Polo tanto o experimento non é válido porqué hoxe en dia sabemos que unha modificación do fenotipo por medio dun axente externo non se transmitirá no xenotipo da seguinte xeración (Lamarckismo).

    Dito isto, cabe a posibilidade que o 1- octeno-3-ol sexa perxudicial para nós? Obviamente, pero non necesariamente o feito de que ás moscas lles afecte a nós tenos que acontecer o mesmo xa que o seu metabolismo é diferente a o noso, e tamén temos que ter en conta a dose, «Todo é veleno e nada é veleno, so depende da dose»

    Para solucionar isto sería moi útil valerse doutros seres vivos como porcos, cabalos, simios…mais semellantes a nos no que respecta á toxicidade. Non obstante estou completa e rotundamente en contra da experimentación con animais e sinceramente creo que poden haber outras vias para investigar a cura do Parkinson.

  19. faa-christiancacabelos di:

    Ola!
    Resulta moi común polas similitudes cos humanos e os mamíferos, porque a súa vida é moi efémera polo cal non precisa dun “mantemento” nada elevado e permite traballar tamén con varias xeracións desta mosca xa que se reproduce rápidamente.

  20. faa-fatimalago di:

    Si que é moi común investigar con esta mosca, debido a que posee un reducido número de cromosomas (4 pares), ten pouco tempo de vida (15-21 días) e aproximadamente o 61& dos xenes de enfermidades humanas que se coñecen teñen unha contrapartida identificable co xenoma das moscas da fruta.
    Sería moi eficaz realizar estas investigacións con animais moito máis semellantes a nos, como os porcos ou chimpancés, xa que se parecen moito máis aos humanos, pero en desventaxa está o punto de vista dos dereitos dos animais, non sería o mesmo facer investigacións cunha mosca que ten un período curto de tempo, que cun chimpancé ou mesmamente un porco

  21. fab-iciacores di:

    Tería máis vantaxes facelo con animais semellantes a nós, pero iso tamén nos pode traer problemas, pois se experimentan con porcos por exemplo, e logo eses porcos non morren e xa non serven para experimentar, mandarános a granxas das que nós comamos a carne? Porque esa carne estará infectada de todas las probas que se lle fan a esos animais…

  22. fab-sofiacastineiras di:

    Na miña opinión facer este tipo de probas en animais máis semellantes a nós tanto en peso como tamaño, é moito máis vantaxoso e por suposto máis fiable.