OS PEQUENOS AXUDANTES

Éstes seres son os nanobots (nanotecnoloxía),  que  é un punto de encontro de diversas disciplinas como a física, a química, a bioloxía, as ciencias da computación, a enxeñería, etc. Este carácter multidisciplinar favoreceu as investigacións na fronteira entre ditas disciplinas, propiciando descubrimentos que xa son de aplicación en múltiples sectores e axúdannos a enfrentarnos ós grandes retos que os seres humanos temos ante nós: medioambiente, saúde, enerxía, transporte, comunicacións, alimentación…

Un dos campos nos que a nanotecnoloxía está aportando máis novidades é o dos sensores. En particular, os biosensores, teñen un impacto directo sobre o futuro da medicina, o medioambiente e a alimentación. Un biosensor é un dispositivo capaz de detectar e cuantificar a presenza dunha substancia biolóxica nun medio a partir do procesado das sinais ópticas, eléctricas ou mecánicas que se producen durante a interación de dita substancia co biosensor.

Aplicacións dos biosensores

No caso dos biosensores de uso médico, a súa miniaturización extrema permitirá a súa implantación no noso corpo para realizar medidas in situ e en tempo real, proporcionando un avance sin precedentes no diagnóstico de enfermidades. Ésta clase de biosensores teñen que estar fabricados por materiais que, en primero lugar, non alteren a función das moléculas do noso organismo (biocompatibilidade) e, en segundo, exerceran correctamente a súa función no noso organismo (bioactividade). Por esta razón é importante coñecer o comportamento de diferentes biomoléculas fronte a diferentes materiais.

As biomoléculas

Nos laboratorios, a interacción de complexas biomoléculas con diferentes superficies estúdase con sofisticados aparellos coma os Microscopios de Forzas Atómicas (AFM). Mais, estes instrumentos non poden explicar completamente o mecanismo de adsorción de ditas biomoléculas. Sen duda, unha mellor comprensión destas interaccións optimizaría o desenrolo destes biosensores.

Coa axuda de complexos códigos de computación podemos determinar o mecanismo de adsorción dunha biomolécula dada sobre una superficie en presencia dun medio fisiolóxico.


AUTOR: Ricardo Pérez Feijoo

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Biotecnoloxía, Medicina, Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to OS PEQUENOS AXUDANTES

  1. Victor di:

    Tratade de definir o concepto de nanotecnoloxía e describide o que vedes na fotografía que ilustra este artigo.

    • fab-marcosdaporta di:

      A nanotecnoloxía é un campo da tecnoloxía que estuda como crear máquinas con moi pouca materia, escalas menores a un micrómetro.
      Nun futuro podería ter infinidade de aplicacións dende a médiciña(creando robots que reparen tecidos ou maten bacterias) ata a industria de demolición (con nanobots que destruen estruturas).
      A imaxe non se ve.

    • faa-begonasuarez di:

      A nanotecnoloxía é un campo dedicado ao control e manipulación da materia a una escala menor que un micrómetro, a nivel de átomos e moléculas. Comprende o estudo, diseño, creación, síntese, manipulación e aplicación de materiais, aparellos e sistemas funcionais a través do control da materia a nanoescala, e á explotación de fenómenos e propiedades totalmente novas. Os científicos utilízana para crear materiais, aparellos e sistemas con propiedades únicas.
      A imaxe amósamos dous nanobots nos glóbulos vermellos.

    • fab-iriamartinez di:

      A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ó control e manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é dicir, a nivel de átomos e moléculas.
      Na imaxen vemo dous nanobots nos glóbulos vermellos.

    • faa-veronicanoya di:

      A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas que está dedicado á manipulación da materia cando esta é de escala menor que un micrómetro, a nivel de átomos e moléculas.
      Na imaxe que ilustra este artigo vemos un dos usos na medicina da nanotecnoloxia, basado en que uns nanobots se introduzan no noso interior para arranxar diversos problemas. Neste caso, dous nanobots están modificando dous glóbulos vermellos.

    • faa-diegocores di:

      A nanotecnoloxía e a ciencia que estudia elementos tecnolóxicos que andan cerca do nivel da nanométrica (10^-6, máis pequeno que moitas células).
      Na imaxe vese un glóbulo vermello circulando por un vaso sanguíneo e ao que está agarrado un nanorobot.

  2. faa-lauravazquez di:

    A nanotecnoloxía é un conxunto de técnicas que se empregan para manipular a materia á escala de átomos e moléculas. Cando se manipula á escala tan minúscula, demóstranse fenómenos e propiedades totalmente novas. Os científicos empregan a nanotecnoloxía para crear materiais, aparatos e sistemas novedosos, pouco costosos, con propiedades únicas.
    Na imaxe vemos dous nanobots modificando dous glóbulos vermellos.

  3. fab-andreabrea di:

    A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ó control e á manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é decir, a nivel de átomos e moléculas (nanomaterais). O máis habitual é que tal manipulación se produza nun rango de entre un e cen nanómetros. “Nano” é un prefixo grego que indica unha medida, non un obxecto; de maneira que a nanotecnoloxía se caracteriza por seren un campo esencialmente multidisciplinar, e cohesivo exclusivamente pola escala da materia coa que se traballa.
    O que se nos mostra na imaxe son dous nanobots que están a modificar glóbulos vermellos.

  4. fab-sporto di:

    O que vemos na fotografía deste artigo son glóbulos vermellos que están modificados por nanobots. A nanotecnoloxía é un conxunto de técnicas que se empregan para manipular a materia á escala de átomos e moléculas. Cando se manipula á escala tan minúscula, demóstranse fenómenos e propiedades totalmente novas. Os científicos empregan a nanotecnoloxía para crear materiais, aparatos e sistemas novedosos, pouco costosos, con propiedades únicas.

  5. faa-ricardop di:

    A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ó control e manipulación da materia a una escala menor que un micrómetro (10-9 = 0,000 000 001 metros), é decir, a nivel atómicos ou molecular (nanomateriales, normalmente de Carbono e derivados).

    • fab-anaoubina di:

      A nanotecnoloxía é o estudio, diseño, creación, síntesis, manipulación e aplicación de materiais, aparellos e sistemas funcionales a través do control da materia a nano escala, e a explotación de fenómenos e propiedades da materia a nano escala.
      Cando se manipula a materia á escala tan minúscula de átomos e moléculas, demostra fenómenos e propiedades totalmente novas. Polo tanto, os científicos utilizan a nanotecnoloxía para crear materiais, aparellos e sistemas novidosos e pouco custosos con propiedades únicas.

    • fab-anaoubina di:

      A nanotecnoloxía é o estudo e desarrollo, manipulación e aplicación de materiais, aparellos e de sistemas en escala nanométrica, “nano” é un prefixo grego que significa “mil millóns” aplicando ás unidades de medida, corresponde a unha mil millonésima parte de un metro, é decir a nanotecnoloxía estuda o mundo dende un nivel de resolución nanométrico.
      Cando se manipula a materia á escala tan minúscula de átomos e moléculas, demostra fenómenos e propiedades totalmente novas. Polo tanto, os científicos utilizan a nanotecnoloxía para crear materiais, aparellos e sistemas novedosos.

  6. faa-manuelmontes di:

    A nanotecnoloxía abarca unha parte da ciencia que consiste en manipular a materia á escala dos átomos e das moléculas. Emprégase para (aparte de manipular) crear material e aparellos de forma máis barata e con propiedades únicas.

  7. fab-beatrizcasal di:

    A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ao control e manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é dicir, a nivel de átomos e moléculas. O máis habitual é que tal manipulación se produza nun rango de entre un e cen nanómetros. Tense unha idea do pequeno que pode ser un nanobot sabendo que un nanobot duns 50 nanómetros ten o tamaño de 5 capas de moléculas ou átomos.
    Na imaxe podemos ver dous nanobots modificando dous glóbulos vermellos.

  8. faa-larafernandez di:

    A nanotefnoloxía e unha das partes das ciencias tecnolóxicas que se encargan do estudo e creación de materiais de micras de tamaño que poden servirnos dende a cura de enfermidades, modificar elementos (no caso da imaxe, glóbulos vermellos),… Pero tamén o seus usos son aplicables a outros aspectos, como a descontaminación dos mares (estanse a crear nanobots que purifican augas contaminadas).

  9. fab-iciacores di:

    A nanotecnoloxía adícase ó control e a manipulación da materia a nivel atómico e molecular. Na imaxe podemos ver como se usa a nanotecnoloxía para curar enfermidades, neste caso son dous nanobots tratando de modificar os glóbulos vermellos do corpo dunha persoa.

  10. faa-laurapaz di:

    A nanotecnoloxía é o campo das ciencias aplicadas que se encarga de controlar e manipular a materia a nivel de átomos e moléculas. O máis común é que se produza entre un e cen nanómetros. Nano é un prefixo que indica unha medida de 0,000000001.
    Na imaxe aparecen dous nanobots modificando dous glóbulos vermellos.

  11. fab-gretageorgieva di:

    A nanotecnoloxía e un campo das ciencias aplicadas que se dedica ao estudo de como crear maquinas con moi poucos materiais,é dicir, a unha escala menor que un micrómetro (a nivel de átomos e moléculas).
    O que se nos amosan nesta imaxe é un conxunto de glóbulos vermellos, e en duas delas podemos ver uns nanorobots que tratan de modificarlos.

  12. fab-gretageorgieva di:

    A nanotecnoloxía e un campo das ciencias aplicadas que se dedica ao estudo de como crear maquinas con moi poucos materiais,é dicir, a unha escala menor que un micrómetro (a nivel de átomos e moléculas).
    O que se nos amosan nesta imaxe é un conxunto de glóbulos vermellos, e en duas delas podemos ver uns nanorobots que tratan de modificalos.

  13. Victor di:

    Como se pode crear un composto ou material nanotecnolóxico?

  14. Victor di:

    A PARTIR DE HOXE E DURANTE 10 DÍAS, TEREDES ABERTO UN NOVO FORO: “A CIENCIA TEN SEXO?”

  15. faa-saracastro di:

    Un material nanotecnolóxico créase seguindo un poceso. Por exemplo, os chips dun ordenador son creados mediante esta técnica, e para elo precisan luz. O primeiro que necesitariamos sería un sustrato, para debuxar aí aquelo que queremos conseguir. Despois este cubriríase cunha substancia química chamada fotoresina. As fotoresinas cambian ao estar expostas á luz, debido a que as súas moléculas se entrelazan.
    Despois de ter os “ingredientes necesarios” podemos comezar. En primeiro lugar necesitamos una máscara que posúa o patrón do que queremos debuxar. A continuación debemos irradiar luz a través desta máscara, facendo así que a luz soamente pase polas áreas transparentes da máscara e ilumine así o sustrato. Para entendelo mellor, isto é o mesmo que ocorre cando proxectamos sombras na parede coas nosas mans.
    Finalmente, necesitaremos empregar outro tipo de productos químicos para poder revelar así o patrón creado sobre a fotoresina. Estes productos químicos o que fan é remover a fotoresina que foi iluminada con luz e poder obter así o deseño sobre o sustrato.

  16. faa-ricardop di:

    Principalmente, éstes compostos xéranse coa manipulación do Carbono e os seus derivados, como por exemplo os microtubos de carbono.

  17. fab-marcosdaporta di:

    Tamén hai que dicir que se está investigando un novo campo da nanotecnoloxía cambiandolle o ADN a algunhas células para formar outras completamente novas e usalas como máquinas engadíndolle partes de materiais sintéticos, así farían uns robots que se autoalimentan e que poden ter distintas funciones.
    Non fun capaz de encontrar ningún enlace que fale disto pero fálase dun documental sobre nanotecnoloxía que vin fai tempo.

  18. fab-gretageorgieva di:

    Podemos crear un material nanotecnoloxico a partir dunha lámina de grafeno,esta é transparente,flexible,resistente e é un bo conductoor da electricidade.Necesitamos gas metano, que se transforma mediante unha tecnoloxía ddenominada deposición química en fase de vapor.Realiza se nun reactor de CVD no cal se introduce un gas con carbono, mediante a aplicación de enerxía os átomos de carbono depositanse sobre o substrato metálico.E o último paso e transformar a lámina no obxeto final deseado.

  19. Victor di:

    Considerades que a nanotecnoloxía ten un futuro tan prometedor como afirman algúns científicos?

    • faa-veronicanoya di:

      Eu penso que si, xa que ó permitirnos traballar con tan pequenas unidades poderanse facer grandes avances na ciencia.
      Por outra banda, hai o risco de que se utilice esta nova tecnoloxía, non só en avances sanitarios, entre outros, beneficiosos para todos, senón na creación de aparellos de espionaxe e novas armas, máis pequenas, máis potentes e máis baratas.
      Polo tanto, opino que a nanotecnoloxía pode ter un futuro moi prometedor, pero que en malas mans pode acarrear moitas devantaxes.

  20. faa-cristinaguillan di:

    Dende o meu punto de vista a nanotecnoloxía si pode ter un futuro moi prometedor, xa que gracias a ela os avances en ciencia poden ser enormes. Por exemplo á hora de traballar con materiais a nivel atómico e molecular para modificalos e crear materiais máis resistentes como xa é o caso dos nanotubos de carbono. Ademáis, tamén estarán presentes na obtención de enerxía ao estar presentes en paneis solares e nun futuro nas baterías dos automóbiles para meellorar o rendemento enerxético, no coidado da nosa pel ao estar presentes en cremas solares que reflicten mellor a luz solar, en avances na tecnoloxía para que cada vez os compoñentes dos aparellos electrónicos sexan máis pequenos e potentes, e no campo da mediciña, sendo inxectados nanorobots no corpo humano para combater virus invasores e reparar o ADN de células danadas, o que axudaría a combater enfermidades coma o cancro e mesmo alongar a nosa vida indefinidamente.

  21. fab-aidagonzalez di:

    A nanotecnoloxía ten un futuro prometedor, xa que estamos nun momento no que a ciencia e a tecnoloxía o son case todo e se utilizan para case todo. A nanotecnoloxía é unha parte importante da ciencia e gracias a ela os científicos e científicas poden crear materiais, aparatos e sistemas novidosos e pouco custosos. É importante resaltar que son pouco custosos xa que normalmente todo o relativo á ciencia e á tecnoloxía soe ser dun prezo elevado. Nun futuro os científicos van poder utilizar a nanotecnoloxía para a producción agrícola, tratamento de augas, nos fármacos,para remediar a contaminación atmosférica, detección e control de plagas, almacenamento,producción e conservación da enerxía e moitos outros usos.

  22. faa-ricardop di:

    Eu penso que coa nanotecnoloxía poderíamos avanzar moito na ciencia, como o estamos a facer, xa que esta ciencia actua a un nivel de 10*-9 metros sendo moi bos pra algunhas emfermidades que están nun sitio de dificil aceso.

  23. faa-manuelcacabelos di:

    A nanotecnoloxía é un campo das ciencias aplicadas dedicado ó control e manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é dicir, a nivel de átomos e moléculas (nanomateriais). O máis habitual é que tal manipulación se produza nun rango de entre un e cen nanómetros. Tense unha idea do pequeno que pode ser un nanobot sabendo que un nanobot duns 50 nm ten o tamaño de 5 capas de moléculas ou átomos -depende de que estea feito o nanobot.
    Na fotografia vese perfectamente a utilización da nano tecnoloxia, como uns nanorobots van célula a célula para arranxar seguramente algunha enfermidadeque teñam estas células.

  24. faa-christiancacabelos di:

    Ola!
    Na miña opinión podería ser interesante dende o punto de vista que podemos tratar cada célula de forma individualizada e así non meter tanto medicamento para o organismo que poden, se abusamos e non completamos oso ciclos impostos polos médicos, fortalecer cepas de bacterias provocande serios problemas e ademáis disto podemos mellorar en enfermidades tan peligrosas como a sida (VIH), enfermidades de tipo ETS, enfermidades crónicas e moitas enfermidades dexenerativas e neurodexenerativas. Por isto entre outras cousas véxolle futuro e comparto a opinión dos científicos que din “a nanotecnoloxía ten un futuro prometedor”.

  25. fab-elisaperez di:

    Penso que coa nanotecnoloxía pódese avanzar moito na ciencia, xa que traballa coa tecnoloxía, mediciña… Cousas que, hoxe en día, son imprescindibles no futuro.

  26. fab-gretageorgieva di:

    Na miña opinión,a nanottecnoloxía pode chegar a ser moi útil nun futuro cercano, xa que na actualidade ciencie e tecnoloxía son fundamentais para un mellor futuro. A nanotecnoloxía podremoslle dar diversos usos como; procesamento de alimentos,reduccion da contaminación atmosférica avanzar na construcción ou na mediciña.

  27. faa-fatimalago di:

    “Nano” é un prefixo grego que significa “mil millóns” aplicándoo ás unidades de medida, que corresponde a unha mil millonesima parte dun metro, é dicir, a nanotecnoloxía estuda o mundo dende un nivel de resolución nanometrico entre 1 y 100 nanometros aproximadamente, co cal podemos definir a nanotecnoloxía como o estudo e desarrollo de sistemas en escala nanométrica. Nesta imaxe pódense ver dous nanorobots analizando os glóbulos vermellos.
    Eu creo que a nanotecnoloxía ten un futuro moi prometedor, xa que é un gran avance no mundo da ciencia, como no da tecnoloxía e moitos outros.

  28. fab-noerodriguez di:

    É certo, a nanotecnoloxía será un avance nun futuro próximo, pero… Que pasará nun futuro lonxano? Tense previsto que a nanotecnoloxía se use só para a sanidade? Pode que en poucos anos sexa pouco común usala pero nun futuro lonxano quizais a nanotecnoloxía sexa algo moi común de utilizar e que incluso se poida usar para fins menos beneficiosos… Poderían usarse como armas incluso. Hai múltiples posibilidades de uso.