PARVOVIRUS CANINO

O parvovirus foi identificado en 1978 e dende entón encontráronse cepas mutantes do virus.

parvovirus é un virus contaxioso moi frecuente nos cans. Afecta ao tracto dixestivo dos cans e pode afectar ao músculo cardíaco en cachorros moi novos. Transmítese mediante as feces de cans infectados e tamén pode encontrarse en superficies e obxectos que estiveron en contacto con feces infectadas, tales como as solas dos zapatos. Outros animais, como insectos e roedores, poden servir como vectores de transmisión deste virus canino.

Os síntomas da doenza causada polo parvovirus poden variar en intensidade para cada individuo. Os cans adultos adoitan ser máis resistentes á enfermidade e é frecuente que non presenten síntomas notorios. En cambio, os cachorros menores a seis meses son altamente susceptibles ao parvovirus e adoitan morrer. Algunhas razas son máis susceptibles a esta enfermidade como o Dobermann, o Rottweiller e o Labrador.

Os síntomas  son: vómitos, diarrea, deshidratación e feces con sangue (que poden verse como feces escuras). Debido á forte deshidratación do can ou cachorro, a morte adoita acontecer entre as 48 e as 72 horas dende que acontecen os primeiros síntomas. En casos severos, o parvovirus produce unha diminución dos glóbulos brancos. Debido a que os síntomas do parvovirus canino son comúns a outras doenzas, o diagnóstico preciso require de análise de laboratorio. Os cachorros menores de tres meses poden sufrir inflamación do corazón, nestes casos, non existe diarrea e o cachorro pode morrer nuns poucos minutos ou en poucos días. Aínda se sobrevive por máis tempo, o dano cardíaco é severo e adoita conducir á morte.

Actualmente non existe unha cura para eliminar o virus dun can que foi contaxiado de parvovirus. O único tratamento que se pode realizar consiste dar soporte vital ao animal, para evitar a morte por deshidratación. Aínda que existe unha vacina para previr a enfermidade, algúns cans vacinados enferman.

Para tratalo adoita manter o balance de líquidos e electrólitos por vía intravenosa. En casos menos severos tamén se poden empregar inxeccións subcutáneas e reposición de líquidos por vía oral.  Nalgúns casos tamén pode ser necesario administrar antibióticos para previr infeccións oportunistas. Debido a que o tratamento do parvovirus canino é pouco efectivo (existe unha alta taxa de mortalidade), o mellor xeito de combater esta enfermidade é mediante a prevención. Esta prevención é mediante a vacinación e a hixiene dos lugares no que o can esteaou pasea.


Autora: Sonia Porto Rivas

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

54 Responses to PARVOVIRUS CANINO

  1. Victor di:

    Un viru; que é iso? É un ser vivo?

    • faa-begonasuarez di:

      Un virus é un axente infeccioso microscópico que só pode multiplicarse dentro das células doutros organismos. Os viros afectan a todo tipo de organismos, desde animais e plantas ata bacterias. Son demasiado pequenos para poder ser observados un microscopio, polo que se utilizan submicroscopios, aínda que extisten excepcións de maior tamaño. Cada virus desarróiase de maneira diferente e ten o seu método de transmisión. Non todos producen enfermidades, xa que algúns poden reproducirse dentro do organismo sen causar danos.

      Un ser vivo é un conxunto de células e no interior destas realízanse reaccións químicas necesarias para a vida. A estructura do material é complexa, na que interveñen sistemas de comunicación celular que relacionan ao ser vivo internamente e co medio ambiente nun intercambio de materia e enerxía, tendo a capacidade de desempeñar as funcións básicas da vida de nutrición, relación e reproducción.

    • faa-diegocores di:

      É un micro organismo de estrutura simple formado por un acio nucleico e proteínas que se multiplica dentro de outras células vivas infectándoas e sendo así a causa de enfermidades como a gripe e demáis.

    • faa-lauravazquez di:

      Os virus son axentes infecciosos que viven e se reproducen dentro das células vivas. Son tan diminutos que nin se poden ver directamente con microscopios de luz. Poden infectar calquer tipo de organismo, desde animais a plantas e tamén bacterias.

  2. fab-ariadnacordal di:

    Os virus son axentes infecciosos que poden afectar a todo tipo de organismos. Están compostos por un núcleo que contén o seu ADN e unha estrutura formada por proteínas que o rodea. Ademais, ás veces poden ter unha cuberta de lípidos que rodea as proteínas.
    Poderíase dicir que os virus non están “nin vivos nin mortos”, porque non poden sobrevivir se non existen células nas que multiplicarse. Precisamente por isto son dañinos; ao facer réplicas de si mesmos rematan por matar as células.

  3. fab-noerodriguez di:

    Un virus é un axente infeccioso biolóxico microscópico, máis pequena que as células infectadas polo mesmo. Para reproducirse, os virus penetran nas células, insertan o seu ADN (ou ARN) no interior da célula e utilízanas para copiarse a eles memsos. A gripe, o sarampión e a varicela son enfermedades víricas (entre outras).
    Os virus non son bacterias e os antibióticos non sirven para combatir unha enfermidade vírica (razón pola cal é necesario vacinarse).
    Os virus non son seres vivos, pois non realizan as funcións propias destes. Os virus nin se nutren nin se relacionan. Para poder reproducirse, necesitan dunha célula, polo que non son seres vivos.

  4. faa-saracastro di:

    Un virus é un axente infeccioso microscópico que só se pode multiplicar dentro das células ou dentro doutros organismos.
    Infectan a todo tipo de organismos, dende animais e plantas, ata mesmo bacterias. Son demasiado pequenos coma para poder velos a simple vista, así que a única maneira de poder observalos é mediante un microscopio óptico. Aínda así existen algunhas excepcións nas que o virus é de tan gran tamaño que se pode divisar mediante microscopía óptica, como é o caso do Megavirus chilensis.
    Os virus compóñense de dúas ou tres partes: o material xenético, que pode ser ben ADN ou ARN; unha cuberta proteica, que se encarga de protexer estes xenes; e en algúns ata podemos atopar unha capa composta por un conxunto de moléculas orgánicas (bicapa lipídica) que se encarga de rodear e protexelos cando se atopan fóra da célula.

  5. faa-christiancacabelos di:

    Boas!

    Os virus son axentes infecciosos microscópicos que non están vivos xa que non realizan as funcións de relación, nutrición e reproducción.
    Precisan de seres vivos para poder así multiplicarse introducindo o seu material xenético nas células do ser vivo que infectan.
    Están formadas por un núcleo onde se conserva o material xenetico que logo replican ó infectar un ser vivo e ese núcleo está protexido por proteínas.

  6. faa-marcromero di:

    Tecnicamente un virus non é un ser vivo, pero na miña opinión si que o é, porqué é certo que non se nutre, pero se que se relaciona como un parasito contra o seu hóspede e se vale del para reproducirse.

    No meu parecer non é un simple composto químico ou un veleno mineral, os virus non danan os seus hóspedes en van, fano para reproducirse, e vivir á fin e ao cabo… Ademais teñen material xenético feito que lles permite mutar e evolucionar.

    • fab-marcosdaporta di:

      Eu penso o mesmo que Marc. Considérase ser vivo a todo ser que non realice as tres funcións vitais pero tal vez deba axustarse esta definición para meter ós virus.
      En particular eu penso que podería ser algo relacionado co material xenético, como calquer organismo con material xenético. Aparte a viroloxía é parte da bioloxía e esta e o estudo da vida.
      Eu non agruparía ós virus nun reino se non que os consideraría unha especie nova de célula (procariota, eucariota e vírica por exemplo).
      Ainda que eu non son biólogo e non podo dar argumentos máis fortes xa que non teño estudos (aparte do que pon na Wikipedia)

  7. fab-javiercarou di:

    Os virus son axentes infecciosos que se multiplican dentro das células doutros organismos. A maioría deles non se poden ver sen a axuda dun microscopio aínda que hai excepcións.
    Os virus non son seres vivos xa que, como ben di Christian, non realizan as tres funcións básicas dos seres vivos (relación, nutrición e reproducción).

  8. fab-martarodriguez di:

    Un virus é un axente infeccioso microscópico acelular que só pode multiplicarse dentro das células doutros organismos.
    Os virus infectan todos os tipos de organismos, dende animais e plantas, ata bacterias e arqueas. Os virus son demasiado pequenos para poder ser observados coa axuda dun microscopio óptico.
    Os virus non se nutren, nin se relacionan. Para facerse copias deles mesmos necesitan, de forma obrigatoria, a intervención dunha célula. Por iso, os virus no son seres vivos. Este é o motivo polo cal non aparecen incluidos en ningún Reino nos que se engloben os seres vivos.

  9. Victor di:

    Os virus non son seres vivos; entón tería sentido tratalos con antibióticos, é dicir, tería sentido tratar de matalos?

    • fab-marcosdaporta di:

      Os antibióticos non lle fan nada ós virus. Ademáis por agora é imposible matar ós virus, soamente con antivirales evitas que se reproduzcan e infecten outros órganos.
      Para a gripe e o Sida por exemplo, non hai vacuna porque estes mutan moi rápidamente.

    • faa-diegocores di:

      Filosoficamente falando non podes matar o que non está vivo. Polo tanto esa frase non tería sentido. Os virus non teñen cura. O que se fai cando alguén padece un é darlle medicamentos para levar mellor os síntomas destes. Para previlos o que se fai poñer vacinas, que consisten en introducir no organismo un axente (bacteria, virus …) que non posúe a capacidade de enfermar, pero si a de crear unha resposta inmune. Desa forma cando o axente volve a introducirse no corpo o organismo pode defenderse sendo inmune.

  10. faa-saracastro di:

    Por suposto que ten sentido tratalos con antibióticos! Aínda que un virus non está considerado precisamente como un ser vivo, ten a capacidade de duplicarse e facerse cada vez máis grande e máis dañino, o que nos pode afectar moito. En ocasións son tan agresivos que ata poden provocar a morte nunha persoa, animal ou planta.
    Os antibióticos o que fan é axudar ao noso corpo a disminuilo e eliminalo, para así poder ter unha mellor calidade de vida. É certo tamén que os antibióticos si que son unhas substancias químicas que proveñen dos seres vivos, pero isto é o que nos favorece, xa que afectan moito máis aos virus que a nós mesmos. Quero dicir, un antibiótico, aínda que procede de seres vivos, non provén directamente de nós, o que pasa é que estes normalmente presentan toxicidad selectiva, motivo polo cal os virus saen máis afectados ca nós e o noso organismo sae gañando. Aínda así, non nos podemos esquecer que isto non sempre é así. A veces o noso organismo pode rexeitar algún que outro tratamento, o que faría que en lugar de axudar ás nosas defensas,dañaríaas máis. Cando se produce isto, case sempre se opta por probar outros antibióticos que lle vaian mellor ó ser vivo, de maneira que este poida combatir o virus e chegar a eliminalo.

    • Victor di:

      Os antibióticos non lle fan nada aos virus; por que?

      • fab-marcosdaporta di:

        Porque os virus non son células e os antibióticos matan células (bacterias) por iso nunca curarán un catarro ou gripe. Para combatilos utilízanse os antivirais.

      • faa-saracastro di:

        Tampouco é que non lle fagan nada, simplemente que os antibióticos funcionan de tal maneira que en vez de ser eles os que ataquen ós virus, o que fan é axudar ás nosas defensas a ser máis fortes e poder así combatilos.
        Ademais, os virus non son seres vivos, motivo polo cal os antibióticos non lle afectan directamente.

      • faa-veronicanoya di:

        Os antibioticos non teñen efectos sobre os virus, xa que os antibioticos están deseñados para combatir ás bacterias.

      • faa-diegocores di:

        Porque os virus non son bacterias e polo tanto os antibióticos non lle fan nada. Isto é moi importante, pois pode que a xente se tome antibióticos cando non son necesarios e isto é moi malo, pois sufriría a parte mala destes (os efectos secundarios) sen a parte boa (a curación da enfermidade), e ademais un uso abusivo dos antibióticos pode causar unha inmunidade do organismo a este e despois, de ser necesarios para un enfermidade bacteriana non xurdirían efecto.

      • faa-lauravazquez di:

        Un virus non é unha bacteria, nin un organismo con vida independente. Non pode sobrevivir si non hai unha célula viva á que se poida sintetizar copias de sí mismo (replicarse). Por iso os antibióticos non fan dano ós virus. O tratamento contra a gripe alivia principalmente os síntomas da enfermidade e non mata ó axente que a causa.

      • faa-larafernandez di:

        Os antibióticos non matan virus por que este tipo de medicamentos están diseñados para matar bacterias, e os virus non o son.

  11. faa-nicolecorbacho di:

    Se os virus non son seres vivos, teria sentido eliminalos para que non sigan causando un dano no organismo.

    • Victor di:

      Que queres dicir con esta frase, Nicole?

      • fab-marcosdaporta di:

        Non todos os virus fan mal ós organismos ademáis é imposible erradicar todos os virus do mundo. Son demasiados e son moi resistentes e ademáis hai moitos virus ós que non hai medicación para tratalos. Así que sería imposible

      • faa-larafernandez di:

        Eu creo que Nicole intenta decirnos que se os virus son malos e non son seres vivos, por que non os eliminamos.
        Os virus non son todos malos, e a parte, como di Marcos, é imposible eliminalos en todo o mundo, e moitos deles non son combatibles de momento.

  12. fab-gretageorgieva di:

    Os virus non se porden curar con antibióticos por que estes están diseñados para combatir as bacterias.

  13. faa-ricardop di:

    Na miña opinión, estou de acordo con Nicole, xa que éstes individuos aproveitanse das nosas células, para multiplicarse e `vivir´.
    Aunque non estéan de todo vivos, son moi perxudiciais para nós, incluso mortais.

  14. faa-nicolecorbacho di:

    Quero decir que o virus non é un ser vivo,e hay que matalo e eliminalo atraves dos antibióticos, xa que actúan duplicándose e facéndose máis fortes ante o noso organismo, e como dixo sara, os virus poden chegar a ser moi agresivos ata provocarnos a morte.

  15. fab-noerodriguez di:

    Non tería sentido tratalos con antibióticos porque os antibióticos só teñen efecto en bacterias, non en virus. Un virus só pode ser eliminado polo noso organismo. Para que o noso corpo estea preparado para un posible ataque de virus, os médicos póñennos vacinas. Non obstante, estas vacinas non sirven para matalos. Só fan que o noso organismo saiba cómo contrarrestalos ante un ataque.

  16. faa-laurarey di:

    Os antibióticos non afectan os virus, pero si as bacterias, pois estes actúan sobre dianas, substancias que se atopan en calquera parte da célula, que os virus non conteñen. Así pois outro motivo polo que non afecta ós virus é que este está mutando continuamente.

  17. Victor di:

    Moitos de vos estades a repetir que os antibióticos “están deseñados para…”; está ben utilizada esta frase?, que son realmente os antibióticos?

    • faa-diegocores di:

      Os antibióticos son a nosa mellor arma contra as enfermidades de tipo bacteriano. Normalmente os antibióticos axudan ás defensas do organismo ata que estas se valen por si solas.

    • faa-estebanpintos di:

      Os antibióticos son substancias químicas producidas por un ser vivo ou derivado sintético, o cal mata ou impide o crecemento de concretas clases de microorganismos sensibles, que xeralmente son bacterias.

    • faa-lauravazquez di:

      Os antibióticos son substancias químicas producidas por un ser vivo ou derivado sintéctico que impide o crecemento de certas clases de microorganismos, xeralmente bacterias.
      Non están deseñados para a curación se non que se empregan na mediciña humana para tratar infeccións.

    • faa-begonasuarez di:

      Un antibiótico realmente é unha substancia que impide ou mata certa clase de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias. Utilízanse en mediciña para tratar infeccións provocadas por xérmenes. O obxectivo do tratamento con antibióticos é conseguir a erradiación do microorganismo patóxeno, para eso necesítase una concentración do medicamento na que sexa capaz de facer que os microorganismos se inhiban. A automedicación é un serio problema para a saúde pública, xa que unha mala elección do antibiótico pode xerar poblacións de bacterias resistentes a este antibiótico.

    • fab-iriamartinez di:

      O antibiótico é un composto químico producido por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias, pero non exclusivamente. Os que só actúan contra bacterias chámanse antibacterianos. Os antibióticos utilízanse en medicina humana, veterinaria e horticultura para tratar infeccións provocadas por xermes

    • faa-veronicanoya di:

      Un antibiótico é un composto químico que mata ou impide a reproducción de certos microorganismos, xeralmente bacterias, pero tamén hongos.

  18. fab-marcosdaporta di:

    Os antibióticos son químicos, a veces naturais, que matan certos microorganismos. Pero normalmente non só atacan as bacterias invasoras se non que tamén atacan a outras células ou á flora intestinal.

  19. faa-noeliaparracho di:

    Un antibiótico é unha substancia química producida por un ser vivo ou derivado sintético que impide o crecemento de certas clases de microorganismos, xeralmente bacterias.

  20. fab-andreabrea di:

    Un antibiótico é unha substancia química, producido por un ser vivo ou un derivado sintéctico, o cal mata ou ben impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias. Estes acostuman usarse na mediciña humana, animal e na horticultura para trataren infeccións provocadas por xérmenes. O obexctivo do tratamento con antibióticos e conseguir a erradicación do microorganismo patóxeno.

  21. faa-begonasuarez di:

    Os virus son inmunes aos antibióticos porque estes matan as bacterias e os virus non son bacterias. O que facemos tomando antibióticos cando temos gripe, resfriado, dores de garganta… é facer que o organismo se volva inmune a este medicamento e logo cando realmente o necesitemos non nos faga efecto. Para combatilos fan falta os antivirais.

  22. faa-ricardop di:

    Un antibiótico é unha substancia química producida por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, normalmente bacterias.

  23. faa-manuelmontes di:

    Os antibióticos son unhas substancias químicas producidas por algún ser vivo ou son obtidas dun derivado sintético. Os antibióticos foron creados para evitar a proliferación de algúns microorganismos, que xeneralmente son bacterias, e empreganse na medicina humana, animal e na horticultura para curar as infección que producen algúns xermes.

  24. fab-beatrizcasal di:

    Un antibiótico é unha substancia química producida por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias. Os antibióticos utilízanse en medicina humana, animal e horticultura para tratar infeccións provocadas por xermes.

  25. fab-iciacores di:

    Os antibióticos son substancias químicas que teñen a función de matar ou impedir o crecemento de certos microorganismos sensibles que soen ser bacterias. A substancia química é producida por un derivado sintético ou tamén pode selo por un ser vivo.

  26. Victor di:

    Este días está a sair nos xornais unha noticia na que se afirma que o mal uso, estes últimos anos, de antibióticos está a crear bacterias moi resistentes aos medicamentos. Como explicariades esta problemática?

  27. faa-saracastro di:

    É moi sinxelo de explicar. Ao tomar medicamentos en exceso, o que facemos é acostumar ás bacterias do noso corpo a estes, facendo así que estas bacterias se volvan máis resistentes e precisen dosis máis elevadas de antibióticos e medicamentos para poder combatilas.
    Hoxe en día os médicos din que este é un problema que se extende cada vez máis, o que é moi perigoso para nós, posto que día a día os medicamentos teñen que ser todavía máis fortes.
    Algúns dos claros exemplos de bacterias que se volven cada vez máis resistentes son a tuberculose e o neumococo. Este último caso é o encargado de producir neumonía, a sinusitis, as infeccións de oído e ata a meninxitis.

  28. Victor di:

    A PARTIR DE HOXE E DURANTE 10 DÍAS, TEREDES ABERTO UN NOVO FORO: “A CIENCIA TEN SEXO?”

  29. faa-ricardop di:

    Ten relación coa teoría de Darwin (Selección Natural), xa que ó suministrar antibióticos para matar ós virus (sen vida), o que estamos facendo é que actue a selección natural, e deses virus unha parte morre e outra resiste, facendose máis forte e tendo así a súa descendencia máis forte, provocando uns `supervirus´ que, probablemente, se volvesen inmunes ó antibiótico xa suministrado.

  30. faa-noeliaparracho di:

    O mal uso de antibióticos é un motivo polo cal as bacterias son máis fortes agora. Poe exemplo, cando un médico receta un antibiótico a una persoa, dille un número de días para tomalo. Se esa persoa toma menos días do recetado o que fixo foi matar ás bacterias máis débiles, deixando todavía vivas as fortes. Esto produce que, ao reproducirse e facer individuos iguiais os proxenitores, as bacterias novas sexan máis fortes que aquelas que morreron co antibiótico, xerando así bacterias máis fortes.

  31. fab-lorenasoto di:

    As bacterias son máis fortes porque facemos un mal uso dos medicamentos, xa que, o médico mándonos tomar un antibiótico durante uns determinados días e logo nos tendemos a tomalos menos días, isto fai que os antibióticos maten as bacterias máis débiles e sobrevivan as máis fortes das cales nacerán outras igual ou máis fortes cas anteriores.

  32. fab-noerodriguez di:

    Ao tomar antibióticos, mátanse bacterias, pero o problema é que non se maten todas as que se deben ou que aguanten as máis fortes. Se os tomamos en falta, non conseguiremos matar todas as bacterias que se deberían e as máis fortes poden sobrevivir. Por outra banda, se as tomamos en exceso, as bacterias pode que se adapten a estes antibióticos e se fagan máis fortes de xeito que haxa que investigar novos antibióticos capaces de acabar con estas novas “súper bacterias”. Por iso, o mellor e tomar antibióticos durante períodos determinados, como os que establecen os médicos.