QUEN SE APUNTA A COLONIZAR MARTE?

Nun futuro é probable que a colonización de Marte sexa necesaria, mentres, investígase cómo fundar unha colonia de forma factible.

Actualmente hai un proxecto en marcha para fundar unha colonia permanente en Marte  da man de Mars One.  Esta é unha empresa sen ánimo de lucro. O seu proxecto costará cerca de 6.000 millones de dólares e non incluirá a  viaxe de retorno ós seus catro astronautas, debido a que os cambios fisiológicos que experimentarían na superficie de Marte non lles permitiría soportar o cambio de condicións na Terra, e incluso que a viaxe de retorno sería moito máis difícil. Por iso a empresa holandesa califica a viaxe como unha emigración.

Este proxecto é realista, a tecnoloxía para colonizar Marte xa existe; o único “hándicap” é a financiación do proxecto. Para que resulte viable a empresa fará desta historia un evento mediático que financiará parte do proxecto. Será como un Gran Hermano en Marte. E cada dous anos mandaran catro integrantes máis para darlle vida ao “show”.

E quen serán os astronautas? O proceso de selección só terá en conta a capacidade de resistencia, adaptabilidade, curiosidade, fiabilidade e inxenio das persoas que se presten a saír da Terra para non volver. Polo de agora hai 10.000 solicitudes. Pensas presentarte?


Autor: Marcos Daporta

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

46 Responses to QUEN SE APUNTA A COLONIZAR MARTE?

  1. Victor di:

    Que cambios fisiolóxicos se experimentan ao vivir no espazo?

    • fab-manuelgonzalez di:

      O espazo non ten gravidade,como é no caso da Terra. Podría estar boca abaixo,e non te darías de conta,exercería unha presión sobre teu corpo moi forte,chegando a producirte mareos,cousa qe os astronautas son entrenados para estés fenómenos durante anos.

    • faa-christiancacabelos di:

      Boas!
      Os cambios fisiolóxicos máis notorios que podemos sentir ó vivir no espazo son as variacións de presión, temperatura, falta de osíxeno.
      No caso de que se vaia a outro planeta cambios de tipo atmosférico, presión temperatura que en ambos casos poden afectar ás funciona vitais de calquer ser vivo

    • faa-begonasuarez di:

      Vivir no espazo supón unha serie de cambios fisiolóxicos. Para empezar alí non hai gravidade, poderíamos dar voltas polo espazo sen rumbo; outro cambio sería que non poderiamos respirar por nós, xa que no espazo non hai osíxeno e outro punto negativo é que nos afectaría directamente a radiación solar.

      Os astronautas no espazo poden chegar a perder masa ósea, que se atrofien os músculos, confusión mental e cambios de comportamento, sofren alteracións do sono debido á ingravidez, o estrés, os problemas para moverse e a perda do ciclo día-noite. Tamén se debilita o sistema inmune, prodúcense alteracións cardiovasculares e o sistema respiratorio vese afectado pola nova distribución de líquidos. O intestino casi se paraliza e non hai defecación. A sede diminúe e prodúcese deshidratación pola perda de auga na orina.

    • faa-diegocores di:

      Pois os cambios mais fortes que en notaría serían, a atracción gravitatoria inexistente, a ausencia de osíxeno, o falta de contacto con outras persoas, a comida… etc.

  2. faa-ricardop di:

    Pois un cambio no consumo de osíxeno principalmente, xa que no espazo non hay. Logo a adaptación as novas presións ás que nos vísemos sometidos, xa que a masa de Marte non é coma a da Terra, aunque a nosa sega sendo a mesma (Peso no planeta (N)= Masa persoa (Kg) x Gravidade planeta (m/s*2)), polo que se varia a Masa do planeta, varia a súa Gravidade (g).

  3. fab-martapalacios di:

    O espazo ten un dos ambientes máis perigosos que se exploraron. A medida que cambia o ambiente, tamén cambia o corpo do astronauta. No espazo non existe a sensación física que deixa saber se estás cabeza abajo arriba ou cabeza abaixo. Podes flotar cabeza abaixo sen sentir que o sangue corre hata a cabeza. Todos estes cambios poden causar a aparición da “enfermidade espacial”, que é semellante a cando un se marea no coche ou no mar. Ó ter menos gravidade permite que os fluídos do corpo se extendan igualmente por todo o corpo, por iso cando os astronautas viaxan ao espazo por primeira vez, séntense coma se tiveran un resfriado e as súas caras hínchanse. O corpo elimina o que cre que son fluidos adicionais da maneira normal, é dicir a través dos rils, o cal produce frecuentes visitas ó baño Os osos perden masa, os músculos se resinten da falta de actividade, e os cambios no sistema circulatorio xeneran diversas molestias como cefaleas, é dicir, molestias en calquera parte da cabeza. Os ambientes espaciais afectan tamén ó sentido do tempo do astronauta. Mentres viaxa ó redor da Terra, o astronauta fai órbita á Terra cada 90 minutos. Isto significa que poden ver a saída e a posta do sol cada 90 minutos. Isto fai efecto de “jet lag”, é dicir, tende a confundir ó corpo e interrumpir o sono provocando mal humor e cansancio. Para limitar esta interrupción, as tapas sobre as ventás axudan a bloquear o sol.

  4. fab-beatrizcasal di:

    Os astronautas adoitan padecer no espazo perda de visión e esmagamento dos ollos, redistribución dos fluídos corporais, debilitamento do sistema inmune, menos glóbulos vermellos, cambios no corazón, descalcificación dos ósos, síndrome de adaptación espacial, problemas de sono e atrofia muscular.

  5. faa-marcromero di:

    Os astronautas son profesionales moi ven entrenados tanto física como psicolóxicamente. A resistencia física mínima dunha persoa para poder ir a o espazo e comparable á dun atleta de alta competición, xa que as forzas a que se someten os corpos no enlairamento dende “Cabo cañaberal” son brutales, pero iso é o de menos.

    As cualidades psicoloxicas son aínda mais importantes, a claustrofobia é un problema, sentirse pequeno na inmensidade do espazo é moi fácil, “Sitting in a tin can” (Como dicía David Bowie en Space Odity) , e ter medo tamén.

    Unha vez que o corpo se acostuma ás condicións de non-gravedade do espazo, o propio metabolismo cambia, o corazón bombea o sangue dende antes que nacésemos contando sempre coa constante gravidade, por exemplo.

    Polo tanto, eu non creo que este proxecto prospere. Para que funcionase faría falta adestrar individuos dende moi novos a estas condicións. Non calquera pode viaxar 100 millóns de quilómetros para non volver a ver a os seus seres queridos nunca mais.

    • fab-marcosdaporta di:

      Non creo que se necesite adestrar ós individuos dende moi novos. Son máis grandes as diferenzas fisiolóxicas entre unha persoa na terra e unha nunha estación espacial (na que pasan meses)que unha persoa na Terra outra en Marte. Aparte “hai xente para todo”. Fíxate nas solicitudes a cantidade de persoas que están dispostas a saír da Terra. Esta viaxe non é moi diferente a cando unha persoa emigra a un país que descoñece en non volve a ver ós seus familiares, pasa moi frecuentemente.E o contacto non se ten por qué perder necesariamente, poderíase establecer contacto dende Marte a través de Internet,xa que o sistema de propagación da información de internet vai a mesma velocidade ca a Luz. E por último, os teus compañeiros da viaxe serían a túa familia a partir dende que subes a esa nave.

      • faa-diegocores di:

        Por un lado tes razón Marcos, pero dende o meu punto de vista tamén estou con Marc no de que as persoas que vaian a saír do planeta necesitarían estar preparadas dende moi pronto porque acostumbrarse a un tipo de vida, rodeado dunha determinada tecnoloxía e etc, pode supoñer un gran problema despois, porque a morriña sempre volve, e neste caso non habería volta atrás.

  6. faa-larafernandez di:

    Os astronautas necesitan entrenar duramente durante anos, tanto física como psicolóxicamente, para prepararse ás duras condicións do medio extraterrestre. Este viaxe ó espazo xa resulta un perigo no mesmo momento no que os tripulantes montan na nave.
    Entre algúns dos inconvintes que poden causar grandes problemas nos astronautas encóntranse a falta de osíxeno (obviamente), afectando ó cerebro e provoca fatiga, somnolencia, dor de cabeza, mareo e en ocasiones pérdida de conciencia. Tamén poden contraer enfermidades relacionadas coa ingravidez e a exposición ás radiaccións ionizantes. Outro problema é o Sindrome de Allison, que lles proboca a perda do 20% da masa ósea (debido á ingravidez) provocando fracturas e cálculos renales.Outras causas frecuentes son as famosas alteracións do sono (non hay dia e noite), a atrofia muscular, alteracións cardiovasculares…

    • fab-marcosdaporta di:

      Lóxicamente xa se ten pensado no problema do osíxeno, hai máquina que filtra todo o aire para poder “reciclar” e “reutilizar” o osíxeno e a auga. Cada vez que respiras estás soltando unhas pequenas cantidades de vapor de auga que pode ser filtrada por esa máquina para obter auga ou osíxeno e esto pasa ca suor,a orina… Así o ritmo de consumición de osíxeno e auga dun astronauta nunha nave é menor. Aparte de que o osíxeno pode comprimirse, tendo en espazos reducidos unha gran masa de osíxeno.
      A maioría dos problemas físicos pódense minimizar facendo moito exercicio, para iso hai máquinas que funcionan no espazo.

  7. fab-marcosdaporta di:

    Realmente o maior problema é o impacto psicolóxico de estar encerrado nun espazo reducido durante moito tempo. Nos países onde fai frío e hai frecuentes avalanchas tense pasado que unha cabaña é cuberta de neve, impidindo que o inquilino non poda saír. Se este individuo non ten nada co que distraerse, nunha semana vólvese tolo. Lóxicamente na nave terían cousas que facer pero terían que aguantar entre 7 e 8 meses viaxando.

  8. fab-iriamartinez di:

    Os astronautas teñen que entrenar durante varios anos tanto menal como físicamente. E escoller a varias personas que non estén preparadas poden sufrir moito para conseguir adaptarse a ese medio, xa que é un lugar novo, totalmente descoñecido onde suceden cousas que unha persona non esta acostumada a vivir, tamén polas diferentes formas de vida,principalmente como o consumo do asíxeno, comer, ir ao baño… Sinceiramente non creo que nadie aguante moito tempo fora da terra acabaríase botando de menos.

  9. Victor di:

    Cales son as dificultades técnicas para realizar unha viaxe a Marte?

    • fab-marcosdaporta di:

      O maior problema é o suministro de comida. Teñen que levar suficiente para 8 meses de viaxe e 2 anos para a estancia. Aparte tamén tense que conservar. Calcúlase que aproximadamente levarán unha tonelada de peso. Esto é moito.
      Outro problema é o espazo reducido da nave, aparte da reducción pola comida e auga, a nave en sí non é moi grande. Isto provoca que os astronautas non podan desenvolver ben os músculos e perden máis rápido a masa ósea e muscular.
      O último e tal vez máis grave dos problemas é que se tivesen unha enfermidade grave non terían medios para curarse.

      • faa-santiagoescudeiro di:

        Estou moi dacordo con Marcos. Por exemplo no tema da comida, ao estar tanto tempo precisan levar moitos víveres para alimentarse e nutrirse correctamente durante todo ese tempo. As naves non son moi espaciosas debido a que costa moito impulsalas e canto máis grandes peor, debido ao aumento de peso, aumenta a dificultade para que se mova. Ademáis dos problemas técnicos, engádense problemas económicos, xa que habendo suficiente financiamento sería posible construir e mover naves máis grandes que axudarían a mellorar a calidade de residencia dos astronautas.

    • faa-begonasuarez di:

      As principais dificultades técnicas para viaxar a Marte son: a radiación cósmica e galáctica, a falta de atención médica nun viaxe tripulado, a duración da viaxe (que sería un par de anos), o coste desta viaxe (custaría millóns), a enerxía necesaria para facer esa viaxe, a alimentación dos astronautas, que terían que levar moita comida para tanto tempo e o poco espazo na nave, polo que os astronautas terían pouco espazo para desenvolverse.

      • faa-larafernandez di:

        Para os astronautas e aqueles que teñen relación directa con eles (familiares, técnicos de xestión do viaxe…) non lles resulta doado adaptarse a esta viaxe, pero ademais os astronautas deben de soportar certas dificultades ao ir ó espazo.
        Como di Begoña, os astronautas deben de pasar dous anos de viaxe para chegar a Marte, e teñen que ter coidado con diversos factores, como o osíxeno, os víveres e a posible enfermidade dalgún tripulante (comezando a mellorarse as mediciñas espacias). Outro problema, que nomea Begoña, son o custoso que resulta esa viaxe, e é un inconvinte que non resulte satisfactoria para aqueles inversonres que pagarón esa investigación, perdendo grandes sumas de diñeiro.

    • faa-diegocores di:

      Opino que as dificultades técnicas poden ser os mínimos que necesita unha persoa para sobrevivir: auga, alimentos e osixeno entre outros. Necesítase todo iso para vivir alí. Se a posibilidade de volver é inexistente, necesitaríanse recursos de por vida ou un sistema de mensaxería que lles facilite estes. Pero levar un suministro de por vida é un espazo moi grande a ocupar na nave. E un sistema de mensaxería moi cusoso. Por outra parte necesitaríase un sistema de depuración do aire. E tamén a instalación destas persoas no planeta, pois teño entendido que os raios solares inciden de tal forma na superficie da terra que o propio chán “é radiactivo”.

  10. fab-martarodriguez di:

    Seres humanos no espazo: o espacio é un lugar moi hostil para o ser humano. A falta de aire e de presión atmosférica pode matar a unha persoa en cuestión de segundos. As temperaturas son impresionantes: cerca do cero absoluto da sombra de un planeta, e de varios centos de grados baixo a acción solar directa. O non existir protección atmosférica, as radiaccións cósmicas poden resultar mortales.
    Os avances científicos e tecnolóxicos logrados nas últimas décadas permitiron desarrollar unha gran cantidade de elementos que protexen o ser humano durante os voos máis alá da atmósfera. Biólogos, médicos, físicos, inxeñeiros e meteorólogos traballaron e traballan de forma permanente para mellorar a calidade de vida dos astronautas e evitar riscos durante a permanencia no espazo. Na miña opinión co paso dos anos e de moitos avances científicos os astronautas podrán ir o espazo sen tanto risco para a súa vida.

  11. faa-saracastro di:

    Viaxar a Marte non é, para nada, algo doado. Todo o contrario. Viaxar a calquer lugar que non se atope na nosa superficie terrestre é algo un tanto complexo de facer, posto que as condicións ás que nos sometemos son moi diferentes.
    Para empezar, unha das principais desvantaxes que nos atopariamos sería a distancia que nos separa, xa que hoxe en día a viaxe máis rápida que se podería facer de aquí a Marte sería de aproximadamente uns seis meses… Por outra banda, algo que nos afectaría bastante sería a radiación solar, posto que alí non contariamos coa protección que ten o noso planeta, algo que poría en risco as nosas vidas. Tamén sufririamos os efectos da baixa gravidade e das baixas temperaturas continuas. Por non falar do coste económico, que ronda os 100000 millóns de dólares, unha cifra que é extremadamente elevada!

  12. fab-sporto di:

    A ausencia da forza de gravidade implica unha situación atípica que produce infinidade de trastornos no organismo dos astronautas. Algúns deles son:
    . Irrigación sanguínea. Pola gravidade, os fluídos vense atraídos cara ás pernas e repártense correctamente por todo o organismo. No espazo, en cambio, o sangue que debería irrigar as extremidades inferiores redistribúese na cabeza e no tórax e provoca, ao inicio do voo, o característico inchazo do rostro dos astronautas. Prodúcese unha resposta do organismo á redistribución de líquidos. Para adaptarse á nova situación, elimínase auga, coa conseguinte diminución do volume corporal.
    . Músculos. No espazo carece de sentido a relación peso-masa. Unha balanza resultaría completamente inútil a bordo dunha nave espacial. Pódese apreciar se unha persoa é corpulenta ou delgada, pero é imposible establecer o seu peso.
    Como os astronautas flotan dentro da nave, co tempo prodúcese a atrofia muscular. Co fin de contrarrestar este efecto, os tripulantes deben realizar diariamente exercicios e vestir traxes espaciais con fortes elásticos na zona das articulacións, para forzar os movementos.
    . Equilibrio. Durante vos primeiros días de viaxe, preto da metade da tripulación sofre do “mal do espazo”, que se manifesta con vómitos, dores de cabeza e sudación. Estes son os efectos da confusión que provoca a ingravidez sobre o sistema vestibular, o órgano do equilibrio situado no oído interno.
    . Alimentación. Ao contrario do que se podería pensar, os astronautas necesitan moitas calorías diarias, xa que consumen moita enerxía ao realizar as cousas máis simples. Pero ademais de incluír gran cantidade de calorías, a dieta espacial está balanceada en forma diferente da terrestre. Por exemplo, é fundamental que conteña unha alta porcentaxe de calcio, xa que este elemento que forma os ósos se perde progresivamente no espazo. O mesmo sucede cos glóbulos vermellos do sangue, o cal se contrarresta parcialmente cunha alimentación rica en ferro.

  13. Victor di:

    E vos; estaríades dispostos a participar nunha viaxe como a plantexada neste artigo? Que vos atrae dela?

    • faa-diegocores di:

      Non estaría disposto a realizar o que aquí é mencionado porque creo que o noso planeta ten todo o necesario para a nosa vida, nacemos aquí, vivimos aquí e morremos aquí. Penso que non futuro non vai a poder ser así e posiblemente teñamos que saír deste planeta, na procura da supervivencia, pero iso tocaralle as xeracións futuras. Tamén é certo que para que elas poidan facelo nos temos que investigar, pero eu non estaría disposto a deixar todo o que aquí teño. Aínda que de ter que facelo, o que mais me atraería da viaxe e o poder sentir a gravidade cero durante a viaxe.

    • faa-begonasuarez di:

      A verdade é que sería interesante facer unha viaxe destas a Marte e coñecer o planeta, pero eu prefiro quedarme na Terra. Para ir vivir a Marte fan falta moitas cousas e podemos contraer problemas. Non ten nada que ver coa Terra, aquí respiramos grazas á auga e á atmosfera e podemos andar polo chan grazas á gravidade Ademais levaríanos moito tempo chegar e volver de Marte, e hai posibilidadades de que a viaxe non saia ben.

    • faa-larafernandez di:

      A min gustaríame moito viaxar a Marte e poder observar as súas maravillas, e a idea de quedar alí para sempre non me importaría. O que menos me atrae é a idea que a miña vida alí e a de outros sexa televisada en ningún momento, e se fose só posible viaxar a Marte baixo esta condición non iría en ningún caso, xa que iría para a miña satisfacción persoal e non a dos demais.

  14. faa-saracastro di:

    A verdade é que eu, por exemplo, tería que pensalo moito antes de realizar unha viaxe coma esta. Non só polo custo dela, senón polos riscos que un corre ao facela. É certo que unha viaxe así ten que ser única, maravillosa! Pero non nos podemos esquecer de que si a nave na que imos sofre calquer fallo, as probabilidades que temos de sobrevivir son practicamente nulas. Ademais disto, pasar tanto tempo no espazo, sen ter apenas contacto coa terra é algo que non me gustaría demasiado. Aínda así, e olvidando todas as desvantaxes que unha viaxe así pode ter, ten que ser algo impresionante! Ver os planetas, a lúa e moitos astros máis dende o espazo ten que ser increíble. Unha viaxe así eu penso que só se podría facer unha vez na vida, pero quizá vale a pena, xa que todo o que nos levan ensinando dende pequenos sobre o espazo e o universo, teriamos a posibilidade de velo e vivilo en vivo e en directo, non mediante fotos. A verdade é que ten que ser unha experiencia inolvidable!

  15. faa-nicolecorbacho di:

    Eu non estaría disposta a viaxar hacía Marte, porque non estaría preparada, debido a varios motivos como por exemplo: unha vez tomada a decisión de ir a Marte nom Teria a oportunidade de cambiar de opinión xa que non podría volver, e de ese modo estaría condenada a permanecer ali para sempre, e outro motivo, ser parte da financiación se este proxecto a costa de vender a miña intimidade.

  16. fab-marcosdaporta di:

    Credes que un futuro será necesario colonizar Marte?
    Eu non estaría disposto a ir a Marte, eu non me despegaría da Terra e deixar todo o que tes e renunciar a todo o que ofrece a vida na Terra. Alí as comidas serían sempre as mismas, non terías demasiadas cousas que facer… Tal vez un ou dous anos o pasarías ben, pero toda a vida alí sería agobiante.

    • faa-diegocores di:

      Respondendo á túa pregunta: si, creo que nun futuro sería necesaria a colonización deste planeta. Ben sexa porque algunha catástrofe natural acaba coa Terra, porque a Terra se volva inhabitable por causas naturais ou a causa do ser humano, por un incremento excesivo da poboación humana, ou por un simple desexo de coñecer o universo, entre outras razóns.

  17. faa-ricardop di:

    Eu estou de acordo cos meus compañeiros, xa que non faría falla colonizar Marte se entre todos axudásemos a coidar a Terra, aunque coidandoa ou non algun día, dentro de millóns e millóns de anos, seguramente se desintegrará, e teriamos que ir a outros planetas, como por exemplo Marte, que está na zona ideal para a vida, pero aínda así, non estaría disposto a correr o risco.

  18. faa-fatimaf di:

    Eu non estaría disposta de ningunha maneira a participar nunha viaxe así. Encantaríame explorar o espazo se houbese unha viaxe de volta pero saber que vou ter que renunciar a todo para vivir alí o resto da miña vida e que ademais diso vou participar nun “reality show” non me atrae en absoluto.

  19. faa-laurarey di:

    A dicir verdade, a min se que me gustaría realizar unha viaxe como esa, pois tería a oportunidade de ver o espazo, e coñecelo en persoa, máis alá do que nos ensinan nos libros de texto, ou se pode ver por imaxes. Ademais tamén posuiría vantaxe de poder empezar de cero nun planeta novo, nunca colonizado ata o momento.
    A única obxección que lle vería, sería ter que quedarme alí durante o resto da miña vida, sen poder ver os meus seres queridos.

  20. fab-sofiacastineiras di:

    Eu non faría esta viaxe, xa que tería que renunciar a todo o que hay aquí para ir a Marte sen saber o que pode ocorrer alí. Certo é que debe ser unha experiencia increíble, que eu faría sempre e cando poidera volver.

  21. Victor di:

    E que vantaxes ou utilidades tería, para a civilización, a colonización de Marte?

    • fab-marcosdaporta di:

      Para empezar serviría como experimentación para un futuro (lonxano) no que será necesario colonizar outros planetas e adaptalo ás nosas necesidades creando una atmósfera, unha flora e unha fauna.
      Segundo, servirá para descubrir todos os secretos que Marte esconde como por exemplo, se hai vida máis complexa.

    • faa-begonasuarez di:

      Unha das vantaxes de colonizar en Marte é que demostrariamos que somos capaces de habitar noutros planetas, modificaloos para que sexan habitables, poderiamos estudalos e descubrir se existe algún tipo de vida que nos descoñecemos. Tamén se intentaría pouco a pouco que os organismos se foran adaptando a este planeta, e foran capaces de sobrevivir, o que sería máis fácil para nós.

  22. faa-laurarey di:

    As utilidades disto son varias como por exemplo: perpetuar nese planeta a especie humana, diferentes animais e vexetais no caso de que se producise unha catástrofe na Terra; extraer novos recursos enerxéticos, como é o caso do helio-3 ,dos satélites e planetas e incluso podería supoñer unha nova fonte de ingresos, si se lograse desenvolver o turismo espacial.

  23. faa-noeliaparracho di:

    Conseguir manter vida en Marte axudaría a desenvolver novas tecnoloxías que permitirían levar a vida do Mundo a outro planeta se fora necesario.
    Poderíase estudar a adaptarción dos organismos ó novo hábitat.
    Tamén permitiría estudar se hai vida en Marte máis fácilmente, e se existise, ver como se relaciona coa vida terrestre.

  24. faa-ricardop di:

    Pois suporia un aumento dos coñecementos científicos (nalgúns aspectos, xa que en marte non hai tanta flora e fauna coma na Terra).
    Ademáis sería unha alternativa para vivir, xa que no seu momento a Terra deixará de existir.

  25. faa-manuelmontes di:

    Como ben sabemos, a Terra acabará desaparecendo o que nos obriga a buscar otro lugar onde seguir vivindo. Se xa imos habilitando Marte iso suporía unha gran ventaxa para nós, soamente teriamos que coller unha nave e viaxar ata alí.

  26. faa-larafernandez di:

    A colonización en Marte suporía tanto una gran cantidade de vataxes e avances como desvantaxes. Algunha destas vantaxes sería a posibilidade de chegar a tener colonizacións na súa superficie, que nun futuro sería prescindible no caso de superpoboación (para isto habría que adaptar Marte, tanto en flora como en fauna e a atmosfera). Outra ventaxe sería en prol da investigación científica, achegandonos datos de se o planeta vermello, por exemplo,alvergou vida nalgún momento da súa vida.

  27. fab-beatrizcasal di:

    A colonización de Marte é un paso desexable e talvez inevitable no futuro da humanidade. Marte é o planeta máis doado de alcanzar dende a Terra en termos de enerxía requirida, pero unha viaxe alí podería levar bastantes meses no espazo. Fisioloxicamente, a atmosfera de Marte pode ser considerada un baleiro. Un humano desprotexido perdería o sentido en preto de 20 segundos e podería sobrevivir non máis dun minuto na superficie de Marte sen un traxe espacial.
    Aínda así, as condicións de Marte son moito máis próximas á habitabilidade que as temperaturas extremadamente frías e cálidas de Mercurio, o forno da superficie de Venus, ou o frío crioxénico dos planetas exteriores. Só as nubes altas de Venus son parecidas en termos de habitabilidade á Terra como o é Marte.

  28. fab-anaoubina di:

    Pois permitiría avanzar na exploración non só de Marte, tamén no espazo desta nova “colonia”, e evitaríase a necesidade de anos de exploración para os astronautas. Tamén descubrirían si podríamos sobrevivir en Marte.