A ORIXE DA VIDA


O ser humano é o único animal terrestre que se plantexa preguntas e as que trata de atopar respostas. Estou segura de que cada un de nós se preguntou algunha vez: como xurdíu a vida? Cal foi o primeiro ser vivo na Terra? Pode ser que o descubrimento dunha cheminea mariña dunha rocha sulfurosa de hai 3.200 millóns de anos responda as nosas preguntas.

No fondo das profundidades do mar, arredor destas chemineas mariñas situadas ao longo das marxes das placas tectónicas, viven comunidades de organismos microscópicos (sulfatobacterias). Estes lugares existiron probablemente dende que se formaron os océanos, hai máis de 4.000 millóns de anos.

Estas bacterias aliméntanse de materia inorgánica que provén destas chemineas mediante unha “fonte de enerxía” denominada quimiosíntese, no que se transforma CO2  por oxidación en materia orgánica. Despois da aparición destas bacterias, o máis probable e que aparecesen outros organismos que se alimentaran destas e así sucesivamente, facendo unha cadea pechada.

Este descubrimento confirma a teoría de que a vida comezou na auga a altas temperaturas, lugar no que os seres vivos primitivos deron os seus primeiros pasos.

Ahora queda por aclarar como a primeira célula que vivíu na Terra se organizou e evolucionou ata dar lugar ao ser humano.

Autora: Ana Oubiña

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Tectónica de Placas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to A ORIXE DA VIDA

  1. Victor di:

    Porque un artigo sobre a orixe da vida está incluído na categoría de “Tectónica de Placas”?

    • fab-taniacores di:

      Está incluído na nisa categoría porque as fumarolas créanse a partir dos movementos das pracas, nas dorsais oceánicas.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Este artículo inclúese na categoría de Tectónica de placas,xa que ten que ver a orixe da vida cosa fumarolas que se orixinan nas dorsas mariñas cando as placas están en movimiento.

    • faa-begonasuarez di:

      Este artigo está incluído na tecnónica de placas porque as debido aos seus movementos formáronse as chemineas mariñas e a partir delas a vida. Se non existisen estes movementos nunca se houberan creado e pode que nós non estiveramos aquí.

    • fab-fatimachaves di:

      Está incluida nesta categoría porque estas fumaredas fórmanse co movemento das pracas tectónicas nas dorsais oceánicas.

    • fab-tcores di:

      Está incluído na nisa categoría porque as fumarolas créanse a partir dos movementos das pracas, nas dorsais oceánicas.

  2. faa-fatimaf di:

    Porque existen unhas bacterias que se alimentan do CO2 procedente do interior da Terra que sae ó exterior mediante unhas chemineas situadas nos límites das placas tectónicas.

  3. faa-christiancacabelos di:

    Boas!
    ESte artigo está incluído na categoría de tectónica de placas debido a que estas fumarolas créanse a partir dos movementos das placas, nas dorsais oceánicas. As fumarolas negras foron descubertas na dorsal de Galápagos, no Pacífico en 1977. dende o seu descubrimento localizáronse centos de fumarolas negras nas dorsais do Pacífico, Atlántico e Océano Indico, e moitas máis que aínda quedan por descubrir.

  4. fab-iriamartinez di:

    Este artigo está incluído na categoría de Tectónica de placas porque as fumarolas son unhas bacterias que se crean no interior da terra cos movementos de placas e saen ao exterios por unha chemineas.

    • faa-larafernandez di:

      Isto non é correcto, as bacterias non se orixinaron no interior das chimeneas para logo saír, senón que apareceron no arredor delas, nas placas tectónicas (e por iso se clasifica nesa categoría). Para aclaralo mellor podería decirse que puideron aparecer debido a gran actividade sísmica, química (as chimeneas botan substancias),… Que orixiniu as condicións adecuadas para a formación dos microorganismos.
      Todo isto tamén confirma que a vida orixinouse no mar, coma se creía, pero non preto da superficie, se non nas súas profundidades.

  5. fab-marcosdaporta di:

    Porque ao redor das placas tectónicas pódense encontrar chimeneas mariñas que foron un foco de alimento para as primeiras bacterias, se convertiron no primeiro escaño da pirámide alimenticia. Se non existise a tectónica de placas na Terra tal vez non podería terse formado a vida.

  6. fab-ariadnacordal di:

    Segundo di o artigo, o primeiro atisbo de vida da Terra xurdiría hai 3200 millóns de anos coma un microorganismo nas chemineas mariñas que se sitúan ao longo das placas tectónicas. Isto puido suceder así porque as placas tectónicas están en movemento; orixinan erupcións de volcáns, terremotos, movemento de gases… os cales producen substancias químicas que chegan ata os océanos e poden facer que a vida suceda alí.
    Ademais, a tectónica de placas tamén serve para eliminar o exceso de dióxido de carbono da atmosfera, que evita o quentamento terrestre en grandes cantidades.

  7. faa-santiagoescudeiro di:

    Este artigo está incluído na categoría de “Tectónica de Placas” debido a que os supostos primeiros seres vivos do planeta habitan nas marxes das placas tectónicas. Estes microorganismos residen aquí debido a presencia de materia inorgánica procedente das chimeneas destas marxes das placas. Por este motivo está etiquetado o artigo na categoría de Tectónica de Placas.

  8. faa-cristinaguillan di:

    Este artigo sobre a orixe da vida inclúese na categoría de tectónica de placas xa que di que esta orixinouse nunhas fumarolas que se atopan nos bordos de placas. Estas fumarolas expulsan materia inorgánica mediante procesos tectónicos e desta materia inorgánica aliméntanse os microorganismos dos que se cree que se orixinou a vida.

  9. fab-iciacores di:

    A tectónica de placas son os movementos da terra. Debido a estes movementos prodúcense as fumarolas das que se fala arriba, que serviron de alimento para as primeiras bacterias.

  10. Victor di:

    En realidade, este tipo deecosistema en medios sen luz, son posibles grazas ao proceso de quimiosíntese; en que consiste?

    • fab-iriamartinez di:

      La quimiosíntesis consiste na síntese de ATP a partir da enerxía se libera en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos reducidos. Os organismos que realizan quimiosíntesis se denominan quimoautótrofos, quimiolitótrofos o quimiosintéticos; todos eles son bacterias que usan como fonte de carbono o dióxido de carbono.

    • faa-begonasuarez di:

      A quimiosíntesis consiste na síntese de ATP a partir da enerxía que se libera en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos reducidos. Os organismos que realizan quimiosíntesis denomínanse quimoautótrofos, quimiolitótrofos o quimiosintéticos; todos eles son bacterias que usan como fonte de carbono el dióxido de carbono
      Depende da existencia de potenciais químicos importantes os cales aparecen só localmente, alí onde os procesos xeolóxicos as xeraron. Así, cadeas alimentarias completas basean a súa existencia na produción quimiosintética en torno ás emanacións hidrotermais que se atopan nas dorsais oceánicas, así como en sedimentos profundos.

  11. faa-ricardop di:

    A quimiosíntese consiste na síntese de ATP a partir da enerxía que se libera en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos reducidos. Estes organismos que realizan a quimiosíntese denomínanse quimoautótrofos, quimiolitótrofos ou quimiosintéticos; todos eles son bacterias que usan como fonte de carbono o dióxido de carbono (CO2) nun proceso similar ó ciclo de Calvin nalgunhas prantas.

  12. fab-martapalacios di:

    A quimiosíntese consiste na síntese do ATP (un nucleótido fundamental na obtención de enerxía celular) a partir da enerxía que se libera en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos reducidos. Os organismos que realizan quimiosíntese denomínanse quimoautótrofos, quimiolitótrofos o quimiosintéticos; todos eles son bacterias que usan como fonte de carbono o dióxido de carbono nun proceso semellante ó ciclo de Calvin das plantas. A quimiosíntese depende da existencia de potenciais químicos importantes que acompañan a mesturas non estables de sustancias, as cales aparecen só localmente, alí onde os procesos xeolóxicos as xeneraron.

  13. faa-marcromero di:

    A base de calquer ecosistema son os organismos autótrofos, é decir, os que son capaces de nutrirse a partir de materia inorgánica. O exemplo mais cotián son as plantas que grazas a uns orgánulos de cor verde chamados cloroplastos que sintetizan CO2 engadindo auga H2O e utilizando a enerxía en forma de LUZ, producen materia orgánica. Esta materia será a fonte d’alimentación dos seres herbívoros que a sua vez servirán de alimento para os carnívoros ata chegar a o superdepredador da cadea trófica.

    Este proceso que fan os vexetais e as algas, denominase fotosíntesis xa que fan unha reacción química utilizando enerxía lumínica.

    Pois ben, nestas chemineas submarinas, onde non chega a luz solar, surxiu un tipo de vida adaptada a este medio. Novamente foron as moneras as pioneiras, foron capaces de transformar materia non “comestible” en materia organica. Como? mediante a quimiosíntese, que se asemella moito a fotosíntese coa diferencia de que a fotosíntese valese da luz na sua reacción química e a químiosíntese non.

    No proceso quimiosintético a transformación de materia inorgánica a inorgánica non acontece sen utilización de enerxía, eu creo que o propio organismo debería producir a suficiente enerxía, probablemente dunha forma semellante a como o fan as nosas mitocondrias. Outra fonte de enerxía podería ser a propia chememinea.

    • faa-diegocores di:

      Estou moi de acordo con Marc. Este proceso é moi parecido á fotosíntese, so que a fotosíntese válese da enerxía do sol, mentres que as bacterias que no fondo mariño non dispoñen deste recurso, teñen que absorber a enerxía doutra parte, que como di Marc na súa teoría debe de sacala do propio organismo en si, aínda que a min pasóuseme pola cabeza a idea de que pode absorber a enerxía da calor que sae das chemineas.

  14. fab-cporto di:

    A quimiosíntesis consiste na síntese de ATP a partir da enerxía que se desprende nas reaccións de oxidación de determinadas substancias inorgánicas. Os organismos que realizan estes procesos denomínanse quimioautótrofos ou quimiolitótrofos. Todos eles son bacterias. Moitos dos compostos reducidos que se utilizan co NH3, son substancias procedentes da descomposición da materia orgánica. Ao oxidalas transfórmanse en substancias minerais que poden ser absorbidas polas plantas. Pechan os ciclos biogeoquimicos, posibilitando a vida no planeta. Distínguense dúas fases unha primeira fase na que se obtén ATP e coenzima reducida, que nas bacterias é NADH en lugar de NADPH, e na segunda fase na que se emprega o ATP e o NADH para sintetizar compostos orgánicos a partir de substancias inorgánicas. Na primeira fase a reacción de oxidación das substancias inorgánicas constitúe a fonte de enerxía para a fosforilación do ADP, na cadea respiratoria, proceso denominado fosforilacion oxidativa. Parte deste ATP emprégase para provocar un transporte inverso de electróns na propia cadea respiratoria para a obtención de NADH. Na segunda fase as vías metabólicas seguidas coinciden coas da fase escura da fotosíntese.

  15. faa-noeliaparracho di:

    A quimiosíntese consiste na síntese de determinado nucleótido (ATP) a partir de enerxía liberada en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos. Os organismos que realizan a quimiosíntese son todos bacterias, e denoimínanse quimioautótrofos, quimiolitótrofos ou quimiosintéticos. A fonte destas bacterias para realizar a quimiosíntese é o dióxido de carbono. Estas bacterias utilizan a quimiosíntese para producir enerxía sen necesidade de luz solar, e moitas destas bacterias son a fonte de alimentación básica para o resto de organismos do fondo dos océanos.

  16. faa-larafernandez di:

    A quimiosíntese pode considerarse como a síntese de ATP (un nucleótido que é fundamental na obtención de enerxía celular) a partir da enerxía que se libera en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos reducidos. Estes organismos que realizan a quimiosíntese denomínanse quimoautótrofos, quimiolitótrofos ou quimiosintético. Todos eles son bacterias que usan como fonte de carbono o dióxido de carbono (CO2) nun proceso similar ó ciclo de Calvin nalgunhas prantas.

  17. faa-saracastro di:

    A quimiosíntese consiste na síntese de ATP a partir da reacción que se libera en reaccións de oxidación e compostos inorgánicos reducidos. Os organismos que realizan quimiosíntese denomínanse quimoautótrofos, quimiolitótrofos ou quimiosintéticos. Todos eles son bacterias que empregan como fonte de carbono o dióxido de carbono.

  18. faa-elenafontenla di:

    A quimiosíntense consiste na síntese de ATP a partir da enerxía que se libera nunha reacción de oxidación. A quimiosíntese depende da existencia de potenciais químicos importantes, as cales aparecen localmente alí onde os formaron os procesos xeolóxicos.

  19. fab-elisaperez di:

    A quimiosíntese consiste na síntese de ATP a partir da enerxía que se libera en reaccións da oxidación de compostos inorgánicos reducidos. Os organismos que realizan a quimiosíntese chámanse quimiosintéticos (bacterias que usan como fonte de carbono o dióxido de carbono nun proceso similar ao ciclo de Calvin das prantas). A quimiosíntese depende da existencia de potenciais químicos importantes, os que acompañan a mezclas non estables de substancias, as cales aparecen só localmente, alá onde os procesos xeolóxicos as xeneraron. Así, cadenas alimentarias completas basan a súa existencia na produción quimiosintética en torno ás emanacións hidrotermais que se atopan nas dorsais oceánicas, así como en sedimentos profundos. Moitas bacterias no fondo dos océanos usan a quimiosíntese para producir enerxía sen o requiremento de luz solar. A quimiosíntese ten dúas fases: unha na que se xenera ATP e poder reductor e outra na que se fixa no dióxido de carbono.

  20. Victor di:

    Poderían crearse chemineas hidrotermais nunha zona de subducción -choque de placas-?

    • faa-christiancacabelos di:

      Boas!
      Non, iso non sería posible xa que más zonas de subdución se destrue a codia oceánica. As chemineas créanse nas zonas de dorsal, onde se crea a codia oceánica lonxe das zonas de dorsal.

  21. faa-larafernandez di:

    Non se poderían forman en zonas de subducción xa que son zonas onde hai alto movemento sísmico e a superficie está a altas temperaturas. estas chimeneas hidrotérmicas corresponden a gretas na superficie do planeta, e se encontran en zonas de largas cadeas de volcanes submarinos ou dorsais oceánicas. Se se encontrasen en zonas de subduccion acabarian desaparecendo, pero fórmanse preto delas, xa que cando una placa pasa por debaixo da outra prodúcese a fusión parcial do manto terrestre que ascende cara a superficie formando volcóns e chimeneas hidrotermais.

  22. faa-ricardop di:

    Eu estou moi de acordo con Christian, xa que as fumarolas se crean nas dorsais, na que os magmas enfrían e dan lugar a esas peculiares formas de chimeneas, deixando tamén sair ó exterior gases e Xofre.