OREO COMO SUSTITUTO DA COCAÍNA?

Investigadores de neurociencia do comportamento do Connecticut College, en Estados Unidos comprobaron que as galletas Oreo son tan aditivas coma a cocaína. Coma curiosidade, as ratas coas cales fixeron este experimento, o que primeiro comeron foi a crema e despois a galleta, como fan moitas persoas. Segundo o estudo, as Oreo activan as mesmas neuronas do centro de pracer no cerebro que se activan ca cocaína. O que é máis, o número de neuronas que activaban as galletas era superior ao que se encendía co consumo de cocaína. Con este proxecto querían demostra-la teoría de que os alimentos ricos en graxa/azucres estimulan da mesma forma o cerebro do que o fan o abuso das drogas.

 


Para levar a cabo o experimento, o equipo de investigación colocou as ratas (famentas) nun labirinto que tiña dúas rutas difetentes: unha levaba a pasteis de arroz e a outra ás galletas Oreo. Despois de que os roedores exploraran o labirinto completo, os liberaron. Os animais foron directos ás galletas.

Autora: Sofía Castiñeiras Cacabelos

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.