NON SÓ UN SIGNO DO ZODÍACO

O cancro é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo divídese de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros da pel), algúns virus (cancro do pene, colo do útero), algúns linfomas). Mais as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros do pulmón e vexiga) e o alcol (cancro do estómago e do páncreas).

O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito, está moitas veces asociada á neoplasia cancromaligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou na tose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.

Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz. O cancro diagnosticado en fase avanzada aínda produce case sempre a morte do paciente, con poucas excepcións.

 

Autor: Manuel Cacabelos

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to NON SÓ UN SIGNO DO ZODÍACO

  1. fab-sporto di:

    Os tipos de cancro pódense agrupar en categorías máis amplas. As categorías principais de cancro son:
    . Carcinoma: cancro que empeza na pel ou en tecidos que revisten ou cobren os órganos internos. Hai varios subtipos de carcinoma, entre eles, o adenocarcinoma, o carcinoma de células basais, o carcinoma de células escamosas e o carcinoma de células de transición.
    . Sarcoma: cancro que empeza en óso, en cartilaxe, graxa, músculo, vasos sanguíneos ou outro tecido conxuntivo ou de soporte.
    . Leucemia: cancro que empeza no tecido no que se forma o sangue, como a medula ósea, e causa que se produzan grandes cantidades de células sanguíneas anormais e que entren no sangue.
    . Linfoma e mieloma: cancros que empezan nas células do sistema inmunitario.
    Cancros do sistema nervioso central: cancros que empezan nos tecidos do cerebro e da medula espiñal.

  2. fab-cporto di:

    Cancro é un termo que se usa para enfermidades nas que células anormais se dividen sen control e poden invadir outros tecidos. As células cancerosas poden diseminarse outras partes do corpo polo sistema sanguíneo e polo sistema linfático.
    O cancro non é só unha enfermidade senón moitas enfermidades. Hai máis de 100 diferentes tipos de cancro. A maioría dos cancros toman o nome do órgano ou das células onde empezan; por exemplo, o cancro que empeza no colon chámase cancro de colon; o cancro que empeza nas células basais da pel chámase carcinoma de células basais.
    Os tipos de cancro pódense agrupar en categorías máis amplas. As categorías principais de cancro son:
    -Carcinoma: cancro que empeza na pel ou en tecidos que revisten ou cobren os órganos internos. Hai varios subtipos de carcinoma, entre eles, o adenocarcinoma, o carcinoma de células basais, o carcinoma de células escamosas e o carcinoma de células de transición.
    -Sarcoma: cancro que empeza en óso, en cartilaxe, graxa, músculo, vasos sanguíneos ou outro tecido conxuntivo ou de soporte.
    -Leucemia: cancro que empeza no tecido no que se forma o sangue, como a medula ósea, e causa que se produzan grandes cantidades de células sanguíneas anormais e que entren no sangue.
    -Linfoma e mieloma: cancros que empezan nas células do sistema inmunitario.
    Cancros do sistema nervioso central: cancros que empezan nos tecidos do cerebro e da medula espiñal.

  3. fab-sporto di:

    Oito síntomas máis comunmente relacionados co cancro, como a presenza de sangue nos ouriños e a anemia. Segundo a publicación, en certos grupos de idade estes síntomas axudarían a predicir a presenza dun tumor de forma tan atinada e o paciente debería ser remitido ao especialista. Sangre no recto, vultos nas mamas, tose acompañada de sangue, dificultade ao tragar, sangrado vaxinal despois da menopausa e resultados anómalos nas revisións de próstata.
    Aínda que a presenza de síntomas aínda representa unha posibilidade moi reducida de ter un tumor, calquera deles é motivo abondo para que o paciente sexa remitido ao especialista e sometido a máis probas para que sexa diagnosticado o antes posible.
    No caso das persoas menores de 55 anos só dous destes síntomas -resultados anómalos nas revisións de próstata e vultos no peito- indicaban un risco do 5% de ter cancro. Despois dos 55, aínda que só no caso dos homes, a dificultade para tragar sería significativa dun cancro de esófago, mentres que a presenza de sangue nos ouriños se converte nun síntoma de especial preocupación entre homes e mulleres a partir dos 60 anos.

  4. Victor di:

    Se lle tivérades que explicar a unha persoa da rúa que é o cancer, como o faríades?

    • faa-christiancacabelos di:

      Boas!
      Eu creo que a mellor forma de explicarlle este tipo de doenza sen alarmar a esa persoa sería explicarlle que este tipo de doenza débese á mutación dunha célula que ao mutar vólvese maligna ou “mala” e que ataca ao resto de células contaxiandoas e volvendoas “malas” tamén.
      Cabe destacar que esta enfermidade, segundo o tipo, varía na súa velocidade de extensión e multiplicación e que a detección precoz é o mellor.

    • fab-marcosdaporta di:

      Diríalle que é unha enfermidade provocada por unha célula que se volve “tola” e empeza a multiplicarse contaxiando outras células e afectando a algún órgano. Actualmente pódese tratar píllalo con antelación e se tes parentes con antecedentes de cancro é máis probable que o sufras.

    • fab-taniacores di:

      Intentaría non asustar moito a persoa e expricarlle o mellor posible, dicindolle que este tipo de enfermidade débese a unha célula que ó crecer volvese maligna e vai atacando as demáis células convertíndoas o seu paso en malas tamén.Pero tamén lle expricaría que non todos os cancros son iguais e que algúns se desarrollas más rapidamente que outros.

    • faa-begonasuarez di:

      Eu explicaríalle que o cáncer é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican e pouco a pouco van abarcando todos os texidos. Isto débese a anormalidades causadas no material xenético e se non se trata pode levar á morte. Pode afectar a persoas de todas as idades, icluso a fetos, pero o risco se sufrir os máis comúns (pel, pulmón, mama e colonrrectal)aumenta coa idade.

    • faa-adrianmartinez di:

      Un tumor é o aumento do volume dun texido debido a calquer alteración deste. Os benignos diferéncianse dos malignos en que os primeiros non medran de forma desproporcionada ou agresiva, nin invaden texidos adxacentes ou provocan metástase nos texidos ou órganos distantes, mentres que os tumores malignos si o fan.

    • faa-diegocores di:

      Diría que é unha enfermidade que consiste en que unha célula volvese “anormal” ou “enferma” e contaxia a outras afectando así a tecidos, órganos…
      Que moitas veces causan a morte peor que cada vez hai un índice maior de supervivencia e que as probabilidades de que se poida curar son inversamente proporcionais ao tempo que se tarde en detectar esta enfermidade.
      Tamén diría que se os teus antepasados tiveron esta enfermidade é moi probable que ti tamén a teñas posto que en moitos casos tramítese na descendencia.

    • fab-tcores di:

      Intentaría non asustar moito a persoa e expricarlle o mellor posible, dicindolle que este tipo de enfermidade débese a unha célula que ó crecer volvese maligna e vai atacando as demáis células convertíndoas o seu paso en malas tamén.Pero tamén lle expricaría que non todos os cancros son iguais e que algúns se desarrollas más rapidamente que outros.

  5. faa-saracastro di:

    Eu comezaría dicíndolle que é unha enfermidade, unha enfermidade producida por unha serie de células que se empezan a multiplicar sen control. Pode chegar a ser terminal, pero non sempre. Hoxe en día podemos dicir que a ciencia avanzou bastante neste campo, xa que contamos cunha serie de tratamentos que antigamente non existían. Os principais son a radioterapia e a quimioterapia. Estos dous tratamentos son moi fortes. Ambos adoitan provocar náuseas e o segundo case sempre chega a provocar tamén a caída do cabelo.
    Dentro desta enfermidade hai que destacar tamén moitos tipos, como a leucemia, que poderiámola considerar un dos peores se non se colle a tempo; os linfomas, que son quizás os menos dañinos; ou aqueles cancros que se atopan nun órgano concreto, como o cáncer de próstata, de fígado, de páncreas, etc.
    Hoxe en día un cáncer atopado coa suficiente antelación é curable, pero repito, hai que collelo e tratalo canto antes.

  6. fab-iriamartinez di:

    Explicaríalle que o cancro son células anormais que se dividen sen control e poden invadir outros tecidos, é causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.
    Entre outros que aumentan o risco de cancro esám a exposición excesiva á radiación solar, algúns virus. Pero as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros do pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro do estómago e do páncreas).
    É unha enfermidade perigosa, cun alto porcentaxe de morte, pero hoxe en día moitos de eles collidos a tempo pódense curar, ou ter unha vida más longa.

  7. fab-ariadnacordal di:

    Unha maneira de explicarlle a alguén de maneira informal que é o cancro sería:
    O cancro é unha enfermidade que se produce cando as células ( é dicir, as unidades máis pequenas que forman o noso corpo) que son “malignas” se multiplican e contaxian a outras células “benignas”, por así dicilo, afectando así ó funcionamento axeitado do corpo. Se este feito non se aprecia nun comezo, pode chegar a causar a morte da persoa que o padeza. Non obstante, actualmente o tema está bastante controlado, e existen algúns tratamentos (moi agresivos, todo hai que dicilo) como a quimioterapia ou a radioterapia que poden facer que se supere o cancro. Outro detalle importante acerca desta enfermidade é que a probabilidade de padecelo é maior se se teñen familiares que tamén o sufran ou sufrisen.

    • faa-larafernandez di:

      A maneira que nos di Ariadna de comunicar ou explicar o que é o cancro e bastante axeitada, sendo este una enfermidade de multiplicación de células malignas que atacan as que están ben. A parte de toda esa información eu afondaría bastante en explicarlle as maneiras de evitalo, polo xeral, e se pregunta por algún concreto informarlle del. Esta enfermidade é moi perigosa polo feito de que causa a morte, e non é ningunha tonteria, a pesar de que a veces e curable.

  8. faa-igonzalez di:

    Eu diríalle que é una enfermidade que, xeralmente, provoca a morte, debido que a as células anormais divídense sen control e poden chegar a invadir outros texidos. Estas células pódense expandir por todo o corpo polo sistema sanguíeo, o que conleva a un gran problema, xa que habría moitas células canceríxenas no noso corpo.

  9. fab-iciacores di:

    Empezaría dicindo que é unha enfermidade que fai que células anormais se dividan sen control e invadan outros texidos e que se desplazan polo coropo mediante o sistema sanguíneo e o sistema linfático. Logo comentaría algúns dos tipos máis importantes como o cancro de pel ou o cancro de mama e finalmente os tratamentos:
    -Ciruxía.
    -Radioterapia, consiste en mandar radiación a través da pel.
    -Quimioterapia, irrumpen na fase de división das células.
    -Transplante.

  10. Victor di:

    Que é un tumor? Que diferenzas hai entre un tumor benigno e un tumor maligno?

    • faa-veronicanoya di:

      Un tumor é unha alteración dos texidos que produce un aumento anormal de volume na parte do corpo na que se atopa. Poden ser benignos ou malignos.
      Os benignos non son unha ameaza para a vida, o seu crecemento é lento, e pode incluso retroceder ou interromperse. Pódense estirpar, e na maioría dos casos non reaparecen.
      Os malignos ou cáncer poden invadir e danar texidos e órganos cercanos ó tumor, ademáis as células infectadas poden pasar ó sistema linfático, infectando outras partes do corpo. Crece moi rápidamente de maneira descontrolada baixo o tecido afectado, podendo ocasionar a morte se non se diagnostica e suministra medicación.

    • faa-begonasuarez di:

      Un tumor é calquera alteración dos tecidos que produza un aumento do volume anormal dunha parte do corpo que parece inflamada ou distendida. Un tumor pode ser calquera masa ou vulto que se daba a un aumento de número de células que o compoñen, pero poden ser de carácter benigno ou maligno.
      Os tumores malignos son cancerosos. As células cancerosas poden invadir e danar tecidos e órganos cercáns ao tumor ao entrar no sistema linfático ou no fluxo sanguíneo, este proceso denomínase metástases. Pódense clasificar en carcinomas, sarcomas, gliomas, leucemias, linfomas e teratomas inmaduros.
      Un tumor benigno é una neoplasia que non posúe a maglinidade dos tumores cancerosos. Isto implica que non medre en maneira desproporcionada nin agresiva, non invade tecidos adxacentes e non fai metástases a tecidos ou órganos distantes. Non constitúen xeralmente unha ameaza para a vida, pódense extirpar e non adoitan reaparecer. Exemplos: papiloma, adenoma, lipoma, osteoma…

  11. fab-martarodriguez di:

    Un tumor é cualquier alteración dos texidos que produzca un aumento de volumen. É un agrandamento anormal de algunha parte do corpo que aparece, polo tanto, hinchada ou estendida. Benignos: Son de crecemento lento,só crecen hasta determinado tamaño,non destrúen células normales,crecen de maneira ordenada, non se propagan a otros texidos e normalmente non producen efectos secundarios graves.
    Malignos: Algúns son de crecemento lento, pero con frecuencia son de crecemento moi rápido,crecen de maneira progresiva e invasiva, destrúen células, texidos e órganos, crecen de manera desordeada,propáganse a os texidos doutros órganos do cuerpo como metástase, normalmente non producen efectos secundarios graves, si non se controla o seu crecemento ocasionan a morte.

  12. faa-ricardop di:

    Un tumor é una alteración do volume dos texidos que produzan un aumento destes. Un tumor (como rubor), dor e calor, forman a tétrada clásica dos síntomas e signos da inflamación.
    +Benigno: Quere decir que non é perxudicial para o noso organismo, podendo ser extirpado ou non.
    +Maligno: Quere decir que é perxudicial para o noso organismo, sendo ás veces preciso que o extirpen (cun tamaño pequeno) e noutros non (porque xa ten un tamaño xa grande, sen contar que estea nunha zona difícil para acceder).

  13. fab-beatrizcasal di:

    Un tumor é calquera alteración dos tecidos que produza un aumento de volume.
    Un tumor benigno é un tipo de tumor que non crece en forma desproporcionada nin agresiva, non invade tecidos adxacentes. As células de tumores benignos permanecen xuntas e a miúdo son rodeadas por unha membrana de contención ou cápsula. Os tumores benignos non constitúen xeralmente unha ameaza para a vida; pódense extirpar e, na maioría dos casos, non reaparecen e os tumores malignos son cancerosos. As células cancerosas poden danar tecidos e órganos próximos ao tumor. As células cancerosas poden separarse do tumor maligno e entrar ao sistema linfático ou ao fluxo sanguíneo, que é o xeito en que o cancro alcanza outras partes do corpo. O aspecto característico do cancro é a capacidade da célula de crecer rapidamente, de xeito descontrolada e independente do tecido onde comezou.

  14. faa-nicolecorbacho di:

    son crecementos anormales no Corpo, que están formados polo desarrollo de células adicionales, que normalmente, as células crecen e se dividen en outras células. As células vellas non morren cuando deberían, e cando estas células adicionales forman una masa, se as coñece como un tumor.
    O tumor benigno non son tumores cancerosos , en cambio os malignos si; os tumores benignos crecen soamente nun só lugar, e non poden diseminarse, nin invadir outras partes do corpo. Aún así, pueden ser peligrosos si presionan órganos vitales, tales como o cerebro. En cambio os tumores malignos son de crecemento lento, pero con frecuencia son de crecemento moi rápido, Crecen de maneira progresiva e invasiva, Destruen células, texidos e órganos que Crecen de maneira desordenada, se propagan a os texidos de outros órganos do corpo, que normalmente non producen efectos secundarios graves.

  15. faa-noeliaparracho di:

    Un tumor é unha alteración dos texidos do corpo que produce un aumento de volume e, polo tanto, un agrandamento anormal desa zona. Están causados polo desenvolvemento de células adicionais e polo retraso de morte das céulas vellas.
    Un tumor benigno é aquel que que non crece de modo desproporcionado nin agresivo e non invade texidos adxacentes.
    En cambio, un tumor maligno pode invadir e dañar texidos próximos ó tumor, extendéndose así e podendo chegar a provocar, no caso de que as células cancerosas entren no fluxo sanguíneo, cáncer.

  16. fab-martapalacios di:

    Un tumor é unha alteración dos tecidos producindo un aumento de volume destes. Unha parte do corpo sofre un agrandamento anormal e polo tanto hínchase. Os tumores, xunto coa dor e a calor, forman o conxunto clásica dos síntomas e signos da inflamación.
    Un tumor é calquera masa ou bulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten a capacidade de invadir ou infiltrarse e de producir metástase a lugares distantes do tumor primario, é dicir, aparecer en outras zonas alleas ó tecido de orixe.

  17. faa-saracastro di:

    Un tumor é unha alteración dos tecidos que produce un aumento de volume. Isto provoca que unha parte do corpo apareza hinchada ou distendida.
    Podemos diferenciar dous tipos de tumores: os benignos, que son aqueles que non medran de forma desproporcionada nin agresiva, que non invaden os tecidos e que non fai metástasis a tecidos ou órganos, é dicir, os tumores benignos non adoitan ser unha ameaza para a vida. Pódense extirpar e, na maioría dos casos, non adoitan volver a aparecer. Por outra banda están os tumores malignos, que son cancerosos. Estes poden danar tecidos e órganos. Ademais, as células canceríxenas pódense afastar do tumor e acceder así ó sistema linfático ou ó fluxo sanguíneo, que é a maneira de que o cancro se poda extender por outras partes do corpo. Esta propagación a outros sitios ou órganos do corpo é coñecida como metástasis. Estes tumores son moito máis perigosos que os benignos, posto que ata poden chegar a provocar a morte dunha persoa.

  18. faa-diegocores di:

    Un tumor é unha alteración dos tecidos que provoca un aumento do volume de algunha parte do corpo.
    A diferencia entre tumor benigno e maligno é que o benigno aparece, pero non crece en volume de forma anormal nin agresiva e este non causa danos ao organismo, ao contrario do tumor maligno que crece moito e causa danos.

    • faa-larafernandez di:

      O que di Diego non é de todo correcto. Si, un tumor é unha alteración dos tecidos que provoca un aumento do volumen dalgunha parte do corpo, pero a diferencia que expón é un pouco máis complexa. O tumor benigno correspone ós que non crecen de forma desproporcionada nin agresiva, no invade texidos adyacentes.As células deste tipo de tumores permanecen xuntas e a veces son rodeadas dunha membrana de contención ou cápsula. Non constitúen xeneralmente una ameaza para a vida e poden extirparse perfectamente sen volver a aparecer. Por outro lado os tumores malignos, tamén nomeados como cancro, teñe como aspecto cracteristico que medra descontrolada, sen ter en conta en que teido comezou. Este é máis pligroso xa que pode causar a morte se non se detecta a tempo e se comeza a tratar.

  19. fab-elisaperez di:

    Un tumor é unha alteración patolóxica dos tecidos que fai que aumente o volume destes. É un agrandamento anormal de calquera parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. Ou sexa, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno.
    Os benignos son de crecemento lento e só crecen ata determinado tamaño. Non destrúen células normais, crecen ordenadamente, non se propagan a outros texidos, e normalmente non producen efectos secundarios graves. Os malignos, en cambio, son de crecemento rápido, destrúen células, texidos e órganos, crecen desordenadamente e propáganse aos texidos doutros órganos do corpo como metástase. Se non se controla o seu crecemento ocasionan a morte.