ALMIQUÍ PARADÓXICO

O Almiquí paradóxico é animal en perigo de extinción. Ten un  aspecto  pouco simpático  e o  seu mordisqueo é velenoso. Parecido a un rato pero cun nariz máis alongado. O seu corpo ten unha lonxitud duns 30 cm e 15-25 cm de cola. É de cor marrón vermellento. Tanto a cola como ás extremidades están núas. Aliméntase de invertebrados, réptiles, aves e froitos secos. Biólogos e científicos tratan de salvalo, aínda que  non será fácil, pois quedan moi poucos exemplos na República Dominicana e Haíti. O seu  nombre científico é  ” Hispaniolan solenodon” porque é natural da isla A Española. O  Hispaniolan solenodon descende dunha  linaxe que se separou de todos os demás grupos de mamíferos hai 80 millóns de anos, así que representa unha historia evolutiva única e é un dos  poucos mamíferos velenosos. De alí que salvalos da extinción sexa tan importante, pois é dos poucos mamíferos autóctonos das islas do Caribe. Anque é difícil de ver, porque teñen  hábitos nocturnos e é moi rápido e os cans gatos son o seus  principais enimigos.

Mapa topográfico de La Española

 

 

Autora: Greta Georgieva

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to ALMIQUÍ PARADÓXICO

  1. Victor di:

    O almiqui é unha especie en perigo de extinción; que significa iso?

    • faa-diegocores di:

      Significa que por causa naturais (como os cambios de ecosistema) ou por causas do home (como a caza furtiva) estabse a esgotar os exemplares deses animais en todo o mundo. Tamén significa que esta prohibida a sua caza.

    • fab-fatimachaves di:

      Unha especie é considerada en perigo de extinción,sexa animal ou vexetal,cando todos os membros vivos de dito taxon están en perio de extinción.Isto débese tanto á depredación directa sobre a especie como a desaparición dun recurso do cal depende a súa vida,tanto pola acción do home,debido a cambios no hábitat,resultado de feitos fortuitos ou por cambios graduais do clima.

    • fab-taniacores di:

      Significa que por problemas naturais ou pola contaminación e outros movementos humanos estanse a esgotar especies de animais en todo o mundo.

    • fab-tcores di:

      Significa que por problemas naturais ou pola contaminación e outros movementos humanos estanse a esgotar especies de animais en todo o mundo.

  2. fab-cporto di:

    Moitos din que o Almiquí era un mamífero insectívoro, dos poucos que son velenosos, que se cría extinguido, pero foron achados algúns exemplares no extremo este da illa de Cuba, é un mamífero rudimentario. Pódese dicir que son fósiles viventes, xa que se encontraron ósos dos antepasados destes animais, cunha idade de 30 millóns de anos. É un pequeno mamífero, de cor parda, que camiña en zigzag e que a súa saliva é velenosa, xa que o segundo incisivo da mandíbula inferior ten unha rañura que comunica cunha glándula velenosa. O veleno é moi activo, cando dous se pelexan un morre polo veleno que o outro lle inxecta nas mordidas. Despois de darse por extinguido o Almiquí, no 2003, foi capturado vivo un exemplar, chamárono Alejandrito, por ser o nome do campesiño que o encontrou. Foi moi boa a noticia porque o Almiquí puido vencer a extinción. Pero pénsase que aínda que se encontrase un vivo, deben ser moi poucos os que hai, así que non é unha especie extinguida, pero se en perigo de extinción.

  3. faa-saracastro di:

    Unha especie considérase en perigo de extinción cando todos os membros vivos de certo animal están en perigo de desaparecer. Isto pódese deber tanto á depredación directa sobre a especie como á desaparición dun recurso do cal depende a súa vida, tanto pola acción do hombre, debido a cambios no hábitat ou mesmo a cambios do clima.

  4. fab-martapalacios di:

    Dise que unha especie está en perigo de extinción cando todos os membros vivos do mesmo taxón están en perigro de desaparecer. Isto pódese deber a varios factores como a depredación directa sobre a especie, a desaparición dun recurso do cal depende a súa vida, pola acción do home, debido a cambios no hábitat, produto de feitos fortuitos (como desastres naturais) ou por cambios graduais do clima. Polo tanto, unha especie se extingue cando morre o seu último individuo e, como xa non se pode reproducir e dar lugar a unha nova xeración, desaparece.

  5. faa-begonasuarez di:

    Unha especie considérase en perigo de extinción cando todos os membros da mesma están en perigo de desaparecer. Isto pode deberse tanto coma á depredación directa da especie, a desaparición dun recurso do cal depende a súa vida (pola acción do home ou cambios no habitat) ou por cambios no clima.
    Hoxe en día hai moitas especies animais e vexetais que están desaparecendo ou están a punto de facelo.

  6. faa-noeliaparracho di:

    Considérase que unha especie, tanto animal como vexetal, está en perigo de extinción cando todos os membros de esa especia están a piques de desaparecer. Este fenómeno pode deberse á depredación sobre este animal ou sobre un dos recursos que o axudan a sobrevivir. Tamén pode darse pola influencia humana ou por cambios no clima ou no seu hábitat en xeral.

  7. fab-ariadnacordal di:

    A denominación de ‘especie en perigo de extinción’ refírese a aquelas especies, tanto animais como vexetais, que están a piques de desaparecer globalmente. Isto quere dicir que a súa existencia está ameazada, ben sexa por factores climáticos, porque o home lle dá caza, pola destrución dos seus hábitats…
    Actualmente hai máis de 16000 especies en perigo de extinción.

  8. fab-aidagonzalez di:

    Un animal considérase en perigo de extinción cando os animais da súas especie comezan a desaparecer ata chegar a un punto crítico. Esto acontece tanto pola man do ser humano como a destrucción do seu hábitat, como pola man da natureza como os desastres naturais ou tamén pola depredación, esto consiste en que un animal cace a outro.

  9. faa-ricardoperez di:

    O almiqui é unha especie en perigo de estinción, xa que hay moi poucos e habitan sobre todo na Española (República Dominicana y Haití), sendo éstes parentes dos topos e das musarañas. En épocas anteriores créuse que se estinguira, xa que foi considerado raro e altamente ameazado.

  10. faa-marcromero di:

    A extinción é un proceso natural e necesario para a evolución, dende sempre as especies mais adaptables son as especies que sobreviven mentre que as especies menos adaptables desaparecen cando o seu medio cambia.

    De tanto en tanto este proceso que é xeneralmente moy lento, vese forzado producindose as grans extincións masivas, ata agora houberon 5 extincions masivas sendo a última a gran extinción dos dinosaurios.

    A mais forte fou a acontecida entre o periodo Pérmico e Triásico onde desapareceron moito mais da meitade das especies que ata entón dominaban a terra.

    Non obstante, a diferenza entre estas extincións e o caso do Almiquí e que as causas da extinción deste mamífero non son naturais, neste caso foron os colonizadores que introduciron depredadores foraneos como gatos e cans os causantes da desaparición deste curioso e fascinante animal.

  11. fab-robertopineiro di:

    Unha especie en perigo de extinción é unha especie cuxas poboacións están decrecendo ata colocala en risco de desaparecer. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats.

  12. Victor di:

    E en Galiza; hai especies en extinción? E claes son as causas deste perigo?

    • fab-iriamartinez di:

      Unha das especies galegas en perigo de extinción é a “Cachena”. A raza cachena é unha especie galega semellante ás vacas. Son animais de pequeno tamaño, cunha cornamenta grande e característica, e unha cor castaña clara que se escurece na rexión do pescozo e na cola.

    • faa-begonasuarez di:

      Existen vintecinco especies en perigo de extinción en Galicia actualmente debido a varios factores: a contaminación, a destrución de habitats, cando se quimen os bosques e a caza.

  13. fab-iriamartinez di:

    Unha especie considérase en perigo de extinción, sexa vexetal ou animal, cando se atopa en perigo a súa existencia globalmente. Isto pode deberse tanto á depredación directa sobre a especie como á desaparición dun recurso do cal depende a súa vida, tanto pola acción do home, debido a cambios no hábitat, produto de feitos fortuítos ou por cambios graduais do clima.

  14. fab-sporto di:

    Galicia ten 59 especies de flora e fauna en perigo de extinción.Esta lista recolle só os nomes en vermello das 400 especies que o Goberno galego considera que necesitan unha “protección especial” e que incluíu no primeiro borrador do Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
    O primeiro Catálogo Galego de Especies Ameazadas enumera ata 400 plantas e animais que requirirán no futuro dunha “protección especial” para garantir a súa supervivencia.
    O arao, o oso pardo, a balea chepuda ou a pita do monte son algunhas das especies en perigo de extinción máis recoñecibles. Xunto a elas, aparecen dúas variedades de libélula, o cangrexo autóctono e plantas como a herba de namorar, o lirio de monte ou o pampillo. En total, 59 nomes: 42 de vexetais, tres de invertebrados e 14 de vertebrados.
    Nun segundo nivel de risco, a Consellería de Medio cita a outras 95 “especies vulnerables”. Neste apartado aparecen a ra patilarga, dúas especies de píntegas, oito de réptiles, unha vintena de aves (incluídas algunhas rapazas como a aguia real), oito tipos de morcegos, mamíferos como a marsopa, o desmando ou o delfín mular, e medio centenar de especies vexetais, entre elas, o narciso, a herba de ouro ou a flor de San José.

    Hai dúas causas: O máis importante é pola culpo do home xa que non coidamos o que temos ao redor.E a segunda causa é pola culpa do clima pero esto e menos relevante.

  15. fab-elisaperez di:

    En Galiza hai sobre todo aves e mamíferos en perigo de extinción. Aves rapaces como a aguia real, ou mamíferos como a lontra ou o lobo. Soen ser os menos coñecidos, como a almexa perlífera ou o urugallo.

  16. fab-gretageorgieva di:

    En Galiza en estos momentos hai un total de 25 tipos de animais en perigo de extinción : trece aves, catro artrópodos, catro moluscos, tres réptiles e un mamífero.
    A causa máis común de que un animal estea en perigo de extención é a alteracion de seu hábitat, tamén esta a causa da introducción de outras especies exóticas moitas veces invasoras.

    • faa-larafernandez di:

      Estou de acordo con Greta, eses animais en perigo de extinción están así pola alteración do seu hábitad, sen que lles de tempo a evolucionar con el, polo que acaban desaparecendo. A meirande parte da culpa é dos humanos, que contaminan e destrozan lugares onde habitan animais, uo incluso, como di Greta, introducindo especies non autóptonas dese lugar. Esto pode causar a extinción de animais e vexetación, xa que pode convertirse no animal predominante desa zona.

  17. fab-sofiacastineiras di:

    Ata 25 especies animais encontranse na actualidade en perigo de extinción en Galiza. A contaminación, o deterioro dos hábitats, os efectos do lume nos bosques da comunidade e outras cuestións, como a caza, son as principais ameazas.

  18. faa-sergioserantes di:

    Vintecinco especies se atopan en peligro de extinción en Galicia actualmente, destacando que o arao e o mazarico real non teñen nin cinco parellas reproductoras cada unha, e a pita do monte, que habita no Courel, xa é dada por desaparecida debido á competencia coas outras especies entre outros factores.

  19. faa-fatimaf di:

    En Galicia temos nove razas de animais en perigo de extinción. Cinco das especies que corren o risco de desaparecer son vacas: a cachena, a caldelá, a frieiresa, a limiá e a vianesa, aínda que tamén se atopan nesta situación o cabalo de pura raza galega, o porco celta, a galiña de Mos e a ovella galega. O actual abandono do campo ou a intrusión de especies foráneas son as principais causas destas extincións.

  20. faa-martinlosada di:

    En Galicia no que a fauna se refire hay 25 especies en perigo de extinción, das 13 especies de aves que corren máis perigo de extinción, hay tres,que sobresaen, a pita do monte, o arao e o mazarico real, mamiferos tan só hay un que é o oso, tamén hay tres reptis e oito invertebrados en perigo de extinción.
    As causas principais polas que se encontran en esta situación son, a contaminación, o deterioro da hábitat, os incendios, moi frecuentes en Galicia, e a caza.

  21. faa-laurapaz di:

    En Galicia hai ata 25 especies animais en perigo de extinción.
    Desas 25 especies, 13 son aves, as máis ameazadas son a aguia real, a pita do monte, o arao e o mazarico real.
    Unha delas é un mamífero, o oso.
    Dos réptiles, son 3, o escáncer de patas ibérico, a tartaruga de coiro e o sapoconcho común.
    Respecto aos invertebrados, 4 son moluscos e outros 4 antrópodos.
    As causas deste perigo son:
    – As malas prácticas na materia do medioambiente.
    – A contaminación.
    – O deterioro dos hábitats.
    – Os efectos do lume nos bosques.
    – A caza.
    – Tamén inflúe a introdución de especies foráneas, a intensificación agrícola ou o uso de pesticidas.

  22. faa-noeliaparracho di:

    En Galicia hai, como en case todos os lugares, por non decir en todos, especies en perigo de extinción. Algunhas das causas máis comúns son a caza ou a alteración de hábitats, moitas veces producidas por especies invasoras.

  23. Victor di:

    O Almiqui é un mamífero e dentro deles, a que grupo pertence? Que parientes do Almiqui temos en territorio español?

    • faa-christiancacabelos di:

      Boas!
      O Almiqui é un mamífero placentario que pertence á familia dos solenodóntidos.
      Os parentes máis cercanos ao Almiqui, que se poden encontrar en territorio español, son as toupas ou toupeiras e as musarañas.

    • faa-begonasuarez di:

      O alquimí paradóxico é un mamífero placentario da familia dos solenodóntidos
      Os parientes do Alquimí que temos en territorio español son as toupas e as musarañas.

  24. faa-saracastro di:

    O Almiqui é un mamífero placentario da familia dos Solenodóntidos. En España podemos atopar algúns parientes del como os topos e as musarañas.

  25. faa-fatimalago di:

    Tanto como o Lince Ibérico (Lynx pardinus), o Quebrantaosos (Gyoaetus barbatus, a Águia Imperial ibérica (Aquila adalberti e outros moitos máis, o Almiqui (Hispaniolan solenodon) e outra das moitas especies en perigo de extinción.
    AS especies en extinción son especies das cales só quedan poucos menbros vivos, e están en perigo de desaparecer. Isto pódese deber tanto á depredación directa da especie, como á depredación dun recurso que é fundamental para a supervivencia desta especie, ou tamén por cambios no clima, no hábitat (ambiente onde habitan)…
    En Galicia como en outros tantos lugares hai especies en perigo de extinción no ámbito da flora e da fauna. Unhas das moitas especies en perigo de extinción son a pita do monte, oarao e o mazarico.
    O Almiqui é un mamífero placentario, dentro da familia dos solenodóntidos (animais insectívoros que se atopan entre os máis extreaños animais mamíferos do mundo). En España, os parentes máis cercanos deste animal son os topos e as musarañas.

  26. faa-fatimaf di:

    É un mamífero insectívoro. En Galicia temos ás musarañas, que son moi semellantes a este animal.

  27. faa-igonzalez di:

    O alquimí eé un mamífero placentario da familia dos Solenodóntidos. É endémico da illa da Hispaniola (República Dominicana e Haití) e está en perigo de extinción. En territorio español, os seus principais parientes son os topos.

  28. faa-larafernandez di:

    Este animaliño é considerado un mamifero placentario da familia dos solenodóntidos. Este tipo de animais, en España, poden atoparse algúns como as musarañas e as toupas.