UNHA GALAXIA VETERANA

Un equipo internacional de investigadores logrou descubrir a idade da galaxia máis afastada coñecida ata o momento.

Recibiu o nome de z8_GND_5296, atópase a aproximadamente 30 billóns de anos luz da Terra e, segundo os últimos estudos realizados, formouse cando o Universo tiña tan só 700 millóns de años.

Considerando que o Big Bang produciuse hai uns 13.700 millóns de años, esta galaxia formaríase cando o Universo só tiña o 5% da súa idade actual.

Este achádego pode axudarnos a descubrir como era o Universo durante as súas etapas iniciais de formación, xa que a luz que emitiron as primeiras galaxias pouco despois da Gran Explosión estivo viaxando durante a maior parte da vida do Universo ata ser alcanzadas hoxe en día polos nosos telescopios.


Autora: Fátima Fernández Feijoo

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to UNHA GALAXIA VETERANA

  1. Victor di:

    Que é unha galaxia? Coñeces algunha?

    • fab-fatimachaves di:

      Unha galxia é un conxunto de estrelas,nubes de gas,po cósmico etc unido gravitatoriamente.A cantidade de estrelas que forma unha galaxia é incontable.
      Nunha galaxia existen subestructuras como a nebulosa,cúmulos estelares e os sistemas solares múltiples.Existen diferentes tipos de galaxia;as elípticas,as espirais,as lenticulares e as irregulares.
      A Vía Láctea é unha galaxia espiral na que se encontra o Sistema Solar e polo tanto a Terra.

  2. fab-marcosdaporta di:

    Las galaxias son enormes conxuntos de estrelas, polvocósmico, gas e materia oscura. Teñen millóns de estrelas que xiran sobre un núcleo. Suponse que o núcleo é un buraco negro masivo que contén centos de estrelas nun espazo reducido. Clasifícanse según a súa forma: elíptica, espiral ou irregular. As irregulares non teñen forma definida polo efecto que lle provoca a atracción gravitatoria doutras galaxias. A nosa galaxia é A Vía Láctea pola súa color blanquecina.

  3. faa-begonasuarez di:

    Unha galaxia é un coxunto de estrelas, nubes, polvo de gas e planetas unido gravitatoriamente. A cantidade de estrelas que hai é incontable e teñen numerosos tamaños. Tamén forman parte dunha galaxia as nebulosas, os cúmulos estelares e os sistemas estelares múltiples.
    Existen espirales elípticas, espirales, lenticulares e irregulares. Algunhas galaxias son Andrómeda, Nube de Magallanes, Triángulo e a Vía Láctea.

  4. faa-igonzalez di:

    Unha galaxia é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, po cósmico, etc, todo isto unido gravitatoriamente. A cantidade de estrelas que forman unha galaxia, é incontable, xa que a forman dende estrelas enanas, ata estrelas xigantes. A galaxia máis coñeciada, é a nosa, a “vía Láctea”, Personalmente, no coñezo ningunha outra sen primeiro informarme, pero hai un montón de galaxias en todo o universo.

  5. faa-saracastro di:

    Unha galaxia é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, pó cósmico, materia escura e ao mellor ata enerxía escura, que está unido gravitatoriamente. Son enormes e cada unha ten formas distintas. A galaxia máis coñecida para nós é sen duda a Vía Láctea, posto que é a que habitamos. Ademais desta existen outras moitas como “El Dragón”, “Leo”, “El Fogón”, etc.

  6. faa-larafernandez di:

    Unha galaxía é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, po cósmico, materia escura e quizais enerxía escura, unidos gravitatoriamente. Ata agora existen catro tipos de galaxías: as elípticas, as espirales, as lenticulares e as irregulares. Un exemplo de galaxía é NGC 4414, unha típica galaxía espiral na Constelación de Berenices, a cal ten un diámetro aproximado de 17.000 parsecs (1 pársec = 206.265 ua = 3,2616 años luz = 3,0857 × 1016 m) e unha distancia aproximada de 20 millóns de parsecs.

  7. fab-manuelgonzalez di:

    A a galaxia é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, po cósmico,materia escura e enerxía escura que forman un conxunto grazas a que estan unidos pola gravidase propia de cada galaxia. O número de estrelas que conforman unha galaxia é infinito. Forman estas galaxias tamén nebulosas, cúmulos de estrelas e varios sistemas estelares. As galaxia máis coñecia a parte da noso polos seres humans é a de Andromeda

  8. faa-noeliaparracho di:

    Unha galaxia é un conxunto de elementos (estrelas, nubes de gas, planetas…) unidos pola forza de atracción que hai entre elas, xerada polas súas masas. Esta forza é chama gravidade. Nunha galaxía todos os elementos xiran entorno un centro común.
    A Vía Láctea é a galaxia onde se atopa o Sistema Solar, e polo tanto a Terra.

  9. faa-noeliaparracho di:

    Unha galaxia é un conxunto de elementos (estrelas, nubes de gas, planetas…) unidos pola forza de atracción que hai entre elas, xerada polas súas masas. Esta forza é chama gravidade. Nunha galaxía todos os elementos xiran entorno un centro común.
    A Vía Láctea é a galaxia onde se atopa o Sistema Solar, e polo tanto, a Terra.

  10. fab-cporto di:

    Unha galaxia é un conxunto masivo de estrelas, nubes de gas, planetas, po e materia escura -probablemente, o 90% da masa galáctica-, elementos todos eles que orbitan ao redor dun centro común e están unidos gravitatorialmente. Tamén forman parte desta armazón subestruturas como as nebulosas.
    Calcúlase que no universo existen máis de 100 mil millóns de galaxias, divididas ao longo da historia pola súa morfoloxía en tres clases principais -elípticas, espirais e irregulares- e representadas mediante ilustración a través do diagrama de diapasón de Hubble.

  11. fab-jairotroncoso di:

    Unha galaxia é un conxunto de varios elementos, estrellas nubes, planetas… As galaxias teñen millóns de estrellas, incontables. Hai varios tipos de galaxias: elípticas, espirales, irregulares e lenticulares. Pois unha galaxia pode ser A Vía Lactea

  12. fab-iriamartinez di:

    Unha galaxia é un grande aglomerado de millóns de estrelas e outros obxectos astronómicos (nebulosas de varios tipos), unidos por forzas gravitacionais e xirando en torno dun centro de masa común.
    Galaxias Elípticas:
    Presentan a misma apariencia que un núcleo sin disco. Carecen de gas e polvo e están formadas por estrelas bellas, amarelas e de baixa metalicidad. Estrelas da población tipo II.Se distinguen das que son esféricas (tipo E0), hasta as muyachatadas (E7), pasando por os tipos intermedios E1, E2… etc. En xeral as sitúa en zonas de alta densidade galáctica, nas zonas centrais dos cúmulos densamente poboados de galaxias.

  13. Victor di:

    E cantas galaxias se poden ver a simple vista desde o noso planeta? E cantas estrelas ten unha galaxia?

    • faa-veronicanoya di:

      Hai tres galaxias que se poden ver facilmente cun telescopio dende a Terra. A galaxia Andrómeda, Triángulo e a nube de Magalláns.
      Durante o outono, no hemisferio norte podemos ver a galaxia de Andrómeda: ten 1 trillón de estrelas.
      A galaxia Triángulo é máis pequena que Andrómeda, xa que só contén entre 30 mil millóns e 40 mil millóns.
      Finalmente a nube de Magalláns, que contén entre 1000 millóns e 4000 millóns de estrelas.

  14. faa-marcromero di:

    Para explicar que é unha galaxia antes hai que saber que no universo (e tamén na nosa vida cotiá) hai 4 forzas básicas que rexen todo canto acontece, chamadas interaccións fundamentais, estas son: a interacción gravitatoria, a interacción electro-magnética e as interaccións nucleares, forte e débil.

    A interacción máis poderosa é a nuclear forte que mantén os protóns, neutróns e outras partículas subatómicas unidas entre se.

    Pero a máis perceptible para os nosos sentidos sería a interacción gravitatoria ou forza da gravidade. Esta forza consiste en que un corpo atraerá a outro sempre e cando o primeiro teña máis masa que o segundo. Así pois, a forza da gravidade é directamente proporcional á masa do corpo. Isto non quere dicir que o espazo sexa un constante ir e vir de material que choca entre se, senón que as veces os corpos con masa inferior orbitan arredor dos corpos máis masivos formando traxectorias circulares ou elípticas.

    Pois ben, unha galaxia é un supercúmulo de estrelas que, en vez de colisionar entre elas formando o caos, parece ser, orbitan ao redor dun núcleo común e polo tanto hipermasivo, probablemente un burato negro.

    Un exemplo de galaxia é a nosa, a Vía Láctea, o seu nome provén do latín, pero os seus primeiros observadores serían os nosos antepasados máis remotos xa que o curioso “camiño de leite” que se vía (nun ceo limpo e sen contaminación) serviu de fonte de inspiración de mitos e lendas para moitas civilizacións que mirasen o ceo, é dicir, todas. Dende os maias ata os chineses pasando por exipcios e gregos. E de novo foron estes últimos quenes especularon sobre a posibilidade de que aquela marca branca no ceo fose en realidade un gran cúmulo de estrelas.

    Para os viquingos a Vía Láctea era o camiño ao Valhalla e para os celtas era o camiño que leva ao castelo da raíña das fadas.

  15. fab-ariadnacordal di:

    Dende a Terra pódense ver catro galaxias: dende o hemisferio norte a Vía Láctea (na que está o Sistema Solar) e a Andrómeda e no hemisferio sur as dúas Nubes de Magallanes. Cada galaxia pode conter entre 10 mil e 100 mil millóns de estrelas.

  16. fab-gretageorgieva di:

    Os planetas que podemos ver a simple vista desde o noso planeta son cinco: Venus Xúpiter
    Marte, Mercurio e Saturno (Urano podríase ver únicamente si o ceo está completamente oscuro.
    Unha galaxia ten aproximadamente unhas 200.000 millones de estrelas.

  17. fab-martapalacios di:

    Unha galaxia é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, polvo cósmico, materia escura e quizás enerxía escura, unido gravitatoriamente. A cantidade de estrelas que forman unha galaxia é incontable, dende as chamadas enanas, hata as xigantes. Formando parte dunha galaxia existen subestruturas como as nebulosas, os cúmulos estelares e os sistemas estelares múltiples.
    As galaxias máis cercanas á Vía Láctea son as que pertencen ao chamado Grupo Local. Vense facilmente cun telescopio de aficionado. Algunhas poden observarse incluso a simple vista como Andrómeda (a 2’5 millóns de anos luz da Terra), Triángulo (a 3 millóns de anos luz, é a terceira galaxia máis grande do Grupo Local e só se ve con telescopio) e as Nubes de Magallanes (a Gran Nube está a 170.000 anos luz de distancia, e a Pequena Nube a 210.000 anos luz).

  18. fab-iciacores di:

    A simple vista podemos ver tres galaxias, a Andrómeda, a Vía Láctea (que é a nosa propia galaxia) e as Nubes de Magallanes, que é unha galaxia enana e á súa vez, satélite da Vía Láctea. Dise que na nosa galaxia hai aproximadamente unhas 300.000 millóns de estrelas, das que só vemos a simple vista sobre unhas 2500. Sen embargo, por poñer un exemplo, a Andrómeda conta con un trillón de estrelas, polo que o número varia segundo a galaxia.

  19. faa-fatimaf di:

    Podemos ver a galaxia de Andrómeda, a galaxia do Triángulo e a Gran e a Pequena Nube de Magalláns.
    En canto ó número de estrelas, non é nada doado saber con ningunha clase de aproximación precisa. Non se sabe nin sequera o número exacto de estrelas na Vía Láctea, pero aproxímase que serían uns 100,000 millóns.

  20. faa-saracastro di:

    Dende o noso planeta podemos ver a simple vista un par de galaxias: a de Andrómeda e as Nubes de Magalláns.
    Por outra banda, o número de estrelas dunha galaxia é algo practicamente imposible de calcular, xa que cada unha é diferente e ningunha conta con un número concreto de estrelas. Dependendo da galaxia, habrá máis ou menos. Un dato que si coñecemos é a cantidade delas que hai na nosa galaxia, na Vía Láctea, que é aproximadamente duns 300 miles de millóns.

  21. Victor di:

    E centrándonos na nosa; cantas estrelas compoñen a Vía láctea? Cantas vemos a Simple vista?

    • fab-taniacores di:

      O número de estrelas da Vía Láctea está entorno 200 a 400 mil millóns pero nós só podemos ver entre 5.000 e 8.000.

    • fab-tcores di:

      O número de estrelas da Vía Láctea está entorno 200 a 400 mil millóns pero nós só podemos ver entre 5.000 e 8.000.

  22. fab-manuelgonzalez di:

    A noso Sistema Solar pertence a Vía Láctea,que esta comporta por arredor de 200 mil millons e 400 mil millóns de estrelas. A simpr vista,podemos ver un número bastante elevado de estrelas,pero moi o lonxe,onde so podemos ver uns puntiños luminosos ,pero as únicas estrelas ou satélites que podemos ver con total claridade son a Lúa é o Sol.

  23. faa-saracastro di:

    Como ben dicía antes, a Vía Láctea está formada por uns 300 miles de millóns de estrelas, aínda que a simple vista, dende a Terra, soamente podemos ver unhas 4000

  24. fab-martapalacios di:

    A Vía Láctea é a galaxia espiral na que se atopa o Sistema Solar e, polo tanto, a Terra. Segundo as observacións é unha espiral barrada; cun diámetro medio duns 100.000 anos luz, estes son aproximadamente 1 trillón de km. Calcúlase que contén entre 200 mil millóns e 400 mil millóns de estrelas. A fracción que podemos ver é mínima dada á pobre sensibilidade da nosa vista. Son moitos os factores que inflúen no número de estrelas que podemos ver a simple vista.
    Como por exemplo a sensibilidade dos nosos ollos, a contaminación lumínica, a climatoloxía… Normalmente podemos chegar a ver unhas 5000 estrelas en todo o ceo ainda que dende terra só podemos ver a mitad que está sobre o horizonte que son ó redor de 2.500.

  25. faa-noeliaparracho di:

    O número de estrelas da Vía Láctea está entorno 200 a 400 mil millóns, en cambio, só podemos ver entre 5.000 e 8.000, moitas veces pola contaminación lumínica e moitas outras porque as estrelas están demasiado lonxanas, fora do noso alcance visual, polo que solo podemos velas a través de telescopios ou outros instrumentos que aumenten moito a nosa visión.

  26. fab-ariadnacordal di:

    A Vía Láctea está formada por arredor dunhas 300 mil millóns de estrelas.
    Todas as estrelas que contemplamos no ceo nocturno pertencen á Vía Láctea. Pódense distinguir arredor de 4000 en cada hemisferio (soamente podemos ver 2000 á vez). Non obstante, isto depende moito da contaminidade lumínica, da claridade da lúa, etc.

  27. fab-aidagonzalez di:

    O número de estrelas que compoñen a nosa galaxia é algo que non podemos saber dunha forma precisa, pero estímase que na Vía Láctea debe haber entre 200 e 400 millóns de estrelas de distintos tipos e edades, soamente na Vía Láctea. A simple vista, pódense chegar a ver 2500 estrelas en calquer punto da Terra. Este número comparado co numero total de estrelas que se atopan na nosa Vía Láctea semella moi pequeno.

  28. faa-ricardoperez di:

    Pois a Vía Láctea ten sobre 200-400 mil millóns de estrelas, pero só son visibles durante a noite uns 100 millóns.

  29. Victor di:

    Co número de estrelas que forman a Vía Láctea e aceptando que todas teñan planetas, podería aceptarse que haxa outros planetas con vida?

  30. faa-martinlosada di:

    Si, é posible, segun un estudo da universidade de Puerto Rico, desvela a posibilidade da existencia de outros sete planetas que poderían ser habitables na Vía Láctea, estes planetas son máis concretamente “expoplanetas”, dise que hay uns oitenta, pero tan só sete están a distancia axeitada para poder conter auga

  31. faa-noeliaparracho di:

    Coa gran cantidade de planetas que poidan existir na Vía Láctea podería darse a vida noutros planetas, xa que estes poderían ter unhas condicións semellantes ás da Terra. De todos xeitos, cando se fala de vida noutros planetas a xente adoita pensar en humanos ou outro tipo de seres semellantes a nós cando probablemente o que poida haber sexa vida a nivel microscópico.

  32. faa-fatimalago di:

    O termo galaxia ten o seu orixe no latín “galaxĭas” que á súa vez provén dunha palabra de orixe grego. Unha galaxia é un elemento de tamaño considerable que está composto por un número de estrelas, planetas, po interestelar, gases e partículas. Dentro dunha galaxia pódense recoñecer múltiples estructuras, como os sistemas estelares múltiples, as nebulosas ou os cúmulos estelares. A galaxia máis coñecida é a nosa, a Vía Láctea.
    Dende a terra, todas aquelas estrelas que resultan visibles sen necesidade de equipos especiais, son estrelas que forman parte da nosa propia galaxia (Vía Láctea). Unha galaxia pode estar tranquilamente formada por miles de millóns de estrelas.
    A Vía Lactea está composta por uns 3 miles de millóns de estrelas. Algunhas das estrelas máis visibles son: Alcor, Aldebarán, Betelgeuse, Denébola, Estrela Polar, Lince (ou Lynx) etc…
    Considerando que todas as estrelas da Vía Láctea teñen planeta, poderíase aceptar que hai outros planetas con vida. Según un estudo da Universidade de Puerto Rico, uns sete planetas situados fora do sistema solar poderían albergar vida, porque están situados á distancia correcta da súa estrela como para albergar auga. Estos planetas son coñecidos con nomes como Gliese 581g, Gliese 667Cc, Kepler 22b, HD 40307g, HD 85512b, Gliese 163c e Gliese 581d.

  33. faa-christiancacabelos di:

    Boas!
    Na miña opinión, é posible a existencia de vida noutros planeta xa que como Noelia di, teñen condicions parecidas ás da Terra, é o pode que ao mellor estos seres vivos existan a nivel microscópico e, eu creo que non teñen porque necesitar unhas condicions climáticas como as da Terra xa que puideron adaptarse a vivir en condicións máis austeras.

  34. fab-noerodriguez di:

    Por suposto que se pode dar a situación! O universo é moi grande como para que só haxa vida nun único planeta! Pode que lonxe ou quizais máis preto do que cremos. A auga é fonte de vida, e a Terra non é o único planeta onde se pode atopar auga (caso do satélite Europa de Xúpiter)Incluso pode que se dé o caso de que existan seres vivos en planetas non habitables polo ser humano, pero aos que esas criaturas sí estean adaptadas. A saber como son eses extraterrestres! Existen infinitas posibilidades! Todo é cuestión de investigar e explorar novos sitios, pois o universo é infinito e pode haber infinidade de especies por todo o espazo.