ROUPA INTELIXENTE

Un estudio da Organización Mundial da Saúde estima que cada ano nacen uns 15 millóns de nenos prematuros en todo o mundo. Máis dun millón morre pouco despois ó non completar as 37 semanas de xestación.

En Polonia, un grupo de científicos da Universidade tecnolóxica de Lodz traballa na confeción de roupa específicamente deseñada para reducir os riscos nos bebés prematuros.

Os primerios momentos fora do útero requiren unha “roupa intelixente”  fabricada con dúas capas: unha tea convencional e unha membrana sensible que axuda a deter a sudoración excesiva.

A investigadora polaca Ewa Skryetuska, fala deste proxecto: “Este ‘tecido intelixente’ protexe ó neno e debería ser de gran axuda nos coidados do bebé porque atrapa a humidade do corpo, especialmente nas primeiras horas despois do nacemiento do bebé, cando aínda non foi posto na incubadora.  Ó nacer, o bebé ten que ser examinado e logo é posto na incubadora. Ése é un momento clave no que tense que frenar o exceso de sudoración.”

Nas primeiras semanas os bebés no teñen nin a pel, nin o sistema termorregulador maduro, por isto, o contacto cunha roupa non apropiada pode resultar perigroso.

As probas realízanse cun boneco que ten uns sensores de temperatura que imitan as glándulas sudoríparas do recén nacido.  Estas prendas deben manter ao bebé hidratado e á temperatura axeitada.


Autora: Marta Palacios

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to ROUPA INTELIXENTE

  1. Victor di:

    Cal é a causa de que un neno ao nacer teña tantas dificultades para adaptarse ao novo ambiente?

    • faa-begonasuarez di:

      Os bebés encóntranse nove meses no intorior da nai, en líquido amniótico, polo que a súa maneira de respirar é mediante o cordón umbilical e ao nacer, atópanse co exterior e teñen que comezar a respirar polo nariz. Se o bebé non comezara a respirar sería malo. Tamén inflúe este cambio de ambiente na vista, xa que durante eses nove meses no interior da nai estiveron sen ver nada e ao saír téñense que acostumbrar á luz.

    • fab-fatimachaves di:

      Ten dificultades porque ata o mesmo momento de nacer,o bebé vive grazas ao sangue da nai que aporta osíxeno e nutrientes.A placenta é o filtro que garantiza o intercambio de osíxeno que chega polo cordón umbilical hacia o bebé polo anhídrido carbónico que recolle ao ser expulsado.Ao nacer sométese a un cambio moi brusco xa que ten que aprender a respirar pola súa conta e se non o fai pode morrer.

    • fab-taniacores di:

      Os nenos antes de nacer están 9 meses dentro do ventre materno, eso conleva a que respiran polo cordón umbilical, o que ó saír o exterior, costalles máis adaptarse ó exterior.

    • fab-tcores di:

      Os nenos antes de nacer están 9 meses dentro do ventre materno, eso conleva a que respiran polo cordón umbilical, o que ó saír o exterior, costalles máis adaptarse ó exterior.

  2. faa-ricardoperez di:

    Os nenos recén nacidos cústalle adaptarse ó medio porque están acostumados ó ventre materno (estándo 9 meses nel), polo que ó nacer, despois de estar en contacto co líquido amniótico, teñen que aprender a respirar canto antes, xa que se non o conseguen poden chegar a morrer.

  3. faa-noeliaparracho di:

    Os bebés pasan nove meses no ventre materno, rodeados de líquido amniótico e alimentándose e respirando polo cordón umbilical, polo que ó cambiar de medio repentinamente e non poder respirar polo cordón, teñen que adaptarse en cuestión de segundos ó novo medio, xa que se non o fan, norren. Esta dificultade débese ó rápido cambio e, polo tanto, o gran cambio nese reducido tempo.

  4. fab-iriamartinez di:

    Cóstalles adaptarse ao novo medio xa que están durante nove meses no venre materno,e ao chegar ao exterior todo lles é diferente xa que non están rodeaos do líquido amniótico, nin repiran polo cordón umbilical.

  5. faa-saracastro di:

    A causa principal de que un bebé teña tantas dificultades para adaptarse ao medio ambiente é o simple feito de pasar nove meses no ventre materno. Aí non precisa valerse por si só, senón que vive grazas ós nutrientes e osíxeno que aporta o sangue da nai.
    Tras o parto, o sistema circulatorio e respiratorio do bebé teñen que adaptarse rapidamente ao medio, polo contrario, non podería sobrevivir.
    Outra das cousas que ocorre é que no momento de nacer, a arteria pulmonar ábrese e cérranse os conductos que mantiñan a circulación sanguínea do bebé sen pasar polos pulmóns. Así establécese a circulación entre o corazón e os pulmóns unha vez se corta o cordón umbilical.
    O sistema respiratorio e la circulación sanguínea necesitan tamén un tempo de entrenamento, por iso é lóxico que o proceso respiratorio sexa un pouco irregular ó principio e que o ritmo cardiaco esté un pouco acelerado.

  6. faa-diegocores di:

    Un bebé cando nace pasa de un espacio no que leva 9 meses, o ventre da nai, a un mundo totalmente descoñecido para el. No ventre da nai o bebé encontrase nun medio acuático e no exterior rodeado de aire, esto xa é un gran cambio. Por esta razón e pola que algunhas persoas din que é mellor ter o rapaz nunha bañeira, porque o paso é de medio acuático a medio acuático (non obstante eu creo que mellor nun hospital). Outro gran cambio é que o bebé pasa de sobrevivir a base do cordón umbilical a sobrevivir por si mesmo, tendo que respirar e alimentarse.
    Tamén podemos dicir que outro cambie é que empezan a utilizar os seus sentidos de forma mais activa:
    Fora hai luz polo que o sentido da vista pasa a “ter uso” para el.
    Tamén o do gusto porque ao alimentarse pola boca perciben os sabores.
    Percibe de igual forma os olores de forma que tamén o olfacto se ve activo.
    O oído desenvolvese xa no ventre materno, pero estando fora pasa a ter mais actividade.
    E por ultimo o tacto, porque empeza a entrar en contacto con persoas, obxectos, etc. Sobre todo con eso de que todos queren coller ao bebé en brazos.

  7. faa-martinlosada di:

    A causa de que ao nacer teñan moitas dificultades e o cabrio brusco ao que están sometidos ao pasar do ventre materno a fora del, dentro del permanecen 9 meses no líquido amniótico motivo polo cal lle é tan dificultoso respirar ao nacer

  8. fab-elisaperez di:

    Os bebés, ao pasar nove meses no ventre da nai, onde están en contacto co líquido amniótico e respiran polo cordón umbilical, resúltalles moi duro adaptarse ao medio. Antes de nacer os seus pulmóns non funcionan. Non hai circulación sanguínea entre o corazón e os pulmóns, e a placenta é a que garantiza o intercambio entre a sangue da nai, rica en osíxeno,e a do bebé, cargada de gas carbónico. Ao nacer, ao bebé cóstalle respirar, pero se non chegase a facelo, morrería.

  9. fab-marcosdaporta di:

    A maioría dos animais mamíferos ó nacer xa saben como respirar e manterse de pé, e en cuestións de minutos xa son capaces de andar. O problema é que o período de xestación dos humanos é menor do que debería xa que o cuello uterino reduciuse cando os humanos nos convertemos en bípedes entón o bebé non nace completamente desenrrolado. Aparte, o que dixeron os meus compañeiro, é un repentino cambio de medio. A pel dos recén nacidos é máis sensible, desprende máis calor, e absorbe máis rápido os medicamentos de uso tópico. Non teñen moita capacidade respiratoria e son propensos ás enfermidades respiratorias. Estes son algúnhas das causas pero hai moitas.

  10. faa-santiagoescudeiro di:

    Calquera de nós ao levantarnos pola mañá xa sufrimos un cambio notable no medio, so destaparnos do calor das mantas xa é un cambio que se nota, abrir os ollos e percibir a luz da mañá, etc. Se nós notamos bastante diferencia o con levantarnos da cama, poñámonos no caso dun bebé: logo de estar uns nove meses nun medio líquido, pasa a un medio no que hai aire e ten que respirar. Este cambio xunto co da temperatura, a luz e outros factores é moi drástico, de aí a dificultade de adaptación dun recén nado.

  11. Victor di:

    Os fetos desenvólvense nunha bolsa de líquido no interior da nai; que explicación científica ou evolutiva ten este feito?

    • faa-marcromero di:

      Este feito é produto do proceso evolutivo que levou á maioría de mamíferos a deixar de poñer ovos e pasar a ser vivíparos.

      As vantaxes disto é que a cría se desenvolve dentro do corpo da nai e polo tanto baixo a súa protección directa e continua. No caso dun animal ovíparo, o embrión desenvólvese dentro dun ovo relativamente fráxil e ademais, como a nai se despiste pode ser roubado ou sufrir un accidente con máis facilidade que estando sempre xunto á súa nai que lle vai achegando os nutrientes que necesita en todo momento.

      A principal desvantaxe é que se a nai morre ou sofre un accidente durante a xestación, é moi probable que o embrión non sobreviva e a outra desvantaxe é que se a nai sofre determinados tipos de enfermidade, isto pode prexudicar ao bebé, por exemplo, se unha nai en estado contrae o virus da rubéola pode ser letal para o nonato ou que este naza con malformacións graves.

  12. faa-begonasuarez di:

    A bolsa con líquido amniótico que se encontra no interior da nai e na que o feto se establece os nove meses protéxeo das lesións externas ao amortiguar golpes ou movementos súbitos, permite o seu movemento libre, o desenvolvemento muscular e esquelético simétricos, tamén permite o desenvolvemento apropiado dos pulmóns e mantén ao feto a unha temperatura relativamente constante para o medio ambiente.

  13. fab-marcosdaporta di:

    É importante, ten unha función parecida á bolsa dos marsupiais como:
    Protexe o feto das lesións externas ó amortiguar golpes ou movimentos súbitos.
    Permite o movimento libre do feto.
    Mantén o feto a unha temperatura constante para o medio ambiente.
    Permite o desarrollo apropiado dos pulmóns.

  14. faa-saracastro di:

    Así é, os fetos desenvólvense no chamado saco amniótico, que é unha cuberta de dúas membranas que cubre ó embrión. Isto contén un líquido, o líquido amniótico, que é o encargado de protexer ao feto de posibles golpes ou mesmo permitirlle que se mova con máis facilidade, posto que este está como flotando. Este líquido aumenta a medida que o feto vai medrando.

  15. faa-larafernandez di:

    Esta bolsa con líquido na que se desenvolve o feto, tamén coñecida como saco amniótico, contén o líquido amniotico, que cumpre varias funcións beneficiosas para o feto. Entre estas funcións está a de protexer o feto de posibles golpes externos e movementos súbitos, a de permitirlle moverse con facilidade, favorece o desenvolvemento músculo-esquelético simétrico, manter o feto a unha temperatura máis ou menos constante e o desenvolvemento dos seus pulmóns.
    Esta bolsa, o meu parecer, proven da evolución dos texidos dos ovos de aves e reptís que cubren o interior do cascarón, que lles permitía ter osíxeno e estar aislados do exterior.

  16. faa-noeliaparracho di:

    Este feito débese a unha evolución que comezou en animais ovíparos.
    Os primeiros animais eran ovíparos, pero ó vivir no medio acuático os ovos non precisaban dunha envoltura dura que os protexera, polo que eran brandos.
    Coa saída dalgúns animais a terra esta capa dura desenvolveuse, para protexer o ovo de posibles depredadores.
    Máis tarde, apareceron uns animais que mantiñan o ovo dentro de sí ata o momento do parto.
    De eses animais proceden os hoxe chamados animais vivíparos, que manteñen a cría (xa sen ovo) dentro de sí e no momento que están listos prodúcese o parto. Os humanos somos animais vivíparos, por eso o feto se desenvolve dentro do útero materno.

  17. faa-elenafontenla di:

    Esta bolsa de líquido denomínase saco amniótico e, coma o seu nome indica , contén este líquido no seu interior que para hidratar a pel do feto, e permite o movemento de éste. Este saco, xunto xo líquido, tamén actúa coma un amortiguador que protexe ao feto de golpes fortes.

  18. fab-martapalacios di:

    Esta bolsa con líquido aminiótico (saco amniótico) protexe o feto de posibles golpes externos. Ó ser amplo permítelle moverse con facilidade favorecend o desenvolvemento dos músculos e do esqueleto. Dentro desta “bolsa” o feto mantense a unha temperatura constante evitando sufrir cambios moi variables.
    O saco amniótico comezou aparecendo en animais ovíparos. As desventaxas que tiñan estes animais ao poñer ovos era que as crías non tiñan a suficiente protección xa que os ovos podían ser roubados ou, se levaban un leve golpe, podían romper e morría ó embrión. Deses animais proceden os chamados animais vivíparos, que teñen as crías dentro do seu vientre sen ter necesidade de estar dentro do ovo pois a nai lle proporciona a calor necesaria e o alimento que o feto precisa durante o período de xestación. Cando a cría está lista para nacer, en vez de romper un ovo, sae ó exterior, isto é ó que chamamos parto.

  19. fab-gretageorgieva di:

    Esta bolsa con líquido denominase saco amniótico que contén líquido como o seu propio nome nos di ,este favorece ao movemento do feto e mais a súa hidratación. Tamén axuda a previr e protexer dos golpes fortes dentro do útero materno. Este feito deuse por primeira vez nos animais ovíparos.

  20. Victor di:

    O líquido amniótico pode considerarse un sustituto do océano primitivo onde se orixinou a vida no noso planeta?

  21. faa-saracastro di:

    En certo modo sí. Podemos dicir que o líquido amniótico é coma o océano primitivo onde se creou a vida, pero en miniatura, xa que nese líquido o feto medra e desarrollase, algo parecido ao que pasou na Terra hai miles de millóns de anos.

  22. faa-ricardoperez di:

    Podemos decir que sí, xa que os humanos desenvolvímonos tanto nun coma no outro, pero a diferencia é que no mar tardamos millóns de anos en evolucionar(dende unha célula ata que saímos a superficie como mamíferos primitivos) e no líquido amniótico só 9 meses, cumprindo co tempo promedio (hay casos prematiros, nacen antes dos 9 meses).