QUEN É MÁIS PERIGOSO?

Todos temos unha “mala imaxe” sobre os tiburóns, en especial polo coñecido “tiburón branco”, xa pola sus apariencia feroz e sanguinaria debido ós seus múltiplos dentes afiados, ou tamén pola influencia das películas americanas que tratan de tiburóns asasinando persoas sen ningún tipo de motivo… Vale, déronse casos de ataques a humanos por parte destes animais, pero a realidade é que son considerados bastante raros e anecdóticos,tales como informa a Universidades de Florida, amosando numeros increíblemente baixos, como a de 1 víctima mortal a causa dos ataques de tiburóns en todo o mundo ou sete víctimas mortais no ano 2004, dando de media cinco persoas falecidas ó ano.  Pero o que esconde a realidade é que un estudio determinou que arredor de 100 millóns de tiburóns son capturados de forma ilegal polos humanos (para cómelos, para productos cosméticos,…).

O tiburón branco (Carcharodon carcharias) é unha especie de peixe cartilaxinoso da orde dos lamniformes, que se atopan en case todas as augas quentes e temperás de todos os océanos do mundo. Os tiburóns brancos caracterízanse polo seu corpo forte e alongado, chegando a medir unha media de 4 a 5,5 m, nos casos dos machos e de 6 m as femias.  O seu fociño é cónico, curto e groso e a boca moi grande e arrendondada. Lóxicamente,contén cinco aberturas branquias que lle permiten respirar e aguantar baixo a auga.  Os seus dentes son grandes e afiados,de forma triangular; orificios nasais estreitos e ollos moi pequenos e completamente negros.


Autor: Manuel González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Sobreexplotación dos recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

37 Responses to QUEN É MÁIS PERIGOSO?

  1. Victor di:

    Manuel dí que os tiburóns son peixes cartilaxinosos; que tipos de peixes son estes? Hai outros tipos de peixes?

    • faa-begonasuarez di:

      Existen peixes condrictios, que son aqueles peixes de tipo cartilaxinoso. Posúen un esqueleto de cartílago e a maioría posúen escamas moi afiadas que paercen dentes. Algúns destes peixes posúen púas (raia venenosa) e os dentes trátanse de escamas modificadas. Este tipo de peixes adoita ter unha dentadura perfecta de por vida. A maioría destes peixes adoitan vivir no fondo do mar aínda que hai algúns que flotan.
      E tamén existen peixes óseos: son a maioría dos peixes e o seu esqueleto fórmase por osos. Adoitan ter a boca posicionada no extremo da súa cabeza e as aletas varían moiton segundo a forma e a posición en moitas especies. As escamas son de dous tipos: as que teñen forma rómbica e as circulares. Son peixes carnívoros e nútresen doutros peixes pero tamén os hai que se alimentan de substancias vexetais.

    • fab-iriamartinez di:

      Os tiburóns, ao igual que unha sardiña, son peixes, aínda que a diferencia de estos,
      o seu esqueleto está composto de cartílagos e non de ósos.

    • fab-fatimachaves di:

      Os peixes cartilaxinosos son os que teñen o esqueleto de cartílago como os tiburóns,as raias,as quimeras….
      O outro tipo de peixe que hay son os óseos que,ao contrario dos cartilaxinosos,o seu esqueleto está formado por ósos.

  2. fab-ariadnacordal di:

    Os peixes pódense clasificar en óseos ou cartilaxinosos.
    O grupo de peixes cartilaxinosos está constituído por aqueles que posúen un esquelete cartilaxinoso (como o seu nome indica). Isto quere dicir que o seu esquelete é brando. Algúns exemplos deste tipo son a raia ou o tiburón.
    Os peixes óseos, pola contra, posúen un esquelete formado por ósos. Exemplos deste tipo de peixes son a sardiña ou o salmón.

  3. fab-elisaperez di:

    Os peixes cartilaxinosos son unha clase de vertebrados acuáticos, que teñen esqueleto cartilaxinoso e válvula espiral no intestino. Teñen boca ventral, dentículos dérmicos e cola heterocerca. Levan espiráculos e cinco hendiduras branquiales. Son de sangue fría e reprodúcense por ovos. Hai tamén peixes sen mandíbula (agnatos)ou peixes óseos (osteíctios).

  4. fab-noerodriguez di:

    Os peixes cartilaxinosos teñen un esqueleto brando formado por cartílagos. A este grupo pertencen tiburóns e rais.
    Outros tipos de peixes son os óseos. Estes peixes teñen un esquelete formado por espiñas, ao que pertencen peixes como o muxe, o lorcho…

  5. faa-sergioserantes di:

    Hai tres clasificacións dentro da familia dos peixes:
    Peixes de tipo óseo, que son aqueles que posúen un esqueleto óseo e un opérculo que protexe as branquias (sardiñas…).
    Peixes de tipo cartilaxinoso, os cales teñen un esqueleto formado por cartílago e os orificios branquiais á vista (os propios tiburóns, as raias…).
    Peixes agnatos, que non teñen mandíbulas, coma as lampreas e outras poucas especies existentes na actualidade.

  6. faa-fatimalago di:

    Os tiburóns e as raias son un exemplo dos peixes cartilaxinosos. Os peixes cartilaxinosos (condrictios)son denominados así debido a que o seu esqueleto é de cartílago (tecido especializado, elástico, carente de vasos sanguíneos, formado principalmente por un conxunto de materiais extracelulares e por células denominadas condrocitos)
    Outro tipo de peixes son os peixes sen mándibula (agnatos), caracterizados pola ausencia de mandíbula, como as lampreas.
    Por último tamén hai que falar doutro tipo de peixes, os peixes óseos (osteíctios), caracterizados pola presenza dun esqueleto interno óseo, constituído principalmente por pezas calcificadas, e moi poucas de cartílago, como no caso sardiñas ou as troitas.

  7. faa-noeliaparracho di:

    O grupo dos peixes divídese en peixes cartilaxinosos e peixes óseos.
    Os peixes cartilaxinosos teñen unha estructura ósea formada por cartílagos, polo que os seus ósos son relativamente brandos e flexibles.
    Os peixes óseos posúen un esqueleto composto por ósos, o cal é ríxido e duro.
    Ó grupo dos cartilaxinosos pertencen peixes como a raia e o tiburón.
    Ó grupo dos óseos pertenecen peixes como o muxe ou a sardiña.

  8. faa-diegocores di:

    Os peixes cartilaxinosos son aqueles que non teñen un esqueleo formado por ósos, senon que a sua estructura esta composta por csrtilago, por exemplo o tiburón ou a raia.

  9. fab-gretageorgieva di:

    O tiburón e un tipo de peixe cartilaxinoso porque posúe un esqueleto cartaxinoso, é dicir, un esqueleto formado por cartilagos. Esta característica está presente en todos os tipos de tiburons e máis nas raias.
    A parte dos peixes cartilaxinosos tamén estan os peixes oseos, posúen un esquelet óseo , é dicir, un esqueleto formado por espiñas ,como por exemplo a troita ou o salmón.

  10. faa-larafernandez di:

    Existen dous tipos de peixes (de forma xeral): cartilaxinósos que, coma este tiburón teñen un esqueleto composto por cartílagos, que son flexibles; e os peixes óseos, que son os que coñecemos comúnmente, como son a sardiña ou a lubina. Estes están formados por un esqueleto non flexible, formado por espiñas.

  11. faa-cristinaguillan di:

    Os peixes cartilaxinosos son os que teñen o esquete brando, formado por cartílago. A este grupo pertencen, ademáis dos tiburóns, as raias.
    Outro tipo de peixes son os óseos. O seu esquelete, a diferencia do dos cartilaxinosos, é duro. A este grupo pertencen a maioría dos peixes, como as sardiñas ou o bonito.

  12. Victor di:

    Con que adaptacións ao medio mariño e á caza contan os tiburóns?

  13. faa-ricardoperez di:

    Os tiburóns adaptáronse pouco a pouco, sendo un dos grandes depredadores, podendo hulir o sangue a varios Kms de distncia, tamén posuen uns dentes triangulares o que lle permite agarrar ben a carne cando morden sen soltala.

  14. faa-noeliaparracho di:

    Os tiburóns son grandes depredadores que posúen adaptacións que os axudan a realizar a caza con éxito.
    En primeiro lugar os tiburóns poden ulir o sangue a kilómetros de distancia, detectando así posibles presas feridas.
    Tamén posúen unhas escamas que cando son tocadas en sentido contrario cortan, ferindo ás súas presas.
    Ademáis os seus dentes están en continuo crecemento, polo que non se deterioran, e teñen unha forma afiada para desgarrar carne e non permitir que a presa escape.

  15. faa-saracastro di:

    Os tiburóns contan con varias adaptacións que os favorecen. Entre elas destaca a posición dos seus ollos, que se atopan en posición latero-dorsal para divisar con exactitude as súas presas. Por outra banda, estes animais contan cunhas narinas situadas na punta do fuciño que non teñen ningunha función respiratoria, senón que as empregan para percibir distintos cheiros.
    Os tiburóns teñen tamén un gran sentido do olfato, o que lles permite detectar cantidades moi pequenas de substancias diluídas no mar e atopar así comida con gran facilidade.

  16. fab-manuelgonzalez di:

    Utilizan os seus dentes afiados para agarrar ben as presas;teñen unha aleta na parte superior do seu corpo que le permite ir a máis velocidade,e o seu olfato permitélle olfatear o sangue das súas presas a kilómetros. Para poder aguantar e respirar na auga,teñen unhas branquias nos laterales que depuran as partículas da auga que as converte en osíxeno para poder aguantar.

  17. faa-martinlosada di:

    Os tiburóns teñen no olfato unha das súas principais armas para cazar, xa que poden detectar unha gota de sangue a moitos km de distancia, esto e debido a que 2/3 partes do cerebro están dedicadas a este sentido, outra das suas armas son os seus temidos dentes encargados de desgarrar a carne, pero estes dentes tamén teñen a vantaxe de que os seus dentes están en continúa rexeneración, e cando lle cae un pode xerar outro en 24 horas, tamén teñen un corpo hidrodinámico, que o fai ser un animal moi veloz.

  18. fab-marcosdaporta di:

    (É interesante saber que as montañas rusas provocan máis mortes que os tiburóns, tendo de media 6 ó ano, pero a estas non lles temos medo). Os escualos (tiburóns) utilizan o olfato para cheirar sustancias diluídas a grandes distancias e tamén o oído, que o teñen moi desenrrolado, que permite oír sons graves ,que son os producidos polos bancos de peixes e peixes feridos, a largas distancias. Esto permítelles localizar presas e á hora de cazalas, as súas escamas permítenlle un desplazamiento máis rápido e sen facer ruído e os seus dentes están preparados para desgarrar a carne; os cales renóvanse se perden un.

  19. fab-cporto di:

    Peixes cartalixinosos:
    As quenllas e os seus parentes, as mantas, as raias e as quimeras, foron dos primeiros vertebrados en desenvolver mandíbulas e dentes óseos. Estes peixes mandibulados comparten ademais outra característica. Os seus esqueletos, constituídos enteiramente por cartilaxes, agrúpanos na clase dos condrictios ou peixes cartilaxinosos. Os agnatos tamén teñen esqueletos cartilaxinosos, pero carecen de mandíbulas. O esqueleto dos condrictios está calcificado, é dicir, está fortalecido por granulos prismáticos de carbonato de calcio, depositados nas capas externas da cartilaxe. Estes granulos presentan unha disposición de mosaico, que só se observa nestes peixes cartilaxinosos.
    Por último, unha delgada capa de tecido óseo recobre a cartilaxe.
    Hai ademais outras características xerais dos peixes cartilaxinosos. Por exemplo, presentan pares de aletas, endurecidas por raios ríxidos de cartilaxe. Nos machos, as aletas pélvicas están modificadas para formar unha especie de «abrazadeiras» xenitais, que contribúen á transferencia do esperma durante o apareamento, trazo único dos peixes condrictios. A pel presenta pequenas escamas semellantes a dentes que lle confiren unha textura áspera, como a do papel de lixa. (De feito, os ebanistas do século XIX utilizaban pel de quenlla para dar á madeira un rematado perfecto. Ao igual que os dentes, as escamas da pel son constantemente substituídas por outras novas durante toda a vida. Cara a principios do Devónico, hai uns 400 millóns de anos, dous grupos principais de peixes cartilaxinosos evolucionaron a partir dun antepasado común. Na actualidade sobreviven representantes dos dous grupos, elasmobranquios e holocéfalos, que se distingue, polos dentes e polos seus hábitos alimentarios

  20. faa-larafernandez di:

    Pois a caza e a adaptación ó medio dos tiburóns depende da especie e as súas características, pero todos teñen en común que son carnívoros (alimentanse de focas, baleas, outros peixes, tartarugas, aves mariñas, cangrexos, calamares ou moluscos…). Hai algunhas especies de tiburóns, como o tiburón balea, que apenas só toma plancton, pero outras especies son cazadoras, como o tiburón branco, que come calquera cousa (dende peixes ou focas ata cadáveres de baleas ou outros animais).

  21. Victor di:

    Que órganos dos sentidos están máis desenvolvidos nos tiburóns?

    • faa-begonasuarez di:

      Os tiburóns posúen una liña lateral nos costados do corpo, que lles permite detectar cambios de presión e movementos na auga. Tamén teñen no morro unas ampollas que son órganos sensibles aos campos eléctricos (especialmente desenvoltas nos tiburóns martillo). Teñen una excelente visión, icluso con pouca luz, sen embargo é monocromática. O olfacto e gusto son sentidos moi ben desenvoltos.

  22. fab-marcosdaporta di:

    Os órganos máis desenvolvido na maioría dos tiburóns son o oído, capaz de percibir os sons dos bancos de peixes a centos de metros e peixes feridos, e o olfato, capaz de cheirar os fluídos de peixes feridos a varios kilómetros.

  23. faa-igonzalez di:

    Os tiburóns teñen 5 sentidos: línea lateral, este é un sentido interno que lles permite detectar as vibracións na auga; ampolla de Lorenzini, este é un sentido que lles permite detectar a súa presa a través da “carga eléctrica” que ésta desprende; olfato, os tiburón son capaces de cheirar a sangue a quilómetros de distancia (é o seu sentido principal); vista, os tiburóns poden ver perfectamente de día ou de noite, pero non poden distinguir entre humano ou animal; e teñen unha boa audición, que, como o seu olfato, poden escoitar a súa presa a moita distancia.

  24. faa-saracastro di:

    O sentido máis desenvolvido do tiburón é sen duda o seu olfato. É capaz de detectar o sangue de calquer animal a millas de distancia, algo que nos parece verdadeiramente incrible. Tamén teñen unha boa vista, tanto de día coma de noite, tanto na auga clara coma na auga turbia. Grazas a isto localizan ás súas presas con máis facilidade. Ademais destes dous grandes sentidos, o tiburón tamén posúe un bó oído. Poden chegar a escoitar a súa presa a varios kilómetros de distancia.

  25. faa-larafernandez di:

    Os tiburóns teñen os sentidos moi desenvoltos para axudarlles a sobrevivir no seu hábitat. Entre eles destaca o olfato, e é un mito o que din de que nada máis ulir o sangue o tiburón vai en busca do animal ou a persona que sangra, senón que esta a miúdo indícalle se a presa ferida é fácil de dominar, e se non teñen fame, nin se molestan en buscar o seu orixen. Un dato curioso é que a non se utiliza para ulir, e nin se quera se encontra adxunta a boca.

  26. faa-noeliaparracho di:

    Os tiburóns teñen o chamado liña lateral, que consiste nun sentido que lles permite detectar as vibracións na auga, podendo así, atopar as súas presas con maior facilidade e coñecer a ubicación de outros tiburóns na zona. Ademáis teñen a capacidade de sentir as cargas eléctricas da presa na auga, xa que todas os seres vivos emiten unha carga ó moverse na auga. Este sentido da ampoia de Lorenzini.
    O sentido máis poderoso e desenvolvido, poden ulir o sangue a kilómetros de distancia, detectando así posibles presas feridas.
    Os tiburóns contan tamén cunha boa bista para poder ver ben tanto de día como de noite, aínda que non sempre son capaces de distinguir ben as súas presas, e esto causa a maioría de ataques ós humanos, xa que os confunden con presas.
    O seu oído tamén é moi agudo, algunhas poden oír a la presa a quilómetros de onde se atope. Poden escoitar sons nunha frecuencia extremadamente baixa a unha longa distancia.

  27. fab-ariadnacordal di:

    Os órganos dos sentidos máis desenvolvidos no tiburón están nos seus orificios nasais, que adoitan localizarse nos laterais do seu hocico. Estes órganos permítenlles detectar (á maior parte de tiburóns) cantidades de sangue moi pequenas disoltas na auga, situadas ata a 500 metros de distancia. A sensibilidade do seu olfato é tan grande que incluso poden percibir se o cheiro con maior intensidade lles está a chegar dende o orificio esquerdo ou o dereito.
    Dise que teñen un oído moi desenvolvido tamén, xa que son capaces de detectar sons, aceleracións e gravidade ata a distancia dun quilómetro. Os sons que producen normalmente os animais feridos ou enfermos teñen unha frecuencia moi baixa que os tiburóns son capaces de percibir, o que lles facilita a súa caza.
    Ademais, a súa vista é moi importante. Os ollos dos tiburóns poden ser ata 10 veces máis sensibles á luz que os dos humanos. Tamén son capaces de distinguir cores.
    Outros sentidos dos tiburóns son a ‘Liña Lateral’ que empregan moito para cazar as súas presas pois lles permite detectar as vibracións dos outros animais, pero tamén usan as ‘Ámpulas de Lorenzini’, coas que son capaces de percibir as cargas eléctricas e isto facilita o seu desplazamento a través das augas.

  28. fab-iciacores di:

    A maioría dos sentidos dos tiburós están tremendamente desenvolvidos e eficientes.
    Destacamos 5:
    -O sentido de liña natural, que lles permite detectar as vibaraciós da auga. Utílizano para cazar presas ou para ubicar a outros tiburóns.
    -O sentido Ampolla de Lorenzini, que utilizan para sentir a carga eléctrica da presa na auga. Pero non é a única utilidade, senón que tamén lles axudan a desplazarse pola auga sen esforzo.
    -A vista. Son capaces de ver moi ben durante o día e durante a noite, en augas turbias e en augas calmas. A diferencia de outros animais, os tiburóns son capaces de distinguir as cores.
    -O oído. Algunhas especias son capaces de oír á presa a km de onde se atopan, aída que a frecuencia sea extremadamente baixa.

    Pero quizais o máis desenvolto sexa o do olfato. Poden cheirar o sangue a km de distancia, mais é un mito que atacan en canto a ulen.

  29. fab-gretageorgieva di:

    Os tiburóns dependen dos seus sentidos para sobrevivir, polo que os sentidos dos tiburón estan moi desenvoltos. Teñen un sentido denominado liña lateral que lles permite detectar as vibración na auga o que lles axuda a encontrar as suas presas máis doadamente.
    Tamén poden sentir a carga eléctrica da presa na agua, grazas ao sentido, chamado ampois de Lorenzini. O sentido máis desenvolto dos tiburón é o olfacto, poden cheirar a sangue a unha gran distancia. Dispoñen dunha gran visión poden ver durante o dia ou a noite pero aínda así non distinguen entre persoas ou criaturas marinas. Por último, outro sentido desenvolto , presente nos tiburón é o oído.

  30. faa-christiancacabelos di:

    Boas!
    O tiburón conta con unhas boas capacidades sensitivas, sobre todo os sentidos para á caza.
    Entre eles salientan:
    – a boísima capacidade olfativa
    – a gran sensibilidade aos campos electromagnético, que poden detectar a decenas de kilómetros
    – a sua capacidade auditiva
    – a sensibilidade a detectar movementos, vibracións, cambios de temperatura, de presión etc. Grazas a sua liña lateral.

    Contan cunha gran forza e teñen os sentido da vista un chisco atrofiado.
    Este tipo de animáis ten que estar en contínuo movemento para poder enviar o sangue a toda-las do seu corpo.

  31. fab-martapalacios di:

    A partir dunha evolución dos oídos, os tiburóns, como outros peixes, posúen unha liña lateral a cada costado do seu corpo que lles permite detectar cambios de presión e movementos na agua; tamén posúen no seu morro ampollas de Lorenzini: órganos sensibles ós campos eléctricos (en especial ós pequenos campos eléctricos xerados por outros seres vivos na agua). Os ollos dos tiburóns teñen ao parecer unha excelente visión potenciando a capacidade de ver en condicións de pouca luz (por exemplo ao cazar en covas, durante a noite ou a grandes profundidades). Sen embargo, estudos recentes indican que a súa visión sería monocromática ao ter un único tipo de conos ou incluso carecer deles algunhas especies. Considérase que posúen tamén moi desarroiados os sentidos do olfato e do gusto (o que lles permite, a partir de poucas moléculas, cheirar e saber a presencia de potenciais presas a bastante distancia).

  32. fab-sofiacastineiras di:

    Os tiburóns dependen dos seus sentidos para axudarlos a sobrevivir no seu hábitat natural. Poden sentir a carga eléctrica da presa na agua. O sentido que lles permite facer isto chámase ampoias de Lorenzini. O sentido máis forte dun tiburón é o olfato. Oler sangue para un tiburón significa que hay presas feridas fáciles de dominar. Os tiburóns teñen moi boa vista para estar na agua, poden ver ben durante o día ou a noite. Algunhas das especies teñen a capacidade de oír á presa a kilómetros de onde se atope, por iso se cree que teñen moi boa audición.

  33. fab-sofiacastineiras di:

    Os tiburóns dependen dos seus sentidos para axudalos a sobrevivir no seu hábitat natural. Poden sentir a carga eléctrica da presa na agua. O sentido que lles permite facer isto chámase ampoias de Lorenzini. O sentido máis forte dun tiburón é o olfato. Oler sangue para un tiburón significa que hay presas feridas fáciles de dominar. Os tiburóns teñen moi boa vista para estar na agua, poden ver ben durante o día ou a noite. Algunhas das especies teñen a capacidade de oír á presa a kilómetros de onde se atope, por iso se cree que teñen moi boa audición.