O CHOCOLATE NON ENGORDA

Un dos obxectivos da ciencia é desmentir mitos, e estao a conseguir. Un grupo de científicos da Universidade de Granada realizou un estudo no que se afirma que o chocolate non engorda, cousa que nos resulta difícil de crer, posto que sempre foi o que se dixo. Sen embargo, isto parece que non é así.

A pesar das numerosas calorías que contén, o consumo deste derivado do cacao está asociado a menores niveis de graxa corporal. O estudo realizouse con adolescentes, pero todo indica  que as consecuencias serían absolutamente as mesmas en adultos. Non importa a idade que teñas ou a vida que leves, o resultado final sempre é o mesmo: menor cantidade de graxa, tanto xeral como a localizada na barriga.

Ademais, o chocolate non só non engorda, senón que tamén é bo para outras cousas. É un alimento rico en flavonoides, e isto favorece moito ó metabolismo humano.

Ó parecer, os mitos non sempre son certos.

Autora: Sara Castro

Esta entrada foi publicada en Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.