SOBREPOBOACIÓN

Todos sabemos que a finais do 2011 acadouse a cifra de 7.000 millóns de habitantes en todo o mundo. Hai científicos que pensan que no ano 2050 poderase superar a cifra de 9.000 millóns. ¿Estamos entón ante un problema de sobrepoboación humana? ¿Qué desvantaxes e vantaxes pode traer consigo?

Agora mesmo non podemos dicir que esteamos ante un problema de sobrepoboación pero, se é verdade que dentro de 40 anos a poboación acadará os 9.000 millóns de persoas, nese momento si que o poderiamos dicir.

Falemos agora das vantaxes e desvantaxes da superpoboación:

  • A vantaxe da sobrepoboación está relacionada coa produción de bens. Por poñer un exemplo, se hai sobrepoboación, as empresas realizan un proceso co cal fabrican 100 produtos de calquera tipo. En cambio se non hai sobrepoboación, esas empresas realizarían o mesmo proceso pero pasarían a fabricar soamente 50 produtos. Nos dous casos as empresas gastarían o mesmo e producirían a mesma cantidade de contaminación pero pasarían a ter unha ganancia económica menor.
  • As desvantaxes están máis relacionadas coa contaminación. Cantas máis persoas habiten na Terra, máis medios de transporte farán falta para poder desprazarnos. Tamén haberá máis emisións de CO2 por parte dos vehículos. A outra desvantaxe é que farán falta máis vivendas, o que traerá consigo unha maior deforestación.

 

Autor: Javier Carou

Esta entrada foi publicada en Ordenación do territorio, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada . Garda o enlace permanente.

22 Responses to SOBREPOBOACIÓN

  1. Victor di:

    Credes que a superpoboación será un problema real para o planeta en poucos anos? Por que?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Si.A sobrepoboación,como indica Javier,conleva a aumentar o número de produción de moitos automóbiles,que conleva tamén o aumento de materias primas,o que conleva a máis contaminación;tamén ó existir máis poboación,conleva a un aumento de número de cosas,o que volve afectar o medio natural,quitandolle terreo os bosques e demáis… Tamén o número de alimentos ten que aumentar,e outra vez afecta a natureza,pois máis animais serán cazados para alimentarnos… Poderíamos decir que o aumento da poboación provoca a disminución do medio ambiente.

    • faa-fatimalago di:

      Si, eu creo que si. A sobrepoboación ten o seu lado positivo pero tamén o seu negativo. Unha das grandes desvantaxes como di Javier no seu artigo é a contaminación. Canta máis poboación, máis contaminación, debido a que se precisarán máis vehículos para desprazarse. Se xa agora a contaminación é un problema, non nos imaxinemos con 2.000 millóns de habitantes máis…

  2. fab-noerodriguez di:

    Pode ser. Quizais co exceso de poboación cheguemos a un punto onde non haxa suficientes alimentos para dar de comer a toda a poboación mundial. Sería pouco probable, pero pode que chegue un punto onde exista xente que pase fame por falta de de dispoñibilidade de alimentos.

  3. fab-andreabrea di:

    Quizais poida chegar a ser un problema, porque podería chegar un punto no que o número de habitantes superase o número de recursos para poder sobrevivir, por exemplo, na China a taxa de natalidade aumentou demasiado e goberno viuse obrigado a implantar diversas políticas públicas de regulacións das taxas. Inda que paréceme raro que iste problema poida chegar a niveis mundiais.

  4. fab-elisaperez di:

    A superpoboación será un grave problema para o planeta en poucos anos, xa que, ademais de multiplicar os índices de contaminación, aumentarán as dificultades que orixinan as masas de poboación nas áreas metropolitanas: incremento do lixo, dificultades para alimentar tanta xente, esgotamento de recursos acuíferos, sobreexplotación do medio mariño, erosión dos solos fértis…

  5. fab-iriamartinez di:

    Agora mesmo costa imaxinarse iso, pero si si que pode ser un problema, se cada vez aumentamos máis a poboación, e traerá consigo os seguintes problemas:
    -Debido al aumento en los asentamientos humanos, cada año se cortan máis bosques.
    -Cerca de 5 millones de personas mueren cada año por enfermedades asociadas con los desechos orgánicos.
    -Las necesidades de agua aumentarán a 20 % en el año 2025. Desde 1900 se ha perdido la mitad de los mantos acuíferos mundiales.
    -La capa de Ozono ha sido arruinada gradualmente por el efecto de los CFCs (Cloro-fluoro-carbonos). La concentración de CFCs ha aumentado conforme al crecimiento de las poblaciones humanas, y el espesor de la capa de Ozono ha disminuido al punto de que se ha formado un hoyo en dicha capa.
    -Diariamente, las comunidades humanas densas producen toneladas de desechos sólidos (basura orgánica e inorgánica), consumen grandes cantidades de energía y emiten más agentes contaminantes al ambiente.
    -En Estados Unidos de América, el consumo de materiales (madera, metales, sintéticos, etc.) ha crecido 18 veces desde el año 1900.

  6. faa-martinlosada di:

    Eu creo que nun futuro co ascenso progresivo de desfeitos e outros productos perxudiciais creo que sí, por exemplo dise que nos ultimos 40 anos a cantidade de desfeitos no oceano e 100 veces maior a que había antes, e a consecuencía do aumento de poboación posiblemente tamén ocorra que aumente a deforestación e o uso dos coches como apunta Javier será maior debido a que necesitaremos máis medios de transporte, estes son só algúns feitos que me fan creer que a super-poboación sera un problema

  7. fab-gretageorgieva di:

    Por agora a sobrepoboación non resulta un problema pero é moi probabe que có paso dos anos sí o sexa. A da taxa de natalidade aumenta expoñencialemte, un exemplo claro é o caso de China que cada vez ten maís poboación polo que se esgotan os recursos e o terreo habitable, aumentase o nivel de contaminación e diminue a calidade de vida .

  8. faa-diegocores di:

    Opino que a sobrepoboación non se acadaría, ou almenos sería mais tardía, se se facilitasen os métodos anticonceptivos en paises menos desenvoltos, posto que alí cada familia ten moitos fillos.
    A maiores disto, na miña opinión pode que esta predicción sexa errónea, porque coa situación económica que o mundo está a pasar, as familias nos paises desenvoltos cada vez tardan máis en lograr unha estabilidade, o que fai que moitas parellas non busque ter fillos mentres estudan ou non teñen unha fonte de ingresos contante e fiable.
    Pero se esta predicción se cumprise eu creo que si significaría un cambio para o planeta porque a xente necesitaria unha maior superficie de asentamento para vivir, provocando unha eliminación maior de espacios naturais e unha contaminación maior ao modificar estes espazos. Actualmente rondanse as 47 persoas por quilómetro cadrado continental, de pasar 9000 millons de persoas serian 60.

  9. Victor di:

    Que dicía Thomas Malthus da sobrepoboación? Estaba errado nos seus postulados sobre este tema?

    • faa-diegocores di:

      Thomas Malthus afirmou que a capacidade de crecemento da poboación é infinitamente maior que a capacidade da terra para producir alimentos para o home. Decia que a poboación, si non encontra obtaculos en 25 anos multiplicariase por dous crecendo en progresión xeométrica, mentres que os alimentos tan so aumentarían en progresión aritmética. A sua predicción decia que cando a poboación superase a producción de alimentos comezarían epocas de fame e malos tempos.

    • faa-fatimalago di:

      Thomas Malthus decía que a poboación se duplicaba cada 25 anos, e que chegaríamos a un punto en donde os alimentos non serían suficientes para abastecer a toda a poboación.
      Malthus non estaba errado de todo, por unha parte a súa teoría tiña validez en canto ao crecemento da poboación sen ter en conta as técnicas de control de natalidade,pero estaba errado no de que os alimentos non serían suficientes, xa que Malthus non contaba co avance no sector da agricultura.

  10. faa-ricardoperez di:

    Para Malthus existían uns obstáculos ou freos (checks) para o crecemento da poboación que clasificou de dúas maneiras, como obstáculos privativos e destrutivos (según a voluntariedade).

    +Obstáculos privativos, son aqueles que son voluntarios.
    +Restrinción moral: abstinencia do matrimonio, castidade, retraso do matrimonio hasta acumular recursos.

    Obstáculos destrutivos, non son voluntarios
    +Miseria: ocupacións malsans, traballos penosos, pobreza, mala alimentación, insalubridade, enfermidades, epidemias, fame, peste…
    +Vicios e desgrazas: escesos, guerras..

    Non estaba nada errado, xa que a poboación acadou unha gran natalidade nos últimos anos, e as súas predicións cumpríronse.

  11. fab-sporto di:

    Malthus propón o principio de que as poboacións humanas crecen exponencialmente (é dicir, duplícanse con cada ciclo) mentres que a produción de alimentos crece a unha razón aritmética (é dicir, mediante a adición repetida dun incremento uniforme en cada intervalo de tempo uniforme). Deste modo, mentres era probable que nunha serie de intervalos de vinte e cinco anos a produción de alimentos aumentase na progresión aritmética 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, etc., a poboación podía aumentar na progresión xeométrica 1, 2, 4, 8, 16, 32, 64, 128, 256, etc. Este argumento do aumento aritmético dos alimentos cun crecemento xeométrico simultáneo da poboación humana predicía un futuro no que as persoas non terían recursos para sobrevivir. Para evitar tal catástrofe, Malthus suxeriu con entusiasmo que se implementar controis no crecemento demográfico. Eu creo que este home tiña razón.

  12. faa-noeliaparracho di:

    Malthus opinaba que, como a poboación se dobla cada 25 anos e os alimentos non crecen a tanta velocidade, chegaría un momento no que os alimentos non alcanzarían para toda a poboación. Esta teoría era errónea xa que, por una parte, pasou por alto as técnicas de control de natalidade. E, por outra, subestimou o progreso que podería chagar a dar a agricultura.

  13. fab-elisaperez di:

    Thomas Malthus dicía que a poboación humana crece en progresión xeométrica, mentres que os medios de subsistencia fano en progresión aritmética. Así, chegará un punto no que a poboación non atopará recursos suficientes para a súa subsistencia.

  14. fab-gretageorgieva di:

    Thomas Malthus dixo que a progreción aumentaba dunha maneira xeométrica, doblandose cada vintecinco anos ,e os recursos aliminenticios aumentaban de maneira aritmética cada ano.
    Chegando así a conclusión de quechegaría un punto no que os alimetos non serán sugiecientes para soster a todos.
    Pero podemos señalar que as súas sopocicións non chegaron a darse por razón como a aparición de maneiras para frear a natalidade e outra podría ser o progreso da industria agraria.

  15. faa-christiancacabelos di:

    Boas!
    Na miña opinión, isto pode chegar a ser posible e traerá consigo problemas de maior contaminación (aumento na producción de lixo, aumento nas emisións de tipo contaminante etc…), maior consumo (auga, alimentos, madeira, gasoil, carbón, gasolina etc…) pero discrepo no problema de espazo, xa que pola contra, expropiarán casas para construír edificios moito máis altos e tirarán os antigos para construír outros máis novos e máis altos. Desta forma crearíase traballo temporal, recalco, temporal que logo á larga podería ocasionar problemas xa que moita xente quedaría en paro e subirían os impostos para poder pagar á xente que quedou no paro etc…

  16. faa-christiancacabelos di:

    Boas!
    Thomas Mathus dí que o aumento da poboación está relacionado cos alimentos, que o subsistir baséase niso.
    Creo que se equivoca a medias porque dí que a producción de alimentos non vai a chegar para alimentar a toda a xente e moitos van a morrer de fame porque básicamente non terán nada que levarse á boca e que morrerán de fame. Se chegásemos a ese punto, buscarían a forma de aumentar a producción de alimentos, por exemplo, aproveitando as terrazas dos edificios, tellados etc.

  17. faa-larafernandez di:

    Thomas Malthus tiña a teoría de que a poboación crece máis rápido que os recursos que ten, e que nos levan a una progresiva pobreza da poboación. Esta teoría, coñecida como ley de Malthus, nunca se chegou a producir debido a atenuación da mortalidade e da natalidade, recollidas pola teoría da transición demográfica e a teoría da revolución reproductiva.

  18. fab-marcosdaporta di:

    Malthus dicía que o crecimiento da población é xeométrico mentres que a producción agrícola aumenta aritméticamente. Esto significaba para Malthus que nalgún punto non se podería producir suficiente para manter a toda a poboación.
    Malthus non estaba de todo errado porque non puido ter en conta os avances da tecnoloxía e a bioenxeñería. Aínda así pode que o problema de escasez de alimentos se produzca nun futuro.