DÚAS CARAS, MESMA MOEDA

Todo o mundo sabe que a nosa Lúa ten dúas caras. Unha cara que é visible dende a Terra e otra a chamada ‘A cara oculta da Lúa‘ que é moi diferente. A súa cara oculta non é visible dende a Terra e foi vista por primeira vez o 7 de outubro do 1959 grazas a sonda automática soviética Luna 3. Así que a nosa pregunta é, como se chegaron a formar estas distintas superficies?

Os científicos apórtannos unhas cantas teorías, aínda que ata o de agora, non sabemos cal é a verdadeira. Uns din que os bultos sobre o terreo dunha cara pode ser debido  ás forzas da marea que se exercían nos primeiros anos de vida do satélite, cando a súa cortiza exterior flotaba sobre un océano de rocha líquida.

Outra teoría, é que fai millóns de anos puido existir outra Lúa máis pequena; esta teoría é a que sosteñen os científicos da Universidade de California. Esta outra Lúa máis pequena formouse case ó mesmo tempo que o satélite actual. Ata que os dous satélites coincidiron na mesma órbita e o encontro durou varias horas e deu como resultado a superficie do lado oculto da Lúa actual. Este proceso denominouse ‘colisión lenta’.

Ian Garrick-Bethell, sostén que a forma de bulto da Lúa podería ser descrita por unha función matemática sorprendentemente simple. E esta fórmula sinalaba que as mareas tiñan moito que ver na formación do terreo. Por estas datas, a cortiza foi separada da capa inferior por un océano de magma e como resultado provocou que a cortiza se dobrara e se calentara.

No seguinte vídeo pode vers o por qué de que unha cara permanezca sempre oculta.


Autora: Rebeca Chaves

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.

34 Responses to DÚAS CARAS, MESMA MOEDA

  1. Victor di:

    O primeiro que nos chama a atención da Lúa é que a súa superficie esta ocupada por moitísimos cráteres; a que foi debido?

    • fab-fatimachaves di:

      Forest Mouton afirmou que os meteoritos que chocaban coa Lúa a unha velocidade de 108 km/h orixinaban cráteres circulares e formaban un anel montañoso ao seu arredor.
      Fai uns 4 millóns de anos a Lúa encontrábase en constante crecemento debido á súa gravidade que atraía os residuos que flotaban ao seu arredor:rocas,polvo e asteroides.Algúns destes corpos teñen centos de kilómetros de diámetro e deixaron cráteres tan grandes que podemos observalos dende a Terra a simple vista.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Os crácteres formáronse fai millóns de anos,a causa de que varios meteoritos impactaron contra ela ,formando cráteres de forma circular e co aro montañoso,xa que os meteoritos impactaban a uns 110 km/hora. Pero fai cinco millóns de anos,a lúa estaba en proceso de cre cemento,e atraía varios residuos e demais meteoritos,que impactaban contra ela.

    • faa-fatimalago di:

      A Lúa está formada por montañas, cráteres e outras formacións. Os cráteres formáronse a partir do impacto dos meteoritos contra a superficie da Lúa. A maioría destos cráteres remóntanse a uns 4000 millóns de anos. En xeral estos cráteres teñen forma de anel, unha base e un pico central. Algúns poden medir máis de 150 kilómetros.

    • fab-iriamartinez di:

      A Lúa ten moitos cráteres de ata 150km de ancho. En tempos de Galileo e hasta a década de 1890, se aceptaba que eran respiradeiros de enormes volcanes extintos, ya que eran moi similares aos da terra. O geólogo Grove Karl Gilbert foi o primeiro en refutar esa teoría, xa que os cráteres da Lúa se encontraban al ras do solo y non en picos de montañas. En 1929 otro astrónomo, Forest Moulton, afirmó con fundamento que os meteoritos que chocaban coa Lúa a unha velocidade de 108,000 km/h orixinaban cráteres circulares e formaban un anillo montañoso ao seu alrededor.

  2. fab-andreabrea di:

    Dende a época de Galileo ata a década de 1890 aceptábase que eran respiradoiros de volcáns externos. Esta era unha teoría razoable, xa que son moi similares ós volcáns da Terra: case sempre circulares e sempre rodeados por escarpadas cordilleiras montañosas. Pero foi o astrónomo estadounidense Forest Moulton quen, en 1929, afirmou con fundamentos que os meteoritos que chocaban contra a lúa, a unha velocidade de 108,00 Km/h, orixinaban cráteres circulares e formaban un anel montañoso en torno a eles.

  3. fab-noerodriguez di:

    Creo que foi debido a impactos de meteoritos contra a superficie luar.

  4. fab-elisaperez di:

    A Lúa foi impactada por metoritos que provocaron a aparición de numerosos cráteres. Ou sexa, que os cráteres formáronse polo impacto dos meteoritos. A maioría deles teñen o seu orixe nas primeiras etapas en que se formou o satélite natural.En xeral, teñen forma de anel,unha base e un pico central. Moitos cráteres na superficie da Lúa superan os 40 kilómetros de diámetro.

  5. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Os múltiples cráteres da lúa son debidos á falta de atmosfera , así os meteoritos na sua variedade, sideritos, siderolitos e aerolitos poden impactar na lúa provocando os cráteres de impacto que podemos observar e que lle dan na miña opinión, un aspecto bonito á lúa.
    Manteñense en boas condicións grazas a que na lúa non hai fenómenos atmosféricos xa que non hai atmosfera.

  6. fab-jessicapineiro di:

    Como a lúa non ten atmósfera, os asteroides chocan contra ela produciondo os cráteres, pero algúns tamén foron producidos porque fai millóns de anos, a lúa estaba en crecemento e atraia a todos os residuos que estaban o seu redor, algún eran tan grandes que provocaban cráteres enormes.

  7. Victor di:

    E por que non ten atmosfera a lúa?

    • faa-diegocores di:

      A atmosfera da terra foi creada polos gases que sairon das erucpcións volcánicas na creación desta, e que quedaron retidos pola atracción gravitatoria. A difdrencia da Terra, a Lua non tivo estas erupcións e a gravidade lunar, e moito menor que a terreste, polo que a maioria dos gases escapan non obstante unha pequena capa deles quedan retidos oolo que a Lua, en certo modo, podese decir que si ten unha pequena atmosfera.

    • faa-fatimalago di:

      De certo modo pódese decir que a Lúa sí ten atmosfera. É unha pequena capa formada por unha rexión de moléculas á cal se lle podría chamar atmosfera.

  8. faa-lauravazquez di:

    En realidade a Luna posée unha capa moi delgada formada por moléculas que flotan arredor dela e que non poden escapar ó espacio porque a gravidade do satélite impídello. Pero estas partículas son tan escasas que non se comportan como un gas. Os científicos denomínan esta capa como “exosfera”, duns 10000 billóns de veces máis tenue que a nosa atmósfera. Dende o programa Apolo sábese que está formada por átomos de helio e argón, e dende os 80 que tamén hai ións de sodio e potasio nela. Para investigar sobre a exosfera hai un proxecto da NASA, o LADEE (Lunar Atmosphere and Dust Environment Explorer)que tendrá unha duración duns nove meses para saber máis desta capa.

  9. faa-javierestevez di:

    Como dí Laura, a lúa ten atmósfera pero é unha capa moi tenue de moléculas que non poden saír o espazo pola gravidade. Como resposta a porque non ten atmósfera é que a lúa non ten suficiente volume nin gravidade para poder manter unha capa de gases que a formen.

  10. fab-martapalacios di:

    Pensábase que lúas similares á Lúa da Terra ou as lúas de Xúpiter non tiñan atmosfera. Sen embargo, na actualidade, certas medicións mostran que a maioría destas lúas están rodeadas por unha rexión de moléculas moi delgada, á cal practicamente podería chamárselle atmosfera. Éste é o caso da Lúa.
    A atmosfera podería vir dunha serie de lugares coma mediante o desgasamento (Os gases son liberados dende o interior da Lúa durante movementos sísmicos). Gases abundantes tales como nitróxeno e monóxido de carbono poderían ser desgasados conxuntamente con gases raros tales como o radón.

  11. faa-martinlosada di:

    A lúa actualmente sí ten atmosfera, pero esa atmosfera e moi pequena, tan pequena que podemos decir que é insignificante, pero nun pasado a lúa si que a tuvo, pero as chamadas moleculas rapidas desapareceron, o que fixo a perdida case na súa totalidade desta.

  12. fab-gretageorgieva di:

    A causa de que a lúa non ten atmosfera é que non ten suficiente masa e polo tanto, gravidade como para reter os gases na súa órbita ao que nos chamamos atmosfera .

  13. Victor di:

    Sodes capaces de relacionar os seguintes termos:masa-gravidade-atmosfera?

    • faa-laurapaz di:

      A relación entre os tres termos é que a lúa ten unha atmosfera insignificante xa que ten pouca masa, e ao ter pouca masa tamén ten pouca gravidade para reter as moléculas de gas na súa superficie.

  14. faa-ricardoperez di:

    A atmosfera da lúa é máis tenue, polo que a gravidade é menor, xa que resulta de dividir a masa (g) entre un segundo cada segundo (s por s), polo que a gravidade é m/s por segundo, o que quere decir que é a velocidade/segundo nese planeta, polo que deducimos que dependendo da atmosfera ( mais tenue que na terra), a gravidade é moito menor.

  15. faa-noeliaparracho di:

    A gravidade é a forza de atracción que existe entre dous corpos polo feito de que ambos teñen masa. A Lúa non ten unha masa suficientemente grande como para exercer unha gravidade que sexa capaz de reter gases, cousa que si consegue a Terra, creando así unha capa de gases que a cobre.

  16. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Pois si, os corpos atráense polo feito de ter masa (como di a lei de gravitación universal), é dicir, os grandes corpos do espazo como os planetas teñen unha gran masa e grazas a ela xérase a forza de gravidade cara o núcleo do corpo e que, a súa vez, retén os gases ó redor de dito corpo formando así unha atmosfera.

  17. faa-lauravazquez di:

    A atmósfera é a capa de gas que rodea a un corpo celeste. A gravidade do corpo atrae os gases e mantéñense nela se hai a suficiente gravidade e a temperatura é baixa.

  18. faa-larafernandez di:

    Esos termos pódense relacionar chegando a conclusión de que una cerca cantidade de masa (chamémolo planeta), exerce una gravidade sobre unha serie de gases que son atraídos hacia ela e que se manteñen se a gravidade é suficiente e a temperatura da atmosfera é baixa.

  19. fab-rebecachaves di:

    A gravidade depende da masa,a gravidade no noso planeta sería a mesma sen atmosfera, xa que a atmosfera non afecta ó modo en que a gravidade atrae ós corpos, senón que a atmosfera é un dos corpos atraídos pola gravidade do planeta que o envolve.

  20. fab-marcosdaporta di:

    A gravidade é a forza de atracción que un corpo con masa maior exerce nun obxeto de menor masa. A atmósfera en sí en un corpo que é atraído pola Terra, que ten moita maior masa. Se non existise a gravidade non existiría a atmosfera xa que os gases escaparían. Os satélites el planetas pequenos teñen unha atmosfera menos densa por que non teñen unha suficiente capacidade de atracción de gases para formar unha atmosfera.

  21. faa-diegocores di:

    A relación é a seguinte: canta máis masa ten un corpo maior gravidade posue. A atmosfera é unha capa de gases que están atrapados pola gravidade que non os deixa ir ao espacio. Esto levanos a que canta máis masa ten un corpo, maior e a atracción gravitatoria e polo tanto menos gases poden escapar creando unha atmosfera con grosor directamente proporcional á forza de gravidade e, polo tanto tamén á masa.

  22. Victor di:

    E porque os cráteres da Lúa (producidos por meteoritos)permanecen tanto tempo mentres que os cráteres (tamén por meteoritos) que se orixinan na Terra van desaparecendo e resulta moi dificil identificalos?

  23. faa-noeliaparracho di:

    A Terra na súa orixe estaba cuberta de cráteres pero os procesos pero a actividade da Terra foinos borrando co tempo (Erosión, aactividade volcánica…) ademáis, a maioría de meteoritos que colisionan na Terra fanno no océano, xa que a auga ocupa gran superficie terrestre.
    Por outra banda, a Lúa carece de actividade , polo que os cráteres permanecen visibles e non son borrados.

  24. fab-noerodriguez di:

    En realidade a Terra ten cráteres, existe un Gran Cráter en Arizona. Na Terra é distinto debido principalmente a dúas causas fundamentais: Para empezar a Terra tivo uns procesos xeológicos activos, que aínda seguen na actualidade. Ademais, a Terra posúe unha atmosfera, ao contrario que a lúa, polo que a maior parte de meteoritos que veñen parar á Terra son destruídos antes de impactar.

  25. fab-sofiacastineiras di:

    A Lúa ao contrario que a Terra non ten atmosfera, que é a que “axuda” en certo modo a que non impacten na Terra, xa que o que fai a atmosfera é desintegrar os meteoritos ao cruza-la, en cambio na Lúa impactan directamente sobre a superficie.