A DEUSA DO YANGTZÉ

Preséntovos ao Baiji (Lipotes vexillifer); o un golfiño de auga doce endémico do río Yangtzé. Confundido por sereas polos primeiros exploradores que o viron, elevado ao nivel de deidade polos habitantes da ribeira, o Baiji é un ser mítico na cultura chinesa dende tempos inmemoriais.  Figura no dicionario da dinastía Han (hai máis de 2.000 anos), pero atopáronse fósiles de 25 millóns de anos de antigüidade que evidenciaron que este cetáceo evolucionou a partir dun ancestro que vivía no  Océano Pacífico e que ten unha lenta evolución provocada por unha serie de mutacións fixeron do Baiji unha especie adaptada ao río, como o golfiño do Amazonas.

É un cetáceo moi interesante dende moitos puntos de vista: a diferenza dos golfiños oceánicos o Baiji ten a capacidade mover o colo, feito que o fai mais áxil.  Considérase que son criaturas moi intelixentes, coa capacidade de resolver problemas e adaptarse aos cambios do seu arredor. Están cegos case por completo, por iso  crese que teñen un tipo de sistema de ecolocalización para detectar as súas presas e evitar os seus problemas.  Ademais, posúen un código de comunicación misterioso semllante ao do resto de cetáceos.

E seguirá sendo misterioso, porque o Baiji atópase na lista vermella de la UICN, como especie en perigo crítico, e de feito non se volveu a ver a ningún exemplar dende 2007. Como xa se dixo, este magnífico animal ten una capacidade de adaptación asombrosa, pero isto xa é demasiado. Primeiro adquiríu popularidade a súa pel para facer bolsos de luxo, por iso as autoridades chinesas proclamaron o Baiji especie en perigo en 1.979 mais no tomaron medidas xudiciais ata dez anos máis tarde. Pero isto no foi suficiente, e a incipente industrialización na canle do río (que provoca unha estraña coloración vermella da auga), e a superpoboación (o 12% da poboación mundial vive na costa do Yangtzé) , e a aparición de especies invasivas (como pirañas), e os accidentes coas gamelas turísticas arrasaron boa parte da biodiversidade, mais o Baiji aguantou. Foi a construción do complexo hidroeléctrico das Tres Gargantas a gota que colmou o vaso. Pode ser que sexa una casualidade pero dende que se construíu esta inmensa presa desapareceron case a metade da fauna acuática, e outras dúas grandes especies están por desaparecer do río: o aligator chino e o peixe espátula do Yangtzé. Ben certo é que esta monstruosidade de inxeniería de vanguardia produce enerxía a montes sen emitir gases, pero, realmente vale a pena?

É moi probable que mentres estades lendo isto, xa non queden sirenas no Río Azul precisamente por que xa non é azul, agora é vermello.

Agora mirade este documental do Museo de Historia Natural de Londres, narra a afanada busqueda do delfín ao largo do río, non ten desperdicio.


Autor: Marc Romero

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, Selección artificial e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to A DEUSA DO YANGTZÉ

  1. Victor di:

    Neste artigo, Marc plantexa unha interesante pregunta:
    Ben certo é que esta monstruosidade de inxeniería de vanguardia produce enerxía a montes sen emitir gases, pero, realmente vale a pena?

    Fala dun complexo hidroléctrico e considérase que a enerxía hidroeléctrica é unha fonte de enerxía limpa e renovable; calé a vosa opinión neste caso?

    • fab-manuelgonzalez di:

      O propósito destas megas contrucions non ten propósito malo ningún,todo o contrario,emite pocos gases e produce bastante enerxía estés complexos hidroeléctricos,pero os arquitectos e demais cabezas de serie destas contrucions non teñen en contar un factor que desgraciadamente o ser human teno infravalorado,pero que na realidade é parte da nosa vida: a biodiversidade que existe,e especialmente no río Yangtzé,como é o magnífico exemplar do Baiji,que seguramente este xa extinguido; o longo plazo,e para o ben da humanidade,non vale a pena estas construccións,que tamén o longo plazo,perde moito máis do que gaña…

    • faa-adrianmartinez di:

      Se o custo de conseguir esta enerxía é a destrución dun hábitat e a extinción de unha ou incluso varias especies, eu creo que non merece para nada a pena e que esta ” monstruosidade da inxieniería” non debeu sequera ser construída.

    • faa-gabriellopez di:

      Por moito que sexa moi ecoloxica esta empresa hidroelectrica e non emita gases como di esta o mesmo tempo a extinguir un animal que e parte da natureza e ten dereito a estar nela como os demais seres vivos.Por unha parte faino ben o ser ecoloxico pero incide o que faga dano nesta especie.

    • fab-aldaramuniz di:

      Eu creo que o complexo hidrolétrico vale a pena, porque se os cidadáns da China o precisan… Valer a pena vale, pero non entendo por que non o constrúen nunha zona máis amena biolóxicamente, ou nun lugar onde as especies non estean en perigo crítico. Pero se o problema está en que a fauna mariña desaparece, por que non intentan criar especies en cautividade? Xa que a serea do río Azul tiña unha boa capacidade de adaptación, outras especies igual, e poderíase experimentar a que se adaptaran noutros ríos onde non houbese tanta industralización. E por moito que este tipo de complexos hidrolétricos teñen desvantaxas, son necesarios.

  2. faa-noeliaparracho di:

    É certo que este tipo de obtención de enerxía non produce gases, pero se leva a destruir hábitats de miles de especies, provocando así a súa desaparición, realmente non vale a pena. A biodiversidade é unha das cousas máis preciadas que ten o noso planeta e rematar con ela sería un auténtico erro.

  3. faa-larafernandez di:

    Neste caso, non vale a pena, xa que está acabando coa biodiversidade dunha zona con especies en perigo de extinción. Sendo una fonte de enerxía renovable a hidroeléctrica, tamén debería estar acorde co feito de non provocar, ou provocar o menor impacto na zona na que se instale.

  4. faa-fatimaf di:

    O feito de que unha enerxía sexa renovable non implica que non poida prexudicar á natureza, e aquí temos un moi bo exemplo: a enerxía hidroeléctrica é renovable pero está a producir un grave impacto ecolóxico neste río.
    Na miña opinión é moito máis o que se está a perder con esta construción do que se vai gañar xa que se estas especies finalmente se extinguen será imposible lograr recupéralas e a extinción dunha especie pola man do ser humano pode producir un impacto ecolóxico moi grande.

  5. Victor di:

    NON VOS ESQUEZADES DE QUE O PRÓXIMO MÉRCORES PECHARASE O FORO

  6. faa-fatimalago di:

    Dende o punto de vista económico, si que compensaría a obtención de enerxía a través desta inxeniería, pero dende un punto de vista ecolóxico e biolóxico, non vale a pena, xa a que isto suporía unha perda enorme da biodiversidade deste río.
    Na piña opinión tampouco vale a pena, a extinción de algunhas especies por culpa do ser humano non se pode compensar coa obtención de enerxía sen emitir gases.

  7. fab-noerodriguez di:

    Certo que isto fai que se perda moita biodiversidade, estes animais son únicos e sería unha mágoa perdelos, pero… Este invento da enerxía a prácticamente toda China! Imaxinade a cantidade de CO2 que se está a aforrar grazas a este artefacto! Certo que este animal é unha beleza, ademais de único, pero grazas a esta presa China pode facer funcionar milleiros de fábricas sen usar enerxías non renovables (como a queima de carbón) e así aforrar moita contaminación atmosférica.

  8. fab-jairotroncoso di:

    E verdade que este método para obter enerxía é moi bo, xa que non produce gases… pero hai outras maneiras de obtela, sin ter que perxudicar a estos animales.

  9. fab-aidagonzalez di:

    Neste caso, por unha parte estas centrais hidroeléctricas están ben , xa que a electricidade e unha enerxía renobable e non se perxudica ó medio ambiente ao producila, pero sen embargo estas construccións resultan dañinas para os seres vivos que viven no Río Yantgzé, como o Baiji. Estes animais intentan sobrevivr á caza e a diversos factores que impiden o seu benestar, pero sen embargo o factor pricipal que provocou a desaparacición de case a metade da fauna acuática foi a construcción de centrais hidroeléctricas. Eu creo que non vale a pena arriscar a vida destes animais , aínda que a intención sexa boa.

  10. fab-elisaperez di:

    A enerxía hidroeléctrica si que é unha enerxía renovable, pero tamén é perxudicial para a natureza, xa que causa impactos sobre o medio ambiente. As presas hidroeléctricas poden acumular sedimentos debido aos sólidos en suspensión que se depositan na auga do pantano. Se moitos sedimentos se acumulan a toma da auga das turbinas pode quedar bloqueada. Provoca a morte de animais en perigo de extinción, o que paroduce un impacto moi grande.

  11. faa-mbarreiro di:

    É unha pena que unha especie se perda de esta maneira, o factor humano está a ser como case sempre o causante da extincion do baiji. Se ben é certo que as centrais hidroeléctricas non emiten gases hai que ter en conta o inpacto medioambiental que ten. Hai que pensar que se destrues todo un ecosistema levando a extinción a moitas especies non compensa, xa que ainda que non contamines destrues igual parte do planeta.

  12. faa-igonzalez di:

    Eu penso que etste tipo de enerxía merece a pena. Ben certo é que creando presas, podemos destruir hábitats de fauna e flora, pero eu penso que sacar enerxía aproveitando á forza da auga, é moi saudable, e ademáis, ao crear un lago artificial, moitas veces créanse lugares específicos para a mantenza doutras especies, tanto de animais coma de prantas.

  13. faa-diegocores di:

    Neste artigo vese un exemplo de como parece que o ser humano vai a polo resto de especies, e como estas van sobrevivindo como poden ata que os “animais” acabamos sendo nós e facemos que desaparezan, este é so un exemplo de moitos outros que xa oasaron, que están a pasar e que por desgracia na miña opinión seguirán pasando ata que os seres humanos a liemos de verdade cargandonos o ecosistema e por tanto o planeta.

  14. fab-lorenasoto di:

    A enerxía hidroeléctrica é electricidade xerada aproveitando a enerxía da auga en movemento. A chuvia ou a auga de desxeo que normalmente proveñen de outeiros e de montañas, crean regueiros e ríos que desembocan no océano. A enerxía que xeran esas correntes de auga pode ser considerable.
    Esta fonte de enerxía é limpa e renóvase cada ano a través do desxeo e as precipitacións.
    Ademais, este tipo de enerxía é accesible, xa que os enxeñeiros poden controlar a cantidade de auga que pasa a través das turbinas para producir electricidade según sexa necesario.

  15. fab-gretageorgieva di:

    Este invineto por unha parte é moi útil xa que non emite C02 polo tanto non contamina a atmósfera pero por outra parte a causa da perda de moitos animais da fauna acuática .
    Estas centrais hidroeléctricas ao largo do tempo quedan sen utilidade pero sempre esta a posibilidade de contruír otra nova, pero estes animais unha vez desaparecidos seran imposibles de recuperar.

  16. fab-marcosdaporta di:

    Todas as formas de obtención de enerxía conlevan desvantaxes. Cada forma de obtención afecta a unha parte do ecosistema, emitindo gases, matando especies, alterando o comportamento das especies… Pero se somos críticos, dalgunha forma haberá que obter a enerxía. Dubido moito que vos estaríades dispostos a vivir sen electricidade (incluíndome) para salvar unha especie. É triste pero non podedes dicir de estar en contra de todos os métodos que hai de obtención de enerxía, soamente lle buscades os contras. Non sería mellor buscar solucións para salvar a especie sen destruir unha presa?

  17. faa-adrianbarreiro di:

    É certo que este tipo de enerxía non emite contaminación pero ten outro tipo de impactos. Ademais é unha pena que, con tal de que uns poucos poidan lucrarse a conta dese complexo, aínda que suministre enerxía a unha cidade tan enorme, se teña que destruir esta especie. Dende que os seres humanos aparecimos no planeta, pouco a pouco estamos acabando con outras moitas especies animais non unicamente con esta. De verdade que para a supervivencia do ser humano se ten que acabar con outras especies?

    • fab-rebecachaves di:

      No caso de que chegaran a desaparecer todas as especies, chegaría un momento que o ser humano desaparecería. É moi importante facilitarnos a vida a nós mesmos, pero tamén é importante manter a vida dos outros animais. Porque por moito que xeremos cartos e construamos edificios e demáis para o nóso proveito non teremos máis remedio que lamentarnos e rocordar o proverbio dos Indios Cris da tribu de Amerindios: ” Cuando hayáis talado el último árbol, cuando hayáis matado el último animal, cuando hayáis contaminado el último río, os daréis cuenta de que el dinero no se come”.
      Non se pode seguir co planteamento de construír sen importarnos a quen fagamos dano. Porque neste grave caso, mátanse animais, pero co tempo poderíamos chegar a ferirnos a nós mesmos. Ningunha causa de enriquecemento persoal merece a morte de ningún ser vivo. Lamentablemente, o ser humano con estas accións está demostrando que involuciona, xa que cando se acaben os recursos buscarán outro lugar que destruír só para sacar beneficio a corto prazo, e o humano volve a ser(dalgún modo) nómade ó ir buscar outros asentamentos.
      Queremos acabar co mundo moito antes de que o mundo se acabe por si só?

  18. fab-saulmondragon di:

    A idea de esta central hidroeléctrica é mala encanto ao impacto medioambiental que provoca, pero desde logo axudaría a baixar as emisións de C02.Nun país como china ,en que a cotaminación causa centos de miles de mortos e enfermos pulmonares,é unha xenial idea.

  19. faa-manuelmontes di:

    Esta especie estivo sobrevivindo dende fai moito tempo. Tivo que adaptarse ao aumento da poboación nesa costa, a contaminación do río por culpa das industrias e a chegada de especies invasoras, ademáis da caza pola súa pel. Pero por culpa desta forma de obter a enerxía , que se supón que é para axudar ao medio amiente, estea destruindo tantos habitats e provocando a desaparición de tantos animais. Ademáis esta presa é de dimensións enormes, o que empeora máis as cousas. Non só provocou a desaparción do baiji senon que tamén a varias reliquias das dinastías Ming e Qing.

  20. Victor di:

    Que razóns se poden utilizar para defender que é necesario conservar a biodiversidade das especies nos ecosistemas?

  21. fab-noerodriguez di:

    Unha razón importante é o feito de que algúns animais ou plantas poden ser a solución a numerosas enfermidades que nos afectan hoxe en día (cancro, alzheimer…). Pode que no caso de que se estinga un animal que era fundamental para a nosa alimentación, necesitemos atopar unha especie con características similares para o noso beneficio.