MAREA SANGUENTA

Nas ultimas semanas as Rías Galegas están a sufrir as consecuencias da “toxina“. O sector máis afectado por esta marea vermella e o sector bateeiro.

O termo de marea vermella refirese, concretamente, a un fenómeno de coloración da auga do mar visible a nivel microscópico. Este termo é incorrecto, debido a que nin son fenómenos asociados ás mareas, nin teñen por que ser necesariamente de cor vermella. A cor que se ve na auga é debida aos pigmentos producidos polos organismos microscópicos do planto mariño. Ademais, a presenza da cor na auga, non sempre está asociada a presenza de toxinas nos moluscos. Este tipo de fenómenos coñécese en Galicia co nome vulgar de “purga de mar” e aparece citado nalgúns antigos traballos científicos como hematotalaxia.

O estudo, en Galiz, destas mareas realízase no INTECMAR; centro que foi creado no 2004, e está pensado para o control da calidade dos moluscos mariños. Nestas instalacións fanse análises dos moluscos e determínase se posuen toxinas ou non.

É unha das primeiras ocasións que, en Galicia, a marea vermella fai que case todas as zonas de explotación bateeira, xa que foi o sector máis afectado, estivesen pechadas pola toxina e moitos dos mariñeiros tiveron que volver a colgar o mexillón na batea debido a que se avisou do percance cando xa estaban nos camións de camiño ao seu destino.

Autora: Alicia Feijoo

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Recursos naturais, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to MAREA SANGUENTA

  1. Victor di:

    Que tipo de planto mariño produce estes episodios tóxicos?

    • faa-manuelcacabelos di:

      Produceo a microalga dinofragelada

    • faa-veronicanoya di:

      Estes episodios son causados por diversos organismos fitoplactónicos en gran cantidade, expecialmente dinoflaxelados. Os principais son: Alexandrium Catenella, Dinophysis acuta ou Pseudonitzchia.

    • faa-fatimalago di:

      As mareas vermellas son fenómenos naturais que se producen cada ano. O seu grado de toxicidade depende das sustancias tóxicas do fitopláncton que as produce. A maioría das mareas vermellas non son tóxicas e non ofrecen perigo para a saúde humana. Son fenómenos naturais de proliferación fitoplanctónica causada pola acumulación nunha zona mariña dun número suficiente de dinoficios (algas)que fan que a auga se volva colorada e a veces tóxica para os organismos filtradores, para os peixes…

    • fab-iriamartinez di:

      A marea vermella é unha excesiva prliferación de microalgas nos estuarios ou no mar, causada por diferentes tipos de algas presentes en número elevado. As mareas vermellas teñen importantes consecuencias no ambiente mariñon, debido á alta concentración de toxinas que liberan. Os grupos de toxinas máis importantes encontrados en estas algas son: as toxinas amnésicas, as toxinas paralizantes e as toxinas gástricas.

  2. fab-ariadnacordal di:

    As mareas vermellas prodúcense por mor de microalgas de diferentes tipos, as cales expulsan pigmentos xeralmente da cor do sangue, que provocan que o mar se vexa así e que se denomine de dito xeito ao fenómeno.
    Os microorganismos que están a producir isto nas rías de Galicia son o “Dinophysis acuminata” e o “Dinophysis acuta”.

  3. faa-martinlosada di:

    O que o produce é o ftoplancton mariño, que forma parte da división Dinoflagellata, estes organismos son microscópicos, flagelados e fotosintéticos.

  4. fab-cporto di:

    A marea vermella é un fenómeno natural caracterizado por un aumento da concentración de certos organismos compoñentes do planto. Baixo certas condicións ambientais prodúcese un aumento esaxerado de organismos fitoplanctónicos o que se coñece como florecimiento, floraciones algales ou “bloom”, causando grandes cambios de coloración da auga debido a que posúen pigmentos cos que captan a luz do sol. Estes pigmentos poden ser de cor vermella, amarelo, verde, café ou combinacións, sendo a máis frecuente a coloración avermellada. por iso é polo que se xeneralizou mundialmente o termo “Marea Vermella”.

  5. faa-sergioserantes di:

    As mareas vermellas están causadas polos dinoflaxelados, un tipo de microalga, e dánse no mar ou en estuarios.

  6. fab-martarodriguez di:

    Como ven dí a miña compañeira son diferentes tipos de microalgas o que expulsan os pigmentos de cor sangue e fan que o mar se vexa desa cor avermellada.Creo que deberíamos tomar máis medidas para coidar os nosos mares,xa que a maioría de persoas dos nosos arredores viven dese sector pesqueiro,e lle dan de comer a moitas familias. E sobre todo o marisco das nosas rías e un grande atractivo para os turistas.

  7. fab-sporto di:

    Unha marea vermella é un fenómeno natural de proliferación fitoplanctónica causada pola acumulación nunha área mariña dun número suficiente de algas que fai que a auga se volva colorada e ás veces tóxica para os organismos filtradores, para os peixes, etc. Hai unhas 300 especies produtoras de mareas vermellas, das cales aproximadamente unha cuarta parte son produtoras de toxinas. Estas toxinas poden afectar tanto á flora como á fauna mariña, así como aos seres humanos.
    As mareas vermellas danse durante a primavera e o verán. Cando os ventos sopran e arrefrían a capa superficial do mar, a auga do fondo emerxe para substituír a auga superficial. Esta auga emerxente, ademais de ser rica en nutrientes, pode conter grandes cantidades de quistes de dinoflagelados que está en fase de latencia. Unha vez o afloramento é menos intenso, a auga quéntase e vólvese máis tranquila, entón os quistes xerminan e comezan a crecer e a dividirse. Os ventos e as correntes mariñas poden contribuír a concentralos. En pouco tempo o a floración se volve tan densa que cambia a cor da auga co resultado dunha marea que pode ser vermella, verde, amarela, etc. Segundo os pigmentos do fitopláncton en cuestión.

  8. fab-gretageorgieva di:

    A marea vermella é producida por diversas microalgas presentes nos distintos océanos do planeta. Pódense observar tanto en auga salgada como en auga dulce.As mareas vermellas producense por un aumento da población dalgún tipo de microalga, debido a diferentes factores oceánicos como temperatura, luminosidad, salinidad, corrientes… e por outros factores a contaminacíon do mar polo ser humano.

  9. faa-laurarey di:

    O tipo de microorganismos que provocan o fenómeno “marea vermella” son: o ciliado Messodinium rubrum; diatomeas como Noctilluca scintillans; o flaxelado Heterosigma akashiwo e os dinoflaxelados, Noctilluca scintillans, Gonyaulax polygramma, Karenia mikimotoi, Prorocentrum Gymnodinium catenatum e Glenodinium foliaceum.

  10. faa-ricardoperez di:

    Unha marea vermella é unha excesiva acumulación de microalgas (específicamente dinoflagelados) nos estuarios ou no mar, causada por diferentes tipos de algas presentes nun número elevado (miles ou millóns de células por milímetro cúbico).

  11. Victor di:

    E que perigos sanitarios podemos correr ao inxerir este tipo de biotoxinas?

  12. faa-larafernandez di:

    Dependendo das biotoxinas que se atopen e a cantidade que cogeña, pode producir grandes problemas de saude a quen inxira o marisco ou, non probocar ningun problema.

  13. faa-fatimaf di:

    Hai tres tipos de biotoxinas, as ASP, as Lipofílicas e as PSP. O consumo en grandes cantidades de marisco que conteña estas toxinas pode producir dende diarreas (a máis común) ata amnesia e parálises en casos moi excepcionais.

  14. Victor di:

    NON VOS ESQUEZADES DE QUE O PRÓXIMO MÉRCORES PECHARASE O FORO

  15. Victor di:

    E que tipo de probas se fan para saber se os moluscos teñen toxinas?

  16. fab-mmendoza di:

    Unha das probas e a detección de toxina diarreica DSP en mariscos.
    Nesta proba realizase a partir de hepatopáncreas oo de masa corporal carnosa completa de moluscos bivalvos. O hepatopáncreas, ou a masa corporal completa, sometense a tres tratamentos sucesivos con acetona para extraer a toxina DSP no caso de estar presente no molusco. A acetona utilizada para realizar a extracción eliminase por evaporación, e o concentrado inoculase a un grupo de ratóns, que falecerán no caso de que exista suficiente cantidade de toxina.

  17. fab-mmendoza di:

    Outra das probas é a detección de toxina paralítica PSP en mariscos.
    Nesta proeba determina a presencia de toxina paralizante (PSP: Paralysis Shellfish Poisoning) en mariscos, e aplicase fundamentalmente ós moluscos bivalvos. A proba realizase a partir da masa carnosa de estos moluscos, que é sometida a un tratamento con ácido en quente, para obter un extracto onde investigase a presenza da toxina. A detección efectuase inoculando có extracto de ratos por vía intraperitoneal. No caso de estar a toxina presente os ratos falecen, e o tempo transcurrido dende a inoculación ata a morte dos ratos, está relacionado có contenido de toxina na masa do molusco, obtendo as unidades de ratos (U.R.). A partir destas UR, determinase o contido en mg de toxina PSP por 100 g de masa corporal de moluscos. O límite máximo aceptado é de 80 mg/100 g.

  18. faa-elenafontenla di:

    As mareas vermellas son un proceso natural que se produce cada ano. A culpa de que estas mareas teñan esa cor téñena un determinado tipo de microalgas que soltan pigmentos de esta cor sangue e que é o que tinta a auga.

  19. faa-igonzalez di:

    Unha das probas que se lle fan aos moluscos é a detección de toxina diarreica DSP, que consiste en extraer acetona do molusco a través da vaporización da misma, logo se lle inserta a un rato, que si morre pola toxina, indic que o molusco está intoxicado. Outra proba é a detección de toxina paralítica PSP, que consiste en obter un extracto onde supostamente conteña toxina do molusco e insertándoa no rato a través da vía intraperitoneal, si este rato morre, o molusco está contaminado.

  20. fab-beatrizcasal di:

    O tipo de proba para detectar de xeito fiable a presenza de toxinas antes de que estas entren na cadea alimentaria é a aparición dun proxecto chamado “Novas tecnoloxías para a detección de múltiples contaminantes químicos en alimentos” (BIOCOP). Ata agora, o período necesario para a detección de toxinas en marisco daniñas para o consumidor era duns dous días.O novo método, consistente na utilización de biosensores mediante proteínas, o proceso de detección pode reducirse ata só 30 minutos e ademais, cuns resultados moi fiables.

  21. fab-mariablanco di:

    As mareas vermellas créanse polos dinoflaxelados, que son algas moi pequenas que soltan pigmentos dunha cor avermellada, o que provoca que o mar se tiña desa cor. Este tipo de pigmentos son perxudiciais para o resto dos seres vivos que habitan no mar e deberíase tomar medidas para que isto no efectase, xa que o mar da unha gran cantidade de alimento e necesidade para as persoas.

  22. faa-diegocores di:

    Un grupo de científicos británicos da Universidade de Queen’s levou a cabo un novo metodo que consiste na utilización de biosensores mediente priteínas. Este proceso reducese a 30 minutos (antes duraban sobre 2 días) e ten uns resultados moi fiables.

  23. faa-noeliaparracho di:

    Unha proba é a detección de toxina diarreica DSP. Utilízase en todo tipo de moluscos bivalvos. Realízase a través do hectopáncreas que se somete a tres tratamentos con acetona para extraer a toxina DSP do molusco (Se este a contén). A acetona eliminada por evaporación e a toxina extraída inocúlase a un grupo de ratóns que, no caso de que exista unha cantidade de toxina determinada, morrerán.

    Outra proba é a detección de toxina paralítica PSP. Utilízase, igual que a anterior, en todo tipo de moluscos bivalvos. O hectopáncreas do bivalvo é sometido a un tratamento con ácido quente para obter un extracto onde se investiga a presencia da toxina. A detección efectúase inoculando o extracto a ratóns vía intraperitoneal. En caso de estar a toxina presente os ratóns falecén, eo tempo transcurrido dende la inoculación ata a morte dos ratóns, está relacionado co contido de toxina na masa do molusco.

  24. fab-gretageorgieva di:

    Unha das dúas posibles probas para detectar a toxina nun molusco é a detección de toxina paralítica PSP. A proba realiza a partir masa carnosa do molusco, que se somete a un tratamiento con ácido quente, obtendo así un extracto onde se pode ver a presencia de toxina. Para determinar se existe unha posible tóxina o extracto obtido intrucese lle a os ratóns por vía intraperitoneal. No caso de haber toxina os ratóns morren e o temopo que tarda en morrer é o nivel de toxina presente nos moluscos .

  25. fab-marcosdaporta di:

    A min preocúpame o impacto económico que ten a marea vermella en Galicia cada ano. Actualmente a crise reduce os beneficios da pesca, marisqueo e acuicultura e a marea vermella non nos axuda. Están cerrando lonxas en Galicia debido a crise e moita xente está indo ó paro. Ademais disto debido ó cambio climático a marea vermella ten presencias máis largas. Eu vexo un futuro problema con isto.