SIMÓN DICE…

Tras unha investigación levada acabo por uns investigadores da Universidade de St Andrews, descobrimos que os elefantes africanos teñen a capacidade de comprender aos humanos cando facemos o xesto de señalar coa man sen recibir ningunha clase de adestramento.

Xa sabíamos que estes animais tan peculiares tiñan outras características: como a da súa memoria, estes son capaces de recoñecer a chamada de ata máis de cen elefantes; ou tamén  que son capaces de recoñecer os restos de cadáveres doutros elefantes, estes distinguenos polo seu olor, mentres que cando atopan restos doutros animais non lles prestan ningunha atención.

Para comprobar o experimento do principio da noticia, estes investigadores levaron a cabo unhas probas cuns elefantes procedentes de Zimbabwe. Estes elefantes estaban entrenados para reaccionar ás ordes auditivas do adestrador, pero non ás visuais. A proba consistía en escoller entre dous cubos, e o adestrador indicaballes, sinalándolles coa man e a cabeza, o cubo que contiña o cebo.

Tras a proba, os investigadores deduciron que este xesto equivale ás indicacións que fan os elefantes coa trompa.

Autor: Manuel Montes

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, selección natural e etiquetada . Garda o enlace permanente.

26 Responses to SIMÓN DICE…

  1. Victor di:

    A que tipo de vertebrados pertencen os elefantes?

    • faa-manuelcacabelos di:

      Os elefantes son vertebrados pertencente ós mamíferos pracentarios, xa que teñen pulmóns e se desenrolan en pracentas coma nós.

    • fab-iriamartinez di:

      Los elefantes son grandes mamíferos del orden Proboscidia.
      Hoy en día existen dos especies de elefantes con un total de ocho subespecies.
      El elefante africano (Loxodonta). Que posee tres subespecies:
      -Elefante africano de sabana o matorral (Loxodonta africana).
      -Elefante africano de la selva (Loxodonta cyclotis)
      -Elefante Cartaginés, norteafricano o del Atlas (Loxodonta pharaoensis.

      El elefante asiático (Elephas maximus). Que posee cinco subespecies:
      -Elefante asiático de Sri Lanka (Elephas maximus maximus).
      -Elefante asiático indio (Elephas maximus bengalensis o Elephas maximus indicus).
      -Elefante asiático de Sumatra (Elephas maximus sumatrana o Elephas maximus sumatrensis).
      -Elefante asiático de Malasia (Elephas maximus hirsutus).
      -Elefante asiático de Borneo (Elephas maximus borneensis).
      Son herbívoros, es decir, se alimentan principalmente de hierbas y frutos de grandes arboles las cuales agarran con su trompa.

  2. fab-sporto di:

    Hoxe en día existen dúas especies de elefantes cun total de oito subespecies.
    . O elefante africano (Loxodonta). Que posúe tres subespecies:
    – Elefante africano de sabana ou matogueira (Loxodonta africana).
    – Elefante africano da selva (Loxodonta cyclotis)
    – Elefante Cartaxinés, norteafricano ou do Atlas (Loxodonta pharaoensis).
    . O elefante asiático (Elephas maximus). Que posúe cinco subespecies:
    – Elefante asiático de Sri Lanka (Elephas maximus maximus).
    – Elefante asiático indio (Elephas maximus bengalensis ou Elephas maximus indicus).
    – Elefante asiático de Sumatra (Elephas maximus sumatrana ou Elephas maximus sumatrensis).
    – Elefante asiático de Malaisia (Elephas maximus hirsutus).
    – Elefante asiático de Aliñamento (Elephas maximus borneensis).

  3. fab-cporto di:

    Comportamento:
    Viven en mandas conformadas por femias con lazos consanguíneos e as súas respectivas crías, todos eles liderados por unha matriarca quen é a femia de maior idade. Os machos forman parte do grupo ata que alcanzan a adolescencia e comezan a súa vida en solitario ou intégranse a unha manda formada soamente por outros machos.
    A líder é quen decide a ruta que van seguir para buscar as zonas onde poidan encontrar auga, isto é para ensinarlles o camiño que ela percorreu de mozo para que toda a manda a memorice e a próxima matriarca os poida guiar nun futuro.
    Existe unha forte unión dentro da manda, ao momento de nacer un novo integrante todos reúnense en torno á nova nai e danlle a benvida ao recén nacido acariciándolle a cabeza coas trompas. Do mesmo modo cando un membro do grupo falece permanecen ao seu lado durante un tempo.
    Algo realmente sorprendente é a capacidade que teñen de poder recoñecer o cadáver dun conxénere, xa que se se encontran cos restos doutro elefante se lle achegan de xeito respectuoso e tocan os restos coas súas trompas.

  4. faa-ricardoperez di:

    Os elefantes son vertebrados pertencente ós mamíferos pracentarios, xa que teñen pulmóns e se desenrolan en pracentas coma nós.

  5. Victor di:

    Os elefantes son proboscídeos: que significa iso?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Proboscideo refírese ó conxunto de características propias do elefante africano: mamífero de trompa prensil,olfativa e respiratoria e incisivos mío desarrollados en forma de colmillos.

  6. faa-saracastro di:

    Iso significa que son mamíferos de gran tamaño, con patas altas e columnares, pescozo curto e cráneo grande. Presentan tamén uns incisivos moi desarrollados e a nariz e o labio superior están unidos mediante unha trompa.

  7. fab-noerodriguez di:

    Os proboscídeos son un tipo de mamíferos de gran tamaño, pel ancha e dura con non moito pelo, cunha trompa flexible e os chamados colmillos, feitos de marfil. Os mamuts (extinto), os dinoterios (extinto) e os elefantes pertencen a este grupo.

  8. Victor di:

    Considéranse intelixentes aos elefantes? De que depende a intelixencia nos animais?

  9. fab-ariadnacordal di:

    O elefante, efectivamente, considérase un dos animais máis intelixentes do mundo. Isto pódese apreciar en certas accións súas: ráñase con paus cando a súa trompa non chega, fai buracos para atopar auga potable, pode recoñecerse ante un espello…
    A intelixencia dos animais depende da estrutura da súa neocortex ou neocorteza, en resumo, un dos factores principais é o tamaño do cerebro.

    • Victor di:

      Pero do tamaño de cerebro exclusivamente ou do tamaño do cerebro en función do tamaño do corpo do animal?
      E dous cerebros do mesmo tamaño pero un con máis neuronas ca outro; cal se correspondería cun animal máis intelixente?

      • faa-martinlosada di:

        Terá máis intelixencia o poseedor de máis neuronas, non o que teña o cerebro de maior tamaño, e un exemplo pode ser o ser humano, que a pesar de non ter o cerebro máis grande está considerado o animal máis intelixente

  10. faa-ricardoperez di:

    Como ben di ariadna, o tamaño do cerebro é importante, e tamen é certo que posúen moitas conexións neuronais, pero o tamaño do seu cerebro ten que ser proporcional ó tamaño do seu corpo, porque o noso cerebro por exemplo, nun elefante, non podería desenrolarse ben, xa que nós somos bípedos, e os elefantes cuadrúpedos, eles non estan habituados a falar, e nós sí pola nosa evolución, entre outras diferenzas.

  11. fab-gretageorgieva di:

    Efectivamente, os elefantes son imtelixentes, considéranse un dos poucos animais máis intelixentes do mundo. Estes animais teñen o cerebro máis grande de todos.Son capaces de imitar todo tipo de sonidos,capaces de recoñecerse nun espello ou de atopar auga potable pola súa conta.
    A intelixencia destes animais depende do tamaño do seu cerebro e da densidade neuronal

  12. faa-fatimalago di:

    Os elefantes son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidia. Os Proboscideos son un grupo de mamíferos placentarios que agrupan a unha serie de familias das que só vive na acualidade a familia Elephantidae, que agrupa ao elefante africano de sabana, ao elefante africano de bosque e ao elefante asiático.
    Os elefantes actuais agrúpanse en dos xéneros: Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiáticos).

  13. Victor di:

    Que animais teñen proporcións cerebrais que máis se acheguen ás nosas?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Os animáis con proporcions cerebrais máis parecidas as nosas son o elefante,o golfiño,a balea,o simio é o corvo. Teñen unha alta capacidades de razoamento con respecto doutros animais. A estes animais fixéronlles unha proba científica para determinar a sus intelixencia,que consistía en dibuxarlles un punto na cara e poñelos frente un espexo, o cal estés animais responderon con extrañez ese punto,chegando a conclusión de que estos animais son conscientes de que están neste mundo… É incrible e asombrosa esta capacidade dos animais.

  14. faa-larafernandez di:

    Os animais con proporcións similares ás dos humanos son o simio e o golfiño, tendo os tres (humano,simio e golfiñl) alta capacidade de razonamento e pensamentos similares. Isto comprobouse poñendo a varios animais (entre eles simios e golfiño) nunha proba de razonamento e intelixencia, que consistía en dous tableiros, un con luces de cores outro tableiro cos cores. Cando no tableiro de luces encendíase un cor, o animal debería tocar o cor no segundo tableiro. O porcentaxe de acerto foi máis alto no golfiño en no simio.

  15. Victor di:

    NON VOS ESQUEZADES DE QUE O PRÓXIMO MÉRCORES PECHARASE O FORO

  16. faa-igonzalez di:

    Estou de acordo con Lara, os delfiños teñen unha capacidade para recordar impresionante, e os simios poden pensar perfectamente, non coma os seres humanos, pero parecido.

  17. faa-diegocores di:

    Este artigo levoume a reflexionar sobre a intelixencia dos animas, do resto dos animais quitando os humanos. Pode que os humanos nos definamos como seres racionais, pero esto demostra que hai outros animais que non se alonxan das bases da nosa inelixencia.

  18. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    respecto á nosa capacidade os máis semellantes a nós son o simio, do que evolucionamos e o golfiño, que só emprega a metade do seu cerebro, mentres que a outra durme.

  19. faa-noeliaparracho di:

    Os animáis con proporcións cerebrais que máis se achegan ós humanos son o simio e o golfiño, xa que ambos teñen, ó igual que os humanos, a capacidade de razoar. Por exemplo, razoan cando se ven diante de novos desafíos e deciden se é necesario crear estratexias para enfrentalos. Ademáis, probas realizadas en numerosos animais, revelaron que o golfiño e o simio teñen o maior grado de razoamento e intelixencia entre a gran variedade de animais testados.

  20. fab-marcosdaporta di:

    Victor, este luns comentaches que no terreo das aves o corvo é o ave máis intelixente pero o outro día, vendo as noticias, encontrin información dunha ave, pouco coñecida e numerosa máis intelixente que o corvo. Trátase dunha especie de loro do Pacífico Sur e chámase Kea, en referencia ó sonido que emiten. Estas aves teñen a capacidade incríble de planificar estratexias. É dicir, teñen unha capacidade de relación co entorno comparable cos bebés e alguns primates. A min esta ave resultame super interesante, déixovos un enlace.
    http://www.medciencia.com/el-ave-mas-inteligente-del-mundo/