COCHES DO FUTURO

Un vehículo eléctrico de batería “VEB” é  un vehículo de propulsión alternativa impulsado por un motor eléctrico alimentado por enerxía eléctrica provinte dunhas baterías. Os vehículos que utilizan motores eléctricos e motores de combustión interna para propulsarse denomínanse veículos híbridos e non se consideran VEBs puros:

  • Os vehículos híbridos “tradicionais” utilizan  motor eléctrico como apoio (funcionan principalmente có motor de gasolina ou diésel).
  • Os vehículos híbridos “enchufables” (plug-in electric hybrids) permiten recargar as baterías tanto co motor de combustión interna como con un enchufe. Na actualidade, moitas marcas de automóviles entraron no mercado pola fabricación en masa de vehículos híbridos enchufables.

Os vehículos híbridos non son moi vistos na estrada  xa que as baterías teñen altos custos de fabricación, peso, tempo de recarga con escasa vida útil e autonomía, o que limitou a adopción masiva de vehículos eléctricos de batería. A parte disto teñen outras desvantaxes como:

  • As baterías en comparación co combustible dos vehículos de combustión interna teñen unha baixa densidade de enerxía, pero engadindo máis baterías poden lograrse autonomías de 500 ou máis Km.
  • Case todos os sistemas de recarga son xeralmente moi lentos en comparación con proceso relativamente rápido do combustible. Isto resulta especialmente complicado pola escaseza actual dos puntos de recarga, que comezan a mellorar coa instalación de  puntos en garaxes comunitarios, vivendas unifamiliares, empresas e vía pública.
  • De utilizar electridad no renovable o resultado é unha reducción do 27% das emisións de CO2,  das emisiones de óxido nitroso. Aínda que aumentan as emisións de partículas, as emisións de dióxido de azufre serían as mesmas, coa case eliminación de monóxido de carbono a as emisións de compostos orgánicos volátiles. As emisións contaminantes serían desprazadas fora da rúa debido a que se emitirían en plantas enerxéticas e terían un efecto menos prexudixial para a saúde humana. Lóxicamente, isto non sucede cando se usa electricidade renovable.
  • Os vehículos eléctricos e híbridos son “amigables” e respectuosos co medio ambiente. Aínda que reducen as emisións de C, a enerxía que consumen é producida xeralmente por medios perxudiciais para o medio ambiente, como o carbón, outras fuentes fósiles e enerxía nuclear.

Autora: Iria Martínez

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to COCHES DO FUTURO

  1. Victor di:

    Que inconvenientes lles vedes aos coches eléctricos? E vantaxes?

    • faa-manuelmourino di:

      Eu vexolle un gran inconvinte que a mayoria da enerxía eléctrica española ven do petróleo polo tanto esas centrais gastaran mais petróleo para producir a máis enerxía ,en cambio unha gran vantaxe e que se reduciría o dioxido de carbono na atmosfera.

    • faa-manuelcacabelos di:

      Os principais inconvintes son o custo e que para obter enerxia electrica, en parte, necesitanse as centrais nucleares que son moi contaminantes. A principal vantaxe é que non contamina e tmén pódsense usar enerxias renobables non contaminantes para obter a enerxia que precisan

    • faa-begonasuarez di:

      Os coches eléctricos teñen vataxes como aforro económico no gsto de combustible ecoloxía e cuidado do medio ambiente. E inconvintes como pouca variedade de modelo, maior coste ao compralo e os snchufes están aínda sen estandarizar.

  2. fab-aidagonzalez di:

    Un dos principais inconvintes é o custo. A batería dun coche eléctrico é moi cara, e esta é unha das razóns polas que case nadie ten un coche eléctrico, sale máis barato e máis cómodo utilizar un coche que funcione cun motor de combustión interna. Pero polo outro lado , cos coches eléctricos afórrase á hora de recargar xa que a enerxía que utilizan (a electricidade) é máis barata que a gasolina que utilizan os coches de combustión interna. Ademais estes coches tamén benefician ao medio ambiente xa que o seu tubo de escape non emite CO2 , e son moi silenciosos así que tamén axudan a reducir a contaminación acústica.

  3. fab-ariadnacordal di:

    Os principais inconvenientes dos coches eléctricos son:
    -O seu prezo. Actualmente aínda posúen prezos moi altos, e se xa hai xente que non se pode permitir un coche a gasóleo, moito menos un eléctrico. Ademais, hai que engadirlle os prezos das baterías.
    -A escaseza de estacións de servicio ou prazas de aparcamento adaptadas a estos coches.
    -A incomodidade de recargar a batería do vehículo frecuentemente, xa que polo de agora a súa autonomía é deficiente.
    Pola contra, as vantaxes fundamentais son as seguintes:
    -Son ecolóxicos, axudan ao coidado do medio ambiente e, pola contra dos que funcionan a gasóleo, non emiten polución e residuos.
    -O prezo compensa a compra, posto que ao final, o mantemento deste tipo de automóbiles resulta máis barato.
    -Menor nivel de ruído e menor posibilidade de averías.

  4. faa-martinlosada di:

    Este tipo de coches teñen as súas desvantaxes e as suas vantaxes, como ben apunta o texto a maior parte da obtención de enerxía eléctrica e por medio de outras fontes que sí son contaminantes, pero non so a enerxía, posto que o coche está construido con materiais pouco frecuentes na natureza e que son contaminantes, e as baterías son tóxicas, a nivel persoal son caros, tardan moito en recargarse e contan con excasos puntos de recarga, pero tamén ten vantaxes, como a reducción da emision de uns determinados gases a atmosfera, que son un gran problema pola gran cantidade de coches que hai, non presenta desfeitos como pode ser o aceite, a hora de usalos son máis baratos, e emiten menos contaminación acústica.

  5. fab-manuelgonzalez di:

    Os seus principais inconvintes son,como destaca Iria no artigo,,son que casé todos os sistemas de recarga son lentos en comparación co proceso relativamente máis rápido do combustible, a súa escaseza de puntos de recarga polas estradas españolas ,pero o seu principal inconvinte podería ser que, a pesar de recudicr as emisións de CO2,a enerxía que consume é producida por medios perxudiciais para o medio ambiente (carbón,enerxía nuclear,…). Pero as súas vantaxes son máis positivas,como a reducción de contaminación no medio ambiente,o ahorra de cartos no proceso de comprar gasolina e así axuda a non producir máis petróleo ou o do seu silencioso motor que axuda a baixar os niveis de contaminación acústica,…

  6. faa-ricardoperez di:

    As principais Vantaxes son:
    +Aforro económico no gasto de combustibles fósiles.
    +Ecoloxía e coidado do medio ambiente.
    +Menos polución e residuos para a atmósfera.
    +Redución da contaminación acústica (Ruído).
    +Mantemento moito máis reducido e económico.
    +E a máis interesante e pouco conocida: a posibilidade de utilizar as baterías dos coches como acumuladores/distribuidores de electricidade para repartir a carga das centrais eléctricas.

    E inconvintes:
    +Maior coste inicial de adquisición.
    +Menor autonomía de desprazamiento.
    +Sistema de enchufes eléctricos sin estandarizar (enchufes en sitios concretos).
    +Escasa infraestructura de recarga.
    +Pouca variedade de modelos.
    +Cargadores caros.

  7. fab-elisaperez di:

    Os coches eléctricos teñen como vantaxe que non emiten gases contaminantes e a súa fabricación é máis respetuosa co medio ambiente. Non fan ruído e o seu uso permite prescindir do combustible e así aforrar petróleo.
    O malo é que o coste inicial é moi forte. Nalgúns casos o prezo dun coche eléctrico triplica ao dun convencional.

  8. Victor di:

    Pensades que os coches eléctricos son competitivos no mercado? Credes que a xente cando compra un coche ten en conta a protección do medio ambiente?

  9. fab-gretageorgieva di:

    As principais vantaxes dun coche elétrico son:
    -Non emiten gases contaminates,polo que producen menos contaminación para o medio ambiente.
    -Ten menos posibiladades de averias
    – Menos contaminación acústica
    -Mantemento máis económico .
    E os seus inconvenientes son :
    -O seu alto prezo
    -A incomunidade de recargar a batería
    – Hai pouca variedade para elixir

  10. fab-aidagonzalez di:

    Creo que a xente, á hora de comprar un coche, non pensa en protexer o medio ambiente, só queren un coche que sexa bonito e que a eles lles guste. No mercado hai máis coches “normais” ca coches eléctricos e iso tamén afecta a que a xente non os compre.

  11. faa-martinlosada di:

    Eu creo que durante un tempo, cando a sociedade estaba mellor economicamente pode ser que certa parte da poboación si tivera en conta a protección do medio ambiente, pero ahora creo que coa crise as persoas optan máis polo clásico, que a curto prazo saelle máis barato.

  12. faa-ricardoperez di:

    Na miña opinión a xente só pensa en compar un coche para desprazase dun lugar a otro, sen pensar que axuda a contaminar o medio ambiente, podendo coller como alternativa o bus público, reducindo así a contaminación.
    Por outra parte penso que se se lle explicara os beneficios dos ches eléctrics, a maioría da xente optaría por eles.

  13. fab-noerodriguez di:

    A verdade, opino que últimamente a xente non se preocupa moito respecto á contaminación emitida polos seus automóviles (ademais de que coa crise ter un coche resulta menos doado, como ben dixo Martían). Non obstante, agora deséñanse máis coches de baixo consumo, dando orixe a que a xente os compre querendo aforrar en gasolina e, sen darse conta, emiten menos polución. Cada vez os coches eléctricos teñen máis relevancia, pero carecen de potencia (alcanzan menos Km/h, unha gran disvantaxe). Hoxe en día, algunhas persoas utilizan híbridos, que resultan eficientes e á vez emiten menos gases.

  14. Victor di:

    Vos teriades en conta a contaminación ambiental á hora de comprar un coche?

  15. fab-ariadnacordal di:

    Se empregase o coche con frecuencia e non tivese demasiados problemas económicos, si. É moi importante respectar o medio ambiente, témolo xa moi contaminado; hai que comezar a mentalizarse de que se seguimos así, destrozaremos o planeta no que vivimos. Ademais, conforme se desenvolvan os coches electrónicos, o seu prezo diminuirá, polo que posiblemente chegue un momento no que estos automóbiles respectuosos coa natureza serán asequibles para a maior parte da xente.

  16. faa-ricardoperez di:

    Se me deran unha especie de charla sobre as vantaxes deste producto sí, e, agora que xa as sei, por suposto que compraría un coche eléctrico, que ademáis non contamina a atmosfera.

  17. faa-sergioserantes di:

    Eu podería ter o factor da contaminación en conta á hora de mercar un automóvil, pero apenas influiría na miña decisión, xa que me centraría máis no factor económico, no deseño e na utilidade ca neso.

  18. faa-santiagoescudeiro di:

    Os coches eléctricos axudan a protexer o medio ambiente debido a que non emiten gases contaminantes. Os coches híbridos ao combinar motores de combustión con motores eléctricos reducen moito o consumo e a contaminación ambiental. Como ben di Iria neste artigo, son moi caros, xa que as baterías son moi custosas de fabricar. Outro inconveniente en relación ao tema das baterías é que estas non se lle venden ao comprador do coche(normalmente), senón que a empresa fabricante do automóbil alquílallas ao propietario do vehículo. Ademáis estas baterías e o coche en sí mesmo, precisan moito mantemento. Outro problema é a súa autonomía, xa que non hai baterías con moita capacidade de almacenamento e os puntos de recarga son escasos.
    Actualmente os coches eléctricos e híbridos ainda non son o suficientemente competitivos frente aos vehículos con motores de combustión, xa que estes últimos, son cada vez máis eficientes e menos contaminantes. Así que de momento compensa comprar un coche de combustión cun motor pequeno que consuma pouco e teña poucas emisións contaminantes.

  19. fab-iciacores di:

    Na miña opinión deberían reducir os prezos pois, se poñemos coches menos contaminantes a prezos máis baixos, nestes tempos a xente decantaríase por eles. Pero si, penso que se vas a comprar un coche que se vaia utilizar case tódolos días, deberíase consultar o impacto medioambiental.

  20. faa-laurarey di:

    Si, pois aínda que supoña un gasto económico maior, para min o máis importante é ter en conta o noso planeta e buscar sempre o que menor impacto medioambiental produza. Así mesmo si a maior parte das persoas tivésemos un coche deste estilo reduciríase notablemente as emisións de carbono a atmósfera.

  21. fab-gretageorgieva di:

    Se tivese que elixir entre un coche eléctrico ou de combustión, elixiria sen dúbida o eléctrico xa que tendo en conta o medio ambiente contamina menos dado que non emite gases de efecto invernadoiro e ademais ao largo do tempo rentabilizase porque a enerxía eléctrica é máis barata é o combustible. Actualemete o mercado dos coches eléctricos non é favorable,moitas grandesfortunas que se sosteñen grazas ó combustible fósil estan claramente en contra. Ademais os coches eléctricos seguen a ser moi caros porque aínda non se investigou o suficiente para reducir o tamaño e custo dos seus motores e baterías.

  22. faa-fatimalago di:

    Os coches electricos teñen unha serie de desventaxas, como di Iria no seu artigo. Hai que deixar claro que reducen a emisión de CO2, pero enerxía que consumen é producida por medios perxudiciais para o medio ambiente (carbón…). Á hora de comprar un coche, se temos en conta a contaminación ambiental, comprar un vehículo eléctrico creo que sería unha decisión un tanto acertada, xa que se fabrican coa intención reducir a contaminación.

  23. fab-sofiacastineiras di:

    Ter en conta a contaminación ambiental á hora de mercar un coche, é algo que se debe facer, que a xente pense neste feito antes do bonito que é o modelo, as cousas que ten incorporadas e o prezo, é un feito. Eu, sinceramente, se fora a mercar un coche, dudo moito que no momento de estar no concesionario pense no impacto que poda ter no medioambiente, cousa que é un gran erro.

  24. fab-saulmondragon di:

    As empresas petroléiras teñen demasiado poder en fabricantes de coches e gobernos como por exemplo o de Estados Unidos,esas empresas intentara fastidiar este desarrollo por todos os os medios posibles.Seguramente estes coches saldran con conta gotas ao merado.