A ROCHA DA VIDA

A posibilidade de que exista vida noutros planetas é algo do que se ven falando dende hai moito tempo. Agora non só se fala se non que tamén se está a demostrar. Un equipo de astrofísicos do Instituo de Astronomía de Cambridge atoparon uns fragmentos dun asteroide que contiña enormes cantidades de auga.

É a primeira vez que se atopa auga nun corpo rochoso fora do noso Sistema Solar.   Este asteroide contén : 26% de masa de auga  e osíxeno de 26% a 28%. (provinte da auga).  Tamén atoparon elementos de magnesio, silicio e ferro (elementos claves para a formación de rochas)

Os asteroides acumúlanse e dan lugar a planetas rochosos , son os elementos de construcción, e ao estar este asteroide composto de auga podería dar lugar a planetas habitables xa que a auga é o elemento fundamental para a vida.

Grazas a este descubrimento podemos pensar que a orixe da vida na Terra é extraterrestre. Estes asteroides chegaron aquí con auga formando así un planeta habitable, a Terra. Pode que lle debamos a vida a unhas rochas espaciais.


Pero este descubrimento non só da unha teoría sobre a  orixe da vida na Terra  senón que tamén demostra que pode que haxa vida noutros planetas, unha pregunta que o ser humano sempre se fixo.

Autora: Aída González

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to A ROCHA DA VIDA

  1. Victor di:

    Por que a presenza de auga nun corpo planetario é un indicativo da presenza de vida?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Porque os asteroides xúntanse e forman planetas,que ó longo plazo da orixe a seres vivos. O que existan asteroides vagando polo espazo con auga pide significar que desprendéranse do conxunto de asteroides que están formando un planeta,o cal,podeíamos falar de que existe vida alieníxena…

  2. faa-ricardoperez di:

    Que haixa auga nun meteoríto que estaba anteriormente formando un planetésimo (gas e pó cósmico que deron lugar ós planetas actuais) quere decir que de onde proven ese Asteroide probablemente haixa vida, ou xa se estinguise, xa que ese Asteroide puido estar durante miles de millóns de anos viaxando polo sístema solar.

  3. faa-martinlosada di:

    A presenza de auga é un indicativo da presenza de vida porque a auga é moi importante para todos os seres vivos, como pode ser para a absorción de nutrintes que é imprescindible. Ademáis sabemos que na terra a vida horixinouse na auga.

  4. faa-diegocores di:

    A auga nun corpo planetario é un indicativo da presenza de vida porque os primeiros seres vivos naceron nela e ela conpon unha parte do corpo deles.

  5. Victor di:

    Considerades de importancia que se demostre que a vida non xurdíu na Terra? Que significaría este descubrimento?

    • faa-marcromero di:

      Este descubremento supondria unha nova evidencia antigeocentrista, no sentido de pensar que a Terra é o unico planeta con auga e vida no Universo. Na miña opinión os que pensan o contrario, que no Universo a vida e “rara” e que somos unha excepción, non poderian estar mais equivocados e creo que se se decatasen da inmensidade que o Cosmos supón, non pensarian iso.
      Ademais, isto asemellase moito a época de Descartes cando os cientificos e filósofos tiveron que replantexarse moitísimas cousas que se tenían como feitos.
      Non esquezamos unha cousa, a auga tamén é común, na nosa Terra o é. Non sei, pero o hidróxeno éo, e o Oxíxeno non tanto pero tamén. Ata se considerou por Tales de Mileto que a auga o formaba todo.
      O que está ben claro é que a vida é forte, por exemplo: aquí na Terra, a atopamos tanto no Sáhara como no Ártico e incluso a presenza de auga non ten porque ser necesaria para a vida, existen moneras que utilizan H3SO4 para levar a cabo seu metabolismo.
      Por último cabe a posibilidade non só que a auga chegara á Terra senon que a vida se formara de algún modo nos propios asteroides e traxeran a vida directamente á mesma. Hai unha película sobre esta hipótesis, Evolution.

    • fab-iriamartinez di:

      Si considero que é importante que se poidese demostrar se a vida xurdiu ou non na terra, este descubrimento sigificaría poder atopar outro planeta con vida a parte do noso.

  6. fab-iriamartinez di:

    A auga é imprescindible para os seres vivos, ya que nos e todos os seres vivos estamos formados por auga, e sen ela non podríamos nutrirnos. Ademáis sabemos que na terra a vida horixinouse na auga.

  7. faa-ricardoperez di:

    por suposto, se a vida non se orixinase na Terra sería un feito revolucionario, xa que, supostamente, a tecnoloxía extraterrestre está moitísimo máis evolucionada que a nosa, polo tanto aprenderíamos, descubriríamos e inventaríamos moito máis sobre as cousas xa inventadas (para nos avanzadísimas, pero para eles primitivas).

    • Victor di:

      Ricardo, empézase a escribir con MAIÚSCULA.
      Ricardo, ves moitas pelis baratas. Cando se fala de vida extraterrestre non se está a pensar na “Guerra da Galaxias”

  8. Victor di:

    Que funcións desempeña a auga para os seres vivos?

    • faa-sergioserantes di:

      A auga é esencial en moitos dos procesos metabólicos levados a cabo polos seres vivos, actuando como disolvente de enlaces, permitindo o crecemento de moléculas tales coma as proteínas… Ademais, é tan básico, que sin algunhas das reaccións que a auga fai posibles non podería levarse a cabo nin a replicación do ADN, co que tódalas formas de vida dependen dalgunha maneira da auga.

    • faa-veronicanoya di:

      A auga é imprescindible para a vida, xa que os seres vivos teñen máis auga no seu corpo que calquer outro compoñente, ademáis practicamente todas as reaccións biolóxicas teñen lugar en medios acuosos. Tamén é imprescindible para a hidratación e a expulsión de substancias tóxicas do interior dos seres vivos.

  9. faa-ricardoperez di:

    A auga presente en nós provoca que sempre esteamos hidratados, cousa que se non ocerre poderíamos morrer ós poucos días.

  10. fab-gretageorgieva di:

    Á auga é o principal compoñente do organismo, funciona como disolvente que permite levar a cabo procesos fundamentais nas función dixestiva, respiratoria e excretora. É imprescindible para ás Enzimas que provocan e regulan as reaccions químicas que se producen no organismo, favorece á circulación ou tamén actúa como estructura turxente para ás nosas células.

  11. fab-mariatirado di:

    A auga é unha substancia química esencial para a supervivencia de todas as formas de vida coñecidas, ademáis representa entre o 50 e o 90% da masa dos seres vivos (aproximadamente o 75% do corpo humano é auga).

  12. fab-mariatirado di:

    A auga é unha substancia química esencial para a supervivencia de tódalas formas de vida. A auga nos organismos ten unha orixe externa, hai unha pequena parte de auga que se atopa no noso interior que se chama auga metabólica, ésta prodúcese nos procesos de respiración celular ou o catabolismo das graxas.