CIENCIA FICCIÓN NON TAN FICTICIA

Algunha vez viches unha película de ciencia-ficción e tes pensado: Eso nunca será posible? Pois tal vez estés equivocado.Hai moitos casos de tecnoloxía actual inspirada en ciencia ficción que naqueles tempos era impensable.

O primeiro gran caso de invento inspirado nunha novela foi o submarino, baseado na novela de Julio Verne Veinte mil leguas de viaje submarino no cal falábase dun barco que tiña a capacidade de navegar baixo a auga, este barco é denominado o “Nautilus“.

 

Pero non só falamos de tecnoloxía relativamente vella. O aparato que estás usando para ler isto, tanto sexa o ordenador como o móbil, están inspirados na archifamosa serie de Star Trek. Nesta serie usábanse ordenadores persoais en cada habitación, cousa antes impensable e unha tableta táctil chamada PADD que foi a inspiración do IPad.

A ciencia ficción foi, é e será a inspiración de moitos científicos. Hoxe en día investigase cómo viaxar a outras estrelas, e unha das ideas é o empuxe warp tamén inspirada en Star Trek.

Quen sabe se nun futuro nos controlaran os soños como na peli Origen ou os tubos de succión para o transporte público como en Futurama.

Autor: Marcos Daporta

Esta entrada foi publicada en cine, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.