ABELLAS DEFECTUOSAS

Unha serie de recentes estudos, dunha equipa de investigación  da Universidade de Southampton, no Reino Unido, demostraron cunha serie de probas, que os gases do combustible Diesel actual poden actuar negativamente sobre as abellas, concretamente sobre a polinización e a recollida de mel.

As abellas teñen un olfato moi sensible e desenvolvido para poder detectar, sen dificultade, as flores que teñen mel e así poder formar unha colmea ou alimentarse. Para o seu tipo de vida é esencial, é para a nosa tamén é un capricho poder gozar da mel nalgúns alimentos. Pero o alto olor do gas que contén o Diesel (Nox)  impídelles localizar as flores, xa que este gas altera a mestura do aroma floral sintético. Os científicos alertan que como sigan estes gases modificando o olor,  poderían perderse as colonias de abellas e a gran parte da polinización.

Autor: Iago González

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to ABELLAS DEFECTUOSAS

  1. Victor di:

    As abellas son imprescindibles para a supervivencia do ser humano neste planeta; por que?

    • faa-veronicanoya di:

      Son moi imprescindibles, xa que se as abellas desaparecesen faríano tamén o 60% das frutas e verduras que consumimos, e polinizan máis de 25000 especies de plantas con flores, que sen elas desaparecerían. Tamén produciría un gran desequilibrio na economía mundial, xa que anualmente se gañan millóns de euros cos productos agrícolas.

    • faa-laurapaz di:

      Sí, as abellas son imprescindibles para a supervivencia do ser humano por que sen elas non existiría a polinización, e non se reproducirían as plantas,que son o alimentos doutras especies, e así afectaría toda a cadea alimentaria.

    • faa-begonasuarez di:

      As abellas son imprescindibles para a supervivencia do ser humano por varias razóns. Elas elaboran a mel e realizan o transporte necesario que forma parte do proceso de polinización das flores, que posteriormente permite que as plantas poidan fabricar as súas propias semillas no proceso de reproducción de das especies vexetais. Se non transportaran o polen moitas plantas desaparecerían.

    • faa-diegocores di:

      As abellas teñen unha gran acción na polonización das plantas. Se esta acción non é realizada as plantas non se reproducen. Sen plantas o noso planeta iría camiño da debastación porque o CO2 non se cambiaría por osíxeno na fotosíntese, e ademáis, as plantas son o primeiro eslabón da cadena alimenticia, sen elas o resto de seres vivos morrerían.

  2. fab-marcosdaporta di:

    Son máis que imprescindibles. Actualmente unha gran parte dos alimentos que consumimos proveñen das abellas. Esto pode non parecer moi grave pero tamén hai que ter en conta que as abellas son un factor moi importante para a polinización, sen elas moitas plantas non se reproducirían facendo desaparecer moitas plantas das que sacamos nos ou outras especies, o alimento. Así que se desaparecen as abellas todo iríase ao traste. Einstein dixo: “Se a abella desaparecese do planeta, o home so lle quedarían 4 anos de vida”.

  3. Victor di:

    PRIMEIRO FORO ABERTO DESTE CURSO: “LOITO POLA CIENCIA ESPAÑOLA”
    ESTE FORO PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS

  4. fab-beatrizcasal di:

    Eu opino que as abellas son importantísimas para o ser humano debido a qua son os polinizadores máis importantes das plantas con flores. Tamén se calcula que a terceira parte dos alimentos humanos son polinizados fundamentalmente por abellas.

  5. fab-elisaperez di:

    As abellas son moi útiles para o ser humano,porque producen mel e cera ou destrúen insectos dañinos. A mel é moi importante para a dieta de moitos animais, como os osos ou castores. É un dos alimentos máis nutritivos polo seu alto contido de vitaminas e azúcares. Produce moita enerxía no corpo, polo que se recomenda tomala regularmente Tamén, na dieta humana utilízase para multitude de fins. A mel ten un valor enerxético dunhas 3307 cal/kg. Absorbe a humidade do aire, e por iso se utiliza como axente humidificante para o tabaco e a industria panadera.

    • Victor di:

      Elisa, estás errada en darlle tanta importancia á mel para o ser humano e o realmente imprescindible é a polinización.
      Ademais confundes abella con avispa cando falas de que destrúen insectos.

  6. fab-jairotroncoso di:

    Claramente as abellas son imprescindibles. Se as abellas non existisen, nos tampouco podríamos vivir porque non podríamos respirar, xa que gracias as abellas as flores…etc poden facer a fotosíntese.

  7. Victor di:

    O problema para o ser humano é que as abellas son imprescindibles para a polinización das plantas. Que quere dicir isto?

  8. fab-gretageorgieva di:

    As abellas son imprescindibles para o ser humano xa que ,o 75% da flora silvestre poliniza se grazas as abellas e casi o 40% das froitas verduras que comemos procede da polinización.

  9. faa-igonzalez di:

    Isto coméntannos que as abellas favorecen a polinización, e con ela, a reproducción das prantas. Grazas a esta creación das prantas podemos difrutar do osíxeno que elas desprenden, e si as abellas non puideran axudar a reproducción da natureza, non teríamos osíxeno suficiente para todo o planeta.

  10. fab-sofiacastineiras di:

    “Si no existieran polinizadores naturales como las abejas, no habría plantas, sin ellas no existirían los animales herbívoros y sin éstos, los carnívoros tampoco, por lo tanto al hombre le quedarían muy pocas posibilidades de sobrevivir sin estos insectos” Alberto Castro, un apicultor profesional. Eu creo que non hai moito máis que añadir ao que este profesional conta. As abellas de certo modo fan que estemos todos vivos.

  11. fab-iciacores di:

    As persoas non poderiamos vivir sen plantas. Tanto para comer, como para que nos proporcionen osíxeno. Se as abellas, que son imprescindibles para a polinización desaparecen, pois quen o fará?

  12. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Podemos sacar dúas ideas principais, as abellas son os maiores polinizadores do planeta e sen elas perderíamos bastantes frutos, afectando isto á economía mundial.
    As abellas sendo animáis tan pequenos son moi importantes, pola súa función, a polinización, polos seus productos e moitos factores máis, ademáis a min paréceme agradable estar tumbado na herba e poder escoitalas zumbar, ver os SEUS acrobáticos voos etc.
    É un animal que non podemos perder, xa perdemos bastantes.

  13. faa-sergioserantes di:

    Sen a colaboración das abellas un amplo marxe das plantas non podería levar a cabo a polinización, e ao non reproducirse acabaría tendo lugar a súa extinción. Extinguida a maior parte das plantas, a maioría dos herbívoros serían os seguintes en desaparecer, non podendo satisfacer as súas necesidades alimenticias, e despois os carnívoros. Deste xeito o ser humano vería como desaparecería gran parte das súas fontes de alimento pola simple ausencia dun insecto como as abellas, de aí a importancia das abellas para o home.

  14. Victor di:

    E cales son as principais ameazas das abellas no noso planeta?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Que existen persoas que son alérxicas a estas picaduras,ata tales niveles que lles poidan producir a morte,…

  15. fab-mmendoza di:

    O Cambio climático e o avance urbano estanlle cambiando o entorno no que se moven. Á deforestación que implica o crecemento dos centros urbanos, sumanse o aumento de sequías, o alza de temperaturas e os cambios pluviométricos que levan a que se altere a floración das especies, có que a disponibilidade de néctar xa non é a mesma.
    Tamén aumenta a proliferación de enfermidades e de parásitos, o estar a colmena máis débil, a fan máis susceptible.

    Enton, as abellas sofren, debilitanse e falecen.

  16. faa-ricardoperez di:

    A principal morte das abella son os pesticidas, Carbamatos, Organofosforados, Piretroides
    sintéticos, Clorinatados ciclodienos, Cloronicotinas e Herbicidas ou tamén a perda do seu aguillón, xa que son sobreviven sel él.

  17. fab-gretageorgieva di:

    As principais ameazas no noso planeta para as abellas son :Varroasis ácaro parásito que afecta ao sistema inmunolóxico das abellas, o
    uso de pesticidas ,O cambio climático, o cambio que producimos no uso da terra alterando o seu alimento ou tamén a
    radiación electromagnética que provén das torres de enerxía e teléfonos móviles.

  18. fab-ariadnacordal di:

    As abellas vense afectadas por múltiples problemas. Algúns destos son:
    -Os plaguicidas: o uso destos produtos poden provocar a morte de enxames enteiros, ademais de perturbar o sentido da orientación das abellas.
    -Algúns parásitos ou enfermidades: un exemplo de parásito é o ácaro ‘varroa’, que foi introducido dende Asia. Tamén está a ‘nosema ceranae’.
    -O cambio climático: isto xa se está a notar en Galicia, pois notouse que as abellas polinizan 50 días antes que fai uns anos.
    -Os monocultivos extensivos: estas superficies carecen de grande biodiversidade, o que pode desencadear que as abellas non se alimenten correctamente.

  19. faa-laurapaz di:

    As pricipais ameazas das abellas no noso planeta son:
    – Plaguicidas: envenenan ás abellas e causan a morte
    de enxambres enteiros.
    – Monocultivos extensivos: grandes superficies nas que so se cultiva un tipo de planta. Se non ofrecen néctar e polen ás abellas, estas vense obrigadas a facer grandes desplazamentos voando e reducen a súa provisión, e si os monocultivos ofrecen néctar e polen, as abellas acumulan moitos nutrintes que non conteñen todos os aminoácidos necesarios para a súa alimentación.
    – Estrés: cando o número de colmeas e os procedimentos chegan a cifras industriais o único obxetivo é maximizar a produción. Para que unha colmea produza máis mel hai que levar a cabo técnicas que estresan ás abellas y substitúenas cando non alcanzan os rendementos esperados.
    – Parásitos e enfermidades: para acabar con certos parásitos, como o ácaro, os apicultores optan polo uso de substancias químicas nocivas para o medio ambiente. Estas “medicinas” debilitan as colmeas e contaminan o mel.
    – Perda da diversidade xenética das abellas, o cambio de hábitat de especies non adaptadas ou invasoras, sobre-explotación e cambio climático, son outras das ameazas que sofren as abellas.

  20. fab-cporto di:

    As principais ameazas para as abellas son:
    – Praguicidas: O seu uso converte á agricultura industrial nunha das maiores ameazas para as abellas en todo o mundo. Ademais de envelenar as abellas perturban o seu sentido de orientación. Estes velenos agrícolas causan a morte de enxames enteiros.
    – Monocultivos extensivos: Grandes superficies despoboadas de biodiversidade que carece de fontes de alimentación variada. Se os monocultivos non ofrecen néctar e pole ás abellas fórzanas a grandes desprazamentos en voo que reducen o seu abasto. Se os monocultivos se ofrecen néctar e pole, as abellas fan excesivo abasto de nutrientes que non conteñen todos os aminoácidos necesarios para a súa correcta alimentación.
    – Estrés: Os apicultores miman as súas colmeas e, polo tanto, o mel. Pero cando o número de colmeas e os procedementos de manexo chegan a cifras industriais, empresas con máis de 2.000 colmeas, o único obxectivo é “Maximizar a Produción”. O mercado está cheo de mel pasteurizado (que non cristalizan como as naturais), importacións de meles de baixa calidade e de dubidosos controis sanitarios. Para que unha colmea produza máis mel hai que levar a cabo técnicas que estresan as abellas e substitúenas cando non alcanzan os rendementos esperados.
    – Parasitos e enfermidades: Fundamentalmente ácaros que foron importados xunto con abellas de ecosistemas distintos. Para rematar con certos parasitos, como a varroa (ácaro) ou a nosema ceranae (microsporidia unicelular), os apicultores “industriais” optan por unha solución cómoda, o uso de substancias químicas nocivas para o medio. Estas “medicinas” debilitan os enxames xeración tras xeración, volvéndoos máis resistentes ás pragas. Ademais, estas substancias contaminan o mel.
    – Perda da diversidade xenética das abellas, efecto do cambio de hábitats de especies non adaptadas ou invasoras, sobre-explotación e cambio climático… Son as outras ameazas que sofren as abellas do mel, a nosa xenerosa e afanada campesiña, a “apis mellifera”.

  21. fab-sporto di:

    Os científicos investigan dende hai anos a desaparición das abellas e detectaron máis dunha ducia de factores negativos que inciden por separado ou en conxunto: Insecticidas: dous recentes estudos publicados na revista ‘Science’ sinalan que o uso estendido dos insecticidas neonicotinoides teñen afectado de forma negativa ás colonias de abellas e abellóns. Estes pesticidas, introducidos a principios dos anos noventa do século pasado, xeneralizáronse para o control de pragas nos cultivos de todo o mundo.

    . Produtos químicos: diversos estudos demostraron que algunhas substancias poden afectar ao sentido da orientación, a memoria ou o metabolismo das abellas.
    . Nosema Ceranae: a presenza deste fungo nas colmeas mata as abellas e favorece outros factores letais para estes insectos, como o ácaro parasito Varroa.
    . Parasitos: ademais do mencionado Varroa, outros parasitos, como un pequeno escaravello que dana as colmeas, causarían máis danos que hai décadas.
    . Contaminación do aire: reduce a potencia das mensaxes químicas que emiten as flores e ás abellas e outros insectos cústalles máis localizalas. Sería un círculo vicioso: se non encontran as flores comen ben, mentres que as flores non se reproducen ao non se polinizar.
    . Cambio climático: podería agravar a situación de varias formas, como a alteración no tempo de floración das plantas ou a cantidade e época de chuvias, que afectaría á cantidade e calidade do néctar.
    . Especies invasoras: abellas doutras rexións, como a africana ou a asiática, se introduciron en Estados Unidos e Europa, respectivamente, e danan ás especies autóctonas.
    . Campos electromagnéticos: as emisións de postes eléctricos poderían confundir as abellas.

  22. Victor di:

    E cal é o camiño para salvar ás abellas da extinción?

  23. faa-ricardoperez di:

    pois procurar coidalas o mellor posible e non matándoas cando as vemos, xa que elas son as que polinizan a maioría das prantas, e sen elas sobreviviríamos uns cantos meses solamente.

  24. Victor di:

    É o mesmo unha avispa e una abella? Existe algunha relación ecolóxica entre ámbalas dúas?

  25. fab-gretageorgieva di:

    As avispas e as abellas son capaces de picar persoas, pero hai algunhas diferezas moi notables entre ambas por exemplo,as avispas poden picar máis dunha vez, mentras que as abella moren despois de picar. Tanto as avispas como as abellas son moi beneficiosas para a naturaleza.As abellas son responsables de ata o 80% da polinización de árboles frutales, de plantas de verduras e legumbres. As avispas controlan moitas poblaciones de insectos coa súa alimentación carnívora. As moscas ou grillos,calquira insecto é víctima da abella.

  26. fab-aidagonzalez di:

    Outra diferenza entre a avispa e a abella é o seu corpo. Unha avispa é máis delgada, o seu corpo está dividido en dúas partes e as súas cores son negro e amarelo con moito contraste. En cambio a abella ten un corpo máis groso, é peluda e as súas cores son ,a igual que a avispa, negro e amarelo pero difuminados , incluso hai algunhas que poden chegar a ter un cor anaranxado.

  27. faa-sergioserantes di:

    Unha das principais diferenzas entre a avispa e a abella é que a avispa adoita vivir en sociedade, namentres a maior parte das especies de abella son solitarias. Na forma tamén se diferencian, sendo as abellas máis grosas. Ademais, as abellas ao picar introducen o aguillón e déixano cravado, morrendo, mentras as avispas non o deixan cravado e seguen con vida despois de picar.

  28. faa-ricardoperez di:

    A principa diferencia entre abella e avispa e que a Abella ten un corpo groso e peludo, con cores difuminados, mentres que a avispa ten o corpo separado en dous, sendo máis delgada e con cores máis perfilados.
    Logo outra diferencia importante é que a abella pica, deixa o aguillón e morre, mentres que a avispa, pica e solta o aguillón, podendoo clavar varias veces, e non morre cando o clava coma a abella.

  29. fab-mariablanco di:

    Son realmente imprescinbles,xa non polo feito de que son as creadoras da mel,se non porque son un ser vivo máis do planeta e calquer insecto ou animal non debe de desaparecer por culpa das malas obras do ser humano. A parte diso tamén se debe de ter en conta a perda de alimentos que esto crearía e as flores e plantas tamén se verían afectadas.