RADIOACTIVIDADE EN FUKUSHIMA

A radioactividade en Fukushima vai en aumento. Esta é a conclusión básica dos estudos realizados por diversas empresas e compañías, coma a TEPCO, que chegaron a medir por enriba dos 200.000 becquerelios os niveis de contaminación na auga que aínda se atopa dentro da central. Ademais, esta radioactividade non está soamente localizada na auga, senón que preto do tanque IV desta central tamén se miden niveis de ata 3.000 becquerelios/hora. Actualmente, estímase que dende a central vértense 1.000 toneladas de auga ao subsolo, e desas cerca de 300 acaban no océano.
A catástrofe en Fukushima é a única, xunto coa de Chernobyl, que foi calificada coma desastre nuclear maior ou de nivel 7,e unha área de entre 20 e 30 km arredor da central tivo que ser desaloxada por motivos de seguridade. A gravidade dos accidentes fai que non se teña en conta que son moi pouco habituais, e que aínda hoxe non estea claro se é o medio adecuado para obter a enerxía que consumimos.

 

 

 


Autor: Sergio Serantes

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.