METADE E METADE

Venus, gato quimeraDavid Bowie padece unha condición xenética coñecida como a heterocromía, consistente no feito de ter un ollo de cor distinta ao outro. Aínda que no caso desta imaxe resulta un pouco… esaxerado. Este caso denomínase quimerismo. O quimerismo é un trastorno xenético que se dá cando un organismo (xeralmente un animal ou un vexetal) está composto por dous grupos de células distintos. Así pois, o gato presente na imaxe loce un perfil de cada cor: metade negro cun ollo verde, metade cor canela cun ollo azul.

Este efecto prodúcese cando dous óvulos fecundados se xuntan nun único óvulo. A consecuencia disto, o resultado é un cigoto con dous materiais xenéticos distintos (con distinto ADN).

Nos seres humanos, pode representar rasgos físicos pouco diferenciables pero si xenéticamente. Se ao fusionarse estes dous cigotos un deixase de crecer, o material xenético da zona que lle corresponda a ese óvulo fecundado sería distinto do do resto do corpo. Incluso podería darse o caso de que houbera unha persoa que dispuxese material xenético de ambos sexos (caso do famoso “home embarazado“). Tamén se podería darse o caso de que se determinadas células resultasen vulneradas, aquelas que teñen distinta composición xenética serían encargadas da recuperación, ocasionando cambios posteriores.  Ademais, poderían esperarse determinadas manchas na pel, produto de que ambos cigotos tiveran distinta  composición xenética referentes a ditos rasgos.

Autor: Noé Rodríguez Daporta

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to METADE E METADE

  1. Victor di:

    O texto de Noé di: “…cando dous óvulos fecundados se xuntan nun único óvulo”; considerades correcta esta frase?

    • fab-manuelgonzalez di:

      Totalmente de acordo con Greta:o cigoto é o resultado da unión dun óvulo cun espermatozoide,dando lugar a un feto.

    • fab-tcores di:

      Non é posible que un óvulo se xunte con outro porque dúas células do mesmo sexo non se poden xuntar. O que sí que é posible é que dous cigotos se xunten formando un único cigoto con dúas estructuras de ADN distintas.

    • faa-fatimalago di:

      Esa frase non é de todo correcta, xa que o que se pode xuntar son os dous cigotos formando un, que normalmente se desarrolla.

    • fab-iriamartinez di:

      É imposible que un óvulo se xunte con outro xa que dúas células sexuais do mesmo sexo non se poden xuntar, pero o que si é posible que dous cigotos se xunten formando un con dúas estructuras de ADN distintas.

  2. fab-gretageorgieva di:

    Eu opino que a frase do texto de Noé e incorrecta porque o cigoto é o resultado da unión dun óvulo cun espermatozoide.

  3. fab-marcosdaporta di:

    Non exactamente. Non é posible que un óvulo se xunte con outro xa que dúas células sexuais do mesmo sexo non se poden “xuntar” (aínda que estase investigando e a bioinxeñería consiguiu fecundar unha rata con dous óvulos). O que sí que é posible é que dous cigotos se xunten formando un único cigoto con dúas estructuras de ADN distintas.

  4. faa-nicolecorbacho di:

    A frase non é correcta. Dous óvulos fecundados non poden xuntarse e formar un óvulos, porque cada un desarrollase por separado.

  5. fab-elisaperez di:

    O quimerismo é un trastorno xenético que consiste en que dous cigotos, tras a fecundación, combínanse formando un que se desenvolve, e que se converte nun ser vivo que posee dous tipos de células diferentes. Esta enfermidade é causada por dous óvulos que foron fertilizados durante o acto sexual, os cales únense e forman un ser con dobre material xenético.
    A frase pódese considerar incorrecta, pero, excepcionalmente podería ocurrir a situación plantexada.

  6. faa-ricardoperez di:

    Eu pendo, que non é de todo erronea, xa que este trastorno provoca que se fecunden dous ovulos distintos, e a metade de cada un recombinase xeneticamente formando ese ‘único óvulo’ con dous codigos xeneticos diferentes do que falaba noé.

  7. faa-diegocores di:

    Non sei se o proceso é así, pero o que Noé di eu creo que estaría ben dito, quizáis ao melor non se explicu ao 100℅ ben pero eu creo que estaría ben. Quizáis en vez de xuntan pondría fusionan, por exemplo.

  8. Victor di:

    E que ocorrería se os dous óvulos fecundados se desenvolven independentemente? É isto habitual?

    • faa-christiancacabelos di:

      Hola!
      se isto ocorrese poderiamos falar de mellizos,en seres humanos, xa que se produce dunha maneira máis extraña, dous de cada cen partos aproximadamente.
      Denomínase mellizo a dous óvulos fecundados cada un por un espermatozoide e que poden compartir ou non compartir placenta; a diferenza entre mellizo e xemelgo é a forma na que se forman, xa que os xemelgos proveñen dun mesmo embrión que de forma accidental se dividiu en dous que se formaron de forma independente, de ahí que compartan similitude en aproximadamente un sesenta e seis por cento.

    • faa-marcromero di:

      A diferencia, entón, entre uns xemelgos e un ser que padece quimerismo é que: no primer caso, dous óvulos son fecundados ao mesmo tempo, forman cigoto e se desenvolven por separado ata nacer; no segundo caso, os dous ovulos son fecundados, pero ao momento unense formando un só cigoto, nacendo un só ser con doble (mellor dito cuádruple) información xenética.

      Eu creo que este tipo de mutación podería supoñer unha gran vantaxe evolutiva para o individuo xa que ten o doble de xenotipo e polo tanto, na miña opinión, o doble de posibilidades de presentar un fenotipo que facilite a sua existencia. No meu parecer, é unha gran sorte.

      Non obstante isto tamén supoñe a duplicidade dos riscos de enfermidades asociadas a antecedentes familiares.

      De todas formas, fascíname moito este fenómeno da natureza, propio da ciencia ficción.

      Por último, felicitar a Noé polo traballo e agradecerlle a oportunidade que nos brinda de aprender algo mais.

      PostData: David Bowie non padece heterocromía, e moito menos quimerismo. De xoven enzarzouse nunha pelexa por amor, o seu rival levaba un anel no coteno e un golpe “baixo” produciulle anisocoria no ollo esquerdo á estela do Rock.

    • fab-marcosdaporta di:

      Si, o habitual é que se desenvolvan independentemente. Formaríanse xemelgos. Pode darse o caso que cada óvulo sexa fecundado por unha persoa distinta dando xemelgos medio-irmáns.

  9. faa-javierestevez di:

    Eu penso que no caso de que dous óvulos fecundados se desenvolvan independentemente,esta situación daría lugar a un embarazo múltiple… Neste caso non é algo moi inhabitual.

    • faa-diegocores di:

      Estou dacordo coa resposta de Javi, esto causaria un embarazo múltiple e en caso de mamíferos como os gatos, os coellos, etc., é algo avitual (tamén en seres humanos pero en menos proporción)

  10. faa-sergioserantes di:

    Entón trataríase de dous mellizos non idénticos ou xemelgos, e poderían ser de distinto sexo, porque se desenvolven por separado. Ao desenvolverse por separado, se foran, por exemplo humanos, cada un tería o seu cordón umbilical, a súa placenta e o seu amnio. Este tipo de fecundación tamén pode tamén dar lugar a xemelgos siameses, que se desenvolven exactamente igual celularmente só que antes ca os normais e que nacen unidos por algún órgano.

  11. fab-gretageorgieva di:

    No caso de ter dous óvulos fecundados, daría se lugar a un embarazo de mellizos.Estes comparten o mesmo o parecido xenético que o que poderían ter entre sí calqueira parexa de irmáns. Cada un procedede da fecundación dun óvulo e un espermatozoide diferente, por tanto, de cigotos diferentes. Por iso, poden ser de distinto sexo e muy distintos en apariencia. O único feito en común é que a fecundación de ambos tivo lugar casi simultáneamente.

  12. Victor di:

    Se facemos análise xenética dunha persoa quimérica e non coñecemos á persoa en concreto, poderiamos pensar, ao ver os resultados, que se trata de dúas persoas diferentes?
    Os resultados obtidos nesta hipótese nos levaría a pensar que se trata de dous parientes?

    • fab-marcosdaporta di:

      Si, é sinxelo. Nunha persoa quimérica compártense dous ADNs distintos, que lóxicamente coinciden nunha gran parte. Unhas rexións do corpo contén un ADN e outras rexións do corpo conteñen outro ADN. Polo tanto depende de de que parte saques a mostra de ADN pode resultar en dous ADNs distintos ou nun, e se os analizasemos veríamos que serían como dous parentes cercanos. Hai un curioso caso dunha muller que para recibir unha axuda da seguridade social, fíxose unha proba de maternidade. Era quimérica e o ADN indicaba que non era a nai, enfrentouse a unha demanda por roubo de menores pero o final demostrouse que efectivamente era a nai despois de comprobar o ADN da aboa.

  13. fab-cporto di:

    Poderíamos chegar a pensar de que se trata de dúas persoas diferentes xa que habería duas series distintas de ADN dentro do seu propio corpo que sería a característica que define a unha quimera. A explicación máis probable, no caso de que fora unha muller, é que ela mesma foi a fusión de dous conxuntos de cromosomas dos seus pais. A súa nai ovulou simultáneamente dous óvulos, que foron fertilizados por diferentes espermatozoides do seu pai.

  14. faa-ricardoperez di:

    Eu penso que se visemos ese analises de ADN, pensariamos que son de duas persoas distintas, aunque a semellanza do ADN farianos pensar en se son familia.

  15. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Na miña opinión si que se poderían confundir, o caso que comenta Marcos reforza máis a miña opinión de que se poidan confundir.

  16. faa-larafernandez di:

    Estou dacordo con Fatima, nunha análese do ADN chegaríamos a pensar que son dúas personas diferentes, a pesar de ter semellanzas común, podendo chegar a pensar que poden ser irmáns ,pai ou nai e fillo ou filla. Claramente, isto depende de que rexións se saque a mostra, xa que o material xenético está mesturado.