O PREZO DUN RAIO DE SOL

O científico David King e o economista Richard Layar propuxéronse impulsar unha “revolución solar”.  Segundo eles, “O sol envía á Terra  o equivalente a 5.000 veces a cantidade de enerxía que necesitamos”. Tamén din que é inconcebible que non sexamos capaces de recolectar esa enerxía a un coste razoable para satisfacer as nosas necesidades.

Eles propuxeron a creación dun Programa Solar coa finalidade de abaratar os custos  das dúas tecnoloxías máis comúns (a fotovoltáica e a termosolar), mellorar a eficiencia e solucionar os problemas actuais de transmisión e almacenaxe. Teñen como propóstito que o 10%  da enerxía mundial sexa de orixe solar no 2025, para subir o listón ao 25% no 2030, e pensan que para conseguir isto precisarase dunha aposta comparable ao “Proxecto Manhattan” ou ao “Proxecto Apolo”.

A súa teoría é que a enerxía solar non produce contaminación nin pon en risco vidas humanas, non como no caso das enerxías fósiles, e que tampouco xenera residuos radiactivos, non como a fisión nuclear.

 


Autora: Fátima Lago Romero

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Recursos naturais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

34 Responses to O PREZO DUN RAIO DE SOL

  1. Victor di:

    A enerxía solar é unha enerxía limpa?
    É unha enerxía alternativa?
    É unha enerxía realmente renovable?

    • faa-fatimalago di:

      A enerxía solar é unha enerxía limpa, o que non o é tanto pode ser a producción de paneis solares, porque se utilizan pequenas cantidades de cadmio que si poden causar algún problema tóxico, pero esta fabricación de placas está controlada pola industria química e non debería de supoñer ningún problema.
      En canto a si é unha enerxía alternativa, podería selo, xa que o único que se necesita son placas solares, e o que intentan facer é abaratalas, para que o seu precio non sexa un verdadeiro empedimento.
      E en canto a si é unha enerxía totalmente renovable,podería considerarse, pero o Sol é unha estrela, e como todas as estrelas, acabará desaparecendo.

    • fab-iriamartinez di:

      Eu estou de acordo con ricardo,é moi probable que detro de moitos anos se apague pero na miña opinión mentres estea ahí debemos sacarlle o máximo beneficio xa que é unha enerxía limpa.

    • fab-iriamartinez di:

      Si, o sol é unha enerxía limpa, deberíamos usala como enerxía alternativa e aproveitala tanto como poidamos.
      O sol non é exactamente unha enerxía renovable, xa que é unha estrela e como todas apagarase dentro de moito tempo, pero mentres estea ahí continuará dándonos unha enerxía limpa.

    • fab-manuelgonzalez di:

      “A enerxía solar é unha enerxía limpa?” Si.É una fonte de enerxía que non contamina,xa que non utiliza recursos da terra que poidan contaminar a superficie terrestre e a Capa do ozono.
      “É unha enerxía alternativa?” Si.Aínda que nos últimos anos incrementou a súa demanda,tanto de empresas como casas domésticas,non é unha enerxía maioritaria,xa que o que predomina na sociedade é a enerxñia procendete de gas,petróleo,….
      “É unha enerxía realmente renovable?” Todo é relativo.Esta enerxía unicamente depende do sol,pero dentro de miles de millóns de anos,o sol(como calquera outra estrela)acabará desaparecendo…

  2. faa-ricardoperez di:

    Eu opino que sí, xa que proven do Sol e este sempre estará alí, ademáis non fai dano a nadie, sempre e cando se controle e tome as medidas adecuadas.
    A parte `negativa´ é que solo se pode usar de día (mentres haiga Luz Solar), a menos que, como di no vídeo, se garde a Corriente `sobrante´ nunha batería.

  3. fab-noerodriguez di:

    A enerxía solar é unha enerxía limpa, efectivamente. Podería ser unha enerxía alternatica dependendo das factores medioambientais aos que estén sometidas as placas solares.
    Podería ser unha boa alternativa, pero a enerxía obtida polas placas é limitada, así que no caso de precisar moita enerxía precisaríanse moitas placas solares.
    É unha enerxía renovable? Pois… Non exactamente. O sol é unha estrela e como todas as estrelas ten un tempo de vida limitado e chegará a estoupar e transformarse nunha xigante vermella. Pero dise que é unha enerxía renovable porque para entón, pode que os humáns xa non existamos ou estaremos fora de perigo, vivindo lonxe deste planeta, estando totalmente a salvo.

  4. faa-diegocores di:

    A enerxía solar e unha gran fonte de enerxía renovable que todos deberíamos poder usar, ademáis nos últimos anos o precio dos materiáis necesarios para este aproveitamento a nivel particular volveuse moi asequible. Pero cada vez poñen máis impedimentos con leis e demais para que sigamos consumindo das outras fontes enerxéticas que producen beneficios económicos. Esto, para min, é un exemplo de como a xente que ten poder e manda se preocupa máis da economía e dos beneficios que do que lle poida suceder ao planeta de seguir con este incremento de contaminación, que pode ser evitable coa fomentación e utilización de enerxías renovables.

  5. fab-gretageorgieva di:

    A enerxía solar é unha enerxía limpa xa que é un sistema de producción de enerxía con exclusión de calqueira contaminación.enerxías alternativas son todas as fontes de enerxía que no implican a queima de combustibles fósiles como o carbón, o gas e o petróleo,polo que a enerxía solar e alternativa.Unha enerxía renovable é aquela que se obten de fontes naturais virtualmente inagotables ,a enerxía solar é enerxía obtida mediante a capturaión da luz e o calor emitidos polo Sol.

  6. fab-cporto di:

    A enerxía solar obtense en calquera parte do mundo sen necesidade de grandes infraestruturas, mediante a exposición ao sol dunha superficie que non se move nin cambia en ningún aspecto visible o ámbito e, polo tanto, que xera electricidade sen contaminación acústica nin ambiental e que, ademais, é susceptible de ser integrada sobre fachadas, tellados, e demais element ser destacadas:
    -Enerxía con fonte ilimitada, o Sol.
    -Sen partes móbiles.os arquitectónicos xa existentes. Sete características desta fonte de enerxía dignas de
    -Sen ciclos termodinámicos.
    -Sen reaccións químicas.
    -Moi fiable. Mantemento moi baixo.
    -Única enerxía renovable que pode instalarse de forma masiva en núcleos urbanos.
    -Non necesita grandes infraestruturas.

  7. faa-fatimaf di:

    Si, a enerxía solar é unha enerxía limpa xa que non produce ningún tipo de residuo.
    Creo que aínda non está o suficientemente desenvolta como para dicir que é unha enerxía alternativa pero cos avances científicos dos últimos anos opino que pronto será unha enerxía tan eficaz como moitas outras.
    Si que é renovable xa que o Sol está continuamente producindo enerxía polo que, aínda que nos a utilicemos, esa enerxía non se vai esgotar.

  8. fab-jairotroncoso di:

    Penso que si, que é unha enerxía limpa, e é unha enerxía renovable, demomento… ao mellor chegara un día no que sol se quedara sen enerxía suficiente e non servíra este tipo de enerxía.

  9. fab-jorgegonzalez di:

    Eu creo que a enerxía solar podería acabar substituindo, co tempo, ós combustibles fósiles como principal fonte de enerxía. Non obstante, eso supoñería un gran compromiso por parte de todolos países do mundo. E na miña opinión ningun país parece estar disposto a invertir en enerxías renovables.Respecto a se é unha enerxía limpa… eu creo que si.

  10. faa-noeliaparracho di:

    A enerxía solar é unha enerxía limpa xa que non produce residuos nin ningún tipo de contaminación. Ademáis é unha enerxía alternativa xa que podería reemplazar ás enerxías que producen residuos contaminantes debido á queima de gas, petróleo ou carbón.
    A enerxía solar é unha enerxía renovable no sentido de que non necesitas facer nada para producila, senón que todo-los días sae o sol, proporcionando enerxía solar. Ademáis é inesgotable a escala humana.

  11. Victor di:

    E como se distribúe e aprodución de enerxía en España, entre as renovable e a de combustibles fósiles?

  12. fab-gretageorgieva di:

    A producción de enerxía en España renovable e non renovable está actualmente nunha proporción de 70-30 respectivamente, isto non se debe a unha política a favor da enerxía renovable do noso goberno,senon a unha escaseza de recursos fósiles no noso solo.

  13. faa-igonzalez di:

    Estou de acordo con Greta, porque en España, a maioría dos combustibles fósiles témolos que importar, xa que non hai moita riqueza deles; en cambio a enerxía renovable témola en máis cantidades, un exemplo, tódos os aeroxeradores dos nosos montes galegos.

  14. fab-ariadnacordal di:

    Non estou de acordo de todo con Greta. A produción de enerxía eléctrica renovable en España acadou arredor do 50% en 2013. As fontes de enerxía que máis electricidade xeraron foron a hidráulica e a eólica. En cambio, o carbón só produciu o 4% e a enerxía nuclear o 20%.
    Polo tanto, pódese considerar que a produción de enerxías renovables veuse favorecida coas anteriores políticas ecolóxicas. Non obstante, o actual goberno aposta pola utilización de combustibles fósiles coma fontes de enerxía. E como se mencionou no anterior comentario, é ben certo que España apenas posúe estos recursos, o que implica fomentar a importación dos combustibles fósiles. Polo tanto, é moi posible que o incremento de produción de enerxía a partir de recursos limpos se vexa estancado nuns anos.

  15. faa-santiagoescudeiro di:

    Considero que a enerxía solar é unha gran alternativa limpa.
    A Terra recibe moitas horas de luz ao día, deberíase invertir en placas solares máis eficientes e investigar e potenciar o desarrollo de baterías ou otro medio de almacenamento (ao igual que as pilas de toda a vida), para gardar esta enerxía tan abundante durante o día e inexistente na noite, de aí a importancia de encontrar unha maneira de almacenala. A outra opción é aprobeitar esta enerxía solar durante o día e pola noite botar man das fontes de enerxía clásicas como a nuclear entre outras. Este último proceso alterno é o que na actualidade se segue.
    É certo que o sol ten data de “morte”, xa que é unha estrela, pero esa data está moi alonxada, polo que considero rentable potenciar, desenrolar e tentar almacenar esta enerxía.

  16. Victor di:

    E que obtemos do Sol os seres vivos; só electricidade?

    • fab-marcosdaporta di:

      O sol é vida. Aparte de aproveitar a enerxía para transformala en electricidade. Podemos dicir que o sol tamén nos aporta luz, que é un tipo de enerxía. Tamén quenta a Terra, sen o sol non poderíamos vivir na Terra porque sería unha masa xigante de xeo. Permite realizar a fotosíntese, dato importante e axuda ós ósos a fixar o calcio.

  17. faa-veronicanoya di:

    Non, tamén contribúe á produción de vitamina D, importante para os nosos ósos, e as plantas absórbeno para facer a fotosíntesis. Ademáis, os seres vivos existimos en parte grazas a el, xa que se non tivésemos Sol a temperatura terrestre sería moito máis baixa, polo cal non podería haber vida baixo esas condicións.

  18. faa-lauravazquez di:

    A luz solar transfórmase en enerxía química mediante a fotosíntesis das plantas, algas e algunhas bacterias. Esa enerxía química contida nos alimentos incorpórase despois polos animais.
    Por outra banda, o calor do sol favorece unha temperatura estable e óptima para o desarrollo da vida.
    O sol é imprescindible na formación da vitamina D, a cal facilita a absorción do calcio e a súa fixación nos ósos.

  19. fab-elisaperez di:

    Os seres vivos recibimos do sol luz, enerxía, calor, a fotosíntese… E, en definitiva, a vida.

  20. faa-ricardoperez di:

    Pois eu opino que, sen el, sería imposible a vida na Terra, igual que a atmosfera, son factores moi importantes.
    Pero tamen está a parte negativa, algúnhas das radiacions son perxudiciais para a nosa pel, podendo provocar cancro entre outras enfermidades.

  21. Victor di:

    Panel solar térmico, panel solar fotovoltaico; en que consiten?

  22. fab-gretageorgieva di:

    A enerxía solar térmica aproveita a enerxía do sol para xenerar calor. Por iso, o seu usos más frecuentes son a producción de auga quente ou para a calefacción.En cambio ,a enerxía solar fotovoltaica xenera electricidad mediante a radiación solar, enerxía que puede ser utilizada para o funcionamento de calqueira aparato eléctrico.

  23. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Pois como nos conta Greta, os paneis solares térmicos empréganse para quentar auga que pode ser empregada para calefaccion, climatización de piscinas, auga quente de uso doméstico para ducharse etc. e pola contra, os paneis solares fotovoltaicos empréganse para xerar enerxía eléctrica que pode ser empregada ou vendida como excedente ou de forma íntegra.

  24. faa-laurapaz di:

    Un panel solar térmico consiste nunha caixa plana metálica pola que circula un fluído, que se quenta ao seu paso polo panel, é decir, xera calor a partir da enerxía do Sol.
    Un panel solar fotovoltaico é un conxunto de celdas que producen electricidade a partir da luz que recibe.

  25. faa-nicolecorbacho di:

    O panel solar térmicos consiste no aproveitamento do calor solar, utilizanse moito para calentar a auga das ACS , para precalentar auga para as industrias, para piscinas cubertas, …, e tamen para a calefacción por suelo radiante; e o panel solare fotovoltaico, consiste na obtención de electricidade apartir das radiacións solares.

  26. fab-ariadnacordal di:

    O panel solar térmico encárgase de quencer auga ou outros fluídos. Para realizar isto, o panel consta dunha especie de caixa na que, cando recibe radiación solar, prodúcese o ‘efecto invernadoiro’: a calor non escapa. Hai dous tipos: os paneis de tubos de vacío e os de captador plano.
    Porén, o panel solar fotovoltaico convirte a enerxía solar en eléctrica. Estas pracas posúen un material (silicio) que absorbe fotóns de luz e emite electróns, os cales se empregan para xerar a corrente eléctrica. Distíngusense distintos tipos de paneles solares fotovoltaicos: monocristalinos, policristalinos e amorfos.

  27. faa-veronicanoya di:

    Os paneis solares térmicos aproveitan a enerxía do Sol para xerar calor, mentres que os paneis solares fotovoltaicos aproveitan a enerxía do Sol para xerar electricidade.

  28. fab-noerodriguez di:

    Os paneles solares térmicos utilizan a enerxía do sol para producir calor, usado para quentar auga ou como calefacción.
    Os paneles solares fotovoltaicos usan a enerxía do sol para xerar electricidade.