UNHA RATA, A NOSA SALVACIÓN?

O cancro, esa enfermidade á que todos tememos e coa que os investigadores tratan de combater tentando atopar un remedio dende fai tanto tempo. Sempre se pensou que a cura atoparíase nas células nai, e soa bastante convincente pero… Como reaccionariades se vos dixesen que, probablemente, a solución estivese no xene dunha rata?, e máis concretamente nun xen da rata toupa núa.

O que ten de especial este singular animaliño , é que a súa pel e o seu organismo son ricos en ácido hialurónico, que a protexe de tumores malignos e, polo tanto, non contrae cancro. O ácido hialurónico créase a partir do xene HAS4  que reside na nosa amiga (a rata) e que é diferente que ao do resto dos animais coñecidos.

O próximo paso que teñen pensado dar os científicos é poder transferir este xen a outro ser vivo, e os primeiros en provalo serán os ratiños de laboratorio coa esperanza de que nun futuro próximo poida experimentarse cos seres humanos.

Outro dato curioso deste animal é a súa lonxevidade, esta rata pode vivir ata os 30 anos, xa que sintetizan proteínas casi perfetas polo que contitúe un bo funcionamento do seu organismo durante, prácticamente, toda a súa vida.

Autor: Elena Fontenla

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to UNHA RATA, A NOSA SALVACIÓN?

  1. Victor di:

    Centrándonos primeiro no animal, preguntádevos porque ten esa forma tan curiosa.

    • faa-diegocores di:

      É unha toupa polo tanto vive debaixo da terra, de ahí que teña unhas patas tan grandes, debe de ser pola necesidade de escavar. Ten uns dentes moi grandes polo que debe de ser un roedor. os seus ollos son pequenos polo que non os debe usar moito, e como vive debaixo da terra esa hipótese ten sentido.

  2. fab-noerodriguez di:

    Estes animais teñen unha organización, semellante ás formigas (só se reproduce unha suposta raíña, poucos machos poden fecundala, o resto traballan como soldados..). Pois unha das características desta raíña é o feito de ter as costelas máis longas que o resto de femias. A súa columna volvese máis e máis longa con cada xestación,sendo máis longa que o resto de femias. As súas camadas oscilan entre 3 e 12 crías por parto. Podería decirse que o tamaño desta raíña é o seu principal rasgo. A súa estrutura corporal fai que se mova con facilidade polos túneles que constrúe. O feito de non ter pelo faina moi sensible ao calor e o frío, unha das razóns polas que vive baixo a terra.

  3. faa-elenafontenla di:

    É un animal que habita baixo terra, polo que non necesitan pelaxe para a protección da súa pel. En canto a esa curiosa e esaxerada dentadura, soamente poseen esos dous dentes a causa da súa aliemnatción, que é a base de tubérculos e raíces, por eso precisan eses fortes dentes. Os ollos tampouco os teñen moi desarroiados, viven baixo terra, e non lles fai falla ver moito.

  4. faa-igonzalez di:

    Este animal consegue ter unha extructura tan longa grazas a que as súas proteínas son casi perfectas. Cando están a crecer, dóbranse, nas formas máis apropiadas, para poder conectar e interactuar con outras estructuras das suas células. Grazas a este desenvolvemento, conseguen ter ata 40 veces menos probabilidades de conter erros, é dicir, que axuda ao seu corpo a funcionar de maneira máis eficiente.

  5. faa-ricardoperez di:

    Estou de acordo con Elena, trátase dun animal subterráneo, que non precisa de vista para alimentarse, pero sí, moi probablemente do seu olfato e gadoupas.
    O seu olfato é moi agudo e as súas gadoupas evolucionaron co tempo (xa que antes posiblemente habitara na superfície).
    Una curiosidade máis é a súa alimentación, xa que ó habitar no subsolo aliméntase de raíces e tubérculos, danando os cultivos de patacas, hortalizas e outros vexetais.

  6. Victor di:

    Que tipo de composto é o ácido hialurónico?, que función ten no organismo?

  7. fab-ariadnacordal di:

    O ácido hialurónico é un polisacárido. Serve para protexer o coláxeno, pois forma unha barreira protectora na epidermes; para reencher o espazo ocular e para protexer o líquido sinovial. Ademais, facilita a mobilidade das células no matriz extracelular e participa na cicatrización das feridas.
    Emprégase especialmente na cosmética (e na cirurxía estética), porque ten a propiedade de atraer a auga e retela, e como consecuencia disto as enrrugas desaparecen.

  8. fab-gretageorgieva di:

    O ácido hialurónico (AH) é un polisacárido,unha molécula que está presente de forma natural en todos os organismos vivos. Xeneraa o noso organismo dende que nacemos para favorecer e regular a hidratación da epidermis (pel). Ten a capacidade de absorber e reter grandes cantidades de auga na pel.Ás funcions primordiais do Ácido Hialurónico é manter ás moléculas de auga nas células e texidos, proporcionando o medio que o noso organismo necesita para o transporte molecular.

  9. faa-elenafontenla di:

    O ácido hialurónico (AH) é un polisacárido de formación natural e textura viscosa. Este ácido é un lubricante natural do corpo, a demáis de ser portador de vitaminas e minerais.
    Algunhas das súas funcións son, por exemplo, axudar á cicatrización das feridas, protexer a epiderme xunto co coláxeno, facilitar a movilidade das MEC (matriz extracelular) ea protección do líquido sinovial.

  10. fab-sporto di:

    O ácido hialurónico (AH) é un polisacárido do tipo de glicosaminoglucanos con enlaces, que presenta función estrutural, como os sulfatos de condroitina. De textura viscosa, existe na sinovia, humor vítreo e tecido conxuntivo coláxeno de numerosos organismos e é un importante glicosoaminoglicano na homeostase articular.
    Está constituído por cadeas de carbohidratos complexos e ácido glucurónico por molécula e deriva da unión de amino azucres e ácido urónico|ácidos urónicos. Presenta a propiedade de reter grandes cantidades de auga e de adoptar unha conformación estendida en disolución, polo que son útiles á hora de acojinar ou lubricar. Estas propiedades conséguense grazas ao gran número de grupos OH e de cargas negativas desta molécula, o que permite, polo establecemento de forzas de repulsión, que se conserven relativamente separadas entre si as cadeas de carbohidratos.
    . Uso no cosmética:
    A súa funcionalidade como desenvolvedor de coláxeno, retedor de auga e materia de recheo cutáneo outorgoulle unha gran demanda dentro do sector da cosmética, a cirurxía estética e a odontoloxía estética.
    . Uso na medeicña:
    Na farmacopea de numerosos países utilízase como cicatrizante de feridas e úlceras de decúbito en aplicación tópica. Tamén se utiliza na viscososuplementación, unha técnica para substituír o líquido sinovial perdido durante as artroscopias e como tópico ou en sesións de mesoterapia.
    O uso principal do ácido hialurónico en medicina (en canto a número de veces, non en importancia médica), é como material de recheo en cirurxía e odontoloxía estética, utilizándose en implantes e rellenos. Este material, ademais de alisar as dobras subcutáneas estimula a produción de coláxeno, o que multiplica e prolonga o resultado rexuvenecedor. Destaca en recheo e contornado dos labios e pómulos, así como para alisar a fronte e as marcas cutáneas aínda que tamén se administra para reducir as cicatrices da acne severa e outros problemas cutáneos que ocasionen perda de piel.

  11. faa-manuelcacabelos di:

    A verdade e que é impresionante este pequeno animaliño, polo enlace que puxeches, lin que a súa pel é insensible, é dicir, que non sufre determinados tipos de dor. Pareceme incrible que pódase chamar “plaga” a un ser tan impresionante como este animaliño. De verdade creo que con moito traballo de investigación con esta ratiña e os científicos conseguiran, por fin, a cura contra o cancro.

  12. fab-cporto di:

    Ácido hialurónico: trátase dun glicosaminos, confírelle a este unha estrutura viscosa o que lle dá función de protexer as unións óseas e as articulacións, entre outras funcións. Actúa en certo modo como un lubricante nas articulacións o que evita o rozamento e a protección desta, actúa como un coxín. É un das substancias claves que dan volume á pel, xa que ten a capacidade de absorber 1000 veces o seu peso en auga.

  13. faa-ricardoperez di:

    O ácido hialurónico (AH) son conxuntos de biomoléculas formadas pola unión dunha gran cantidade de monosacáridos. Encontrase entre os glúcidos, e cumplen funcións diversas, sobre todo de reservas enerxéticas e estructurais.
    Úsase na mediciña, é como o material de recheo na ciruxía e odontoloxía estética, utilázase nos implantes e recheos. Éste material, ademáis de alisar os pregues subcutáneos estimula a produción de coláxeno, o que multiplica e prolonga o resultado rexuvenecedor.

  14. Victor di:

    E que é iso dun xene? Dade unha explicación sinxela e entendible xa que é un concepto que utilizaremos moito.

  15. fab-gretageorgieva di:

    Un xene é un segmento de nucleótidos da cadea de ADN que contén información sobre algunha característica en concreto. Os individuos diploides teñen un par de xenes para cada característica, e vaise mostrar un aspecto ou outro dependendo da relacion de dominancia entre eles.

  16. faa-ricardoperez di:

    O xene é un segmento dunha secuencia ordenada de nucleótidos (moleculas entrelazadas) na molécula de ADN (o ARN, no caso dalguns virus) que conten a información necesaria sobre algunha característica (cor de ollo, pel, pelo…).
    Normalmente os humanos temos pares de xenes, un heredado da nosa nai e outro do pai, e dependendo de se é dominante (R) ou recevivo (r), podemos ter unhas características ou outras.

  17. fab-sporto di:

    Dende o punto de vista da xenética, podemos dicir que un xene é unha porción de cromosoma que leva a información para que se manifeste un carácter. Un xene é un anaco de ADN que leva a información para que se fabrique unha proteína.

  18. faa-fatimaf di:

    Un xene é unha secuencia ordenada de nucleótidos, que son moléculas orgánicas, na molécula de ADN ou nalgúns casos, de ARN, que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula, que é una molécula que ten una alta masa molecular, cunha función celular específica.

  19. Victor di:

    A partir dun xene (“trociño de ADN) formarase unha proteina determinada. O Ácido Hialurónico non é unha proteina; entón por que no artigo se dí que depende de determinado xene?

  20. faa-ricardoperez di:

    O ácido hialurónico é unha excepción, é o único que presenta un enlace covalente con proteínas, formando os mucopolisacáridos. A unión á proteína é normalmente do tipo O-glicosídico, e nela interven un trisacárido formado por dúas galactosas e unha xilosa.