ABVAC40…

Tras superar a fase de experimentación con animais, a vacina ABvac40 contra o alzheimer, recibiu permiso da Axencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios (AEMPS) para iniciar o ensaio clínico en humanos.

Este ensaio clínico encóntrase en fase I e é unha fase preliminar. Está destinado a avaliar a tolerabilidade e a seguridade da vacina para pacientes coa enfermidade do alzheimer nos estadios asintomáticos e preclínicos (leve ou moderado).

Actualmente existen tres vacinas contra o alzheimer que se encontran en ensaio clínico. A ABvac40 sería a cuarta e é unha das máis prometedoras, pero aínda ten que demostralo. O medicamento foi desenvolto por Manuel Sarasa e o seu equipo. O seu obxectivo é conseguir a inmunización contra as proteínas tau e beta-amiloides 40 e 42, que nas persoas afectadas acumúlanselles no cerebro e provocan a destrución das neuronas.

O desenvolvemento da vacina forma parte dunha das tres liñas de investigación do grupo Grifols que mantén abertas para abordar de forma integral a enfermidade. As outra variantes abordan a validación dun kit de diagnóstico temperá da enfermidade e o tratamento con medicamentos biolóxicos derivados do plasma.

Autora: Begoña Suárez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to ABVAC40…

  1. Victor di:

    Que tipo de medicamento é unha vacina?

    • faa-marcromero di:

      A vacina consiste en introducir un axente patóxeno no organismo de forma controlada.
      Despois o propio organismo xenera anticorpos específicos para combatir ese virus. Quedando inmunizado durante un tempo.

    • faa-aliciafeijoo di:

      Unha vacina é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo, provoca a producción de anticorpos e con iso, unha resposta de defensa ante microorganismos patoxénicos.

    • faa-saracastro di:

      Unha vacina é un medicamento que reforza a capacidade natural do sistema inmunitario, para protexer así o organismo. Resumindo, é a encargada de protexernos contra posibles infeccións ou enfermidades.

    • faa-begonasuarez di:

      Unha vacina é un preparado de antíxenos que cando están dentro do organismo provoca a produción de anticorpos e con iso, unha resposta de defensa ante microorganismos patóxenos. En xeral, como resposta, prodúcese unha inmunidade frente ao ataque do patóxeno correspondente.

    • faa-manuelcacabelos di:

      As vacinas son un preparado de antíxenos , que provoca anticorpos no organismo, para poder evitar certos virus e/ou enfermidades dalgún tipo. Certamente a vacina provoca a inmunidade.
      Defeito a primera vacina que se descubreu foi para combatir a “viruela”.

    • faa-fatimalago di:

      Unha vaciña é unha substancia que se introduce no organismo para evitar que se desenvolvan determinadas enfermidades. Elabórase a base de bacterias ou virus aos que se lles fixo perder ou disminuir a sua capacidade patóxena (capacidade de producir algunha enfermidade)

  2. fab-gretageorgieva di:

    Unha vacina é un conxunto de antíxenos que unha vez que estan dentro do noso organismo, producen anticorpos que xenera unha certa inmunidade conta o ataque patoxeno correspondente.

  3. fab-iciacores di:

    As vacinas son preparados de antíxenos, que se meten no organismo para provocar unha resposta de ataque denominada anticorpo. Isto xenera na maioría dos casos inmunidade ante unha enfermidade.

  4. faa-igonzalez di:

    A vacina é un preparado de antíxenos que actúa en forma de defensa ante microorganismos patóxenos, producindo anticorpos, o que provoca inmunidad transitoria contra o ataque de determinadas enfermidades.

  5. faa-ricardoperez di:

    As vacinas son substancias (como proteínas, toxinas, partes de bactérias ou vírus, ou mesmo vírus e bactérias inteiros, atenuados ou mortos), que ó ser introduzidas no organismo dun animal, conleva unha reación do sistema imunolóxico semellante á que ocorreria no caso dunha infeción por un determinado axente patóxeno, desencadeando a produción de anticorpos que acaban por volver ó organismo imune ou polo menos máis resistente, a ese axente.

  6. faa-diegocores di:

    Un artigo interesante sobre un tema moi importante, como é encontrar unha cura para enfermidades que como o alzheimer para as que aínda non a hai e que tanto se buscan por causa do numero de enfermos. Espero que algunha desas 4 vacinas sexa a resposta para todos estes problemas, porque creo que sería un gran avance científico e que ao mellor así poderíanse descubrir cousas para outras vacinas de outras enfermidades.

  7. fab-ariadnacordal di:

    As vacinas son un tipo de medicamento que serve para reforzar o sistema inmunolóxico do organismo. Obtéñense a partir dun microorganismo (o virus ou enfermidade que se quere evitar) e ao administralas a unha persoa sá, o seu organismo produce defensas en contra da enfermidade. Así, se a persoa vacinada entra en contacto co virus, as súas defensas protexerano del.

  8. faa-laurarey di:

    É unha molécula que introducida nun organismo, estimula a formación de anticorpos, o que provoca a inmunización preventiva dalgunha enfermidade.

  9. Victor di:

    Describide, de xeito seral, en que consiste o Alzheimer.

    • faa-begonasuarez di:

      O alzheimer é unha enfermidade neurodexenarativa que se caracteriza na súa típica pola pérdida de forma inmediata e doutras capacidades mentais, a medida que as neuronas morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media de dez anos, aínda que isto pode variar dependendo da severidade da enfermidade no momento en cal se diagnostica.

    • faa-fatimalago di:

      O Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa. Causa cambios graduais e irreversibles no cerebro. Estos cambios causan problemas coa memoria e a capacidade de tomar decisións.

    • fab-cporto di:

      A enfermidade de Alzheimer produce unha diminución das funcións intelectuais o suficientemente graves como para interferir coa capacidade para realizar actividades da vida diaria. É a máis común das demencias. É progresiva, dexenerativa do cerebro e provoca deterioración de memoria, de pensamento e de conduta. A persoa que a padece pode experimentar ou sentir confusión, desorientación en tempo e espazo, cambios na personalidade e de conduta, alteracións no xuízo, dificultade para encontrar palabras; finalizar ideas ou pensamentos e para seguir instrucións. Finalmente incapacita a quen a padece a coidarse de si mesmo.

  10. fab-sporto di:

    O Alzheimer é un tipo de demencia, é dicir, unha enfermidade que consiste na perdida de función cerebral. Prodúcese de forma gradual e vai empeorando co tempo, afectando á memoria, o pensamento e o comportamento. Para o seu diagnostico examínase a deterioración de memoria, linguaxe, capacidade de decisión e discernimento e a personalidade.

  11. fab-gretageorgieva di:

    O alzheirmen é unha enfermidade neurodexenerativa que provoca a perdida de memoria progresiva,aparece con maior frecuencia en persoa de idade avanzada. A medida que progresa a enfermidade, aparece a confusión mental, irritabilidade e agresión, cambios de humor, trastornos da lenguaxe, pérdida da memoria de largo plazo e unha predisposición a aislarse.

  12. faa-ricardoperez di:

    O Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa (xénero de desordes conxenitivos, tales como,a enfermidade de Alzheimer, de Parkinson, de Creutzfeldt-Jakob e esclerose múltiple. Estos trastornos conxenitivos débense ó aumento dos procesos de morte celular, reducindo o número de neuronas e xenerando cambios na conducta), que se manifestan como deterioro conxenitivo e trastornos condutuales.

    Caracterízase na su forma típica por unha pérdida da memoria inmediata e otras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren en diferentes zonas do cerebro, éstas atrófianse. Suele durar 10 años, aunque esto pode variar en proporción directa coa severidad da enfermiedade no momento do diagnóstico.

  13. Victor di:

    Por que credes que na actualidade hai máis casos de alzheimer ca hai 50 anos?

  14. faa-ricardoperez di:

    Varios estudos epidemiolóxicos propuxeron diversas relacións entre certos factores modificables, tales como a dieta, os riesgos cardiovasculares, productos farmacéuticos ou as actividades intelectuais.

    Eu opino que nos últimos 50 anos a poboación española abusou dos medicamentos, un dos factores que afectan ó alzheimer.

  15. fab-aidagonzalez di:

    Unha das razóns polas que aumentaron os casos de alzheimer podería ser o aumento da esperanza de vida en todo o mundo , o que da lugar a un aumento de persoas con alzheimer ao ter unha vida máis lonxeva , a diferenza de hay 50 anos.

  16. Victor di:

    Cal é o proceso que segue un medicamento desde que se comeza a investigar ata que se permite a súa comercialización?

  17. faa-ricardoperez di:

    A industria farmacéutica é un sector empresarial dedicado á fabricación, preparación y comercialización de productos químicos medicinais para o tratamiento e a prevención das enfermidades. Algunhas empresas do sector fabrican productos químicos farmacéuticos a granel (produción primaria), e prepáranos para o uso médico mediante métodos coñecidos como produción secundaria. Esta industria está suxeta a unha gran variedade de leis e reglamentos con respeto á patentes, probas e comercialización dos fármacos.

    Moitas destas compañías realizan tarefas de investigación e desenrolo (I+D) co fin de introducir novos tratamentos mellorados. Nalgúns países, cada etapa de probas de novos fármacos con animais domésticos (de granxa ou de laboratorio) ou con seres humanos, teñen que recibir a autorización dos organismos reguladores nacionais. Se se produce a aprobación final concédese a autorización para utilizalos en condicións determinadas. Notros países pódese obter o permiso de distribución dun fármaco presentando a autorización do país de orixe.

  18. faa-noeliaparracho di:

    O proceso comeza co chamado “Screening sistemático”. Nun laboratorio hai moitas substancias naturales que os investigadores van probando ó azar para descubrir se esa substancia ten algún tipo de posible uso farmacéutico. Cando se comproba que esa substancia ten unha acción comézase a probar en animais para comprobar cales son as dosis adecuadas. Cando hai unha dosis fixa compáranse con outros fármacos para saber se sería útil comercializala. Cando ese proceso é realizado chegan as probas en seres humanos. A primeira vez próbase en humanos sanos para ver que non ten ningunha acción perxudicial. A segunda vez próbase nun número reducido de enfermos para regular as dosis. Despois próbase en gran número de enfermos e compárase con outros fármacos. Se todo este proceso é superado pódese comercializar, aínda que despois o fármaco seguirá baixo vixilancia durante un período de tempo duns 2 ou 3 anos.