TENTANDO SALVAR

En Galicia hai moitas  especies que se atopan en perigo de extinción, pero pode que haxa salvación para algunhas. Unha das especies que está en perigo de extinción é o Desmán Ibérico; un mamífero acuático de pequeno tamaño  que habita na Península. Este animal adoita coñecerse polo nome de “rata da auga”, pola semellanza que ten cunha rata.

Desmán Ibérico

O principal problema de que se atope en perigo de extinción é a contaminación da agua, xa que habita nela e se alimenta das las larvas que se atopan alí. Outra razón importante é a destrucción do seu habitat no que se están a construír centrais hidroeléctricas e encoros que extraen auga, sen deixar sitio para que vivan estes animais.

Pero non todo está perdido para eles. Nestes días, o Secretario do Estado do Medio Ambiente e o Presidente do Goberno de Extremadura presentaron o proxecto Life + Desmania e a Estratexia Nacional de Conservación del Desmán Ibérico. Con estes proxectos están intentando salvar as escasa poboacións destes animais para que non nos quedemos sen eles.

Logotipo do proxecto LIFE + DESMANIA

Nós tamén podemos axudar aos animais, tentando non contaminar os  seus habitats, deixar de realizar construccións innecesarias que soamente serven para a súa desaparición e en conclusión, tratalos mellor. Non debemos ter os ollos pechados.

 

Autora: Aida González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to TENTANDO SALVAR

  1. Victor di:

    Comecemos polo principio. Como vedes, en Galiza, a este animal se lle chama rata de auga; pero ten que ver coas ratas? Os humanos pertencemos ao grupo dos primates; a que grupo pertencen estes animais?

    • faa-manuelcacabelos di:

      O único que ten que ver o Desmán Ibérico cunha rata é no seu parecido físico, poís as ratas son roedores miomorfos, pertencen á familia Muridae e alimentanse de case todo( son omnívoras), mentres que os Desmáns Ibéricos son soricomorfos, pertencen á familia Talpìdae e aliméntanse de larvas.

    • faa-fatimalago di:

      Este animal tamén é chamado “rata de auga” debido a que as súas patas traseiras, robustas e áxiles, son moi semellantes ás dunha rata, mentres que as súas patas dianteiras, adaptadas para escarbar na terra e facer madrigueiras son moi semellantes ás dun topo.
      Este animal pertence ao grupo dos “mamíferos soricomorfos”, que son una especie de mamíferos placentarios.

    • faa-estebanpintos di:

      Primeiro, o desmán ibérico é do orden de mamíferos placentarios e as ratas son mamíferos roedores; segundo, as diferenzas entre estes dos tipos de mamíferos son, o hábitat do desmán ibérico son os ríos torrentes e lagos, en cambio a rata adáptase a calquer hábitat terrestre excapto desertos e glaciares, e outra diferenza aprezable é que o desmán é un puco máis pequeno que a rata (entre 11 e 16 cm o desmán e entre 21 e 27 cm a rata).

    • fab-marcosdaporta di:

      Esta especie de animal non é da familia das ratas, as ratas son da familia muridae mentres que os demáns son da familia talpidae. Os demáns son familiares dos topos.

    • fab-iriamartinez di:

      Estes animáis pertencen a familia dos topos, chámanlle rata de agua xa que físicamente é moi similar a unha rata. Existen dentro da Península 2 subespecies, Rufulus y Pyrenaicus, sendo a primera de inferior tamaño e ocupando a franxa cantábrica, mentres que a segunda, que eé máis grande se limita a vivir únicamente nos Pirineos. O Desmán aliméntase principalmente de todo tipo de invertebrados acuáticos, podendo capturar ocasionalmente crustáceos e algús peixes pequenos. Este animal pertence ao grupo dos mamíferos soricomorfos, que son unha especie de mamíferos placentarios.

    • faa-begonasuarez di:

      Ao desmán ibérico se lle chama rata de auga, só polo seu parecido con ela. É unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae, que habita en zonas montañosas do norte da Península Ibérica e o Sur de Francia.

  2. faa-fatimaf di:

    Polo que puiden ver por internet o único parecido que teñen estes animais coas ratas é a súa cola e as súas patas traseiras xa que as dianteiras semellan máis ás dun topo e o seu fouciño ó da musaraña.
    P.d: No segundo parágrafo pon: se alimenta das “las” larvas que se atopan alí.

  3. faa-fatimaf di:

    Estes animais pertencen ó grupo dos mamíferos soricomorfos.

    • Victor di:

      E cales son as características dese grupo ?

      • fab-mmendoza di:

        Os soricomorfos son unha orde de mamíferos placenteiros que conteñen ás familias Nesophontidae, Solenodontidae, Talpidae e Soricidae. Os membros desta orde pertencen á desaparecida orde Insectivora.

      • faa-fatimalago di:

        Os soricomorfos son unha orde de mamíferos placentarios. Se os comparamos co resto dos mamíferos pódese decir que estos son de pequeno tamaño. Algunhas das especies de soricomorfos teñen uns modos de reproducción parecidos aos dos insectos, con alta descendencia e esperanza de vida de menos de un ano. Existen especies que necesitan comer o seu peso en insectos, e poden chegar a morrer se pasan máis de 4 horas sen comer. Sin animais principalmente carnívoros que soen comer pequenos organismos. A maior parte destas especies viven entre matorrais, algúns son acuáticos e outros que pasan toda a súa vida baixo terra, no caso dos topos.

  4. fab-sofiacastineiras di:

    O Desmán Ibérico é un mamífero soricomorfo, parecese atómicamente á rata e ó topo. A parte trasera do seu corpo recorda ao da rata, en cambio a delantera semella ao do topo. Tamén ten rasgos da musaraña, como o fouciño. Non creo que teña que ver coas ratas, nada máis que polo feito de que ten algunha que outra característica da rata.

  5. faa-martinlosada di:

    Este animal pertence ao grupo dos roedores, máis concretamente a familia dos cricetidae, a esta familia tamen pertencen outros animais máis coñecidos, como poden ser o hamster ou o raton de campo.
    Este animal, máis a rata teñen un parecido físico, e tamén ambolos dous son roedores, pero teñen moitas diferencias, empezando polo hábitat, a rata, que se atopa practicamente en todo o mundo, ten unha distribución moi superior a rata de auga, que so se encontra en Francia e na Península Ibérica. Teñen un peso similar pero as ratas de auga son máis pequenas, tanto de corpo como no tamaño da cola, e por último as ratas adoitan ter unha descendencia moito mayor a das ratas de auga.

  6. fab-mmendoza di:

    Foron descritas catro especies do xénero Galemys, tres delas son fósiles e só G. pyrenaicus mantense na actualidade. A subfamilia Desmaninae, caracterizase polas suas adaptacións acuáticas dende finais do Mioceno (fai 15 millóns de anos).

  7. Victor di:

    Nos somos primates, as ratas de auga son insectivoros. Que comen as ratas de auga?

    • fab-mmendoza di:

      As ratas de auga alimentanse de invertebrados bentónicos reófilos dun tamaño xeralemente grande, principalmente larvas de tricópteros (94% de frecuencia media de excrementos), plecópteros (39%) y efemerópteros(8%).

    • faa-fatimalago di:

      AS ratas de auga aliméntanse de todo tipo de sementes, tallos e raíces de plantas e árbores, frutos (castañas…) productos da horta e algúns invertebrados.

  8. fab-gretageorgieva di:

    Aliméntase principalmente de todo tipo de invertebrados acuáticos, puidendo capturar ocasionalmente crustáceos e algúns peixes pequenos.

  9. fab-sporto di:

    As ratas de auga alimentanse de invertebrados bentónicos reófilos dun tamaño xeralemente grande, principalmente larvas de tricópteros (94% de excrementos), plecópteros (39%) y efemerópteros(8%).

  10. fab-sporto di:

    A rata de auga pode encontrarse dende o nivel do mar, nas zonas de albufeiras, deltas e desembocaduras de ríos, ata os 2.300 metros en que foi citada en Serra Nevada (Granada), ocupando gran parte do territorio peninsular e sur de Francia. A súa presenza insular limítase a algunhas illas atlánticas da costa francesa. Está activa todo o ano, tanto de noite coma de día, aínda cando prefire as primeiras horas da mañá e ata media tarde.
    A pelaxe da rata de auga é curta e densa, adaptado para a auga e o mergullo, o que se dá moi ben á especie, que pode chegar a comer baixo a auga. O pelo é moi escaso nos pés e cola, aínda cando ten cubertas de pelo as plantas das patas posteriores. A cor da capa ou pel é variable e vai dende o pardo ao negro, pasando pola cor marrón, con tonalidades avermelladas no dorso, sendo o ventre de característica cor gris sucia.

  11. fab-ariadnacordal di:

    A rata de auga nútrese a base de insectos e larvas acuáticas, os cales atopa entre as rochas ou nas areas do fondo. Tamén se alimenta de crustáceos, pequenos peixes, caracois e gusanos.

  12. faa-igonzalez di:

    As Ratas de Auga teñen unha dieta fundamentalmente vexetariana: aliméntase de todo tipo de semillas, talos e raíces de plantas e árbores, frutos (castañas, bellotas, almendras), cortezas, productos de horta e tamén pequenos invertebrados.

  13. fab-jairotroncoso di:

    Este animal, non ten que ver coas ratas nin ratóns. O único que se parece e na forma física, xa que é pquena e moi parecida. Este animal como ben dicen os meus compañeiros pertence ao grupo dos sirocomorfos, que habita nos pirineos.

  14. faa-veronicanoya di:

    A súa alimentación componse de pequenos invertebrados, como insectos, pequenos crustáceos e lombrices acuáticas.

  15. Victor di:

    E agora, ao importante; podedes dar algunha razón para conservar á “rata de auga”?

  16. faa-ricardoperez di:

    Pois na actualidade, poden ser uns `sensores´ de se algo vai mal nun rio, xa que éstas se alimentan de pequenos insectos, pequenos crustáceos e lombrices acuáticas. Polo tanto se as condicións do rio melloran ou empeoran, o número destes insectos aumentará ou reducirá, provocando que a `rata de auga´ o detecte.
    Na antigüidade usábase no Delta do Ebro, chamándolles taus,e eran cazadas pola súa carne. Ó ser un roedor que se alimenta de cereales é bo pra comer.