COMBUSTIBLES DO PASADO?

Hoxe en día, todos nós, estamos acostumados a vivir comodamente e temos todo a man… ; se necesitamos combustible para o noso coche, podemos achegarnos a unha gasolinera e botarlle ao coche o que necesitemos, se en inverno temos frío, podemos ter unha calefacción de gas natural ou outros gases, ou mesmo se queremos facer unha churraqueira coa nosa familia ou amigos usamos carbón (ou leña). É verdade que para estas cousas temos que pagar por utilizalas, e nos últimos tempos aínda máis, pero mentres que hoxe estamos acostumados a todo isto…, un día chegara o momento en que non haberá máis combustibles destes.

Estes combustibles fósiles están desde hai moito tempo, por iso se chaman fósiles, e forman parte das enerxías non renovables, e por iso chegará un día en que se acabarán, por iso hai que descubrir a maneira de encontrar outra fonte de enerxía para poder seguir. A maioría destas cousas sustituíronse pola electricidade, tanto nos coches como na calefacción, chegara un momento donde xa non nos faga falta estos combustibles fosiles.

 

Autor: Jairo Troncoso

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada . Garda o enlace permanente.

28 Responses to COMBUSTIBLES DO PASADO?

  1. Victor di:

    Xa sabedes que podedes facer comentarios neste artigo e no anterior.

    Jairo, neste artigo dí no derradeiro parágrafo: “A maioría destas cousas sustituíronse pola electricidade, tanto nos coches como na calefacción, chegara un momento donde xa non nos faga falta estos combustibles fosiles.”

    Parécevos correcto o que afirma?

    • fab-ariadnacordal di:

      Non me parece de todo correcto. Se ben é certo que agora existen coches que funcionan a base de electricidade, aínda se segue a empregar maioritariamente o gasóleo, que provén dun combustible fósil (o petróleo), para facer funcionar os vehículos. Isto non debería ser así, pois ademais de que o uso do gasóleo nos automóbiles non fai máis que propiciar o cambio climático, hai múltiples conflictos entre nazóns por culpa da extracción ou compra-venda de petróleo.
      É certo que cada vez empregamos máis as fontes de enerxía renovable, pero aínda as podemos explotar moito máis. Cómpre que nos mentalicemos e botemos man destes recursos limpos, pois cos combustibles fósiles soamente danamos o planeta.

  2. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Na miña opinión, paréceme posible, xa que co que se está a avanzar nas áreas de ciencia e tecnoloxía nun futuro, eu creo que lexano, poderiamos prescindir deste tipo de combustibles ou polo reducir drásticamente o seu consumo, xa que contribúen ó quecemento do noso planeta por acumulación excesiva de gases efecto invernadoiro.
    Un bó exemplo deste gran avance tecnolóxico, sería a existencia de automóbiles completamente eléctricos ou dos híbridos que reducen en gran parte o consumo de combustible (gasolina) por parte do motor do automóbil e que por outra banda axudan ó aforro de cartos e de emsións de CO2.

  3. fab-javiercarou di:

    Eu creo que haberá un momento no que xa non utilizaremos combustibles fósiles (petróleo, gas natural e carbón), xa que son finitos. Daquela teremos que recurrir ao uso de enerxías menos contaminantes como a enerxía solar, a enerxía eólica, a electricidade, etc.

    • faa-christiancacabelos di:

      Espero que non agardemos ata punto de esgotar os combustibles fósiles, xa que nos podería perxudicar en diversos factores, quecemento da temperatura da Terra, fundimento dos polos e aumento obvio do nivel do mar, atraso en desenvolvemento de certas tecnoloxias, xa que lles é menos rentable que o petróleo, que experimentou unha importante suba no seu prezo, que o gas e demáis combustibles non renovables.

      En conclusión, hai que actuar xa se queremos deixar algo de planeta para as futuras xeracións e tamén así concencialas para que non sigan unha dinámica errónea.

  4. faa-fatimalago di:

    Na miña opinión o que di Jairo de que chegará un momento donde xa non nos faga falta estos combustibles fósiles é totalmente posible, xa que como di Christian hoxe en día o mundo da ciencia está moi avanzado, e así como puideron reducir o uso de combustible (gasolina) a través dos coches híbridos, poden chegar a discurrir outras ideas para reducir ou eliminar o uso doutras enerxías non renovables.

  5. faa-ricardoperez di:

    Eu penso que poderíamos e deberíamos sobrevivir sen eles, xa que nun momento dado van a esgotarse, e se nos vamos adaptando a explotalos menos, nun futuro vindeiro non precisariamos deles.

  6. Victor di:

    A cuestión que plantexaba eu era que a electricidade será unha enerxía limpa dependendo de como se consiga. Gran parte da enerxía eléctrica de Galiza se produce na Central Térmica de AS Pontes (non se obtén limpamente).
    Que é unha central térmica?

  7. faa-christiancacabelos di:

    Unha central térmica é aquela que queima carbón ou lixo para quencer auga que logo se converte en vapor e así move unha serie de turbinas que producen electricidade, é unha enerxía sucia xa que de necesita queimar gran cantidad de carbón ou lixo para transformar a auga en vapor e así producir electricidade, ademáis de que co uso deste tipo de centrais se producen partículas (SO3) que dan lugar á chuvia ácida ao xuntar se ás gotas de auga e transformarse rápidamente en ácido sulfúrico (H2SO4) que produce devastación nos bosques e acidificar o terreo.

  8. Victor di:

    No seu artigo, Jairo fala do combustible da churrasqueira (en castelán “barbacoa) e menciona o carbón e, entre paréntese a leña.
    O carbón que se vende no super di: Carbón vexetal; trátase dun combustible fósil?, e a leña?

    • faa-fatimalago di:

      Non, o carbón vexetal non é un combustible fósil porque o carbón vexetal obtense a partir do quentamento de madeira e residuos vexetales, co cal procede de recursos renovables. A leña tampouco se pode considerar un combustible fósil, xa que é algo que se pode obter a partir da madeira dos árbores e pódese repoñer por procesos biolóxicos, e nos combustibles fósiles isto non sucede.

    • faa-laurarey di:

      O carbón vexetal si que se trata dun tipo de combustible fósil, pois obtense como resultado da transformación da madeira, nunhas pilas carboeiras, cunha temperatura de 3000 -4000.
      Pola contra, a madeira trátase dun tipo de enerxía renovable ( biomasa) xa que se obtén a partir dun proceso biolóxico.

    • fab-martapalacios di:

      O carbón vexetal é un material combustible sólido, fráxil e poroso cun alto contenido en carbono. Pordúcese polo quencemento de madeira e residuos vexetais. O poder calorífico do carbón vexetal oscila entre 29.000 y 35.000 kJ/kg, e é moi superior ó da madeira, que oscila entre 12.000 y 21.000 kJ/kg.
      O carbón vexetal é o primero material de carbón utilizado polo home e o seu uso data probablemente dende o mesmo momento no que se comeza a utilizar o lume, así pois, si que é un combustible fósil xa que existe dende hai moito tempo.
      O carbón vexetal úsase maioritariamente como combustible, non só de uso doméstico senon tamén industrial, especialmente nos países en vías de desarroio. A produción de carbón vexetal ten un importante impacto ambiental que é necesario disminuir.

  9. fab-javiercarou di:

    A leña, ao queimarse produce unha enerxía útil. Esta enerxía extráese da biomasa polo que non se pode tratar dun combustible fósil. O carbón vexetal provén da carbonización da madeira, polo que tampouco é un combustible fósil.

  10. fab-sporto di:

    A definición de combustible dinos que é un material capaz de liberar enerxía mediante o cambio ou transformación da súa estrutura química (combustión). Este proceso xera a liberación dunha enerxía utilizable (por ser unha reacción química coñecida como enerxía química). Xeralmente trátase de substancias susceptibles de queimarse, aínda que existen algunhas excepcións.
    No caso da leña si que sería un combustible fósil xa que xera enerxía tendo un cambio na súa estructura e clasifícase nos combustibles fósiles sólidos.

  11. fab-aidagonzalez di:

    Un combustible fósil e aquel que está formado por elementos que proveñen da terra , polo que o carbón vexetal si que é un combustible fósil, xa que está formado por residuos vexetais como a madeira.

  12. fab-iciacores di:

    Si, o carbón vexetal trátase dun combustible fósil, isto quere dicir que son restos vexetales ou doutros organismos vivos sepultados no pasado e que se formaron pola acción de microorganismos en condicións de alta temperatura e presión. Na miña opinión a leña non sería combustible fósil xa que se consegue mediante a tala de árbol, e os árboles non corresponden as caracterías de quedar sepultados no pasado, senón que sempre estiveron ahí.

  13. fab-noerodriguez di:

    O carbón vexetal está composto por madeira e residuos vexetais quentados a altas temperaturas (polo tanto non é un combustible fósil). O poder deste combustible é moi superior ao da madeira.
    A leña que utilizo eu, soe ser madeira que non ten outra función posible (pólas ou troncos vellos, normalmente procedentes de cepas). Esta madeira, mediante uns procesos, podería convertirse en carbón vexetal sen dúbida, como xa indiquei ao principio.

  14. faa-marcromero di:

    Boas,
    Falemos claro, os combustibles fósiles están por esgotarse, xa no é aquelo dos anos noventa de: “temos que facer algo”, non, os combustibles fosiles esgotaranse pronto (o xa no será rentable para as empresas e o tendremos que pagar a precio de ouro) temos que buscar unha alternativa XA.
    A electricidade xa non é una alternativa enerxetica, agora mesmo é a ÚNICA que coñecemos, pero este tipo de enerxia ten que ser “transformada” (que non creada, “a enerxía non se crea nin se destrúe”) e os medios que temos actualmente contaminan brutalmente, centrais térmicas e termonucleares.
    Continuemos falando claro, as enerxias renovables non son a alternativa, esquezámonos por agora. Non son suficientemente eficientes e moitas veces non son tan “limpias”.
    A solución para o meu parecer? INVESTIGAR, INVERTIR en I+D. A solución e a enerxía de fusión nuclear, a solución tena a ciencia.

  15. faa-ricardoperez di:

    Na miña opinión sí, porque o carbon xérase a partir de restos de prantas prehistoricas, polo tanto ten orixe `vexetal´ entre outras.
    Por outra parte, a leña tamén, xa que ó queimala en proporcións moi baixas de osíxeno, se obten unha especie de carbón.

  16. faa-ricardoperez di:

    Una central térmica es aquella que quema combustibles fósiles(como petróleo, gas natural o carbón, para generar energía(Calor), moviendo así un alternador y producir energía eléctrica.

  17. faa-ricardoperez di:

    Na miña opinión, javier carou (ultima resposta) en parte está no certo,pero por outra parte non. É certo que a enerxía solar e eólica estará mentres nós habitermos a Terra, pero a eléctrica usa a queima dos combustibles fósiles (como carbón, gas natural e petróleo). Aunque a enerxía eléctrica tamén pode ser xerada pola chamada Enerxía Mareomotríz (Aprobeitando a Preamar para encher un empalme (presa) e a Baixamar para que a forza da auga faga xirar unhas turbinas, xerando así Enerxía eléctrica)

  18. Victor di:

    Os combustibles fósiles (carbón e petroleo) proceden de seres vivos do pasado. A madeira, o carbón vexetal ou os bioalcois proceden de restos de vexetais actuais.
    Porque se considera que os primeiros producen un aumento do CO2 global (e, polo tanto, gran aumento de efecto invernadoiro) e os segundos non?

    • fab-marcosdaporta di:

      Sencillamente porque os restos fósis están soterrados e cando os consumimos botámolos á atmósfera mentres que os procedentes de restos vexetais actuais, xa estaban na atmósfer, polo tanto non engaden nin eliminan CO2 a atmósfera.

      • Victor di:

        Cometes erros na redacción da túa explicación e, como cnsecuencia, non se entende. Estás dicindo que os restos vexetais están na atmosfera?

  19. faa-igonzalez di:

    Os combustibles fósiles procedentes dos seres vivos do pasado. Están enterrados baixo terra dende hai millóns de anos, o que quere decir que están podres e descompostos os materias que forman estes combustibles fósiles, o que nos indica unha maior emisión de CO2. Os combustibles que proceden de vexetais actuais, non soen estar podres e tampouco conteñen CO2 dos volcáns antigos, por iso emiten menos cantidade de CO2.

  20. faa-christiancacabelos di:

    Hola!
    Como apuntas na túa pregunta, os fósiles contaminan máis debido a que conteñen mais carbono que os demáis, xa que ó descompoñerse a materia dos seres vivos, troca a materia orgánica por minerais, de ahí o seu alto contido en carbono e que ó estar soterrado e agora sacalo á superficie e queimalo, contamina máis que a materia orgánica máis actual xa que foi creada doutra maneira completamente diferente a como se formou na antigüidade, ademáis de que a máis actual absorbe CO2 e elimina certa parte do CO2 que se encontra no aire.

  21. Victor di:

    Enténdese que neste xa non se pode comentar porque hai outros tres artigo posteriores. Pro sobre esta temática seguiremos debatendo en artigos posteriores.