SOMOS CULPABLES

O IPCC ven de reunirse e a súa principal conclusión é que está moi claro que a actividade humana é a causante do cambio climático (a orixe humana deste problema, calcúlase en máis dun 90%). Semella que isto era algo que xa sabiamos pero a realidade é que os novos datos dos últimos seis anos son concluíntes.

Así que se agaradan, segundo a ONU, ondas de calor, sequías, inundacións e aumentos do nivel do mar (de 26 a 82 cm a final de século) de non reducir as emisións de gases causantes do efecto invernadoiro.

Unha das conclusións da última reunión do IPCC é que a temperatura global subirá sobre 2º C a fins de século de non reducir, rapidamente, a redución dos gases que causan o efecto invernadoiro. Este dato apórtanos unha esperanza para cambiar a política industrial agresiva de moitos países; o futuro aínda está nas nosas mans.

Os datos que aporta este informe xa non deixan lugar a dúbidas: o aumento do nivel do mar acelerouse, a taxa de desxeo do Ártico duplicouse, os glaciares e casquetes polares fúndense a maior velocidade e os océanos están acidificándose. Xa non queda tempo para a especulación.

Autor: Víctor Caamaño

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

50 Responses to SOMOS CULPABLES

  1. Victor di:

    Que significa “Efecto Invenadoiro”? Podemos consideralo algo negativo para a vida no planeta Terra?

    • faa-begonasuarez di:

      EFECTO INVERNADOIRO:
      O efecto invernadoiro é un fenómeno polo cal determinados gases (compoñentes da atmosfera), reteñen parte do calor que chega á Terra. Este fenómeno evita que a enerxía recibida constantemente non sexa devolta inmediatamente ao espazo, producindo no planeta un efecto similar ao dun invernadoiro. Este efecto está moi acentuado na terra debido a certos gases coma o dióxido de carbono e o metano, debido á actividade humana.
      O efecto invernadoiro é esencial para a vida no planeta, sin CO2 máis vapor de auga, a temperatura da Terra sería moito menor, o que faría inviable a vida. O negativo é que o CO2 presente na atmosfera está crecendo moi rápido por culpa dos gases que nós emitimos contitunamente.

  2. fab-jairotroncoso di:

    Na miña opinión, claro que o efecto invernadoiro é algo negativo para a Terra, debido a que está causandolle dano. A maioria da culpa temola nós por emitir a diario tanto CO2, por eso deberiamos rebaixar as emisions.

  3. Victor di:

    Non estou de acordo con Jairo, sobre que o efecto invernadoiro é algo negativo para a Terra; por que?

  4. fab-noerodriguez di:

    O efecto invernadoiro é un fenómeno polo cal certos gases (Dióxido de Carbono, Vapor de auga…) fan unha especie de capa na atmosfera do noso planeta que dá orixe a que a radiación emitida polo Sol, non saia reflexada de volta ao espazo, senón que quede aquí, na Terra. En parte isto é beneficioso, dado que isto fai que o planeta esté sempre quente e sen este efecto non poderiamos vivir, pois a temperatura diminuiría considerablemente. Pero o exceso desta acumulación de gases fai que gran parte da enerxía que debería ir cara o espazo quede na Terra, aumentando a temperatura atmosférica e o quencemento do chan, dando orixe ao Cambio Climático.
    O Cambio Climático é algo normal, o aumento da temperatura é un feito que se orixina de forma natural, non obstate, o problema é que estámolo acelerando. Se a temperatura terrestre aumenta 1ºC cada 500 anos, non o notariamos, pero sendo 2º nun século… Os animais non poderán adaptarse a tempo, e incluso nós o pasaremos mal. Así que definitivamente, o Efecto Invernadoiro é algo bo… Pero en certas medidas.

    • Victor di:

      Non fan unha capa na atmosfera, senón que son a atmosfera.
      O cambio climático non é normal; é totalmente anormal aínda que se ten producido en diferentes períodos da historia do planeta.

      • fab-noerodriguez di:

        Non obstante, opino que a temperatura do planeta non sería sempre igual a pesar de que non houbese un efecto invernadoiro tan grave como o actual. Pero isto é a miña opinión. Considero que a temperatura media do Planeta puido cambiar ao longo do tempo ( que, de feito pasou, aínda que de formas moi drásticas, como a idade de xeo). Quizais a comezos Idade Media a temperatura media era menor que no século da Revolución Industrial, pero posiblemente a diferencia fose mínima, de un grado ou dous. Por iso ao ser un cambio tan insignificante non o notariamos. Non obstante, ao aceleralo como dixen no meu comentario, estamos producindo un aumento de temperaturas incrible. Pero repito que é a miña opinión, ti considéraa como vexas.
        P.D: Grazas pola aclaración respecto a que os gases pasan a ser a atmosfera, non unha capa.

  5. fab-manuelgonzalez di:

    O efecto invernadoiro consiste na retención de determinados gases emitidos polo sol,que ó chegar a superficie terrestre “rebota” cara o espazo outra vez,e a atmósfera evita que se perda todo o calor. O efecto invernadoiro na súa orixe non e perxudicial para o ser human,todo o contrario,evita que estemos a unha temperatura moi baixa,e axuda a algúns seres vivos sobrevivir,pero o que esta acontecendo nos últimos anos e que o nivel de dióxido de carbono sube,provocando que reteña moito máis estés gases nocivos,provocando subidas de temperaturas,e polo tanto,a subida de nivel do mar,,….

  6. fab-ariadnacordal di:

    Porque o Efecto Invernadoiro é necesario para que poida existir a vida no planeta; é un conxunto de gases encargado de regular a temperatura da Terra e de que a calor non escape ao espazo. Ademais, a capa de ozono reflicte a maior parte de radiación ultravioleta procedente do sol (a cal é perxudicial en diversos aspectos).
    Non obstante, todo en grandes cantidades é malo. Debido ó exceso de produción de CO2, o Efecto Invernadoiro está facendo que a temperatura terrestre aumente e isto provoca o Cambio Climático.

  7. faa-marcromero di:

    Ola, en principio estou completamente de acordo co o que di Ariadna, mais creo que errou (ou entendina mal) na parte que di que a capa de ozono esta beneficiada polos gases de efecto invernadoiro. Pois ao contrario, alguns gases (Clorofluocarbonos) que as nosas industrias liberan a o mesmo tempo que os gases que provocan o efecto invernadeiro, provocan fisuras na capa de ozono que esta formada casi excusivamente de una molecula formada integramente de oxigeno, o O3. Polo tanto, podese decir que estamos atacando a nosa atmosfera con unha arma de doble filo.

    (Perdón polas faltas de ortografía)

  8. Victor di:

    Hia algunha relación entre o cambio climático e o burato na capa de ozono?

    • fab-marcosdaporta di:

      Non directamente, aínda que é certo que o burato na capa de ozono pode variar o nivel do CO2. Nos mares tropicais absórbese moito calor e CO2 e o burato de ozono varía as correntes mariñas podendo provocar un cambio. Neste sentido sí que están relacionados pero son conceptos distintos.

  9. fab-noerodriguez di:

    Os dous tedes razón pero estades a falar de cousas distintas.
    Ariadna fala dos beneficios do efecto invernadoiro, que fai que parte da radiación do Sol non se reflexe cara o espazo, senón que quede aquí, na Terra, mantendo unha temperatura soportable.
    Marc fala sobre a Capa de Ozono e o efecto que teñen sobre ela os gases Cluorofluorocarbonados, a cal retén parte da radiación solar impedindo que esta penetre directamente na atmosfera, cousa que ocasionaría que a radiación ultravioleta emitida polo Sol resultase letal para a vida. O problema é que debido aos gases mencionados antes polo meu compañeiro Marc, esta capa refínase, ocasionando a penetración directa dos raios solares. Esta capa, como se ve na imaxe que vos expoño a continuación nun enlace, afecta principalmente aos Polos Norte e Sur, ocasionando o desxeo dos mesmos (principalmente no Sur).

    http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f3/Antarcitc_ozone_layer_2006_09_24.jpg

    Así pois, o efecto resultante por estes dous fenómenos, ocasiona que o Cambio Climática vaia cada vez a máis e máis rápido, e, como xa indiquei antes, iato provoca un GRAVE Cambio Climático.

  10. faa-igonzalez di:

    Eu creo que o burato na capa de ozono e o cambio climático están moi relacionados, xa que o burato cada vez está a aumentar máis igual que o cambio climático está indo a peor. Por outro lugar, os dous crean alteracións no noso planeta, ben quentandoo máis (cambio Climático)ou cambiando as correntes, ventos, etc, dos hemisferios (burato na capa de ozono).

  11. fab-iciacores di:

    O cambio climático e a capa de ozono son dúas cousas distintas polo que non necesariamente están ligados entre si. A reducción da capa de ozono é a consecuencia do uso dos gases CFC, mentres que o cambio climático é producido polo CO2 e outros gases que provocan o efecto invernadoiro. Sen embargo, os dous son provocados pola acción humana.

  12. fab-iriamartinez di:

    Denominase efecto invernadoiro o fenómeno polo cal algúns gases componentes da atmósfera retén parte da enerxía que o chan emite tras ser enviado polo sol. Podría decirse que o efecto invernadoiro é un fenómeno natural que permite manter una temperatura agradable na Terra,xa que retén parte da enerxía do sol,pero últimamente os niveles de dióxido de carbono suben,tendo consecuencias a escala mundial:
    – O desxeo dos casquetes polares,provocando o aumento do nivel do mar.
    – A temperatura e as choivas sofren modificacións.
    – Aumento da desertificación.
    – Cambios más estacións,provocando a migración das aves,a reproducción de seres vivos,etc…

  13. Victor di:

    É o CO2 o gas que produce máis efecto invernadoiro?

    • faa-begonasuarez di:

      O dióxido de carbono (CO2)é o principal causante do efecto invernadoiro, pero o metano tamén contribúe notablemente a este efecto (CH4).

  14. fab-javiercarou di:

    O CO2 é un dos gases que produce o efecto invernadoiro. Sen, embargo, o metano (CH4) é o gas que máis contribue á producción deste efecto xa que, cada 100 anos, 1 kg de CH4 quenta a Terra 25 veces máis que 1 kg de CO2. O que pasa é que na Terra hai moita máis masa de CO2 que de CH4, polo que o gas principal desta producción é o CO2.

    • Victor di:

      Por certo; de onde procede o metano (CH4)?

      • faa-manuelcacabelos di:

        O gas metano(CH4) procede da putrefacción, en ausencia de osíxeno (O2), das prantas.
        Tamén hai gas metano nas minas de carbón, que é moi perigoso, polo feito de ser explosivo e inflamable.
        o metano é un gas de efecto inverndoiro, que contribue ó quentamento global.

      • fab-marcosdaporta di:

        A maior parte do metano (CH4) procede das extraccións de gas natural e, a pesar de que parece que o digo en broma, dos excrementos do gando, especialmente o vacún, e a descomposición da biomasa e estiercolés. A producción de metano incrementouse estes últimos anos debido ás novas técnicas de agricultura e das explotacións de campos de gas natural. Todo por culpa da acción humana.

  15. fab-jairotroncoso di:

    O CO2 é un dos gases que afecta ao efecto invernadoiro pero tamen hai moitos mais gases, como ben dice Javier Carou, tamén esta o metano, entre eles,solo que o CO2 é o que máis perxudica a capa de ozono.

  16. fab-martapalacios di:

    O dióxido de carbono (CO2) é o principal gas emitido polas actividades humanas e aparece pola queima de combustibles como petróleo, gas natural ou carbón. O CO2 é un dos gases que produce o efecto invernadoiro e aínda que o metano é o gas que máis contribúe, dacordo co que dixo Javier, na Terra hai máis cantidade de CO2 que de metano, por iso denomínaselle o gas principal. O CO2 Tamén é un producto secundario de algúns procesos químicos, como a manufacturación do cemento. A combustión e outras actividades relacionadas á produción de enerxía representan o 82% das emisións de gases invernadoiro.

  17. Victor di:

    Cal vos parece o argumento máis forte para demostrar que realmente estamos a padecer un cambio climático?

  18. fab-javiercarou di:

    Eu creo que unha das causas máis graves do cambio climático é o desxeo dos polos. Isto fai que o nivel do mar suba considerablemente. Hai científicos que din que o nivel do mar poderá subir 20 metros dentro de 90 anos poñendo en grave perigo aos terreos que se encontren por debaixo do nivel do mar.

  19. fab-marcosdaporta di:

    Por suposto, nos polos vese que se están derritindo. Pódese observar nas fotos. Aparte do polo, os ciclos migratorios de moitas aves están cambiando, igual que as prantas, están cambiando a tempada onde botan froito. Aparte moitas especies de climas cálidos están emigrando ó norte, véndose especies novas en lugares onde antes non había.

  20. fab-iciacores di:

    Na miña opinión a consecuencia máis visible é o aumento da temperatura, que leva consigo o desexeo de polos e glaciares. Tamén se observan outros cambios como o aumento do nivel e a temperatura do mar e quizais o que máis impacta a xente, xa que é o que máis cerca se sofre (por exemplo, moita xente en Europa non é consciente do desxeo) sexa o aumento de fénomenos atmosféricos de risco, como poden ser as inundacións, fortes olas de calor, sequías…

  21. fab-noerodriguez di:

    Na miña opinión, aparte do o desxeo producido nos polos, é o aumento de temperatura, que inflúe de maneiras directas e indirectas na vida do planeta.
    Estase observando que as rutas das aves migratorias están a cambiar, dado que estas buscan lugares cálidos para vivir (ou fríos dependendo do sistema ao que están adaptadas). Pode que un día deixemos de ver andoriñas por aquí…
    Outro efecto é que aumentaron as probabilidades de incendios forestais. Isto sumado á despreocupación do ser humán por protexer estes ecosistemas, fai que os bosques estén en auténtico perigo. E se estas lapas non son sufocadas a tempo… Pode chegar a ser un problema aínda máis grave do que xa é.

  22. faa-fatimalago di:

    Na miña opinión, se o 90% da culpa a temos nos, nos o temos que solucionar. Como di o refrán “Máis vale tarde que nunca” asi que teremos que facer algo para non emitir tanto CO2, que é o principal gas causante do efecto invernadoiro, ao que se lle suma o metano (CH4)
    Por outra parte o proceso do cambio climático xa está moi avanzado, xa se acelerou a taxa de desxeo no Ártico e xa está calculado que a temperatura subirá 2º en un século, cando antes subía 1º en 500 anos…

  23. faa-elenafontenla di:

    O efecto invernadorio consiste nun fenómeno, provocado por certos gases a atmosfera, que retén a calor que recibimos do Sol na Terra. Sen este fenómeno a vida non sería posible xa que grazas a el a Terra conserva unha temperatura estable. Hoxe en día dise que é un problema, pero iso é porque, a causa do exceso de CO2, estamos engrosando o “plástico” no noso invernadoiro natural,impedindo así que a calor recibida saia cara ó exterior e se reteña na superficie terrestre aumentando así a temperatura do planeta (que é o que produce o cambio climático). A si que o efecto invernadoiro, como todo, é malo en exceso pero é necesario.

  24. faa-ricardoperez di:

    pois na miña opinión, penso que o efecto invernadoiro non é de todo negativo, pois sen en a vida na Terra non existiría.
    Tamén penso que parte da culpa é nosa por `axudar´ a que este efecto cada vez sea máis perxudicial do que debería ser, porque o nivel de CO2 debería de ser 0.032 aproximadamente, mentres que cada ano aumenta, e se nós podemos facer algo para impedilo, eu creo que deberíamos facelo.

  25. Victor di:

    E que vai supor o Cambio Climático para Galiza? … que chova máis, que chova menos…Que se pode agardar?

    • faa-fatimalago di:

      Según un informe que publicou a Xunta de Galicia en 2012, o Cambio Climático supón para Galicia una aumento das temperaturas e un descenso das choivas. Según algúns datos que recolleron dende varios anos atrás ata agora, detectouse un certo cambio na distribución de chuvia ao longo do ano, agora chove máis no outono e menos na primaveira con respecto a anos anteriores.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Según un informe da Unión Europea,o sur de Europa será o máis perxudicado polo ascenso de temperaturas e o nivel do mar;Galicia tocaralle de cheo sofrer estos cambiosa : a costa galega subirá o seu nivel de mar en 2,2 milímetros cada ano,e as temperaturas 3,6 grados. A estés cambios hai que sumarlle unha máis: as choivas estivales. Habrá un descenso pluviométrico de 29 , que quere decir que chovera igual ou menos que na cidade de Levante.

    • fab-martapalacios di:

      Eu creo que o cambio climático en Galicia fará que no inverno faga máis frío e chova máis, e no verán faga máis calor, e digo isto porque xa se vai notando, o inverno 2012-2013 foi extremadamente húmido e frío, hata xuño aínda chovía, e, sen embargo, o verán foi un dos máis calurosos. Penso que no están moi ben reguladas as diferentes estacións respecto a como deberían estalo xa que na costa é todo máis moderado, e iso é por culpa nosa.

  26. fab-iciacores di:

    O cambio climático suporá para Galiza aumento de temperaturas e diminución de choivas. Xa se pode observar, que case nunca tivemos veráns tan secos coma este.

  27. faa-ricardoperez di:

    Esquecinme víctor.

    Pois na miña opinión penso que como aumenta a Temperatura terrestre, en Galiza choverá menos, xa que se evaporaría maior cantidade de auga, sobre todo no interior (maior Temperatura) que na costa (menor Temperatura pola influencia do mar).

  28. Victor di:

    Coñecedes algún exemplo concreto, en Galiza, de como o Cambio climático xa nos está a afectar?

    • fab-ariadnacordal di:

      Nos últimos anos, a temperatura de Galiza aumentou, pero tamén o nivel do mar; isto provocou a aparición de novas especies tropicais, que antes non habitaban aquí ou era inusual que o fixesen. Isto pódese observar, por exemplo, na Ría de Vigo, onde cada vez a ‘morena’ está máis presente.
      Non obstante, isto tamén está a suceder nos ecosistemas terrestres. Segundo algúns estudos da Consellaría de Medio Ambiente, temos o coñecemento de que as bolboretas comezan a voar ata seis semanas antes, as abellas polinizan con 50 días de antelación ou que as andoriñas aparecen unha quincena antes que fai 30 anos.

  29. fab-marcosdaporta di:

    Galicia sofre xa un proceso de tropicalización marina. Aumenta a captura de peixe orixinario de augas cálidas pero teñen un efecto negativo na pesca da sardiña, o polbo… E un descenso de producción do mexillón. De experiencia persoal podo dicir que é verdade. As bateas cada vez producen menos e estase a notar, polo menos, nesta ría.