Megaminería en Galicia

A megaminería caracterízase polos seus proxectos a gran escala, que combina unha explotación a ceo aberto, uso de substancias contaminantes, grandes necesidades enerxéticas, utilización de grandes volúmenes de auga, producción e amplificación do drenaxe ácido de mina e roca e a xeneración de pasivos ambientais. Ten amplios impactos sobre a ecoloxía, saúde, clima, chan, economía, política e tecido social.

Entre as comunidades autónomas, Galicia é a cuarta en producción minera, con maís de 520 explotacións activas que non soen ser un exemplo de respecto pola lexislación e o patrimonio ambiental. Agora, ca excusa da crise e o reclamo duns poucos postos de traballo, durante este último anos a Xunta quere permitir que, pola codicia das empresas mineiras, Galicia se convirta nunha gran mina a ceo aberto, arrasando o noso patrimonio natura, cultural e paisaxístico, contaminando o entorno e poñendo en risco a saúde das persoas.

Nesta liña, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e algúns grupos políticos ven como un acto de “terrorismo químico” o proxecto da empresa canadiense Edgewater, de recuperar a extracción de ouro dunha mina sellada nos anos 70 na comarca coruñesa de Cabana de Bergantiños. Ambas organizacións, apoiadas por outras entidades ecoloxistas e por todos os partidos da oposición en Galiza, levan meses liderando manifestacións e críticas contra o citado proxecto, que recibiu o respaldo da Xunta de Galicia e foi considerado un proxecto estratéxico. Agora deron un paso máis e acaban de presentar unha denuncia na Comisión de Peticións de Parlamento Europeo.

Aínda estamos a tempo de parar isto, xa que a ameaza e máis forte ca nunca. Por iso, ou se actúa rápido e agora, ou será demasiado tarde. Ese é o motivo de que existan diversas listas pola rede ou en postos oficiais, nas que aportas a túa firma protestando en contra disto, coa intención de paralo. Tamén existe un amplo movemento socia a través das  redes sociais. Por exemplo, en Twitter, esta sendo moi empregado o hashtag #SalvemosGalicia, que conta ca implicación de moitos personaxes célebres como actores, escritores, etc. , a maioría galegos, pero tamén doutras partes de España.


Autoras: Mariña Durán e Carla Serén

Esta entrada foi publicada en Ordenación do territorio, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Megaminería en Galicia

  1. fab-taniacores di:

    Persoalmente, creo que a minería que están intentando facer en galiza é repugnante. Tanto como as que fan aquí, como en calquera outro lugar da terra. Pérdense moitas hectáreas en facer escavacións e logo esas terras non serven nin para a agricultura nin para nada. Queda todo destrozado e con unha morea de contaminación que o fin e o cabo, terminará por contaminar todo o que hai o redor.

  2. faa-soniaporto di:

    As ameazas que está a sufrir Galicia con estas megaminerías son:

    – O máis coñecido é o dunha enorme mina a ceo aberto para extraer ouro (apenas 1,6 gramos por tonelada de rochas) en Corcoesto (A Coruña). A extracción de ouro non só deixaría grandes feridas na terra: por cada quilo de ouro, ademais de consumirse 128 kg de cianuro no proceso, xeraríanse 4.000 toneladas de residuos e entullos que conterían, finamente moído e moi soluble, 250 kg de arsénico antes “atrapado” dentro das rochas e pouco soluble. Pero Corcoesto sería só o primeiro dunha serie de proxectos de megaminaría.

    – Goldquest proxecta explotar un territorio que forma parte de dúas reservas da biosfera na zona da Fonsagrada (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) para explotar ouro, prata e chumbo. Ademais considéranse outros cinco proxectos de minaría a ceo aberto de ouro e prata en territorio galego.

    – Unha multinacional sudafricana está a realizar tarefas de prospección de cara á apertura dunha mina de coltan e terras raras na Serra do Galiñeiro (Vigo) que tería un enorme impacto sobre o medio, paisaxe e poboación, xa que o espazo proxectado da mina afecta directamente a varios pobos. Nunha mina semellante situada en Baotou (China), as toxinas resultantes da explotación acabaron envelenando a auga, os cultivos e aos habitantes, segundo un informe da Axencia Reuters do ano 2010.

    – No ámbito do Parque Natural Das fragas do Eume planéase a apertura dunha mina de andalucita a tan só 50 metros do límite do Parque Natural, na confluencia do río principal e algúns dos seus afluentes.

  3. faa-marinaduran di:

    Aa minería a ceo aberto é unha actividade industrial que consiste na remoción de grandes cantidades do solo e subsolo, que é posteriormente procesado para extraer o mineral. Para extraer 0.01 onzas de ouro, as compañías mineras necesitan remover e destruir unha tonelada de solo.Ninguna actividade industrial é tan devastadora como a minería a ceo aberto.

  4. fab-ireavinas di:

    Eu penso que este proxecto só vai traer desgrazas e ningún proveito. Sairán beneficiadas moi poucas persoas e os mesmos de sempre e si, dará postos de traballo, pero durante pouco tempo e con poucos beneficos.
    Penso que o rematar este proxecto (e tamén durante él) a maioría das persoas segurián igual ou peor xa que esto creará moita contaminación e pode traer moitas enfermedades a poboación. Destrozaremos moitísima natureza que necesitamos, deixaremos Galiza totalmente arrasada para nada.
    Eu vexo que esto fará un dano terrible e penso que deberíamos facer todo o que estea nas nosas mans para paralo de inmediato.

  5. faa-soniaporto di:

    O que mais me fastidia e que a Xunta polo visto vende estas actuacións á poboación galega como unha “oportunidade de creación de postos de traballo”. Pero non divulgan as terribles consecuencias que esta intensiva actividade mineira pode ter no futuro e moitos aproban as declaracións “expresas” de impacto ambiental pouco rigorosas e sen as debidas salvagardas necesarias para que os contribuíntes non teñamos que pagar outro posible desastre como o de Aználcollar.
    A minaría a ceo aberto ten amplos efectos na saúde das persoas e no medio, como demostran numerosas investigacións de carácter científico e os datos que chegan dende comunidades afectadas en todo o mundo. Moitas explotacións mineiras de Galicia, en marcha ou proxectadas, ignoran a área de protección necesaria para núcleos de poboación e ámbitos naturais, polo que é inevitable que estes danos se produzan.
    E en definitiva, a Xunta de Galicia non formula cales serán os efectos a nivel ambiental e de saúde nas persoas unha vez estes proxectos finalicen a súa vida operativa. As empresas iranse, o emprego relacionado con este traballo desaparecerá, pero a pregunta que me fago é: ¿cal será o alcance do dano?
    Na miña opinión non creo que si se leva a cabo esta explotación que por moitos postos de traballo que xenere non se vai recuperar tan facilmente Galicia.

  6. faa-raulmartinez di:

    Galicia sempre tivo fama por ser un lugar rico en fauna e flora, unha cultura especial, unha paisaxe fermosa… e agora queren destrozalo todo tan solo para beneficiarse aínda máis os ricos. É unha loucura. Non creo que ningún galego con dous dedos de frente esté disposto a que esto ocorra.
    Para min que este proxecto se leve a cabo sería unha catástrofa, unha ruína para Galicia. Eu xa puxen a miña firma en contra deste proxecto hai unhas semanas.

  7. fab-lauraaragunde di:

    O factor máis notorio do impacto da megaminería sobre o contexto que a rodea, é o impacto ecolóxico, xa que os seus efectos son os primeiros en manifestarse cando a explotación mineira en gran escala comeza a destruir o entorno.
    Un detalle importante é o impacto sobre a saúde dos seres humanos que habitan as zonas cercanas (e non tan cercanas) ó emprendemento mineiro de gran envergadura.
    Entre as enfermedades que se detectan primeiro son: o aumento dos índices de cáncer (especialmente entre os nenos), as afeccións bronco-pulmonares e as enfermedades da pel.

  8. faa-lidiamartinez di:

    A minería a ceo aberto consiste na remoción do solo e do subsolo, que logo é procesado para poder sacar o mineral. Pero nesta actividade, para poder extraer tan só 0.01 onzas de ouro é necesario destruir unha tonelada de solo, trátase dunha actividade devastadora.
    Ademais ten amplos efectos negativos para a saúde das persoas e para o medio.

  9. fab-adrianaribeiro di:

    Dende o meu punto de vista este proxecto é do peor que se lle podería facer á fauna, flora, ás persoas… da nosa comunidade.
    Esta empresa o único que quere é lucrase, pero a que prezo? Se permitimos esta explotación mineira estaremos a dar pé a anos de contaminación, miles de km de terreo inservible e demáis consecuencias horribles.
    Deberiamos pensar máis nas consecuencias que podería traer consigo, non só a posibilidade duns cantos postos de traballo durante poucos anos. De verdade hai xente que pensa que isto nos vai a lucrar economicamente…? Ao contrario, isto supoñería menos espazo con posibilidade turística, menos espazo para a agricultura etc. Penso que se non paramos este proxecto nos lamentaremos durante moitos anos.

  10. faa-fabiolaalbornoz di:

    Para empezar a empresa non é galega, dudo moito que o que se extraia deste proxecto traia beneficios para Galicia e se os ten vai ser a un alto precio, para que se recupere o terreo destruído terán que pasar moitos anos xa que o terreo destruído será de 774 hectáreas de mina a ceo aberto, 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina.
    Como ben se di no video, si podería crear novos empleos para os españois pero por uns anos, depois os beneficios serán levados por uns poucos deixando aquí unha terra destruída dificil de recuperar.

  11. faa-jessicacalo di:

    Un dos factores a ter en conta na mina de ouro en Bergatiños sería o factor “drenaxe acido” que afectaría as numerosas explotacións agrícolas e gandeiras da zona,e as consecuencias das macroexplosións que xeran partículas moi tóxicas con un radio de dispersión atmosférico que pode chegar a superar os 30 quilómetros. A zona ademais encóntrase nun enclave de moderado risco sísmico que non se tivo en conta na proxección da bolsa de lodos. Un gran colectivo de veciños denuncia a creación da mina dando como dato que nunha rexión de Arxentina aumentou un 800 por cento o nivel de cáncer tras a instalación dunha mina de similares características.

  12. faa-bertaferreiro di:

    Eu penso que este proxecto non se pode levar a cabo, pois sería unha catástrofe ambiental e paréceme que os efectos devastadores que pode producir non compensan para nada os beneficios económicos que poida crear.
    A creación desta megaminería destruira moitísima biodiversidade, contaminará a auga e o solo, e a paisaxe tan fermosa e característica de Galicia quedará devaastada.
    Ademais os teriamos que esperar moitos anos para que se recuperase. Dende o meu punto de vista todo son inconvintes. Eu xa firmei vía internet para paralizar este proxecto, e animo os meus compañeiros a que tamén o fagan.

  13. fab-robertoo di:

    Pareceme que esta medida que estan a punto de levar a cabo estas empresas por culpa dunha minoría que autorizou, non traerá nada bo para galicia, solo uns poucos postos de traballo, que nuns poucos anos se destruirá, e uns cartos si, pero non para os galegos, e a nos quedanos contaminación, reservas naturais destruidas que non se recuperaran en milleiros de anos…,eu non levaría a cabo esta masacre na nosa natureza, tan só por uns poucos cartos que ninsequera qedará para os galegos.

  14. Victor di:

    Se tedes conta en facebook, ide á seguinte páxina:

    http://congresooceantica.campusdomar.es/

    e votade polos traballos dos vosos compañeiros do Asorey que participan neste concurso

  15. faa-margaritabarreiro di:

    Opino que semexante aldraxe, xamáis debería ser realizada a ceo aberto, provocando a contaminación de moitísimas hectáreas. A creación desta mina torturará á biodiversidade, contaminando fauna e flora da nosa querida terra galega. O beneficio duns poucos, danará a demasiadas persoas inxustificadamente.

  16. faa-yasminasanchez di:

    Ademais de ter amplos efectos negativos tanto para o medio como para a saúde das persoas, non creo que sexa necesario destruír tal cantidade de terreo só para unhas poucas onzas de ouro, xa que só para conseguir 0,01 onza é necesario destruír una tonelada de solo e subsolo.
    Como tampouco penso que sexa necesario facer todo isto por crear uns poucos postos de traballo.

  17. fab-paulodiaz di:

    A gravísima situación que sufrirá Galicia debido á contaminación de terra, aire e auga, é todo un atentado contra a natureza; contra o noso planeta. Un atentado non xustificado, xenerando beneficios para uns poucos e contaminación para o resto. Máis enfermidades, malformacións, dor, devastación, etc. Eu xa firmei vía online en change.org, e ánimo a tódolos meus compañeiros a que tamén o fagan para deter este desastre. Está nas nosas mans o futuro de Galicia. Entrade tamén na súa páxina de facebook. Publican información relevante!

  18. Raquel Martínez di:

    Paréceme incrible o que a xente está disposta a facer para gañar cartos. É o conto de sempre, uns poucos avaros fan calquera cousa por ter máis cartos no banco, e que conseguen? pois cousas coma esta, vender a vida do planeta, atentar contra a fauna, a flora e a preciosa paisaxe de Galicia. Inda por riba intentan vendernos a moto dicindo que crearán emprego e escusándose en que os cartos beneficiarán a saír da crise que sofre España neste momento, pero non hai escusa posible! acaso non fixemos sufrir suficiente ao planeta? suponse que somos seres razoables, pero xa se ve que vale máis o que pese a carteira…

  19. fab-ivangomez di:

    Se isto continúa e segue adiante nós seremos os que van a saír malparados.Só pensan atopar 34 toneladas de ouro,ofrecer uns poucos postos de traballo durante un tempo limitado e uns poucos cartos por excavar nas nosas terras,pero teñen pensado levar o ouro e deixar a contaminación.E si eso ocorre os terreos quedarán destruídos,e durante centos e miles de anos non existirá vida nese lugar.Pero este é o lado positivo si iso sigue adiante,porque si se realiza e a contaminación chega as nosas rías tendremos un grave problema,porque a vida mariña verase gravemente afectada,estamos a falar de miles de peixes mortos,augas tan contaminadas que nin sequera poidamos bañarnos,a xente que vive do mar en unha situación crítica,etc.
    De verdade queremos que suceda todo isto?

  20. faa-lidiamartinez di:

    Este proxecto non traerá nada bo para Galicia, todo o contrario, todo son desvantaxes. É certo que se producirán novos postos de traballo e beneficios, pero estes beneficios non quedarán para Galicia e os traballos non serán para sempre.
    O que fará sera producir máis contaminación, destruir a paisaxe que non se poderá recuperar xamáis. Trátase dunha catástrofe ambiental cuns efectos devastadores

  21. faa-irenetroncoso di:

    Aproveitando a actual crise económica, e baixo o paraugas dunha promesa laboral incerta, corporacións multinacionais como a canadense Edgewater teñen en mente levar a cabo proxectos como o da mina de ouro de Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños. Favorecido directamente por José Muiño Domínguez (PP), alcalde de Cabana, este proxecto empregará, entre outros produtos de elevada toxicidade, toneladas de cianuro para separar o ouro da rocha.

    Esta substancia química ten efectos prexudiciais mesmo a doses baixas, podendo afectar ao aparato respiratorio e aos sistemas cardiovascular, gastrointestinal, neurolóxico, ocular e dérmico, dado que en contacto coa pel pode absorberse. A inhalación de concentracións de 401 a 601 mg/m³ resulta mortal para o ser humano.

  22. Victor di:

    A ACTIVIDADE NO BLOG REMATOU POR ESTE CURSO