Iguais non, parecidos

Como ben din as nais, “non somos todos iguais”. E efectivamente, neste mundo todos somos distintos, incluso os xemelgos idénticos, que a pesar de ser fisicamente iguais as súas características psicolóxicas son moi diferentes.

Un estudo en ratos explicou como as experiencias persoais e o comportamento de cada individuo contribúe á individualización do cerebro. Utilizáronse  40 ratos xeneticamente idénticos que naceron e creceron no mesmo ambiente onde tiñan unha gran variedade de actividades para elixir. De este xeito, cada un deles, foi adquirindo as súas propias experiencias acadando comportamentos individuais distintos ós dos seus compañeiros.
A xeración de novas neuronas no hipocampo, permite que o cerebro reaccione á nova información con flexibilidade. O cerebro, que non para de desenvolverse nunca, sofre cambios relacionados coa personalidade e coa conduta que contribúen a súa individualización. Deste xeito, a experiencia inflúe no envellecemento da mente humana e un ambiente enriquecido fomenta o desenvolvemento da individualidade.

Por iso, aínda que os xemelgos idénticos sexan fisicamente iguais, o seu comportamento é moi diferente porque cada un ten a súa forma de ver o mundo.

Autora: Jessica Calo Rodríguez
Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Iguais non, parecidos

  1. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO POR UN PERÍODO DE 10 DÍAS

  2. faa-lidiamartinez di:

    O hipocampo é unha das principais estructuras do cerebro humano e doutros mamíferos. O hipocampo ten un papel importante na formación de novos recordos de acontecementos experimentados, detecta acontecementos, lugares e estímulos novedosos.

  3. faa-cristinaporto di:

    En psicoloxía atribúese ao ámbito non compartido” o feito de que dous irmáns, aínda sendo xemelgos idénticos e criados nunha mesma familia e un mesmo ambiente, desenvolvan personalidades diferentes. E os autores da investigación cren que os resultados obtidos proporcionan un modelo animal para estudar esas sutís diferenzas englobadas baixo ese concepto difícil de cuantificar de ámbito non compartido.

  4. faa-soniaporto di:

    Os xemelgos idénticos adoitan compartir placenta, pero se a escisión do cigoto se produce antes do quinto día tras a fecundación (antes de que a placenta empezase a formarse), entón cada embrión terá o seu propio amnio e corion. Neste caso fálase de placenta dicoriónica, sendo en realidade dúas placentas contiguas ou fusionadas. Cando a escisión se produce máis tarde, a placenta xa comezou a formarse, polo que será única (placenta monocoriónica), compartindo entón ambos os dous embrións un corion. Neste caso o máis habitual é que aínda compartindo corion cada xemelgo teña o seu propio amnios.

  5. fab-martinperez di:

    O hipocampo foi utilizado como un modelo para o estudo da neurofisiología(calquéra acción que ten que ver co sistema nervioso). A forma da plasticidade neuronal coñeida como potenciación a largo prazo foi descuberta por primeira vez no hipocampo, e todavía se estudia nesta estructura debido a que segue a ser un misterio.

  6. faa-marinaduran di:

    Os xemelgos humanos son individuos que comparten o útero nun mismo embarazo, xa que usualmente, aínda que non necesariamente, son concebidos á vez e nacen casi ó mismo tempo.Estimase que arededor do 2% ds embarazos son xemelgos.
    As circunstancias que conducen a producción de xemelgos, son esencialmente dúas, a bipartición temprana dun embrión, ou a formación simultánea de dous embrións por fecundacións distintas.

  7. faa-albacastro di:

    Os psicólogos e os neurocientíficos están xeralmente de acordo no que o hipocampo ten un papel importante na formación de novos recordos dos acontecementos experimentados. Parte deste papel no que está implicado o hipocampo consiste na detección de acontecementos, lugares e estímulos novedosos. Algúns investigadores conciben o hipocampo como parte dun sistema maior de memoria da parte medial do lóbulo temporal responsable da memoria xeral. A razón, por exemplo, é que os recordos poden ser verbalizados explícitamente, o que afecta, por exemplo, á memoria de feitos ademáis da memoria episódica.

  8. faa-jessicacalo di:

    Os xemelgos son denominados pola medicina humana aos individuos resultantes dunha soa xestación, naquelas especies nas que o parto non produce máis que un individuo. Os xemelgos humanos comparten o mesmo útero no mesmo embarazo,debido ao limitado tamaño da matriz da nai. Os embarazos multiples teñen menos posibilidades de completar o plazo de xestación típica.
    O 2% dos embarazos son xemelgos.

  9. faa-lidiamartinez di:

    Os xemlegos humanos son individuos que comparten o útero no mismo embarazo, son cencebidos a vez normalmente e nacen case ao mesmo tempo.Debido ao limitado tamaño da matriz da nai, os embarazos múltiples teñen menos posibilidades de completar o prazo de xestación, adiantándose o parte como media a semana 37, tres antes do normal. Estímase que o 2% de embarazos son xemelgos.

  10. fab-danielsomoza di:

    O hipocampo é unha das principais estruturas cerebrais humanos e outros mamíferos. O nome foi dado ao redor do século XVI, anatomista Giulio Cesare Aranzio, el notou unha forte semellanza coa forma de cabalo mariño ou hipocampo.

  11. fab-lauraaragunde di:

    Os xemelgos poden ter problemas de personalización, falan en plural e soen crear un mundo compartido ó que son axenos ó resto de irmáns ou amigos, están unidos afectiva e psicoloxicamente. Pero aínda que non parecen necesitalo, é importante que se lles diferencie dende que son pequenos, para que cada un desarrolle a súa propia personalidade.
    Ademais, é necesario que cada un crezca de forma independiente, que aprendan a ter o seu propio espacio e a desarrollar as súas habilidades, gustos e carácter, incluso a ter os seus propios amigos.

  12. faa-fabiolaalbornoz di:

    Isto que trata o artigo, ocorre nos xemelgos como podería ocorrer se se crease un clon humano. Aínda que ambos serían fisicamente iguais, as experiencias vividas no son as mesmas e psicoloxicamente serían persoas totalmente distintas. A forma de razoar, a cultura, e personalidade en xeral derían diferentes entre si.

  13. faa-irenetroncoso di:

    Existen dous tipos de xemelgos: Os monozigoticos e os dizigóticos. Os primeiros xorden como consecuencia da división dun só cigoto en dous, nun momento moi temperán do desenvolvemento embrionario. Conseguintemente ambos os dous irmáns xemelgos sempre son do mesmo sexo, e as diferenzas que poidamos observar entre eles despois do nacemento deberanse só á influencia ambiental. Pola contra, os xemelgos dizigóticos xorden como consecuencia da liberación simultánea de dous óvulos distintos nun mesmo ciclo ovárico, e da súa posterior fertilización por parte de dous espermatozoides distintos. Iso quere dicir que o grao de parecido xenético entre os dous irmáns xemelgos é neste caso o mesmo que se pode encontrar entre dous irmáns calquera.

  14. faa-raulmartinez di:

    Pois eu en contraposición desta noticia teño que decir que oín falar de moitas historias e teño visto moitas noticias sobre a similitude entre xemelgosque foron afastados dende o nacemento:

    O primeiro caso trátase dunhas xemelgas que se criaron separadas, unha na costa oriental e a outra na occidental de EEUU, e con cuarenta anos acordaron unha entrevista e os investigadores quedaron abraiados ó ver que vestían igual, tiñan o mesmo peinado e aneis en todos os dedos excepto no pulgar.

    Non sei se isto é totalmente certo pero hai moitos casos máis que falan do mesmo, polo tanto vese que hai dous bandos que se contradín.

  15. faa-raulmartinez di:

    Pois eu en contraposición desta noticia teño que decir que oín falar de moitas historias e teño visto moitas noticias sobre a similitude entre xemelgosque foron afastados dende o nacemento:

    un destos casos trátase dunhas xemelgas que se criaron separadas, unha na costa oriental e a outra na occidental de EEUU, e con cuarenta anos acordaron unha entrevista e os investigadores quedaron abraiados ó ver que vestían igual, tiñan o mesmo peinado e aneis en todos os dedos excepto no pulgar.

    Non sei se isto é totalmente certo pero hai moitos casos máis que falan do mesmo, polo tanto vese que hai dous bandos que se contradín.

  16. faa-lidiamartinez di:

    Os xemelgos idénticos nacen iguais pero co tempo terminan por diferenciarse. Este estudio con ratos tratou de explicar como se desenvolve a singularidade nos xemelgos monocigóticos.
    Este traballo mostrou por primeira vez que as experiencias personais e de comportamento contribúen á “individualización” do cerebro.

  17. faa-marinaduran di:

    Eu estou de acordo co meu compañeiro Raúl. Entendo co artigo o que quere decir e que cas vivencias que temos cambiamos. Pero no caso dos xemelgos, hai moito que os une. Eu vin unha reportaxe na que mostraba as similitudes de xemelgos, que os separaban en dúas habitacións, e facían con 100 pezas as mesas figuras, tiñan erros parecidos nunha proba de intelixencia, e de 30 palabras que tiñan que recordar, acertaban as mesmas.
    Pode que existan diferencias obvias polas experiencias vividas, pero no caso dos xemelgos, teñen de nacemento moitas similitudes.

  18. Raquel Martínez di:

    Os xemelgos humans son individuos que comparten o útero nun mesmo embarazo. Hai dous tipos de xemelgos, monocigóticos (clones naturais) e dicigóticos (mellizos). A pesar do que se di, ambos poden ter dúas bolsas exteriores e dúas interiores, dous pracentas ou unha soa, polo que, o número de bolsas e pracentas non nos pode dicir nada sobre a orixe dos xemelgos. O único método fiable para comprobar se son mellizos ou xemelgos é unha proba de ADN.
    Os xemelgos non son exactamente iguales porque ainda que comparteran pracenta non teñen o mesmo acceso á nutrición.

  19. Raquel Martínez di:

    A diferenza entre os xemelgos e os mellizos é que no caso dos xemelgos o embrión é orixinado nunha fecundación típica, a partir dun único óvulo e un único espermatozoide; mentres que os mellizos orixínanse por unha fecundación separada, e máis ou menos simultánea, a partir de dous óvulos e dous espermatozoides.

  20. faa-yasminasanchez di:

    Os xemelgos e os mellizos diferéncianse en que, os xemelgo son orixinario dun espermatozoide e dun óvulo, e en cambio os mellizos son orixinarios de dous óvulos e dous espermatozoides.
    No caso dos mellizos, estes poden ser de diferentes país, se a muller manten relacións nun mesmo día con dous homes diferentes. Isto sucedeu non hai moito, e saíu nas noticias porque un bebé era branco e o outro negro.

  21. faa-yasminasanchez di:

    Os xemelgos e os mellizos diferéncianse en que, os xemelgo son orixinarios dun espermatozoide e dun óvulo, e en cambio os mellizos son orixinarios de dous óvulos e dous espermatozoides.
    No caso dos mellizos, estes poden ser de diferentes país, se a muller manten relacións nun mesmo día con dous homes diferentes. Isto sucedeu non hai moito, e saíu nas noticias porque un bebé era branco e o outro negro.

  22. fab-estelavilanova di:

    O hipocampo é unha área relacionada coa cortiza cerebral ubicada no interior do lóbulo temporal. Mide aproximadamente entre 3,5 e 4 cm de lonxitude e posúe o nome de “hipocampo” debido a que, ao observar un corte coronal do corno inferior, pódese ver que se asemella a un cabaliño de mar. É de cor amarelo claro, debido a que está cuberto por unha capa de substancia branca chamada alveo, que corresponde a fibras mielinizadas.

  23. faa-bertaferreiro di:

    Penso que o que di Raúl sería moi dificil que ocorrese, por non dicir imposible. Porque ainda que sexan xemelgos idénticos, so son practicamente igual dende un punto de vista físico, pois cada persoa ten un comportamento propio que ven determinado polas experiencias personais. Eu coñezo varios casos de rapazas xemelgas que físicamente son iguis pero teñen unha personalidade totalmente diferente.

    • faa-raulmartinez di:

      Eu tamén opino o mesmo ca ti, Berta. Eu sempre pensei que os xemelgos son psicolóxicamente moi deferentes entre sí porque cada un vive a vida dunha maneira e nós somos como somos en parte pola experiencia.
      Sin embargo lín un par de artigos que falaban diso que eu antes mostrei por iso me parecía algo raro e contradictorio. Persoalmente pareceme máis convincente o que asegura este artigo.

  24. fab-estelapadin di:

    O hipocampo é unha das principais estruturas do cerebro humano e outros mamíferos. O nome foille dado polo anatomista do século XVI Giulio Cesar Aranzio, que advertiu unha gran semellanza coa forma do caballito de mar ou hipocampo.É unha estrutura marxinal e menos complexa en canto a capas da mesma sustancia gris cortical do lóbulo temporal. Por iso pertence, por unha banda ao sistema límbico e por outra á arquicorteza, compondo xunto ao subículo e o xiro dentado a chamada formación hipocampal.