Aprendizaxe “forzado”

Hai pouco, Ruth Propper e seus compañeiros cientificos da universidade estatal de Mont Clair (EEUU), levaron a cabo un estudo que demostrou que se cerramos e apretamos a man dereita á hora de aprender algo novo isto axudaranos a gravalo con máis facilidade na nosa memoria e a hora de recordar estes coñecementos, ou outros anteriormente aprendidos, se pechamos a man esquerda e a apertamos será máis fácil recordar estes coñecementos.

Ruth Propper e seus axudantes demostrárono facendo unhas probas no modelo de asimetría hemisférica na codificación e na recuperación da memoria ( siglas en inglés, HERA ), e fixeron un estudo no que unhas persoas intentaran memorizar durante 90 segundos 72 palabras apertando unha e outra man e déronse conta que esta acción afectaba a actividade cerebral, evidentemente para mellor no tema de aprender e recordar algo: Estes descobrementos suxiren que un movemento tan sinxelo como este pode afectarnos ao funcionamento do cerebro, neste caso axudándonos a memorizar.

O lóbulo prefrontal esquerdo encárgase de arquivar os conceptos mentres que o lóbulo dereito encárgase de recuperar a información do esquerdo. Popper afirmou que nun futuro estudaría se estes xestos tamén repercuten na fala e noutras habilidades.

Este estudo foi revelado na revista “PLOS ONE”.

Autor: Martín Pérez Peña

Esta entrada foi publicada en Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Aprendizaxe “forzado”

  1. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO POR UN PERÍODO DE 10 DÍAS

    • fab-taniacores di:

      Creo que este artigo non pode ser de todo acertado. NOn me creo que apretando unha man poidas gardar máis información no teu cerebro, e máis, pareceme imposible que suceda iso.

  2. faa-lidiamartinez di:

    O lóbulo frontal é unha área da corteza cerebral dos vertebrados. Nos seres humanos está localizado na parte anterior do cerebro.
    Os lóbulos prefrontais son o sustrato anatómico para as funcións executivas, aquelas que nos permiten dirixir a nosa conduta a un fin e comprenden a atención, planificación e reorientación sobre os nosos actos.
    Os lóbulos frontais tamén están moi implicados nos componentes motivacionais e cunductuais, polo que si se produce un dano nesta estrutura pode suceder que a persoa manteña unha apariencia de normalidade ao non existir déficits motrices, de fala, memoria ou incluso de razoamento; existindo sen embargo un importante déficit nas capacidades sociais e de conduta.

  3. faa-soniaporto di:

    O lóbulo frontal é responsable das chamadas funcións executivas. Supoñen unhas das funcións de maior complexidade en canto á súa definición refírese. Supoñen a capacidade organizativa, de planificación, razoamento abstracto, solución de problemas, entre outras.
    Detallamos as devanditas funcións:
    -Capacidade de concentración, planificación e secuenciación de accións de forma concreta.
    -Capacidade de anticipación respecto ao futuro inmediato e visualizar as consecuencias dos nosos actos.
    -Reformular as situacións, flexibilidade mental de acordo ao desenvolvemento dos planes.
    -A capacidade para pensar accións alternativas e visualizar as posibilidades de éxito.
    -Solución de problemas.
    -Valorar a viabilidade de emprender accións dende distintos puntos de vista, tanto económico, coma social ou moral.

  4. faa-marinaduran di:

    O lóbulo frontal é unha área da codia cerebral dos vertebrados.Nos seres humanos está localizado na parte anterior do cerebro. O lóbulo frontal izquierdo está envolvado no movemiento relacionado da lengua que controla, mentras co lóbulo frontal dereito desempeña un papel en capacidades non-verbais.

  5. faa-jessicacalo di:

    O hemisferio esquerdo controla a parte dereita do corpo e o hemisferio dereito controla a parte esquerda. O que se cree é que ao apretar o puño
    dereito estase reclutando selectivamente as neuronas do hemiferio esquerdo e que, aínda que se están activando as áreas motoras do cerebro, hai indicacións de que esta activación pode estimular outras áreas do hemisferio que están involucradas na memora.

  6. Raquel Martínez di:

    É incrible como partes do noso corpo poden estar conectadas directamente co cerebro e que nos podan axudar en cousas como a memorización, cada día a ciencia está a descubrir novos aspectos do corpo humano. Canto máis descoñeceremos do noso corpo?

  7. faa-fabiolaalbornoz di:

    A memoria é unha función do cerebro que se encarga de codificar e evocar unha información recibida no pasado que surxe dunha conexión das neuronas o que crea redes neuronales.

  8. faa-raulmartinez di:

    Non acabo de creerme totalmente que o feito de cerrar a man dereita vaiamos a recordar mellor as cousas, non teño absoluta fiabilidade do que aporta esta investigación, que pode ser verdade pero que non me convence, e no caso de ser certo non creo que as melloras sexan notables.

  9. fab-paulodiaz di:

    A memoria encargase de codificar e evocar unha información adquirida no pasado. Non vexo posible que a intervención dun xesto cotiá, como é pechar unha man, poda axudar a recordar cousas. De todas formas é un dato curioso e a súa investigación podería desembocar nunha información relevante.

  10. fab-estefaniamuras di:

    O lóbulo frontal dos seres humanos é unha parte altamente desenvolvida e dunha medida superior á do resto dos animais. Atópase situado por diante dos lobos parietais. Esta parte do cerebro só está desenvolvido en animais complexos, en especial os homínidos.
    As súas funcións relaciónanse coa atención, a memoria a longo prazo e a capacidade de planificar a propia acción mediante a elección e o establecemento dos obxectivos. Tamén é responsable do mecanismo que permite comprar feitos ou corpos e chegar a conclusións sobre semellanzas e diferenzas entre eles.

  11. faa-lidiamartinez di:

    Como dixo Paulo, a memoria trata de gardar e recordar unha información pasada, polo que eu tampouco vexo posible que pechando a man poidamos recordar máis cousas ou con máis facilidade, non sei como pode pasar iso nin o entendo. Non sei si esta información pode ser moi fiable ou non.

  12. faa-marinaduran di:

    Creo que este artigo ten unha relación coa ximnasia creberal,esta é un conxunto de exercicios que coordinados e combinados estimulas e desenrolan e estimulas as habilidades e capacidades cerebrais, potenciando e acelerando o proceso de aprendizaxe, apolla e nutre os desplegamentos das destrezas e intelixencias innatas do ser.

  13. fab-estelavilanova di:

    Dende o meu punto de vista, penso que se este estudo está completamente demostrado, podería ser tremendamente útil para persoas con certos tipos de enfermidades relacionadas coa perda da memoria e, á súa vez, permitiría que os pacientes puidesen evolicionar de xeito positivo e eficiente na memorización de calquera tipo de concepto.

  14. faa-bertaferreiro di:

    Paréceme moi interesante este artigo e penso poñer en práctica. No texto dise que o lóbulo prefrontal esquerdo encárgase de arquivar os conceptos, mentres que o dereito encárgase de recuperar a información do esquerdo.

    O lóbulo prefrontal é unha área do cerebro dos vertebrados que se encontra na parte anterior. Este tipo de lóbulos solo os poseen de forma desenvolvida os animais máis complexos. Esta área é a encargada da producción lingúística e oral, tamén dos movementos dos órganos fonoarticulatorios.

  15. faa-saramarino di:

    Pareceme moi hútil o exposto neste artigo. Facilitará vantaxas tanto ós estudantes á hora de memorizar as cousas como ós enfermos de alzheimer, que poderían conservar os seus recordos durante máis tempo. Eu, penso poñelo en práctica e confío en que funcione.

  16. fab-carlaseren di:

    Desde o meu punto de vista non vexo posible que apretando a man dereita poidamos gardar máis información no noso cerebro. Paréceme imposible isto poda suceder.

  17. Victor di:

    A ACTIVIDADE NO BLOG REMATOU POR ESTE CURSO