Oso Panda en perigo

Este animal é conocido en China como “O tesouro nacional” polo seu habitat natural que se encontra nos bosques de bambúes, fríos e húmidos, do este de Tíbet e suroeste de China. Este animal é un dos animais que está en maior perigo de extinción sendo un dosmamíferos máis amenazados do planeta.

É un animal omnívoro que come desde talos e herbas ata aves, peixes e roedores, pero o seu alimento preferido é o bambú. O bambú é unha planta que florece unha vez cada 100 anos, cando todos os bosques de bambú morran, a extinción dos pandas por fame será total se non encontran outro lugar onde vivir.

Unha das razóns polas que están en perigo é pola redución case total do seu habitat. Na actualidade, os últimos osos libres viven en seis poboacións no suroeste de China. Esas regións están illadas unhas doutras e foron declaradas reservas naturais, pero case a metade dos osos viven fora desas zonas protexidas.

Tamén sofren da caza furtiva, xa que o seu pelaxe é moi apreciado e incluso a veces son cazados porque caen en trampas postas para outros animáis. Esta caza está completamente prohibida polo goberno chines (castigando aos cazadores con cadea perpetua)  pero aínda así seguen facéndoo.

É por último, outras das principais causas de perigo é a dificultade para a súa reproducción , pola timidez que os caracteriza. As femias só procrean unha vez ó ano e o seu apareamento é na primavera, na que as crías indefensas nacen a finais do inverno. O seu peso está entre os 85 e 140 g. Só poden nacer unha ou dúas crías e só adoita sobrevivir unha, polo que requiren moitos coidados maternos durante os primeiros meses de vida. A mortandade nesta época é moi elevada o que constitue un problema para a recuperación da especie.


Autora: Tania Cores González

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Oso Panda en perigo

  1. faa-lidiamartinez di:

    Algunhas das causas da extinción do oso panda sería a caza furtiva, como ocorre con outros animais como o lince, tamén a deforestacións do seu hábitat. Pero o oso panda sofre máis a súa extinción debido a súa escasa reprodución. Durante todo o ano o macho e a femia non están xuntos e cando é hora de reproducirse a femia só está en celo cinco días, e algunhas incluso só un, polo que a fecundación cando os dous se encontran pode resultar difícil e cando a cría nace, ésta sae moi indefensa, pesa só pouco máis duns 100 gramos poloo que necesita de moita axuda para saír adiante.

  2. fab-alexandregrandal di:

    Por desgarza este insaciable devorador de bambú é unha especie en perigo de extinción que por desgarza non ten pinta de ir a acadar unha rápida recuperación, e incluso pode chegar a extinguirse por completo con relativa facilidade. Na actualidade estanse a usar métodos de introducción á natureza en zoos chineses que consisten en incorporar ao animal ao medio coa axuda de criadores disfrazados de panda para que non se familiarice cos humanos, que no seu futuro serían os seus depredadores máis tenaces.

  3. fab-adrianaribeiro di:

    O bambú é un membro da familia das gramíneas, con máis de 70 xéneros e máis de 1200 especies. Aínda que existen variedades que cando maduran teñen ata 40 metros de altura, o bambú é unha especie de “pasto xigante” cuxa altura media excede os 20 metros. O bambú emerxe do chan en, estendéndose a un ritmo moi veloz. As varas dalgunhas variedades de bambú crecen a un ritmo de 1 metro por día cando se orixinan nunha planta madura e algunhas variedades poden alcanzar a súa altura total ata en menos de 3 meses. As varas de bambú crecen ata o tamaño da variedade, e logo maduran, adquirindo as súas características de dureza, flexibilidade e resistencia que as fixeron famosas no mundo enteiro.

  4. faa-raulmartinez di:

    Na actualidade só quedan cerca duns 1.600 osos panda en liberdade. Todos eles en reservas naturais en China. Logo tamén hai arredor de tres centenares disttribuídos en zoos do mundo.
    Con respecto ao 2008 aumentaron o número de individuos e grazas a medidas como o ecoturismo, co cal se conseguen moitas ganancias destinadas ó proceso de recuperación da especie.
    En canto ao tema do Bambú non creo que sexa un problema tan elevado. Os pandas consumen bastantes máis alimentos. Sería un problema, pero non creo que tan importante como para que terminase cos Pandas.

  5. faa-yasminasanchez di:

    Hai moitas causas polas que o oso panda estáse a extinguir. A máis importante, e que ocurre con outras moitas especies, como a balea azul, é a súa caza.
    Outras causas son por exemplo a desforestación do seu hábitat, sobre todo as canas de bambú, aunque este non sexa o seu único alimento; ou a súa escasa reproducción, xa que as femias, como máximo,están en celo só cinco días.

  6. fab-martinperez di:

    O maior culpable de esta case segura extinción é que os núcleos urbanos chineses estanse estendendo moito,entón o oso panda estase a quedar sen un lugar onde vivir,para min outras das principais causas é a caza.

    • fab-taniacores di:

      Pra min tamén é outra das causas, aun que esté o seu cazamento prohibido, a xente segue facendoo aun que con iso o castiguen a pena de morte.
      Xa non sei que maneira de evitalo poden facer, porque que teñan ese castigo é o máis que se lle pode facer a unha persoa.

  7. fab-lauraaragunde di:

    O oso Panda encabeza a lista dos que teñen mais probabilidades de extinguirse. Os seus fogares continúan sendo eliminados e faise demasiado difícil a súa reproducción e cría en cautiverio. Como resultado, estamos perdendo o número da poboación destos osos ao non ser capaz de darlles unha adecuada atención para subilos de novo. Só quedan ó redor de 1.600 osos panda en estado salvaxe, a pesar dos esforzos pola súa conservación.

  8. faa-jessicacalo di:

    Este mamífero na actualidade é unha especie moi localizada,tan só uns 1600 exemplares están vivindo en selvas e uns 188 en cautiverio. A súa gran fonte de alimentación é o bambú aínda que tamén se alimentan de frutos, pequenos mamíferos, peixes e insectos.
    En 1946 quedou prohibida a súa caza polo goberno de China,os zoolóxicos interesados en obter este animal en calidade de “prestamo” deberá abonar ao goberno chinés entre 1 e 2 millóns de dolares ao ano durante 10 anos.

  9. fab-estelavilanova di:

    O oso panda é un dos animais máis ameazados, cun estado crítico de extinción que fai que esté en constante perigo. Cando estes animais se encontran en cautividade acostuman a perder o apetito sexual. Os responsables da súa recuperación, nalgúns casos utilizan técnicas curiosas de motivación reproducindo vídeos de conxéneres salvaxes apareándose ou sons destes animais en celo. Hoxe en día hai moitos exemplares que naceron mediante esta reprodución asistida. Do mesmo xeito, na capital chinesa iniciouse o “Proxecto de Clonación de Osos Panda”, considerado como o único método de conservación da especie pero que ata o día de hoxe, non deu resultados eficaces.

  10. faa-soniaporto di:

    O oso panda é un animal en perigo de extinción segundo estatísticas da UICN este animal é unha das especies que xa se encontran en extinción en todo o noso planeta, en realidade, estas chegan a mil especies dentro de todo o orbe; e ademais, hai unhas 17.000 que se encontran seriamente danadas.
    A Panda encóntranse de xeito usual atacado polo home.
    Aínda Que, toda especie ten un tempo xeral de vida, e isto acontece con este oso, segundo a bioloxía, acelerar este proceso de redución de especies dunha forma artificial, fai que a natureza non teña tempo de rexenerar o seu propio ecosistema.
    Debido á civilización e á expansión do ser humano sobre o noso planeta, o oso panda está a quedar sen hábitat. Este tratou de adaptarse ao medio actual, cambiando a súa conduta e tamén a súa forma de vida, pero a súa desaparición é practicamente inminente.
    Así, o seu polgar oponible (se é o caso, é un sexto dedo) permitiulle esfollar os talos de bambú con moita facilidade, pero a causa da destrución do seu hábitat non ten moitas posibilidades.
    De feito, algúns foron criados en cativerio para poder preservar a súa especie, non obstante, non se logrou que poidan reproducirse con rapidez. En realidade, isto nin sequera acontece na natureza, onde en estado silvestre teñen unha cunca baixa de reprodución e ademais, necesitan un bo tempo para recuperarse se ven o seu conxénere sendo asasinado. A dicir verdade, o apareamento desta especie ten lugar durante a época primaveral e as crías nacen a finais do inverno, así a femia pare entre un ou dous osiños, os que chegan á súa madureza sexual a partir dos catro e dez anos
    Esta tamén é outra das causas para a súa extinción, posto que a pel e o oso mesmo en se son considerados como un bo negocio, é dicir que vendelos aos zoolóxicos é lucrativo.
    Así, cando chegan a lugares protexidos, os osos pandas prefiren comer en vez de aparearse, polo que no mundo só quedan uns 1000 destes exemplares. Se ben noutros tempos só se lles mataba sen piedade, hoxe en día poden gozar de tranquilidade aínda que dunha gran diminución da súa poboación.
    Para que esta especie non sexa extingida o que estan a facer nas asociacións onde teñen aos osos pandas en cativerio é que consideran situar en un só lugar ao mancho e á femia para poder chegar a unha reprodución, é dicir evitouse colocar varios machos para evitar que se pelexen entre si.

  11. faa-cristinaporto di:

    Hoxe en día, o inimigo máis importante do oso panda é a perda do seu hábitat, e esta prodúcese dun modo imparable sobre todo pola talla do bosque. Por exemplo, na área de Quin Ling as compañías madeireiras xa ocuparon o 70% do hábitat da panda, e seguen destruíndoo: dinamitan as montañas para facer novas estradas e poder tallar así máis preto do cume. A consigna é “máis madeira”, porque en China máis de mil millóns de persoas a necesitan, entre outras cousas, para as súas casas e para quentarse…, e dentro de cen anos poderían ser 2.000 millóns. Así pois, as perspectivas de futuro non son moi prometedoras para a panda: o alimento e os refuxios escasean, as poboacións están cada vez máis illadas e o seu hábitat diminúe: o territorio habitable reduciuse á metade en só dúas décadas.

  12. faa-marinaduran di:

    O oso panda, ten un insaciable apetito polo bambú.Come uns 13kilogramos de bambú para poder satisfacer a sua dieta. Os Pandas tamén poden comer paxaros ou roedores.Os pandas so viven en remotas rexións de China, nas montañas onde hai grandes bosques de bambú que son frescos e húmidos.

  13. fab-ireavinas di:

    O oso panda é un dos animales en maior perigo de extinción debido a varios factores que alteran a súa vida e non lles permite vivir ben nin durante moito tempo. Os maiores problemas son a caza furtiva,, que aínda que é castigada coa pena de morta algunhas personas seguen cazando, e tamén a destrucción da sua hábitat e a necesidade de bambú para alimentarse.

  14. faa-jessicacalo di:

    Debido á gran diversificación de especies de bambú e a ampla variedade de usos que xiran en torno a dita pranta, algunhas rexións onde non era común o seu crecemento atópanse introducindo o cultivo como unha alternativa ante a crecente necesidade do uso de fontes renovables. Un exemplo deste tipo de adopcións encóntrase en España, onde o seu cultivo foi introducido polo emprendedor Miguel Ángel Fuentes Erenas, a principios do ano 2012, para a xeración de enerxía a partir de biomasa. E tamén se está levando a cabo grandes plantacións de bambú en outras rexións do planeta para dita actividade.
    A pesar de todo isto, un dos factores principais da extinción dos osos panda e a falta do seu alimento fundamental, o bambú. Por que non se toman máis iniciativas en China para crear plantacións de bambú destinadas aos panda salvaxes?

  15. faa-lidiamartinez di:

    As causas da extinción dos animais poden separarse en varios grupos segundo a súa orixe.
    – Causas naturais: enfermidades, parasitismo, competencia con outras especies…
    – Catástrofes naturais: incendios, sequías, inundacións, volcáns, glaciares, furacáns…
    – Catástrofes provocadas polo home: caza furtiva, deportiva ou comercial, sobreexplotación dos recursos, explotación forestasl, destrución do medio ambiente…
    Todas estas causas poden favorecer a extinción dunha especie como é neste caso o oso panda, pero tamén o koala, o lince, o tigre de siberia, a tartaruga mariña o rinoceronte africano, etc.

  16. fab-ivangomez di:

    Os osos panda viven en montañas de China,onde o clima é humido e frío e estan a gusto.A súa comida preferida é o bambú,comen uns trece quilogramos ao día para quedar satisfeitos,aunque tamen se alimentan de paxaros e roedores.
    Parece ser que se comezou a realizar plantacións de bambú,xa que esta planta ten moitos usos.

  17. fab-mbelenalfonso di:

    Para diminuir a caza furtiva deberian aumentar as zonas protexidas e meter nelas o maior numero de osos panda posibles para que asi os teñan mais controlados e xa non lles poidan facer dano. Tamen deberian aumentar a plantacion de bambu xa que e o seu alimento base.

  18. fab-paulodiaz di:

    O bambú pertence a unha subfamilia de plantas que, a súa vez, pertencen a familia das gramíneas; unha das máis extensas e importantes para o home. É un dato de interese, polo menos para min, saber que a cultura asiática utilizouno como método de alimentación, mediciña, construción, papel, e incluso para elaborar instrumentos musicais. Está planta ten aproximadamente 70 xéneros e máis de 1200 especies. Ademáis, o seu tamaño oscila os 20 ou 40 metros de altura.

  19. faa-carlotadominguez di:

    Nestes últimos 20 anos, son moitas as especies animais que se encontraron ao bordo da extinción. Tristemente, este é o caso do tan coñecido e popular oso panda xigante; o cal, sendo considerado por moitos como o tesouro nacional de China, tamén se converteu na actualidade no ícono ou emblema de todos aqueles animais que se encontran en perigo de extinción. Hoxe en día só quedan aproximadamente unha media de mil a mil seiscentas pandas xigantes vivindo en estado salvaxe, dentro de reservas protexidas polo estado, e uns cen vivindo en zoolóxico. Non obstante, a especie non se encontra condenada irremediablemente a desaparecer; pois de entenderse as razóns polas que o oso panda se viu levado ao bordo da extinción, poderase facer un esforzo por evitar que esta curiosa e emblemática especie desapareza.

  20. faa-bertaferreiro di:

    Os osos panda son unha especie que se encontra fortemente ameazada e o feito de que non se cheguen a extinguir parece case inevitable.

    Nos zoolóxicos viven uns 100 exemplares, mentres que en cautividad fano uns 1000. Estes viven en reservas especialmente preparadas para eles, con bosques de bambú… pero estas medidas parece ser que non son as suficientes para proporcionar que este especie continúe adiante.

  21. Victor di:

    ESTÁ ABERTO UN NOVO FORO POR UN PERÍODO DE 10 DÍAS

  22. faa-ismaelrodriguez di:

    Parece que non se vai a ser capaz de salvar a este animal debido a que está desaparecendo o seu hábitat. Hoxe en día hai uns 100 exemplares en zoolóxicos e cerca de 1000 en cautividade en zonas preparadas para eles.
    A única esperanza que existe é a replantación do bambú debido á súa utilidade.

  23. faa-chusaguin Aguín di:

    O bambú e un alimento leñoso que se atopa en todos os continentes, excepto Europa. Actualmente, debido a gran diversidade de especies e usos entorno o bambú, algunhas rexións están introducindo o cultivo por si se incrementa a súa necesidade. Polo que entón, as posibilidades de que o bambú desapareza son mínimas ó igual que, o oso panda se extinga debido a desaparición deste alimento.

  24. faa-fabiolaalbornoz di:

    Do Bambú debido o seu tápido crecemento pódese obter nun período de 5 a 6 anos tanto para usos na artesanía como en suelos, mobles, portas, ventás ou pasta de papel.
    Como crece tan rápidamente non creen que a súa talacion poida afectar o Oso Panda polo menos por agora.

  25. fab-carlaseren di:

    Estes animais alliméntanse de bambú que é una árbore leñosa que se atopa en todos os continentes agás en Europa, esto é un gran problema porque provoca que a escasez de este alimento conleve á desaparición do seu hábitat polo que a salvación desta especie resulta cada vez máis difícil.

  26. faa-lidiamartinez di:

    O oso panda é maioritariamente herbívoro. O seu principal alimento é o bambú, tamén se alimenta doutras plantas como lirios ou de raíces, e tamén de roedores, algunhas aves e pequenos mamíferos.
    As súas mandíbulas sufriron adaptacións e parécense máis as dun herbívoro que as dun oso, xa que a súa principal fonte de alimentación é o bambú, os machos adultos poden chegar a inxerir ata 18 kg diarios para cubrir as súas necesidades enerxéticas.

  27. faa-marinaduran di:

    Debido a civilización e á expansión do ser humano sobre nuestro planeta,ou dito doutro modo,debido a globalización,o oso panda estase a quedar sen hábitat. O animal tenta adaptarse ó medio actual, cambiando a sua conducta e tamén a súa forma de vida, pero a súa desaparición é prácticamente inminente.
    A extinción dos pandas e un tema que xa se leva falado moitos anos, e aínda que se avanzou nalgúns aspectos, obviamente non se deteu. Así que hai moito traballo que seguir facendo, e intentar que non desaparezca este distinguido animal.