Máis preto do que te imaxinas

O pasado día 29 de Abril produciuse un incendio forestal na zona do polígono industrial de Tremoedo. Todo comezou sobre a unha da mediodía cando un veciño avisou ós servicios de emerxencia ó darse conta do perigo, a tan só uns metros de un grupo de vivendas. O lume resistiuse pero acabou sendo controlado polos bombeiros, protección civil e os veciños da zona. Finalmente foi extinto ás 4:30 da tarde arrasando consigo sobre 2.500 hectáreas de vexetación.

Paseando pola devastada zona onde se produciu o incidente pódese apreciar perfectamente como o lume foi orixinado dende tres puntos diferentes, o que claramente indica que foi intencionado.

Os veciños de Tremoedo xa están fartos e desolados de ver cada poucos anos arder os montes da parroquia. Porque esta non é a primeira, nin a segunda vez que sucede. No ano 2006 producíronse varios incendios, un deles exactamente no mesmo sitio e tamén dende varios focos. Aquel ano fora moito peor porque arrasou consigo toda a vexetación que rodea as casas da zona. E no ano 2011 outro incendio dende tres puntos diferentes no Monte Treviscoso pero que enseguida foi extinto.

Con isto quero dicir que non vai ser a última vez que se prenda lume en Tremoedo. Todos os veciños o saben, pero ninguén sabe como evitalo. Vos cal pensades que sería a solución?

Autor: Raúl Martínez

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

14 Responses to Máis preto do que te imaxinas

  1. faa-dobrinkapenkova di:

    Non existen moitas solucions a este problema xa que os incendios son intencionados.O único que vexo como solución é facer ver á xente do pobo as consecuencias que teñen estos incendios e a perda da vexetación xa que esta é moi importante na nosa vida e debemos coidala. As persoas que provocan estos incendios deben ser sancionadas.

  2. faa-lidiamartinez di:

    Estamos habituados a escoitar noticias deste tipo todos os anos, sobre todo no verán, dalgunha forma case todos os incendios son intencionados polas persoas, xa sexan estas conscientes ou non.
    Para evitalo sobre todo o que se debería facer é non abandoar residuos que poidan provocar un incendio (botellas e obxectos de cristal), non facer fogo en épocas de incendios (dende xuño ata novembro), actuar con precaución en zonas de risco (instalar depósitos de auga e hidratantes nas calles, manter camiños despexados de vehículos, vexetación, etc.), evitar o uso do coche ou aparatos mecánicos en zonas con pastos ou matorrais, e xa por outro nivel, deberíase aumentar os controis e aplicar a lei e aumentar a concienciación ambiental.

  3. fab-alexandregrandal di:

    Un dos primeiros plans para cortar está despreciable práctica en Tremoedo en noutros lugares sería ao meu entender impoñer severas multas aos ou incluso mandalos a prisión unha temporada. Concienzar a poboación do valor dos nosos bosques é outra das posibles actuacións a seguir para cortar o aumento desta clase de ideas.

    • fab-taniacores di:

      Estou de acordo contigo, pero creo que xa están impostas multas severas para estes casos, o que pasa é que case nunca se encontra o culpable. A verdade é que creo que case todo o mundo sabe o valor dun bosque, pero algunha xente cando quere facer algún acto de rebelión, termina facendo dano a quen non debe, como por exemplo este.

  4. fab-taniacores di:

    Creo que non e posible unha solución viable, porque calquera persoa que teña a mala intención de arder un bosque ou calquera recinto público, pode facelo sen que sexa visto e aínda máis se ocorre pola noite.
    É unha desgraza que a xente se dedique a queimar recintos como isos, poñendo en perigo a xente que vive o redor, pero por desgraza, aínda existe xente que se dedica a facelo.

  5. fab-martinperez di:

    Realmente non creo que sexa posible algunha solución moi eficaz,a non ser que se poñan patrullas de axentes as vinte e catro horas do dia,non teríamos solución algunha,e non creo que axudase moito informar sobre os problemas dos incendios ,as persoas que os provocan danlle igual todo isto.

  6. faa-jessicacalo di:

    As causas dos incendios forestais son ben coñecidas: o 91% son causadas polo home das que o 60% son intencionados, tan só un 4% son causas naturais(raios case na súa totalidade).
    Os incendios provocados cóntanse por uns 1000 ao ano onde a gran maioria son aquí en Galicia. Un maior control dos montes, unhas multas moito máis duras e un aumento do número de efectivos
    gardaforsetais disminuiría en gran medida ese número tan desproporcionado de incendios.

  7. fab-estefaniamuras di:

    Na miña opinión hai varias medidas para poder acabar con este problema. Unha delas sería poñer máis vixiantes nos montes, non so a Seprona senón que poderían participar os veciños, xa que son os máis afectados pola queima dos montes . Por outro lado deberíase impoñer multas elevadas.

  8. faa-marinaduran di:

    Pareceme increíble que cada ano se provoquen incendios en Tremoedo, e a policía ou a garda forestal non faga nada para evitalo. Penso que a primera prevención que debería estar xa en marcha, e a busca de saber que grupo de xente que o intencionou, e que se tomen sancións. A policía debería estar moi posta neste tema, xa que e moi grabe que pase repetidamente. Ademáis desa medida de protección xurídica, outra médida ambiental podería ser promover a consturcción de cortalumes para que, se non se pode evitar o incendio, polo menos que se extenda o menos posible.

    • fab-ivangomez di:

      Non sei que pretendes que faga a policía e os gardas forestais,os montes son moi grandes para vixilalos palmo a palmo.A hora de entrar nun monte unha persoa pode entrar por calquera sitio sen que nadie se entere.Por iso é moi difícil saber quen é o causante ou causantes.

  9. faa-soniaporto di:

    Estou dacordo co meu compañeiro Ivan xa que un monte e un lugar libre e podese acceder cando queres e é moi dificil saber que persoas estuveron. Por outra banda tamen estou dacordo con Mariña xa que non hai moita vixilancia nos montes dos arredores e creo que deberia de isto non deberia ser asi.

  10. faa-bertaferreiro di:

    Sábese que a maior parte dos incendios forestais son provocados poko home, cousa que non podo chegar a entender moi ben, supoño que as intención dos que queiman os nosos bosques serán por un motivo económico. Encontrar unha solución definitiva paréceme bastante complicado. No caso dos incendios provocados, a maior parte prodúcense por neglixencias, aínda que outros son a mala fé. Polo tanto débese informar a xente acerca de como poder evitar esas neglixencias.

  11. faa-chusaguin Aguín di:

    Non creo que haxa unha solución máis alá que o noso respeto e conciencia hacia o medio ambiente. Tamén se podrían facer campañas para a xente que igual non é tan consciente dos perigos que poden causar sendo descoidados cos residuos que non se tiran ó lixo.

  12. fab-rociorivas di:

    Penso que esta situación non pode veneficiar a ninguén, por que o único que conseguimos e perxudicarnos a nos mesmos. O noso medio ambiente non ten culpa da nosa maldade, e menos que por culpa de 4 enfermos o teñamos que sufrir todos.