Os máis grandes, aterrados por formiguiñas

As acacias de Kenia teñen un gran aliado para defenderse dos elefantes, que as derribarían e devorarían se non fora por unhas formigas mil millóns de veces máis pequenas ca eles. “É una historia de David contra Goliat”, sinalou o biólogo Todd Palmer, autor principal dun estudio sobre o tema, que foi publicado na revista Current Biology.

As columnas de formigas enfurecidas disuaden aos paquidermos introducíndose na súa sensible trompa ao atreverse a achegarse ás acacias, que a cambio de proteción ofrecenlle aos seus gardiáns refuxio e alimento en forma de doce néctar. Con todo, estes insectos teñen un importante impacto sobre o ecosistema da sabana na que viven, ao protexer a unhas árbores que son necesarias para absorber o CO2 e reducir así a acumulación de gases de efecto inverninala.

Ata agora críase que na vexetación da sabana influían a choiva, os nutrientes do solo, os herbívoros e o lume, pero Palmer suxire que á lista se engada a defensa das plantas exercida polos insectos.

Un Elefante paseando con su cría por las llanuras del Serengueti. | El Mundo

Autora: Beatriz Rivera Valenzuela

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Os máis grandes, aterrados por formiguiñas

  1. fab-lauraaragunde di:

    As formigas da Acacia son altamente agresivas máis que as formigas normais, matando insectos que aterrizan sobre a acacia, e propinando mordidas dolorosas sobre os herbívoros grandes, como os elefantes… Estas formigas incluso mastican as plantas que retoñan dentro dela e calquera enredadeira que medre alí. Esto é vital, xa que as Acacias requiren directamente a luz do sol. O 25% da colonia das formigas está constantemente na Acacia, día e noite, patrullando e limpando a planta de esporas fungais, telas de araña, e polvo.

  2. faa-marinaduran di:

    A trompa do elefante é moi sensible ás picaduras das formigas e é o auténtico ‘talón de Aquiles’ do xigantesco animal.Ó parecer é o olor o que alerta ós elefantes da presencia das formigas, polo que estos olores podrían ser aplicados ó cultivos humanos para evitar que sexan arrasados polos paquidermos.

  3. faa-jessicacalo di:

    Este curuiso fenomeno ao parecer é debido ao cheiro que alerta aos elefantes da presenza das formigas, polo que estes cheiros tamén podrían ser aplicados nun futuro non moi lexano aos cultivos humanos para así poder evitar que sexan arrasados polos paquidermos.
    Nun experimento, científicos eliminaron as formigas algunhas das acacias e comprobaron que despois dun ano estas árbores sufriran moitos máis dano que as demais.

  4. faa-lidiamartinez di:

    A alcacia antigamente tíñase como unha planta maravillosa, polas súas propiedades curtivas e críase que espantaba a mala sorte. En Exipto era utilizada para construir embarcacións, estatuas e mobles.
    Algunhas especies de alcacias teñen un sistema de defensa quq algúns biólogos consideran único. Nos conglomerados, onde cada individuo se encontra en contacto con outro con outro, si ´´e abordado por un depredador da súa folla, a planta reacciona quimicamente liberando substancias que se transfiren polo aire e chegan a outras plantas dando alarma. E as plantas empezan a segregar nas súas follas unha substancia tóxica que é dañina e ata mortal para o depredador animal.

  5. fab-estelapadin di:

    Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, dá familia Fabaceae. Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como ou propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.
    Existen unhas 1.300 especies non mundo e, destas, 950 especies proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes. En Galicia considéranse especies invasoras.

  6. faa-lidiamartinez di:

    Cando a trompa do elefante intenta devorar as ramas da árbore, as formigas atácana e así tratan de evitar que o paquidermo asole a sabana africana.
    Tradicionalmente críase que os ecosistemas da sabana estaban formados pola mezcla de herba e árbores, e que só era cambiado polas chuvias, os nutrientes do solo, os herbívoros e o fogo. Pero os novos resultados desta investigación suxiren que tamén se debe engadir a defensa das plantas. As formigas xogarían un papel central á hora de evitar que os animais comedores de árbores o fixesen en exceso, dañando ditas árbores.

  7. Raquel Martínez di:

    É bastante curioso ver coma un animal pode chegar a defender a outro ser vivo polos seus propios intereses, chegando a atacar a animais millóns de veces máis grandes ca eles.

  8. Raquel Martínez di:

    As formigas existen dende fai máis de sesenta millóns de anos. Unha colonia de formigas pode chegar a ter cinco mil individuos. Comunícanse mediante cincuenta mensaxes diferentes mediante a combinación de feromonas.
    Para protexer ás acacias, en canto os elefantes van a comer as súas follas, as formigas métense na súa trompa e pícalles, isto lles fai moito dano, xa que teñen moita sensibilidade nesa zona. Por outro lado, as xirafas son totalmente inmunes a elas, xa que cando van a comer das follas apartan ás formigas coa súa rigorosa lingua.

  9. faa-raulmartinez di:

    É increíble para un animal que apenas ten depredadores coma o elefante que un dos seus maiores perigos sexa unhas simples formiguiñas. Ao parecer a trompa do elefante é moi sensible ás picaduras destas formigas. Outro perigo dos elefantes son os cocodrilos que en raras ocasións atacan ós elefantes cando están bebendo. Sin embargo, o maior depredador do elefante é o propio ser humano co fin de arrebatarlles o marfil dos colmillos.

    Aparte, a interacción que se da entre acacia é formiga é de mutualismo porque a supervivencia da acacia veríase moi complicada en ausencia das formigas xa que estas evitan que as coman os hervíboros e tamén impiden o crecemento de plantas que privan de luz ás acacias. Á súa vez, as formigas benefícianse do alimento que estas plantas lles proporciona.

  10. faa-saramarino di:

    Este artigo é verdadeiramente curioso debido ó feito de que unha das especies de maior tamaño e peso poida sentirse atemorizado por uns insectos tan diminutos como o son as formigas. As formigas abundan nunha especie moi común de acacia propia desa zona e os elefantes evitan acercarse a elas debido á presenza destos insectos que se introducen na trompa dos elefantes, unha zona moi sensible ás picaduras do insecto.

  11. fab-zayravazquez di:

    As formigas actúan como mecanismo de defensa para o árbore, protexendoo contra insectos e outros animais ou contra plantas parásitas. As formigas habitan nas espiñas hocas da planta e alimentanse duns pequenos glóbulos ricos en glucógeno que son secretados polo ápice dos foliolos.

  12. faa-marinaduran di:

    O estudio foi realizado nas terras altas do centro de Kenia, suxiren ca defensa da plantas, que é o papel que cumplen las hormigas, debe ser añadida a esa lista de cousas que protexen o ecosistema da sabana.As formigas trepan as patas dos elefantes e logran que fuxan a base de mordiscos antes de que lle fagan un dano extensivo aos árboles de Acacia drepanolobium.

  13. faa-jessicacalo di:

    Un detalle curioso é que estos mismos insectos, por exemplo, non molestan ás xirafas, que se alimentan sobretodo de follas de acacia, xa que estas apártanas coa lingua. Porén, a trompa dos elefantes e moi sensible ás picaduras de forminas. É o auténtico “talón de Aquiles” do animal.

  14. faa-bertaferreiro di:

    As sabanas son chairas que teñen un clima no que a vexetación predominante son as gramíneas, tamén con algún que outra árbore, arbusto ou matorral. Normalmente as sabanas son zonas de transición entre bosques e estepas.

  15. fab-ivangomez di:

    Pese ao tamaño das formigas,que son mil millons de veces máis pequenas ca os elefantes,estas atoparon o punto débil deste e atácano cando é preciso,para protexer a alcacia,que é o lugar onde viven e onde adquiren a súa comida.

  16. faa-lidiamartinez di:

    Aínda que estas árbores con formigas non cobren moita extensión, están distribuidos por todo o este de África, así que o papel que xogan en términos de regular a dinámica do dióxido de carbono nestes ecosistemas é moi importante.
    Pode que este tipo de mecanismos sexan tamén importantes noutras rexións do mundo donde tamén hai plantas defendidas por formigas. Isto recorda a importancia que unha soa especie de insecto pode ter na biosfera, aínda que normalmente se considere insignificante baixo os criterios humanos.

  17. fab-taniacores di:

    As formigas da Acacia son máis agresivas que as formigas normais,matan insectos que aterrizan sobre a acacia probocando mordidas dolorosas sobre os herbívoros grandes como,por exemplo, os elefantes.
    O 25% da colonia das formigas está constantemente na Acacia, día e noite, patrullando e limpando a planta de esporas fungais, telas de araña e o polvo.

  18. faa-lidiamartinez di:

    Estas formigas poden crear colonias nos ocos das ramas das acacias do tamaño de pelotas de ping pong. Na investigación fixáronse que os elefantes famentos rara vez comían das acacias, que estaban protexidas por estas formigas, por iso decidiron comprobar si servían de repelente para o maior mamífero da terra e servían de guardianas para as árbores a cambio de comida que a árbore proporciona segregando unha disolución azucarada.

  19. faa-soniaporto di:

    Caracteristicas da acacia:
    As especies con estas puntas proceden de África, habituais en terreos secos e áridos. En cambio, a variedade ‘saligna’, chamada así polo seu parecido ao salgueiro, é orixinaria de Australia e adoita carecer de espiñas.
    Adoita superar os 3 metros de altura ata os 8 como máximo, aínda que outras especies de acacias poden chegar ata os 30 metros de alto. As súas follas lanceoladas son de cor verde claro e poden ser de ata 25 centímetros de lonxitude. Adoitan estreitar na base e na punta, cun nervio central moi marcado.
    Nas ramas xéranse acios moi profusos de globos de amarelo intenso que ofrecen belos cadros paisaxísticos. Esta planta pertence á familia das leguminosas porque producen legumes lineares, de ata 15 centímetros de lonxitude, rectas ou lixeiramente curvadas. Os legumes adoitan estar moi constrinxidos entre as sementes.

  20. fab-danielsomoza di:

    Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

  21. fab-danielsomoza di:

    A Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

  22. fab-paulodiaz di:

    O papel que xogan estas árbores na sabana é realmente importante, xa que, ao ser un terreno entre bosque e estepa, as Acacias son da pouca vexetación existente. Resulta moi impresionante como as formiguiñas protéxenas dos elefantes, sendo infinitamente máis grande que elas. De esta forma, cuidan o lugar onde viven.

  23. fab-estefaniamuras di:

    A acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é unha legume. Esta árbore é procedente de Australia, agora están naturalizadas en Galicia, onde se lles coñece como acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertence a este xénero.

  24. fab-estefaniamuras di:

    A acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é unha legume. Esta árbore é procedente de Australia, agora están naturalizadas en Galicia, onde se lles coñece como acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertence a este xénero.
    Existen numerosas variedades desta árbore leguminosa e de folla perenne, caracterizada pola súa frondosidade, o seu espectacular colorido e as espiñas que recobren as súas ramas. Precisamente polas súas espiñas recibe o seu nome o cal procede da palabra grega ‘akis’, que significa punta.

  25. faa-fabiolaalbornoz di:

    A acacia cornigera é a acacia coñecida por ter unha relación de protección coas formigas de xénero Pseudomyrmex. Estas formigas actúan como mecanismo de defensa para a arbore, protexéndoa de insectos e outros animais. As formigas habitan nas espiñas da planta e alimentanse duns pequenos glóbulos ricos en glucóxeno que son secretados pola planta.

  26. faa-lidiamartinez di:

    Estáse a especular coa posibilidade de utilizar o olor das formigas para evitar que os elefantes ataquen campos de cultivo e así minimizar os conflitos entre humanos e estes paquidermos.
    – Unha consecuencia do cambio climático é o aumento da frecuencia e intensidade de sequías, que obriga aos elefantes a comer casi calquera cousa para sobrevivir. Con máis sequías os elefantes destruirán máis árbores e empuxarán o ecosistema a ser máis de tipo pradera. O papel das formigas pode ser interesante a hora de frear a acumulación de gases do efecto invernadeiro.

  27. faa-bertaferreiro di:

    Parece increible que insectos tan pequenos como as formigas sexan tan molestos para grandes animais como son os paquidermos. Os paquidermos teñen unha trompa moi sensible e as picaduras de formiga afectanlle moito. O mecanismo que utilizan para saber se unha árbore ten formigas ou non é mediante o olfacto xa que as formigas desprenden un olor especial.
    A principal causa de que os elefantes sexan abatidos en África é porque destruen os cultivos, entón eses olores que desprenden as formigas podríanse utilizar para rociar os cultivos e así evitar a súa destrución.

  28. faa-miguelcarballa di:

    As acacias están protexídas dos elefantes mediante as formígas e as formígas usan a acacia como fonte de alimento e como casa polo que estamos a falar dunha relación de mutualismo xa que as dúas especies de seres vivos saen beneficiadas.

  29. fab-ireavinas di:

    Isto é un claro exemplo de supervivencia, aínda que aínda as formigas son moitísimo máis pequenas ca os elefantes, para o seu propio beneficio, son capaces de alonxar a estes paquidermos das árbores que lle ofrecen refuxio e alimento. Este acto é fundamental xa que estas árbores teñen un papel na sabana que é realmente importante.

  30. faa-marinaduran di:

    O elefante do que falamos e o elefante africano da sabana (Loxodonta africana) é un mamífero proboscideo da familia dos elefántidos.É o maior mamífero terrestre que existe na actualidade. Se trata dunha das tres últimas especies de proboscídeos que sobreviven hoxe en día, sendo as outras o elefante africano de bosque e o elefante asiático.

  31. fab-carlaseren di:

    Acacia é un xénero de arbustos e árbores pertencentes á familia Fabaceae, aínda que tamén se coñoce co nome de «acacia» a moitos árbores leguminosos de outros xéneros. Existen unhas 1.400 especies aceptadas, das máis de 2.700 descritas, no mundo (unahs 970 pertencen o xénero Acacia stricto sensu, das cales 950 proceden de Australia).