Caíches na trampa!

‘Hoxe en día sábese que as células están programadas ou dirixidas a certos sitios, onde se produce a metástases. O que facemos nos, é alterar esta diseminación natural para levar estas células ao lugar  onde nos interese e onde poidamos actuar contra elas ‘, explica Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUS e inventor desta patente en colaboración con Miguel Abal e Alexandre de la Fuente. Unha  vez focalizadas as células malignas pódense tratar con calquera dos métodos tradicionais en función de cada caso.

Para entendernos mellor, este proceso é como ter unha nasa metida no corpo, só que en vez de atrapar polbos actúa como unha especie de trampa para as células tumorais circulantes. Estas son as causantes da metástase, é dicir, as que permiten expandir a enfermidade, que deste modo é moito máis letal. Como cebo para esa ‘nasa’ empléanse substancias químicas que atraen ás células malignas que, unha vez arrincoadas perden a súa capacidade de invadir a outros órganos e tamén son máis fáciles de atacar polas ferramentas terapéuticas habituais.


Autora: Estefanía Muras

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Caíches na trampa!

  1. faa-jessicacalo di:

    A metástases é propagación dun foco canceríxeno a un órgano distinto daquel no que se iniciou. Ocorre xeralmente por vía sanguínea ou linfática.
    Aproximadamente, o 98% das mortes por cancros non detectados, son debidas á metastatización deste. Cando un cancro se “pilla a tempo” é porque aínda non se propagou. Cando se lle diagnostica a un pacente un cancro, débese coñecer si está propagado ou non.
    O tratamento para un cancro estendido lévase a cabo coa quimioterapia, a radioterapia, a terapia biolóxica, o tratamiento hormonal, a ciruxía ou unha combinación destes

  2. faa-marinaduran di:

    O cancro é un término que se usa para enfermidadesnas células anormais se dividen sen control e poden invadir outros texidos.As células cancrosas poden diseminarse a outras partes do corpo polo sistema sanguíneo e polo sistema linfático.
    Calquer avance que exista para a cura e tratamento desta enfermidade, e un gran paso para moitas persoas, polo que é un gran avance para a sociedade. É importante que se loite contra esta enfermidade, e que cada vez se consiga seguir nesta liña de disminuir a taxa de mortalidade.

  3. faa-lidiamartinez di:

    A metástase é unha teoría científica que supón a propagación dun foco canceríxeno a un órgano distinto de aquel no que se iniciou. Ocorre xeralmente por cía sanguínea ou linfática. Aproximadamente, o 98% das mortes por cáncer non detectado, sn debidas a metastatización deste.
    As células do cáncer son capaces de penetrar en vasos sanguíneos e linfáticos, circulan a través da circulación sanguínea e despois crecen nun novo foco, en tecidos normales doutra parte do corpo.

  4. fab-danielsomoza di:

    A metástase é unha teoría científica que implica a propagación dun foco canceroso dun corpo distinto daquel en que todo comezou. Ela xeralmente ocorre a través do sangue ou linfático. Aproximadamente o 98% das mortes por cancro detectado, son debido a metástase do mesmo. De feito, aínda que é o máis coñecido, a metástase non é limitado para a propagación de células de cancro, pero a metástase pronunciada cando se desenvolve un émbolo, onde a vertedura se produce o mesmo proceso do seu lugar de orixe (cancro, infeccións).

  5. fab-martinperez di:

    A metastase é conda os canceres máis evolucionados pode propagarse a un órgano distinto no que empezóu e incluso pode espallarse por varios órganos sendo cada vez máis complicado poder salvar a vida do paciente,o 98% das persóas que mórren de cáncer é a causa de metastase.

  6. faa-raulmartinez di:

    A metástase é o propagamento das células tumorais por vía sanguínea ou linfática e consigo afectando a outros órganos dificultando gravemente a cura.
    Con este invento pódese actuar contra as metástases que é o principal problema dos cancros tumorais, cando decimos si o cancro está ‘extendido’ ou non.
    Cada vez as novas tecnoloxías están máis avanzadas e conseguimos curas a problemas que hai unhas décadas significaba a morte.

  7. faa-bertaferreiro di:

    O cancro é unha enfermidade que se produce cando un grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

  8. faa-saramarino di:

    A metástase prodúcese cando se extenden as células tumorais por outros órganos conseguindo propagarse e dificultando moito a cura do cancro. A gran maiorías das mortes por cancro é debido a esta propagacion das células. Con este descubrimento podríamos evitar que isto ocorrese, o que serñia fantástico e un gran avance para a humanidade, xa que moitas das mortes actualmente son debido a esta dura enfermidade.

  9. fab-zayravazquez di:

    O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que proliferan sen control e se multiplican de maneira autónoma. En xeral tende a levar á morte a persoa afectada, se non se somete a un tratamento adecuado. Coñécense máis de 200 tipos de cancro , os máis frecuentes son os de pel, pulmón, mama e de colon.

  10. faa-marinaduran di:

    As metástasis dos tumores sólidos producense cando as células dun carcinoma primario ou metastásico migran no sistema circulatorio e proliferan en lugares distantes.Os carcinomas son de orixen epitelial e non é habitual que estas células encontrense no torrente circulatorio.Nos últimos 20 a 30 anos utilizaronse diferentes métodos e tecnoloxías para a determinación de células tumoriais circulantes (CTC) en sangre periférica e médula ósea.

  11. faa-bertaferreiro di:

    A metástese é un tumor maligno que se desenvolve en varias partes do corpo a partir de células canceríxenas. O 90% das mortes por cancro son debidas o desenvolvemento da metástese e non a causa do tumor primario.

    Un tumor primario pódese extraer por ciruxía en certos casos, pero si algunhas células canceríxenas xa abandonaron o tumor antes da operación quierúrxica, entón o cancro segue extendéndose sen control, e acaba provocando a morte.

  12. Raquel Martínez di:

    A metástase prodúcese cando as células tumorais ou canceríxenas se estenden dun órgano ou tecido a outro. Unha vez que empeza, fai máis complicado a cura do cancro, provocando, nos casos máis estendidos que sexa imposible de eliminar. As células canceríxenas polo xeral propáganse a través da sangre ou do sistema linfático.
    Que as células canceríxenas fagan metástase ou non depende do tipo de cáncer, do seu estado, da súa localización orixinal…
    O seu tratamento depende do tipo de cáncer e de a onde se propagou.

  13. fab-ivangomez di:

    A metástase prodúcese cando un cancro se extende hacia outros órganos ou tecidos,normalmente exténdense pola vía sanguínea ou pola linfática.
    A maioría das portes de cancro que non se detectou foron porque este se expandeu.Cando esto ocorre e porque non se detectou o cancro antes da metástase.Os tratamentos máis utilizados son a radioterapia e a quimioterapia.

  14. faa-soniaporto di:

    A metástase é unha teoría científica que supón a propagación dun foco canceroso a un órgano distinto daquel en que se iniciou. Acontece xeralmente por vía sanguínea ou linfática. En realidade a metástase non se limita só á propagación de células cancerosas, senón que se fala de metástase cando un émbolo desenvolve no lugar onde produce a embolia o mesmo proceso do seu lugar de orixe (cancro, infeccións).
    Os cancros son, capaces de propagarse polo corpo debido a dous mecanismos: invasión e metástase. A invasión é a migración e a penetración directa polas células do cancro nos tecidos veciños. A metástase é a capacidade das células do cancro de penetrar nos vasos sanguíneos e linfáticos, circulan a través da circulación sanguínea, e despois crecen nun novo foco (metástase) en tecidos normais doutra parte do corpo.
    Os tumores clasifícanse como benignos ou malignos dependendo de se poden invadir localmente ou metastatizar a órganos distantes. Os tumores benignos son os que crecen só localmente. Os tumores malignos son os tumores capaces de propagarse por invasión e metástase. O termo “cancro” aplícase soamente aos tumores malignos.
    Cando se diagnostican aos pacientes con cancro, se debe coñecer se a súa enfermidade está localizada ou se diseminou a outros órganos distantes.
    A causa principal de morte dun paciente por cancro son as metástases. Debido á capacidade de propagarse a outros tecidos e órganos, o cancro é unha enfermidade potencialmente mortal, por iso é de grande interese comprender como se producen as metástases nun tumor maligno.
    As células do cancro que se estenden aos ganglios linfáticos próximos ao tumor primario, chámanse invasión ganglionar, adenopatías, ganglios linfáticos positivos ou enfermidade rexional. As células do cancro tamén poden diseminarse a outras partes do corpo, distantes do tumor primario.
    Cando as células cancerosas se diseminan e forman un tumor novo, este chámase un secundario, ou tumor metastásico. As células do cancro que forman o tumor secundario son como as do tumor orixinal.

  15. faa-lidiamartinez di:

    O cancro é un termo que se utiliza para enfermidades de células anormais que se dividen descontroladamente podendo chegar a invadir outros tecidos que non estaban danados. Isto é causado por mutacións no ADN, as cales poden ser hereditarias ou adquiridas ao longo da vida, por exemplo por un consumo excesivo do alcohol ou do tabaco.

  16. faa-cristinaporto di:

    Aparición dun ou máis focos secundarios formados a partir dunha afección primaria, que pode ser cancerosa ou infecciosa principalmente, e cuxa diseminación se realizou a través da circulación sanguínea ou linfática. O resultado é a manifestación da enfermidade en diferentes lugares do organismo que poden estar moi distantes entre si.

  17. fab-taniacores di:

    A metástase é unha teoría científica que supón a propagación dunha célula canceríxena a un órgano distinto de aquel no que se iniciou. Ocorre xeralmente por vía sanguínea ou linfática. Aproximadamente, o 98% das mortes por cáncer non detectado, sn debidas a súa prolongación polos organos.
    As células do cáncer son capaces de penetrar en vasos sanguíneos e linfáticos, circulan a través da circulación sanguínea e despois crecen nun novo lugar do corpo, en tecidos normales.
    As células canceríxenas seguen crecendo estén onde estén.Unha vez sustraídas do corpo, os científicos fan probas con elas e está comprobado con unhas células dunha muller negra, que seguen crecendo por elas mesmas, xa que esas células, despois duns 50 anos, seguen con nos.

  18. faa-irenetroncoso di:

    Cancro é un termo que se usa para enfermidades nas que células anormais se dividen sen control e poden invadir outros tecidos. As células cancerosas poden diseminarse outras partes do corpo polo sistema sanguíneo e polo sistema linfático.

    O cancro non é só unha enfermidade senón moitas enfermidades. Hai máis de 100 diferentes tipos de cancro.

    Os tipos de cancro pódense agrupar en categorías máis amplas. As categorías principais de cancro son:

    – Carcinoma: cancro que empeza na pel ou en tecidos que revisten ou cobren os órganos internos.
    – Sarcoma: cancro que empeza en óso, en cartilaxe, graxa, músculo, vasos sanguíneos
    – Leucemia: cancro que empeza no tecido no que se forma o sangue, como a medula ósea, e causa que se produzan grandes cantidades de células sanguíneas anormais e que entren no sangue.
    – Linfoma e mieloma: cancros que empezan nas células do sistema inmunitario.
    – Cancros do sistema nervioso central: cancros que empezan nos tecidos do cerebro e da medula espiñal.

  19. fab-estefaniamuras di:

    O cancro é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo de divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes. Entre os factores que aumentan o risco de padecer cancro inclúense a exposición excesiva ás radiacións do sol ,algún virus e algúns linfomas. Non obstante as causas máis importantes son o tabaco e o alcohol.

  20. faa-lidiamartinez di:

    Ao falar da curación do cancro hai que distinguir tres situacións diferentes: os cancros que se poden curar con cirurxía cando se detectan nunha fase na que aínda non se expandiron polo corpo; os cancros nos que a quimioterapia ou a radioterapia é capaz de aumentar as posibilidades de curación despois da cirurxía ep por último, aqueles tumores malignos que se poden curar aínda que estean diseminados.
    En principio, todos os cancros que non sexan da sangre pódense extirpar e curar si se diagnostican antes de esparcirse. Algúns tumores soen manifestarse pronto, ben porque quedan á vista (como os da pel), ou porque ocasioan síntomas alarmantes que levan a consultar pronto ao médico (como os de larinxe ou vexiga).

  21. fab-alexandregrandal di:

    O desenvolvemento que se pode acadar cos novos avances queda plasmado unha vez máis neste proxecto que trata de impedir a metástase dun cancro permitindo que a detección precoz do mesmo sexa xa suficiente para a sua eliminación medinte os procesos de quimioterapia ou radioterapia.

  22. fab-carlaseren di:

    A metátese é unha teoría científica que supón a propagación dun foco canceroso a un órgano distinto daquel no que se iniciou. Ocurre xeneralmente por vía sanguínea ou linfática. Aproximadamente, o 98% das mortes por cánceres non detectados, son debidas á metastatización de éste. En realidade, aínda que é a mais coñecida, a metátese non se limita solo á propagación de células cancerosas, sinon que se fala de metátese cando un émbolo desenvolve no lugar donde produce a embolia o mesmo proceso do seu lugar de orixen (cáncer, infeccións).

  23. faa-yasminasanchez di:

    O termo cancro utilízase para denominar enfermedades de células cunha mutación no ADN, e que se dividen descontroladamente. Estas células poden chegar a tecidos que anteriormente non estaban danados.
    Estas enfermedades poden ser hereditarias como por exemplo o cáncer de mama; ou adquiridas como polo consumo excesivo de tabaco ou de alcohol.