Fractura hidráulica ou Fracking

O Fraking é unha técnica para posibilitar ou aumentar a extracción de gas e petróleo do subsolo. Consiste na inxección a presión dalgún material no terreo, co obxectivo de ampliar as fracturas existentes no substrato rochoso que encerra o gas ou o petróleo, e favorecendo así a súa saída cara o exterior. Habitualmente o material inxectado é auga con arena e productos químicos, aínda que ocasionalmente pódense empregar espumas ou gases.
As inxeccións no subsolo para favorecer a extracción de petróleo remontanse ata 1860, na costa este norteamericana, empregando por aquel entón nitroglicerina. En 1930 empezaronse a utilizar ácidos en lugar de materiais explosivos, pero é en 1947 cando se estudia por primeira vez a posibilidad de utilizar auga. Este método empezou a aplicarse industrialmente en 1949 pola empresa Stanolind Oil. Xunto coa auga inclúese unha certa cantidade de area para evitar que as fracturas se pechen ó deterse o bombeo, e tamén engádese  en torno a un 1% de adictivos, 4 compostos por ata 500 productos químicos, cuxa función é potenciar a efectividade da fractura. Sen embargo non é ata o ano 2002 cando se combina o uso da agua tratada con adictivos que reducen a fricción coa perforación horizontal e a fractura en múltiples etapas.

Repercusións no medio ambiente:
1) Emisión á atmósfera de contaminantes, a contaminación de augas subterráneas debido ós fluxos incontrolados de gas ou fluidos causados por erupciones ou derrames, a fuga de fluidos de fracturación e o vertido incontrolado de aguas residuais.
2) As experiencias obtidas nos Estados Unidos mostran que se producen numerosos accidentes que poden danar o medio ambiente e a saude humana.
3) Entre un 1 e un 2 % dos permisos de perforación violan as obrigaciones legais.
4) Un alto índice de ocupación de terra debido ás plataformas de perforación, ás zonas de aparcamento e manobra para camións, equipos, instalacións de procesamento e transporte de gas, así como ás estradas de aceso.


Autor: Daniel Somoza

Esta entrada foi publicada en Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.