Derrétese o Ártico Canadiense

O alto Ártico Canadiense é o espazo con maior concentración de xeo glaciar fora de Groenlandia e a Antártida, con 146.000 km2 de xeo sobre 36000 illas.
Nos últimos anos comezou a caer en picado a masa dos glaciares do arquipélago ártico canadiense. As observacións dos satélites indican que dende o 2004 ata o 2011 perdéronse 580 gigatoneladas de xeo.

Usando un modelo climático combinando  atmófera e neve, os científicos reproducen as variacións observadas e tratan de reproducir cambios que se producirán nun futuro de quentamento continuo. Aplicando ó modelo, os datos  obtidos atópanse con que reproduce fidelmente as perdas de xeo xa observadas, polo que poden calcular que no ano 2.100, cando o archipélago esté 14ºF máis quente, perderanse sobre 144 gigatoneladas por ano. En total os investigadores esperan que se perda sobre o 18% da súa masa a finais do século. Dadas as tendencias actuales de quentamento suxiren que o proceso de pérdida destos glaciares é xa irreversible.

Autora: Soraya Borrageiros

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Derrétese o Ártico Canadiense

  1. fab-lauraaragunde di:

    A caída débese en gran parte a un cambio no balance de superficie-masa, o movemento da auga do desxeo co calentamento inducido pola acumulación de neve nova.
    Os científicos preocupados por estos novos datos pensan que o calentamento na zona do Ártico, é irreversible e o aumento das temperaturas podría alcanzar 20 grados máis a finais deste siglo.
    O cambio afectará directamente ás prantas, migración das aves ó Ártico e á hibernación dos osos polares en inverno.

  2. fab-martinamendoza di:

    Esta caída da masa dos glaciares débese ó fenómeno do que levamos falando moitísimo tempo, o cambio climático.
    O incremento da temperatura global causa cambios nos patróns de clima; por iso algúns lugares como Ártico canadiense poden experimentar sequías mentres outros se inundan, os lugares fríos volvense máis cálidos e, noutros casos, os lugares calurosos fanse máis frescos. Por iso tamén utilizase o término, cambio climántico, para falar do calentamento global xa que ambos términos refirense ó mesmo fenómeno.

  3. faa-marinaduran di:

    Levamos moito tempo escoitando que o quentamento global esta a chegar, pero penso que con noticias como estas o que se quere demostrar e que xa chegou, e pode que xa sexa tarde.
    O quentamento do planeta e o enfriamento son cousas que levan pasando dende o seu principio, pero o preocupante neste caso e que é moito máis acelerado do normal. E si, e pola nosa culpa, perxudicamos a terra ca nosa contaminación.
    Que xa estemos no quencemento global non quere dicir que a partir de agora poidamos contaminar sen ningún problema, se non que aínda que non o poidamos deter, si podemos deixar de aceleralo.

  4. fab-estelavilanova di:

    O arquipélago ártico canadiense esténdese dende a costa continental de América do Norte ata o cabo Columbia. Está delimitado ao norte polo océano Ártico. Despois de Groenlandia, é o arquipélago que ten maior área de terra emerxida no ártico. O seu clima é polar ártico e a súa vexetación subsiste na tundra, exceptuando as zonas montañosas. Aínda que a meirande parte das illas están practicamente deshabitadas, esta catástrofe ecolóxica producida polo derretemento das masas de xeo afecta de maneira mundial e, polo que se explica no artigo, é un efecto xa irreversible.

  5. faa-lidiamartinez di:

    O arquipélago ártico é un arquipélago de Canadá situado ao norte do continente americano. O quentamento global provoca que este arquipélago cada vez se vaia derretendo máis rápido do normal, isto provocaría unha subido do nivel do mar e poderían inundarse as islas e costas de toda a Terra.
    Ademais, o 90% da auga doce do mundo encóntrase conxelada nos polos, polo que co desxeo ártico a auga salgada dos océanos e dos mares coa auga doce dos casquetes, causando a desaparición de moitas especies xa que cambiarían as características dos seus ecositemas, rompéndose así a cadena alimentícia.

  6. fab-martinperez di:

    Como todos ben sabemos isto non só ocorre no ártico canadiense senon tamén en ambos polos,isto débese principalmente a:

    O aumento da temperatura durante os ultimos anos.

    Os cambios de circulación dos ventos a causa da disminución da altura do gran Manto Laurentino.

    O aumento dos gases de invernadoiro.

  7. faa-jessicacalo di:

    Volvemos a escoitar novas noticias sobre as repercusións que está tendo no medio ambiente o quencemento global que provocamos.
    No ano pasado rexistrouse un 49% de diminución na capa de xeo ártico. E ahora, ó acelerado desxeo do Ártico e de Groenlandia súmaselle unha nova preocupación polo Ártico canadiense, practicamente irreversible. Isto é debido o rápido aumento das temperaturas. En 2012 rexistrouse que a temperatura media da superficie global aumentou 0,45 grados Celsius. Foi un dos 10 anos máis cálidos dende 1850.

  8. faa-irenetroncoso di:

    O Alto Ártico Canadense é o fogar da maior concentración de xeo glaciar fóra de Groenlandia e a Antártida.
    O derretento dos glaciares é un fenómeno que non é recente pero cuxas consecuencias se foron agravando nos últimos tempos, o derretemento dos glaciares está a provocar grandes cambios nas condicións climáticas e biolóxicas do noso planeta, ao aumentar os niveis da superficies de auga e reducir as áreas habitables. Pero a situación no Ártico
    non é moito mellor, Estanse a formar estanques de auga que se forman sobre o xeo absorben en maior grao a calor do sol, xerando así un derretemento máis acelerado. Na Antártida, a principal preocupación provén do Glaciar de Pine Island, que vén derreténdose dende hai moito tempo e contribuíndo ao aumento do nivel do océano.

  9. faa-bertaferreiro di:

    A desaparición do xeo no Ártico é un tema do que se está falando durante os últimos anos. A situación na que se encontra nestes momentos e bastante preocupante xa que a desaparición do xeo supón o quentamento global da terra e o aumento de nivel do mar. O máis alarmante desta situación e que según algúns investigadores este preoceso de desxeo sexa xa irreversible.

  10. faa-lidiamartinez di:

    O preocupante desta situación é que sexa irreversible debido a situación actual do quentamento global.
    Lin nun artigo que no 2007 reuníranse varios oceanógrafos e puxeron como data para a desaparición do Polo Norte no 2040, pero no 2009 volvéronse a reunir e esa data cambiouse para o 2015, non quere decir que isto ocorra así, pero si parece que a situación é moi alarmante e agrávase cada vez máis.
    Coa chegada do inverno a capa de xeo recupérase un pouco, pero ao chegar o bo tempo derrétese máis rápido xa que o espesor deste é inferior ao do ano anterior. Trátase dunha especie de proceso en cadena que non podemos evitar, pero si reducir a súa aceleración.

  11. faa-marinaduran di:

    Unha placa de xeo do tamaño de Manhattan desprendeuse da Isla de Ellesmere, no norte de Canadá,os investigadores etimaran que as placas do archipélago ártico canadiense, nas que habitan ecosistemas microscópicos únicos que apenas se estudaron, perderían máis de 20 kilómetros cuadrados este verán, pero a cifra real es de máis de 200.A Illa Ellesmere estivo formada por unha gran capa de xeo, pero ahora só quedan catro e xuntas ocupan uns 700 kilómetros cadrados.

  12. faa-raulmartinez di:

    Estamos continuamente escoitando e lendo noticias deste tipo e o caso é que nunca lles prestamos demasiada atención polo feito de que estamos recibindo información constantemente de todos lados polo que noticias deste tipo a moita xente non lle chega a importar.
    Con isto sabemos que se está a producir un quentamento global pero tampouco se fai nada por evitalo ata que se faga demasiado tarde e non haxa volta atrás.

  13. fab-estelapadin di:

    O quecemento global é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quecemento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.
    Como din os meus compañeiros sabemos o que está pasando e non facemos nada por solucionalo.

  14. faa-jessicacalo di:

    Segun os expertos para 2091 o norte do planeta tendrá estacións, temperaturas e posiblemente vexetación comparable a que hoxe en dia hai entre os 20 e 25 grados de latitude. Canadá, norte de Eurasia e o Ártico quéntanse
    máis rápido que calquera outra parte do mundo á consecuencia da perda de neve e xeo. Alaska dentro de 90 anos podería ter unha estación e temperaturas comparables á que hoxe
    en día ten o estado estadounidensede Oregón.

  15. faa-fabiolaalbornoz di:

    La isla más grande de Canadá, Baffin é fogar de ungha formación de xeo coñecida como Penny Ice Cap está disminuíndo notablemente, tomas de radar feitas dende 1995 e 2005 amosan como disminuíu a capa de xeo en poucos anos.

  16. fab-carlaseren di:

    O factor máis importante que fai que desaparezca o xeo no Ártico é o quentamento global.
    O quentamento global é un termo moi utilizado para referirse ó fenómeno do aumento da temperatura media global da atmósfera terrestre e dos océanos.

  17. faa-cristinapadin di:

    O cambio climático é un tema moi preocupante que últimamente está a integrarse moi ben na mentalidade da xente, estamos facendo cambios na nosa vida cotiá para contaminar menos, pero aínda así xa se desencadeu unha tráxica serie de sucesos que poden resultar demasiado perigosos para a vida de moitos seres e incluso para a nosa propia existencia.

  18. faa-soniaporto di:

    Para evitar os peores impactos do cambio climático necesitamos unha redución drástica e rápida das emisións de gases de efecto invernadoiro. O sector enerxético é o maior responsable do conxunto destas emisións, por iso Greenpeace busca un cambio de modelo enerxético no que as fontes de enerxías sucias se substitúan totalmente por renovables.
    Para logralo Greenpeace traballa, por un lado, para deter o uso de fontes de enerxía sucia como o carbón, e para lograr reducir as emisións do transporte, o maior emisor de gases invernadoiro no noso país. Por outro, propón solucións como o apoio ás renovables, a eficiencia nos vehículos ou os acordos internacionais. Así como a elaboración de escenarios de revolución enerxética que mostran como é posible substituír completamente as enerxías sucias por limpas.

  19. Raquel Martínez di:

    Este dato é moi alarmante, xa que de seguires así, os polos chegarán a derreterse del todo provocando inmensos problemas, non só a inundación dos mares, senón que levará a desaparición de moitas especies, que, á súa vez, e pode provocar a desaparición doutras ata provocar unha cadea. Todos deberiamos concienciarnos dunha vez e deixar de contaminar o planeta, pero isto non da ocorrido. A xente está farta de ver por todos os medios de comunicación que estamos a danar o planeta e que as consecuencias van ser tráxicas, o que fai que esteamos tan acostumados a escoitalo que xa non nos causa impresión ningunha. Moi pouca xente fai nada para remedialo, e se non nos pomos de acordo a maioría da poboación para tomar medidas de contado, as xeracións futuras, ou non tan futuras, poden sufrir as consecuencias da nosa inconsciencia.

  20. fab-alexandregrandal di:

    De novo unha proba do palpable do problema do cambio climático. Se non se atalla esto xa sabemos que o proximo é o aumento do nivel do mar. Incontables cidades que viven ao pé do mar por todo o mundo, como son as das nosas Rías, podense ver apuradas nun futuro, e quizais máis próximo do que creemos.

  21. faa-cristinaporto di:

    O Alto Ártico Canadense é o fogar da maior concentración de xeo glaciar fóra de Groenlandia e a Antártida, con nada menos que 146.000 kilometros cadrados de xeo glaciar sobre 36.000 illas.
    Os autores calculan que para o ano 2100, cando o arquipélago ártico estea 14 graos fahrenheits máis quente, a taxa de perda de masa glaciar será aproximadamente de 144 gigatoneladas por ano, fronte á taxa actual de 92 gigatoneladas por ano. En total, os investigadores esperan que os glaciares do arquipélago ártico canadense perdan arredor dun 18 por cento da súa masa a finais de século. Dadas as tendencias actuais de quentamento, suxiren que o proceso de perda destes glaciares é xa irreversible.

  22. faa-bertaferreiro di:

    Calcúlase que a finales deste século a temperatura aumentará uns 20 grados o que implica a perda do 18% de xeo do Ártico. Isto fará cambiar o modo de vida de moitos organismos da Terra, empezando por nós pois o aumento da temperatura repercute nos cambios estacionais e a producción de alimentos. E afecta directamente as plantas, a migración das aves.