Canto máis descoñecemos do noso pasado?

`Dahalokely tokana´ é unha primeira nova especie de dinosaurio atopada por uns científicos na illa de Madagascar. Pertence a un grupo chamado Abelisauridae, que é moi común nos continentes do sur. Mediu entre 2,74 e 4,27 metros de longo e viviu uns 90 millóns de anos.

Ata o momento, Madagascar non presentaba restos de dinosaurios de 165 e 70 millóns de anos atrás, o que supón un descoñecemento de 95 millóns de anos en registro fósil. Estes fósiles de Dahalokely foron descubertos preto da cidade de Antsiranana (norte de Madagascar) en 2007 e 2010.


Os científicos denominaron definitivamente o Dahalokely unha nova especie debido a que a investigación dos ovos atopados, contiñan vértebras e costellas, moi diferentes a outras investigacións realizadas sobre as partes desta mesma zona en especies de dinosaurio. E así, detetáronse características únicas, como por exemplo a cavidade do lado no que se atopaban as vértebras. Outras moitas vértebras identificadas en Dahokely encaixano perfectamente como un dinosaurio `abelisauridae´.


Autora: Chus Aguín


Esta entrada foi publicada en Evolución, selección natural e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Canto máis descoñecemos do noso pasado?

  1. faa-irenetroncoso di:

    O dinosauro ‘Dahalokely tokana’, ou ‘pequeno bandido solitario’ na lingua malgaxe, viviu hai uns 90 millóns de anos en Madagascar e tiña moitas similitudes co famoso Tyrannosaurus rex.

    Provén da época cando Gondwana, o antigo bloque continental, estaba a romper a anacos. A masa de terra composta por Madagascar, xunto coa India, acababa de separarse da Antártida, illando as plantas e animais dos outros continentes.

    Os científicos subliñan que o seu achado é moi importante xa que no caso do ‘Dahalokely tokana’ se trata da primeira nova especie de dinosauro achada en Madagascar en case unha década.

  2. fab-estelapadin di:

    Abelisauridae é unha familia de dinosauros terópodos ceratosaurianos. Estes prosperaron durante o período Cretácico, no entón supercontinente de Gondwana. Á data localizáronse restos fósiles desta familia en África e Sudamérica, tamén na India e Madagascar. O rexistro fósil máis antigo dos abelisáuridos data do Jurásico Medio, e polo menos un xénero (Majungasaurus) sobreviviu até o final da era Mesozoica, fai 65 millóns de anos.

  3. faa-jessicacalo di:

    Un novo descubrimento que sin duda nos acerca moitas verdades do pasado e nos afirma que aínda nos queda moito por coñecer.
    Esta nova especie pertence aos abelisauridae, unha familia de dinosaurios terópodos ceratosaurianos. Eran bípedos e carnívoros comunmente confindos con tiranosáuridos sudamericanos.
    O seu descubrimento é moi importante xa que reforza a importancia de explorar novas áreas no mundo onde especies de dinosaurios aínda están esperando a ser descubertas.

  4. faa-margaritabarreiro di:

    Abelisauridae é unha familia de dinosaurios terópodos ceratosaurianos. Éstos prosperaron durante o periodo Cretácico, no entonces supercontinente de Gondwana. Localizaronse restos fósiles de esta familia en África e Sudamérica, tamén na India e Madagascar. Ó rexistro fósil mais antiguo dos abelisáuridos data do Xurásico Medio, e como mínimo un xénero (Majungasaurus) sobreviviu ata o final da era Mesozoica, fai 65 millons de años. Os abelisáuridos foron carnívoros bípedos..Caracterizaronse por extremidades posteriores (patas) bastante robustas e gran ornamentación de surcos y hoyos en el cráneo.

  5. faa-sorayaborrageiros di:

    Abelisauridae é unha familia de dinosaurios que prosperaron durante o período cretácico. Só se localizaron restos fósiles desta familia en África, Sudamérica, India e Madagascar

  6. faa-lidiamartinez di:

    O Dahalokely é un xénero extinto de dinosaurio terópodo abelisauroide que viviu durante o cretácico superior de Madagascar.
    As súas vértebras e costelas teñen características dos grupos de abelisauroides, pero fíxose unha análiseincompleta debido a carencia de material polo que non se sabe con exactitude se pertence a este grupo.

  7. faa-soniaporto di:

    Eu estuven investigando un pouco sobre esta especie e encontrei que a súa posición filoxenética de Dahalokely entre os abelisauroides é incerta xa que s súas vértebras e costelas teñen características dos dous grupos de abelisauroides, os noasáuridos e os abelisáuridos.
    Unha análise filoxenética publicada xunto coa súa descripcicón científica inicial encontrou que Dahalokely é un noasáurido basal, pero este resultado ten un débil soporte. O incompleto dos restos e a carencia de material que poida compararse co doutras especies de abelisauroides significan que díficilmente se poidan determinar as relacións precisas de Dahalokely cos demais membros do seu grupo.

  8. faa-raulmartinez di:

    Pareceme moi curioso o dato da brecha no rexistro fósil de 95 millóns de anos. Este descubrimento enche un vacío de 20 millóns de anos pero todavía quedan 75 millóns de anos nos que non apareceu ningún fósil o que quere decir que posiblemente algún suceso provocou isto.

  9. faa-lidiamartinez di:

    O nome Abelisauridae fai referencia a unha familia de dinosaurios terópodos que prosperaron durante o período cretácico, desta familia encontráronse restos de fósiles en África, Sudamérica, India e Madagascar, como o caso do exemplar que se nos fala neste artigo.
    Unha das curiosidades desta especie é que o cráneo conta con largos surcos, ocos e pertuberancias e como noutros ceratosaurios os osos frontais da superficie superior do cráneo están fusionados.

  10. fab-lauraaragunde di:

    O seu nome científico é Dahalokely tokana e é a nova especie de dinosaurio encontrada en Madagascar logo de casi unha década. Pero a importancia do seu hallazgo non só radica na súa novedade, sinón en que axudou a complementar os rexistros de dinosaurios da isla, pois non se tiñan datos deste tipo de especímenes que vivíran entre os 165 e 70 millóns de anos na rexión, como é o caso do “Pequeno bandido Solitario”.
    Para o paleontólogo Joe Sertich “Esto reforza a importancia de explorar novas áreas ó redor do mundo onde restos de especies descoñecidas de dinosaurios están esperando ser encontradas”.

  11. fab-estefaniamuras di:

    Dahalokey é un xénero extinto de dinosaurio que viviu en Madagascar. A especie Dahalokey tokana foi chamada así cando descubriron unha parte do seu esqueleto en 2007, que preserva as vértebras e costelas. Dahalokey quere dicir ‘ pequeno ladrón’ en idioma malgache, debido a se cree que medía uns 3,5 metros de largo. O nome da especie tokana significa ‘ solitario’ en referencia o illamento do subcontinente malgache.

  12. fab-estelapadin di:

    Dahalokely é un xénero extinto de dinosauro terópodo abelisauroide que viviu a durante o Cretácico Superior de Madagascar. A especie tipo Dahalokely tokana foi nomeada en 2013 baseándose nun esqueleto parcial achado en 2007, que preserva as vértebras e costelas procedentes dun depósito que data do Turoniano na Conca Diego no norte de Madagascar.
    Dahalokely significa “pequeno ladrón” en idioma malgache debido a que se estima que medía uns 3.5 metros de longo, menor que moitos outros abelisauroides.

  13. fab-martinamendoza di:

    O nome de Dahalokely tokana é da lingua malgache, que significa “pequeno bandido soitario”, que refirese á presunta dieta carnívora do animal, así como o feito de que viviu nun momento na que as masas de terra da India e Madagascar foron ailadas xuntas do resto do mundo.

  14. fab-danielsomoza di:

    Abelisauridae é unha familia de dinosauros terópodos ceratosaurianos. Eles prosperaron durante o período Cretáceo, na entón supercontinente de Gondwana. Ata o momento restos fósiles foron atopados desta familia, en África e en América do Sur, tamén na India e Madagascar. O máis antigo rexistro fósil dos datos abelisaurids Xurásico Medio, e polo menos un xénero (Majungasaurus) sobreviviron ata o final da era Mesozóica, hai 65 millóns de anos.

  15. Raquel Martínez di:

    O grupo ao que pertence o Dahalokely Tokana, o Abelisauridae, é un grupo de dinosauros carnívoros bípedes comúns dos continentes do sur. Estaban caracterizados por extremidades posteriores (patas) bastante robustas, gran decorado de ranuras e furados no cranio. Na maioría de especies, as extremidades anteriores eran vestixiais (a súa función perdérase coa evolución), o cranio era pequeno e tiñan crestas óseas por riba dos ollos.

  16. faa-marinaduran di:

    Este tipo de dinosaurio do xurásico media-cretácico superior viviu na etapa na que as masas de terra de India e Madagascar foron aisladas xuntas do resto do mundo.A dieta deste animal era carnivora.

    Penso que esto descubrimento nos recorda que ainda hai moito sobre os dinosaurios e demáis animais do pasado que non coñecemos. Este tipo de investigación non é vistosa para todo o mundo, pero si é verdadeiramente interesante para poder coñecer máis do pasado.

  17. faa-bertaferreiro di:

    Dahalokely Tokana ven do grego é significa lagarto Abel. Esta especie pertence o grupo de dinosaurios carnívoros bípedes chamado Abelisauridae. O descubrimento dos fósiles do dinosaurio Dahalokely Tokana supón o descubrimento dunha nova especie de dinosaurio. Esta especie pertence a época na que Madagascar e India estaban unidos. O problema é que os ósos deste dinosaurio están incompletos o que dificulta as investigacións.

  18. fab-carlaseren di:

    O dinosaurio Abelisauridae é unha especie da familia de dinosaurios terópodos ceratosaurianos. Como a maioría dos terópodos, foron carnívoros bípedos. Caracterizáronse polas extremidades posteriores (patas) bastante robustas e de gran ornamentación de surcos e hoios no cráneo.

  19. fab-taniacores di:

    O Abelisauridae é un grupo de dinosauros carnívoros bípedes comúns dos continentes do sur. Estaban caracterizados por extremidades posteriores bastante robustas, gran decorado de ranuras e furados no cranio. Na maioría de especies, as extremidades anteriores, a súa función perdérase coa evolución,é o cranio era pequeno.

  20. fab-zayravazquez di:

    O dinosaurio Abelisauridae é unha familia de dinosaurios terópodos ceratosaurianos. Éstos prosperaron durante o periodo Cretácico. Á fecha de hoxe localizáronse restos fósiles de esta familia en África e Sudamérica, tamen na India e Madagascar.