Material en caso de emerxencias

O Centro de Investigación Aplicada Tecnalia Research & Innovation, a través da súa iniciativa FIK, deseñou Varstiff, un material téxtil e intelixente que pode adoptar diferentes formas. Unha vez que se lle aplica baleiro ( como se se disinchase ) vólvese ríxido ata acadar durezas equivalentes á dun plástico convencional pero o material regresa ao estado flexible cando se elimina ese baleiro. Este material adáptase a calquera forma aplicandoo no seu estado brando e maleable. Ofrece  solucións en ámbitos da saúde, como a ortopedia. Tamén na automoción, o ocio e o deporte,  nos que este material pode achegar novas utilidades que garantan a seguridade e comodidade dos usuarios.

Para apoiar o seu lanzamento ao mercado crearase unha nova empresa de base tecnolóxica que, inicialmente, operará no sector da saúde, pero coa previsión de extender a súa actividade a outros sectores como a automoción ou o ocio. O financiamento de 350.000 €, en dous anos, previsto por esta fundación permitirá completar o desenvolvemento dos dous primeiros produtos, o inmobilizador para emerxencias e un fixador de posición para mellorar a calidade de vida de persoas que deben ir en cadeira de rodas. Prevese que a nova empresa estea en marcha para finais de 2013 e que lance o primeiro produto ao mercado a principios de 2014.


Autora: Sonia Porto Rivas

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Material en caso de emerxencias

  1. faa-dobrinkapenkova di:

    Este descubrimeto dos científicos podera proporcionar unha gran comodidad á hora de usalo.O feito de que é reutilizable nos vai a aorrar moitos cartos. Ademáis é fácil de usar o que significa que cada un podera telo na súa casa.En definitiva é un gran avance para a mediciña.

  2. faa-fabiolaalbornoz di:

    Outros usos que se lle poderian dar a este novo materiañ sería no campo do ocio o aire libre, onde poderiamos ter sillas e mesas resistemtes ou na automoción creando asientos ou bandexas para maletero.
    Se asegura que se lle poderían dar moitos usos ademáis dos descritos a pesar dos recortes en investigación.

  3. faa-lidiamartinez di:

    Este material poderíase utilizar na ortopedia, porque ofrecería vantaxes sobre as solucións comúns que utilizan bandas elásticas que cerran con velcro ou almohadillas inflables. Estas solución aplican presión e polo tanto exercen forza sobre a pel, o que disminue a comodidade ademais de faltarlle a rixidez necesaria.
    Na automoción aportará maior comodidade e personalización de elementos como asentos que se axusten a cada persoa ou bandexas de maleteiro flexibles.
    No deporte pode dar lugar a elementos de campping flexibles como sillas, mesas, etc.
    Ademais este material podería ser utilizado para fabricar roupa destinada a desportes de risco para os corpos de seguridade.

  4. fab-alexandregrandal di:

    Este é sen dúbida un gran avance xa que como se menciona ten moitas aplicacións. Facilitarlles a vida aos pacientes que teñen que poñer xesos ou similares é so a máis destacable utilidade, pois como material de similares características ao plástico en estado de vacío pode substituilo como compoñente totalmente reutilizable.

  5. faa-raulmartinez di:

    Esto é moi interesante porque todo material cun novo conxunto de propiedades da lugar a novas aplicacións e sempre de gran utilidade, neste caso destinadas principalmente na comodidade e saúde. Ademais parece que vai a introducirse moi pronto nas nosas vidas.

  6. fab-ireavinas di:

    Pareceme unha proposta moi interesante e que pode beneficiar a moita xente.É moi doado usalo e é reusable asique e unha boa forma de axudar aos cidadáns. Tamén se podería ir mellorando co tempo e dándolle máis usos como comentan os meus compañeiros.

  7. fab-martinperez di:

    Este material podería axudarnos a mellorar moitas cousas,no caso das escallolas,as que se usan por agora non se poden mollar e estas se se usaran como tal si se podería, referente as pezas de automóbiles esto axudaríanos a hora de ter que reparar algo e non ter que estropear outras pézas para chegar a defectuosa,tamén pode ter máis usos como meus compañeiros din.

  8. fab-estelapadin di:

    Paréceme moi interesante e que pode dar beneficio. Como dixeron os meus compañeiros, seguramente o poden mellorar e sacarlle más uso.

  9. faa-jessicacalo di:

    O que cabe destacar desta noticia é que o avance en cuestión foi levado a cabo no País Vasco. Esto proporciona ó apartado científico de investigación do noso país, ofrecéndolle un bo posto a nivel mundial. Ademais este descubrimento é moi atractivo sobretodo polas múltiples aplicacións que se lle poden dar a este novo material. O seu reducido tamaño, o seu baixo peso e a súa capacidade para adaptarse a un dorso concreto é realmente útil e innovador.

  10. fab-paulodiaz di:

    Este é un gran avance no mundo científico, xa que proporciona grandes beneficios; pois ten moitas aplicacións. Tamén resulta relevante o feito de que sexa reutilizable, de baixo prezo e fácilmente moldeable.

  11. fab-carlaseren di:

    Paréceme moi interesante o descubrimento de este producto e as súas utilidades e aplicación. É una moi boa proposta xa que se pode reutilizar e é tan funcional coma outros, por exemplo no campo da ortopedia.

  12. faa-angelf di:

    Este material paréceme moi interesante posto que se poderá empregar en moitos campos da medicina a o igual que noutros sectores así evitando un alto consumo de outros materiais que logo de ser usados non teñen outra utilidade e teñen que ser reciclados. Podendo así reducir a cantidade de basura que se recicla o día. Con este produto tamén se poderá facer uns sistemas de recuperación de lesión moitos máis cómodos cos convencionais.

  13. faa-lidiamartinez di:

    Como dixo a miña compañeira Jessica este novo descubrimento fíxose no País Vasco, polo que permite mellorar o noso posto a nivel mundial na rama científica.
    Parece un avance sen ningunha desvantaxe, permitirá mellorar a calidade de vida, incluso se crearán postos de traballo para a súa investigación e creación e parece que se introducirá moi pronto nas nosas vidas.

  14. faa-irenetroncoso di:

    A intención de Tecnalia é a de estender a aplicación deste material a outras industrias como a automoción ou o ocio. De momento, non obstante, a corporación tecnolóxica vasca encontrou as utilidades máis inmediatas no campo da saúde. E é que, ademais de como materia prima para o inmobilizador de emerxencia, Tecnalia utilizará Varstiff’ para crear fixadores de posición en cadeiras de rodas que melloren a calidade de vida dos seus usuarios.

  15. fab-estefaniamuras di:

    É moi interesante o descubrimento deste novo material, sobre todo polo feito de que se poida reutilizar, así aforraríamos é no producimos tanta contaminación.

  16. fab-martinamendoza di:

    Ó igual cos meus compañeiros opino que este descubrimento é moi interesante e beneficioso para todos. Que estea feito deste material facilitaría a vida de moita xente que ten que vivir diariamente cunha protesis, etc

  17. Raquel Martínez di:

    Este descubrimento é moi interesante, xa que se pode utilizar en diferentes ámbitos da nosa vida e pode chegar a substituír a produtos actuais máis daniños para o medio ambiente.

    Pero penso que é máis importante do que parece, non só polas súas diversas utilidades, as cales poden facilitarnos moito a vida, senón que tamén vai a axudar a crear postos de traballo na creación, distribución, venta… do produto. Penso que moitas empresas van verse beneficiadas por este produto, ademais de nós mesmos, polo feito de que é reutilizable e pode aforrarnos moitos cartos.

  18. faa-marinaduran di:

    Non coñecía para nada este producto, e parece moi interesante. Penso que pode ter moitos usos en diferentes ámbitos. E moi innovador,e esta dentro desta nova investigación do momento en atopar materiais que teñen diferentes características que antes parecían que era imposible que estiveran xuntas nun mismo obxeto.
    É moi útil, ademáis estou totalmente de acordo co meu compañeiro Raúl, e penso que e un punto de vista moi interesante.

  19. faa-bertaferreiro di:

    O varstiff paréceme un materias moi interesante xa que pode ser de moita utilidade en diferentes campos.

    Este material é moldeable, en estado normal é moi flexible pero si se lle aplica o vacío convírtese nun material moi duro, este proceso e reversible polo que convirte a o varstiff nun material reutilizable. Unha gran vantaxe para seguir investigando acerca dos usos que se lle poden dar.

  20. faa-bertaferreiro di:

    O varstiff paréceme un materias moi interesante xa que pode ser de moita utilidade en diferentes campos.
    Este material é moldeable, en estado normal é moi flexible pero si se lle aplica o vacío convírtese nun material moi duro, este proceso e reversible polo que convirte a o varstiff nun material reutilizable. Unha gran vantaxe para seguir investigando acerca dos usos que se lle poden dar.

  21. fab-taniacores di:

    Este descubrimento é moi atractivo polas múltiples aplicacións que se lle poden dar, o seu reducido tamaño, o seu baixo peso e a súa capacidade para adaptarse. É realmente útil e innovador.