Estética ou saúde ?

Unha selección incorrecta dos alimentos pode ter graves consecuencias sobre a saúde. Os trastornos máis frecuentes relacionados coa alimentación débense ó mantemento de pautas erróneas de alimentación. Estes transtornos son os seguintes:

A obesidade: é un dos problemas de saúde máis extendidos nas sociedades desenvolvidas. En España afecta case á terceira parte da población e son cada vez máis os nenos e os adolescentes que a sofren. O sedentarismo, a ansiedade excesiva e a predisposición xenética son tres factores que favorecen á obesidade pero o factor máis determinante é o tipo de alimentación.

A anorexia nerviosa:  trátase dun trastorno alimentario e mental, cuxa incidencia está aumentando na nosa sociedade.

Na bulimia nerviosa as causas son semellantes ás da anorexia pero dase en mulleres a menudo de máis idade e a súa detección por parte do entorno é máis complicada: as persoas enfermas de bulimia non están necesariamente tan delgadas como as anoréxicas e incluso poden sufrir unha obesidade real.

Hoxe en día hai estudos que demostran que o 5 % dos mozos e o 15% das mozas de España utilizaron diuréticos , laxantes ou píldoras adelgazantes. Os factores que inflúen no desenvolvemento destes transtórnos alimenticios son moitos: factores persoais, problemas de obesidade previos, pubertade temprana, personalidade, tendencia depresiva etc. Pero sen dúbida, un dos factores máis importantes é a nosa sociedade actual, no que estar extremamente delgado é o ideal , por iso moitos mozos antepoñen a estética a saúde.

Autora: Margarita Barreiro Oubiña

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.