Ás ou patas?

Todo ser vivo existente provén doutro, e o mesmo ocorre coas especies animais, ningunha aparece da nada, todas experimentaron un proceso evolutivo que as levou a ser como son na actualidade.

Sen excepción, o mesmo lles ocorre as aves que coñecemos hoxe en día, son resultado da evolución doutros individuos. Ata agora coñecínase que as aves evolucionaron dun grupo de dinosaurios que tiñan nas suás extremidades traseiras unha especie de plumaxe. Esta plumaxe era de función descoñecida, a idea de que servían para voar foi descartada e no seu lugar alegouse que podían utilizarse para atraer ó sexo oposto. Polo tanto estas extremidades traseiras non eran consideradas ás.

Máis, recentemente foron atopados en China, 11 fósiles de novas especies que demostraban a presencia de alas traseiras en “Aves Basales” así denominadas estas aves primarias e posteriores aos dinosaurios, as primeiras que xurdiron da evolución dos dinosaurios. Deste xeito confirmamos a existencia de aves con catro ás na antigüidade que máis tarde evolucionarian chegando a ser as aves que coñecemos actualmente.

Autora: Fabiola Albornoz Camperos

Esta entrada foi publicada en Evolución, selección natural e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Ás ou patas?

  1. faa-jessicacalo di:

    As aves actuais tñen plumas de tipo paleta, tamén chamadas plumas pennaceus, usadas para voar e que cobren o exterior do corpo, ademáis de plumas interiores que crecen baixo elas. A sorpresa dérona as aves prehistóricas ao mostrar outra distribución destas plumas.

    Un estudio de once aves primitivas do Museo de Historia Natural de Standong Tianyu en China, encontrou nos fósiles, as plumas de tipo paleta extendidas ao largo deas extremidades posteriores. Estas plumas son ríxidas e longas, coñecidas por estas características como plumas de vóo, ademáis de ser asimétricas.

  2. faa-raulmartinez di:

    Cando o proceso evolutivo fixo que as aves perdesen co tempo as plumas das patas é porque a función das patas non era para nada importante, e pode que incluso fose un inconveniente, xa que no caso de que fora unha vantaxe a selección natural actuaría a favor dela.

    O xénero de ave máis primitiva ata agora coñecida é o arqueoptérix, claro exemplo da evolución de réptil a ave e presenta características de ambas: plumas, dentes, garras e unha longa cola ósea.
    Ademais, o arqueoptérix non podía relializar longos voos e tan solo podía facer pequenos despegues e planear.

  3. faa-marinaduran di:

    As primeiras aves tiñan unha estructura corporal diferente as actuais, e duas alas probablemete non foran suficientes para que puideran voar.Según os autores, o par de “patas-alas” extra proporconaban a asistencia necesaria.Ó largo dos da evolución as patas perderon as suas plumas e se especializaron no desprazamento terrestre,mentres cas extremidades superiores se adicaron ó voo.

  4. fab-lauraaragunde di:

    Tras o estudio minucioso de once fósiles de “aves basales” expoñen que estos animais contaban en principio con catro ás. Actualmente as aves teñen dúas ás, polo que perderon os mecanismos do vó das patas traseiras en algún punto da Evolución.
    Do Cretácico Inferior encontráronse once curiosos fósiles de dinosaurios-aves basales con plumas nas patas traseiras. Nas aves hai diferentes tipos de plumas: algunhas cubren o corpo, outras serven para voar. As que serven para voar teñen unhas características concretas para mellorar a eficacia do vó: son asimétricas, alargadas, ríxidas e cunha forma aerodinámica. As encontradas nos fósiles presentan un patrón típico de pluma de vó.

  5. fab-estelapadin di:

    Existe evidencia significativa de que as aves evolucionaron dos dinosauros terópodos, especificamente, de que as aves son membros de Maniraptora, un grupo de terópodos que inclúe os dromaeosaurios e oviraptóridos, entre outros.
    A medida que se descobren máis terópodos non-avianos que están estreitamente relacionados coas aves, a antes clara distinción entre non-aves e aves vólvese menos clara. Descubrimentos recentes no nordeste de China (Provincia Liaoning), que demostran que moitos pequenos dinosauros terópodos tiñan plumas, contribúen a esta ambigüedade.

  6. Victor di:

    Cantos tipos de plumas hai? Serven todos para voar?

    • faa-soniaporto di:

      Segundo sexa a súa estrutura, posición e función, existen diferentes clases de plumas.

      Plumas típicas ou de contorno: son plumas con raque desenvolvido planas, longas e ordenadas. Hai dous tipos: as plumas de voo e as plumas xenéricas de contorno. Estas últimas son as que recobren a cabeza, colo, madeiro e extremidades conformando a morfoloxía xeral da plumaxe da ave. As plumas de voo son as que cobren as ás e a cola e subdivídense en:

      Remeiras ou rémiges: son as plumas da á e o seu estandarte é asimétrico. As que se insiren cara ao extremo máis exterior da á chámanse primarias, a continuación insírense as secundarias, sobre o raio, mentres que as máis próximas á base da á, inseridas no úmero, son as terciarias. As plumas do álula insírense sobre o polgar vestixial.

      Temoeiras ou réctrices: son as plumas que forman a cola e o seu estandarte é simétrico, insírense á altura das últimas vértebras caudais.

      Cobertoras ou téctrices: encóntranse nas ás e cola recubrindo ás remeiras e temoeiras.
      Penuxe: non ten raque ou é moi curto, ten as barbas libres, desordenadas e suaves. A súa función é evitar a perda de calor.

      Semiplumas: son plumas intermedias entre as de contorno e a penuxe, teñen raque máis longo que a máis longa das súas barbas, pero estas están libres e desordenadas como a penuxe.

      Plumas poeirentas ou penuxe poeirenta: é un tipo especial de pluma que teñen algunhas aves cuxa función é producir e acumular un po fino co que a ave se acicala.

      Sedas: son plumas de raque ríxido e poucas barbas situadas principalmente na base. A súa función é principalmente sensorial.

      Semisedas: plumas intermedias entre as sedas e as plumas de contorno. Teñen moi poucas barbas.

      Filoplumas: plumas suaves con barbas unicamente no extremo final. Teñen funcións sensoriais e ornamentais.

      Cobertoras auriculares: pluma ríxida similar á semisedas con abundantes barbas puntiagudas situada sobre o oído externo.

    • faa-lidiamartinez di:

      Podemos diferenciar varios tipos de plumas segundo a súa estrutura, posición e función.
      – Plumas de contorno: son planas, largas e ordenadas. Estas plumas pódense dividir en plumas de voo, aquelas que cobren as ás e a cola e plumas xenéricas de contorno, aquelas que cobren a cabeza, o tronco e as extremidades.
      – Plumón: a súa función é evitar a perda de calor.
      – Semiplumas
      – Plumas poirentas: producen e acumulan un po fino co que a ave se acicala.
      – Sedas: teñen función sensorial.
      – Semisedas
      – Filoplumas: teñen funcións sensorias e ornamentais
      – Cobertoras auriculares: situadas sobre o oído externo.

    • faa-yasminasanchez di:

      Hai varios tipos de plumas, que se diferencian segundo a súa función, estructura ou posición, estas son:
      – Plumón: serve para non perder a calor.
      – Plumas poirentas: son plumas que producen un po fino para que as aves se acicalen.
      – Filo plumas: teñen funcións ornamentais e sensoriais.
      – Plumas de contorno: estas divídense en dous grupos, plumas xenéricas de contorno, que son as que cobren os extremidades, a cabeza e o tronco, e plumas de voo, que son as que cobren as ás e a cola.
      – Semiplumas
      – Sedas: teñen función sensorial.
      – Semisedas
      – Cobertoras auriculares: estas están situadas sobre o oído externo.

  7. faa-soniaporto di:

    A orixe das aves foi un asunto contencios, pero máis recentemente xurdiu un consenso científico que sostén que as aves son un grupo de dinosauros terópodos que evolucionaron durante a era Mesozoica. Propúxose unha relación próxima entre aves e dinosauros por primeira vez no século XIX logo do descubrimento da ave primitiva Archaeopteryx.
    As aves comparten cos dinosauros varias características do esqueleto que son únicas, especialmente cos terópodos derivados de maniraptora como os dromeosáuridos, os que na maioría das análises mostran ser os seus parentes máis próximos. Aínda que son máis difíciles de identificar nos restos fósiles, existen similitudes nos sistemas dixestivo e cardiovascular, así como similitudes de comportamento e a presenza compartida de plumas, que tamén conectan ás aves con dinosauros. O impactante descubrimento de tecidos brandos fosilizados de Tyrannosaurus rex permitiu a comparación de anatomía celular e secuenciación de proteína de tecido de coláxeno, os que proveron información adicional que corrobora a relación de aves e dinosauros.
    Só uns poucos científicos aínda debaten a orixe dinosauriano das aves, suxerindo que descenden doutros tipos de réptiles arcosaurianos.

  8. faa-raulmartinez di:

    Están en primeiro lugar as plumas de voo que son asimétricas e de barbas duras. Sitúanse sobre as ás e na cola, son as plumas que permiten o voo nas aves.

    En segundo lugar están as plumas de contorno que son as que dan forma e a cor da ave. De raquis definido e barbas débiles pero unidas.

    Logo están as filoplumas que non teñen barbas, ou teñen moi poucas e a súa función é mandar información sobre as plumas e o illamento, xa que están conectadas a receptores sensoriais no seu extremo.

    En cuarto lugar están as semiplumas que presentan un raquis ben definido e barbas débiles e sen unir. Tampouco presenta coloración e só ten uso como illante. Atópase debaixo das plumas de contorno.

    Por último están as cerdas que son plumas de raquis ríxido e sin barbas, e a súa función é protectora nos párpados e nas aves insectívoras encontranse arredor da boca teñen unha capacidade sensorial para a caza de insectos voadores.

  9. Raquel Martínez di:

    As plumas son características das aves, pero no pasado algúns dinosauros terópodos tamén as tiñan. Estas proporciónanlle ás aves protección contra o frío e aintensa calor, ademais do seu colorido, permítelles tamén desprazarse facilmente no aire e a auga, escóndelles dos seus inimigos etc. O conxunto de plumas chámase plumaxe, o cal é moi importante para a reprodución e o camuflaxe.

  10. Raquel Martínez di:

    As plumas derivan da pel e están formadas por unha substancia chamada queratina, que é a proteína que forma as uñas, o pelo y as escamas dos réptiles, polo que se cre que estas son as antecedentes inmediatas das plumas. Que estean feitas de esta substancia permítelles unha maior duración e resistencia. Crese que a primeira función que tiveron as plumas foi controlar a temperatura, só algunhas evolucionaron ata o punto de permitir o voo, por iso que coñécense aves fósiles e viventes que non voan.

  11. fab-robertoo di:

    Dise que as aves proveñen duns pequenos dinosaurios chamados terópodos, unha especia emparentada cos Velociraptor, que evolucionaron cara réptis con alas e plumaxe. O feito de que o longo dos séculos as aves foran perdendo algunhas plumaxes en zonas determinadas foi dado polo proceso evolutivo, foron perdendo a plumaxe das patas por que simplemente non cumplian ningunha función, e nalgúns casos ata podian ser de estorvo.

  12. Raquel Martínez di:

    Hai moitos tipos de plumas, que dependen do tipo de ave e de onde estean situadas:

    -Pluma de voo: son alargadas, con barbas (filamentos que nacen do eixe das plumas das aves) duras e asimétricas que se encontran nas ás e na cola das aves. Encárganse da sustentación e do voo. Divídense en remeiras (plumas da á), timoneiras (forman a cola) e as cobertoiras (encóntranse nas ás)

    -Pluma de contorno: estas plumas danlle forma e cor ás aves. Teñen un raquis (eixe da pluma) ben definido, a rexión distal coloreada e con barbas máis débiles pero unidas. Recobren la cabeza, colo, tronco e extremidades.

    -Semiplumas: teñen un raquis ben definido pero as súas bárbulas non están unidas y conforman un conxunto de plumas solto e sen coloración. Encóntranse debaixo das plumas de contorno e a súa función é de illamento.

    -Plumón: pluma con raquis corto ou sen el, barbas libres, desordenadas e suaves. Encárgase do illamento térmico e nas aves acuáticas da flotabilidade.

    -FIloplumas: plumas suaves sen barbas no raquis ou só no extremo final. Están situadas debaixo das plumas de contorno e únense a receptores sensoriais na base da pluma. A súa función é de enviar información sobre la posición das plumas e o illamento.

    -Cerdas: plumas de raquis ríxido e poucas barbas situadas principalmente na base. Encóntranse arredor da boca de aves insectívoras. A súa principal función é sensorial. Serven para a captura de insectos ao voo, e, nas situadas nos párpados, para a súa protección.

    -Semicerdas: plumas intermedias entre as cerdas e as plumas de contorno. Teñen moi poucas barbas.

    -Coberturas auriculares: pluma ríxida similar ás semicerdas con abundantes barbas puntiagudas situadas sobre o oído externo.

    Non todas as plumas serven para voar, algunhas fan a función de adornar e outras de manter a temperatura.

  13. Victor di:

    RECORDADE QUE HAI UN FORO ABERTO (ata o xoves)

    E para voar é suficiente con ter plumas e ás?

    • faa-bertaferreiro di:

      Busquín información sobre si para voar e suficiente con ter plumas e ás, e a conclusión que saquei é que si . Porque as galiñas por exemplo voan moi pouco porque son moi pesadas, pero son capaces de realizar vós baixos e curtos que chegan a parecer máis ben pequenos saltos.

    • fab-estelapadin di:

      O voo é o principal medio de locomoción utilizado pola maioría das especies de aves. Xoga un papel destacado na alimentación das aves, a súa reprodución, crecemento e evasión de predadores.
      Os principios básicos de voo dunha ave son similares aos dun avión. A forza de sustentación é producida pola acción do fluxo de aire a través da á, o cal é un perfil alar. A forza de sustentación prodúcese porque a presión do aire é menor na parte inmediatamente sobre a á e lixeiramente superior na parte inferior da á.
      Os membros anteriores da ave, as ás, son a clave para o voo dunha ave. Cada á posúe un catavento central, composta polos ósos do húmero, o radio e o cúbito, que golpea o vento
      A man, ou manus, que primigeniamente se compoñía de cinco díxitos, redúcese a tres díxitos (díxitos II, III y IV), cuxo propósito se transformou a servir de anclaxe para as plumas primarias (o metacarpo-digitals), un dos dous grupos de plumas responsables da forma de perfil alar. O outro conxunto de plumas de voo que se ubican detrás da articulación carpal na ulna, denominanse os secundarios ou cubitais. O resto das plumas da á conocense como de cobertura, existindo tres conxuntos de elas. As veces a á posee garras vestixais, as que en casi todas as especies se perden cando o ave alcanza a adultez.

    • faa-jessicacalo di:

      Para voar, as aves desenrolaron diversas adaptacións fisionómicas que inclúen un esqueleto lixeiro, dous grandes músculos de vóo e dous membros modificados (ás).A forma e o tamaño das alas determinan o tipo de vóo de cada ave pero non determina si poden voar ou non. É dicir, para voar é necesario contar cuns fortes músculos e ter un corpo moi lixeiro e aerodinámico. As plumas non son necesarias xa que por exemplo o insectos non teñen e voan igual. Pero as ás si o son, ou polo menos algunha extremidade semellante que realice esa función como por exemplo a pel de debaixo das patas dianteiras que teñen algunhas ardillas e que utilizan para planear.

    • fab-carlaseren di:

      Según o que puiden investigar si que é suficiente ter ás e patas para voar. Tamén é necesario ter un esqueleto lixeiro para que xunto cá musculatura e máis as plumas non pesen demasiado e así poidan voar.

  14. faa-irenetroncoso di:

    O requisito esencial para poder voar é a lixereza de ahí que moitos osos das aves sexan ocos e conteñan ademaís uns sacos aéreos que ao encherse de aire contribúen a lixereza. Estos sacos aéreos serven como reseva de osixeno para utilizar durante o voo.
    Para mover eficazmente as ás son necesarios uns potentes músculos pectorais, de ahí que o esternón da maioria das aves posea a chamada carena que permite o desarollo dunha potente musculatura.

  15. faa-lidiamartinez di:

    As largas plumas das ás serven como plano aerodinámicos que axudan a xerar a forza de ascenso necesaria para poder voar. Pero esto non é suficiente xa que as aves tamén necesitan dos seus fortes músculos pectorais para mover as ás e desenvolver o empuxe para moverse a través do aire e voar.
    Os ósos das aves están ocos por dentro, isto permítelles ter un esqueleto lixeiro que lles permite elevarse con facilidade ademais do seu baixo peso.

  16. faa-yasminasanchez di:

    Si é suficiente o que pasa e que para que un ave poda voar con soltura e facilidade é necesario que non pesen moito, para iso os seus ósos deben estar ocos por dentro, para que o seu esqueleto sexa máis lixeiro e así compaxinalo coa musculatura do animal.

  17. fab-martinperez di:

    Ter plumas e ás no é suficiente para que un ser vivo poda realizar a accióon de voar,senon que este non poden ser moi pesado e ten que ter moi desarrolados os musculos pectorais,no caso da maioría das aves o seu esqueleto está composto de osos ocos de ahi o lixeiro que é o seu esqueleto,pero tamén hay algunhas como as avestruces que non vóan debido a pouca forza dos seus musculos e porque son moi pesadas.

  18. faa-marinaduran di:

    Con un par de alas non é suficiente necesitar ter unha estructura ósea adecuada como as aves voladoras.Volar é o principal modo de locomoción para a maioría das aves e o usan para reproducirse,alimentarse e fuxir dos seus depredadores.Para voar, as aves desenrolados diversas adaptacións fisionómicas que incluen o esqueleto lixeiro, dous grandes músculos do voo(pectoral e supracoracoideo= e dous membors modificacos (ás) que serven como perfis alares.