As abellas e a supermemoria

A revista Science publicou unha investigación que demostra que as abellas do mel alimentadas cunha solución de azucre con cafeína, composto que de feito obteñen de forma natural do néctar do café e dalgúns cítricos, son tres veces máis capaces de recordar a esencia dunha flor que aquelas que só se alimentan con azucre.

La cafeína da «supermemoria» a las abejas

A directora do estudo, a doutora Geraldine Wright, explicou que o consumo de cafeína polas abellas aporta beneficios tanto ó insecto como á planta:«Para as abellas, que voan a un ritmo moi rápido de flor en flor, é moi difícil recordar os rasgos das flores, e a cafeína axúdalles a facelo. E por outra  parte, as abellas que se alimentaron de néctar con cafeína voan cargadas dese polen ata outras flores con cafeína, o que favorece moito a polinización desta especie de plantas».

O equipo de investigadores da doutora Wright descubriu no seu estudo que o néctar das plantas cítricas e do café contiñan pequenas doses de cafeína; o néctar dos limóns, pomelos e laranxas tamén contén cafeína.

Autora: Beatriz Rivera

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, selección natural e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.