E ti en que mes naciches?

Si naciches en marzo é máis probable que de maior sexas xefe executivo ou xerente que si cumpres anos en calquera outro momento do ano, segundo un estudo que publica a revista Economic Letters. Outros dous meses nos que nacen máis lideres son abril e novembro.

Por outra banda, un recente estudo da Oficina Nacional de Estadística do Reino Unido revelaba que a profesión que escollemos está relacionada co mes no que nacemos. Os que naceron en decembro  son máis propensos a traballar como dentistas, mentres que se o noso cumpleanos cae en xaneiro existe unha alta posibilidade de que traballemos como recaudadores de impostos. Se naces en febreiro é moi probable que te dediques ao mundo da arte. E hai máis pilotos de profesión entres os nados en marzo. Nacer en verán reduce a posibilidade de traballar como médico ou dentista, e aumenta a probabilidade de dedicarse a profesión como albanel ou electricista. “ Esto non ten nada que ver coa astroloxía, senón con modo en que nos afectan as estacións e a expansión da luz, así como o noso reloxo biolóxico, aseguran os autores.

Autoras: Estefanía Muras Serantes

Esta entrada foi publicada en Evolución, Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to E ti en que mes naciches?

  1. Victor di:

    ABERTO UN NOVO FORO (duración: 10 días)
    Nacin en xaneiro e son profesor. Non sexades superficiais á hora de comentar este artigo.

  2. faa-soniaporto di:

    Eu non estou dacordo con este artigo xa que estos indicadores que nos din o que vas “ser” dependendo no mes en que naces non coinciden coa metade da xente que coñecemos. Eu nacin en Decembro e máis non quero ser dentista xa que non me gusta o mundo das ciencias e dos médicos.

  3. fab-danielsomoza di:

    Este é un artigo moi interesante, aínda que dudo que estea comprobado 100%.

  4. faa-raulmartinez di:

    Unha de dúas:
    Ou o artigo desa revista está basado nunhas estadísticas das que sacan estas probabilidades, que ao meu parecer son ilóxicas. Porque pode ser que por exemplo a maior parte dos pilotos son nados en Marzo pero non por nacer en Marzo tes maior probabilidade de ser piloto.

    Ou a esa revisa ocorréuselle inventar este artigo sin pés nin cabeza tan solo para chamar a atención. Hoxe en día hai demasiada xente ignorante que é capaz de chegar a creerse esto e a valoralo de interesante.

    Ao meu parecer sería máis correcto decir que si naceches hai 10-30 anos o máis probable é que non teñas traballo.

  5. faa-marinaduran di:

    Por este artigo entendo que influe na nosa vida, e polo tanto no noso traballo, o mes no que nacemos. É curioso xa que non é un factor que normalmente teñamos en conta para nada. Mais non creo que sexa tan tan importante,xa que aínda que é un factor, non é o de maior peso, polo que pode afectar máis a familia, o lugar de nacemento, as vivencis… Un exemplo, eu nacín en febreiro e non vou estudar nada relacionado cas artes.

  6. faa-bertaferreiro di:

    Non sei moi ben que opinar sobre este artigo non me ten moita lóxica desde un punto de vista científico. Coñezo moitas persoas que por exemplo naceron en marzo e non son xefes executivos. E podería dicir o mesmo cos outros exemplos que se poñen. Non sei debería de ter máis información para poder tomarme en serio este artigo.

  7. faa-marinaduran di:

    A verdade e que busquei información sobre este artigo na rede e o que atopei foron moitos artigos que decían que depende da hora na que nacemos temos unha personalidade ou outra,depende de mes unha forma física ou outra, atopei outros que dependendo do mes tiñamos tendencia a uns traballos que eran diferentes os que poñen neste artigo, que dependendo do día teremos tendencia a uns hobbis ou outros. A deducción que saquei, e que artigos deste tipo hai moitos, algúns son moi parvos, outros non tanto, como por exemplo que meses son mellores para nacer con menos probabilidade de ter alerxías e así. Pero o que si penso é que este tipo de artigos está esaxerado e sobrevalorado.

  8. faa-jessicacalo di:

    Creo que este artigo, si en verdade pretende informar a xente de unhas estadísticas, a pesar de dar simples exemplos, debería dar probas máis fiables. Non sei, algo máis relacionado coa sicoloxía de cada persoa e relacionalo co tema que presenta. Desde o meu punto de vista, si non fai este procedemento, á revista fáltanlle moitas primaveras. Por certo, eu nacín en xuño e adoro as ciencias, non vou ser albanel nin electricista. Ademais son dous exemplos que non engloban, en xeral, o xénero feminino.

  9. fab-estefaniamuras di:

    Bueno sei que este artigo non é moi lóxico, e esta claro que cada un adicase o que lle gusta, pero pareceume curioso e decidín facelo. Aínda que estou de acordo co que di Raúl sobre o de que si naceches fai 10 ou 30 anos o máis probable e que non téñas traballo.

  10. fab-ireavinas di:

    Este é un artigo moi interesante pero non considero que se corresponda coa realidade. Non o vexo como algo ciéntifico, pero que si lle pode interesar a xente e pode leer por curiosidade e rirse con el, aínda que non tomalo enserio xa que cada un adícase o que quere.

  11. faa-miguelcarballa di:

    Dende o meu punto de vista non considero que sexa correcto decir que por unha estadistica ou polo mes en que naceses vaias a traballar nunha profesión ou noutra o que se ve neste estudio e que a maioria das persoas que naceron neses mese traballan nesa profesión. Si todo o mundo traballase na profesión correspondente o seu mes haberia moi poucas profesións.

  12. fab-estelavilanova di:

    Opino que moitos destes artículos se redactan e publican non con malas intencións senón porque, en moitos casos, os propios seres humanos buscamos referencias para saber que facer co rumbo das nosas vidas. Por suposto que, non porque un artigo diga que as persoas por nacer nun mes determinado, estas vaian traballarposteriormente nese sector pero si penso que todos queremos, nalgunhas ocasións, saber que nos pode ou nos podería deparar nun futuro, por iso os horóscopos teñen tantos seguidores, por exemplo.

  13. faa-carlotadominguez di:

    Paréceme un artigo interesante aínda que pouco ceíble xa que non vexo a relación que ten o mes do ano en que naciches para a profesión a, na que un futuro, te vaias dedicar, xa que unha persoa estuda o que quere e lle gusta e non estuda o que o seu mes de nacimieno indique. Penso que este articulo esta baseado en estatísticas e non en feitos científicos.

  14. faa-noar di:

    Na miña opinión, este artigo deberia estar acompañado das probas no caso de que fose demostrado. Non penso que o mes no que naceras teña algo que ver na túa profesión no futuro,non obstante, son datos interesantes. Opino o mesmo que Raúl, non porque a maioría dos pilotos sexan nados en marza tes máis posibilidades de ser piloto se naciches nese mes,penso que iso é simplemente un dato curioso.

  15. faa-dobrinkapenkova di:

    Non penso que un debe guiarse polo mes que naceu á hora de elixir o traballo adecuado para el.Pode que haxa unha verdade , pequena verdade, no que di esta revista pero un non debe fiarse das revistas.

  16. fab-martinperez di:

    Na miña opinion,a pesar de que non penso que esto se cumpra na maioría dos casos (pode que si nalguns) . É certo que as estacións nos afectan de diferentes formas,pero tamén é certo que a cada persoa lle afecta dunha forma diferente.

  17. faa-saramarino di:

    Paréceme que este artigo non ten unha base sólida á que aferrarse, polo menos como está explicada neste artigo, pois non creo que a túa profesión esté condicionada segundo o mes no que naciches. Pode que se dea a casualidade de que varias persoas nadas nun mesmo mes traballen nunha mesma profesión, pero cada quen vai a estudar o que lle guste e o que poida, tanto se naceu en xaneiro como en febreiro ou como en decembro. Eu nacín en verán e dende logo non creo que o meu futuro esté limitado a exercer de albanel ou electricista.

  18. fab-zayravazquez di:

    A min este artigo pareceme bastante interesante , pero dudo que se corresponda coa realidade. Nalgúns casos pode acertar pero non está comprobado o 100%

  19. fab-estelapadin di:

    O artigo é interesante e entretido pero non creo que teña que ver coa realidade.

  20. fab-carlaseren di:

    Desde a miña opinión non ten unha base fiable polo que non se lle debería de facer moito caso. Non creo que por nacer nun mes determinado vaias a exercer unha ou outra profesión.

  21. Raquel Martínez di:

    Eu estou de acordo con Sara, non me parece que o noso traballo estea condicionado por algo como é o mes no que nacemos, xa que niso inflúen moitos máis factores. Eu tamén nacín en verán e non vou traballar nin de electricista nin de albanel, polo menos non voluntariamente. Por outra banda, se comparo coa xente que coñezo co que este artigo di, poucos ou ninguén coincide cos traballos que aquí pon, polo que opino que non é certo.

  22. fab-taniacores di:

    Persoalmente, este artigo pareceme interesante, dado que nunca pensei en que podrían facer comparación das profesións co mes no que naciches, pero igual cos meus compañeiros, opino que o millor estes porcentaxes non son acertados, e que non creo que teña que ver o modo de vivir e no día que naceches e o que che gusta facer na tuva vida habitual, con isto.