Máis que pegados

Aínda non existe unha explicación científica para este feito, nin se puido probar unha predisposición para que uns xemelgos se convirtan en siameses, probablemente, teña causas xenéticas recesivas. No pasado dicíase que os partos múltiples ou corpos con partes duplicadas eran produto dun exceso de espermatozoides durante a fecundación. Na actualidade podía pensarse que os medicamentos que se utilizan para a fertilidade producen este tipo de fenómeno, pero aínda non se probou que estes garden algunha relación, ainda que sí existe unha conexión entre estos medicamentos e os partos múltiples.                                                                                                                                                                                                                                                                                                              Os casos de siameses non son tan comúns, pois só un de cada 200.000 nacementos son siameses. Estimase que ao redor do 73 a 75 % destes son thoraxofagus ou unidos polo peito ao estómago. O tipo menos común son os unidos pola cabeza ou craniofagus. Aínda que se descoñece a razón, entre un 70  e un 80 % dos siameses son féminas, a pesar de que a maioría dos xemelgos monocigóticos son varóns.

Non existen factores coñecidos que predispoñan a súa presentación, ainda que se sinalan algúns posibles como certos factores xenéticos. Ademais dos factores xenéticos sinalados, mencionanse dificultades na nutrición e desenvolvemento do embrión debido a infeccións ou deficiente irrigación sanguínea. Os siameses teñen elevada incidencia de presentar outras malformacións, e moitas están relacionadas co lugar de unión aínda que outras non están anatómicamente relacionadas a éste.

Autora:María Belén Alfonso Gestoso

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde, Xenoma humano e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Máis que pegados

  1. faa-jessicacalo di:

    Si hoxe en día, coa tecnoloxía do noso século e dependendo dos órganos unidos, xa é difícil de por sí a operación para separar siameses, na historia era practicamente un milagre.
    Pois ou autor deste milagre foi o ciruxán e obstetra suizo Johannes Fatio que en 1689 logrou separar a dúas siamesas.Estas eran siamesas das chamadas xifópagos, que só comparten tecido brando e non órganos vitais, aínda que neste caso compartían o fígado. Tras bautizalas pensaban que non sbrevivirían pero a intervención foi todo un éxito convertindose así na primera operación de separación de siameses.

  2. faa-irenetroncoso di:

    Siameses son aqueles xemelgos cuxos corpos seguen unidos despois do nacimiento. En ocasións os xemelgos monocigóticos non se separan por completo e prodúcense os chamados xemelgos unidos . O proceso de desenvolvemento dos siameses acontece por un erro na división das células dos embrións monocigóticos, é dicir, xemelgos produto dun mesmo óvulo e un mesmo espermatozoide. Hai ocasións onde estes xemelgos siameses poden ser separados mediante intervencións cirúrxicas, dependendo da índole da unión entre eles.

    Chámanse siameses en recordación de Chang e Eng Buker nacidos en Siam (hoxe Thailandia).

  3. faa-bertaferreiro di:

    Os siameses son xemelgos que están unidos por algunha parte do corpo despois do nacemento. A porcentaxe de supervivencia dos siameses varían entre o 5% e o 25%. A primeira separación de siameses que se produciu con éxito foi no século XVII. Estes siameses eran os chamados xifópagos, xeneralmente unidos só por texido brando sin que compartisen ningún órgano vital, por iso a separación puido ser levada a cabo polo ciruxano suizo Johannes Fatio en 1689.

  4. faa-cristinapadin di:

    Siameses son aqueles xemelgos cuxos corpos seguen unidos despois do nacemento. Esto tende a ocurrir nun de cada 200.000 nacementos, nacendo o 50% dos casos mortos e pertencendo o 75% dos siameses ao xénero feminino. O porcentaxe de supervivencia dos xemelgos oscila entre o 5% e o 25%.

  5. faa-marinaduran di:

    Os xemelgos siameses son os que os seus corpos seguen unidos despois do nacemento. Orixínanse igual que os xemelgos, pero a separación de cada porción celular realizase tempranamente(na segunda semana).Por esta razón se producen xemelgos, pero nace unidos por algún órgano.Esto tende a ocurri nun de cada 200.000 acementos. O porcentaxe de supervivencia oscila entre o 5% e o 25%. Os xemelgos siameses se clasifican según a parte do corpo a que estan unidos. Para diagnosticaru un embarazo de siameses é necesario facer unha proba de ultrasonido de alta resolución.

  6. faa-lidiamartinez di:

    Os siameses son consecuencia da separación incompleta de dous gametos procedentes dun só óvulo durante as dúas primeiras semanas da fase embrionaria.
    Estas situacións son estranas pero ocorren con maior frecuencia en Sudáfrica, posiblemente porque son habituais os matrimonios entre parentes, pero non existe ningunha base xenética nos siameses.
    Os puntos de unión máis habituais nos siameses son o tórax e a zona umbilical.

  7. fab-estefaniamuras di:

    Os siameses son aqueles xemelgos cuxos corpos seguen unidos despois do nacemento. Esto soe ocorrer en 1 de cada 200.000 nacementos, nacidos o 50% dos casos mortos e pertencendo o 75% dos siameses o xénero feminino. O porcentaxe de supervivencia dos xemelgos está entre o 5% e o 25%.

  8. faa-bertaferreiro di:

    As veces téndese a confundir os términos xemelgos, mellizos e siameses pero entre eles apreciamos algunhas diferencias. Os xemelos proceden do mesmo óvulo, que se divide de forma espontánea en dous e xéstanse na mesma placenta. Os xemelos debido as circustancias nas que se xestan soen ser do mesmo sexo e moi parecidos físicamente entre eles, por non dicir idénticos.

    Os mellizos en cambio proceden de dúas placentas e críanse no seo da nai en dúas bolsas distintas. As veces en lugar de dúas bolsas, pode haber desde tres ata oito, polo que se chamarían trillizos, cuatrillizos, quintillizos, sextillizos, heptillizos u octillizos.

    Os mellizos poden ser do mismo sexo como de diferente e o seu aspecto físico en ocasións é diferente ó outro irmán.

    E os siameses como xa falamos antes, son xemelos que nacen unidos por unha parte do corpo e esto ocorre en un de cada 200000 nacementos.

  9. fab-zayravazquez di:

    Os siameses son aqueles xemelgos cuxos corpos siguen unidos despois do nacemento. Esto tende a ocorrer a un de cada 200.000 nacementos. O porcentaxe de supervivencia dos xemelgos oscila entre o 5% e o 25%.

  10. fab-lauraaragunde di:

    Os xemelgos unidos catalóganse de acordo coas partes do corpo que están unidas ou compartidas. Clasifícanse en:
    – Simétricos:
    Os xemelgos unidos simétricamente constituen unha rareza e plantean un mero e complexo problema. Moitos deles nacen mortos, pero no presente máis de 400 logran sobrevivir aínda que requiren da ciruxía para a súa separación, cuxo éxito depende da extensión da unión, a distribución dos órganos vitais e a existencia de malformacións conxénitas asociadas (10-20 % de defectos maiores).
    – Asimétricos:
    Un xemelgo é máis pequeno e depende do outro. Un pode ser normal ou casi normal e o outro incompleto, constituíndo unha especie de parásito do primeiro.

  11. faa-marinaduran di:

    Penso que ademáis dos problemas que terían os nenos, tamén sería un problema para os pais, xa que non so teñene que decir se ter os bebés nesas situacións, senón que se deciden telos, teñen que pensar se operalos para separalos ou non, aínda que eso implique a morte dun deles ou de ambos.Pode haber un órgano vital compartido e nese caso deberían decidir cal dos bebés podería sobrevivir.É importante decidir a operación canto antes, xa que a probabilidade de supervivencia nestes momentos é moi elevado, pero se ten que ser unha operación por supervivencia, a porcentaxe de supervivencia baixa ata un 40%.

  12. fab-danielsomoza di:

    Un embarazo múltiple é o desenvolvemento simultáneo no útero de dous ou máis fetos. Un embarazo múltiple pode resultar da fertilización dun óvulo por un espermatozoide que se divide, o cal é denominado embarazo monocigótico. Os embarazos múltiples tamén poden resultar da fertilización de dous ou máis óvulos, denominándose entonces embarazo múltiple bicigótico. As complicacións maternas son 3-7 veces más frecuentes nos embarazos múltiples. Poo xeral, o embarazo múltiple ten maior riesgo de morbilidad e mortandade perinatal, de tal forma que pode decirse que prácticamente todos os riesgos do embarazo único aumentan no múltiple.

  13. faa-lidiamartinez di:

    Os xemelgos siameses podemos dividelos en dous tipos segundo as partes do corpo unidas ou compartidas, en siameses asimétricos ou simétricos.
    No caso dos siameses asimétricos o máis pequeno depende do outro, chega a actuar como unha especie de parásito do outro.
    No caso dos siameses simétricos poden ter órganos separados excepto o fígado, poden estar unidos pola pelvis con un ano e recto común, ou poden estar unidos pola parte media da cabeza.
    Hai que decir que moitos destes xemelgos siameses nacen mortos pero algúns logran sobrevivir aínda que despois requiran de cirurxía para a súa separación.

  14. faa-fabiolaalbornoz di:

    Un dos casos máis curiosos de siameses foi o de Edward Mordake un inglés que naceu cunha cara adicional femenina na parte posterior da cabeza, esta cara non falaba pero ría e choraba. Edward suplicou a os médicos que lle extripasen esa cara que susuttaba cousas e tiña según el características satánica, ningún médico se atreveu a facelo e suicidouse a os 23 anos.

  15. Victor di:

    ABERTO UN NOVO FORO (duración: 10 días)

  16. faa-raulmartinez di:

    Os xemelgos proceden dun mesmo embrión que se divide e logo comparten o útero durante o embarazo.
    Sen embargo, teño entendido que cando nesta división do embrión non se completa, os xemelgos saen unidos.
    Actualmente ás técnicas para a división dos siameses están pouco avanzadas polo que a porcentaxe de supervivencia dos siameses varía entre o 5% e o 25%.
    A primeira separación de siameses que se produciu con éxito foi no 1689. Eran siameses unidos só por texido brando sin que compartisen ningún órgano vital e por iso a separación puido ser levada a cabo polo ciruxano Johannes Fatio.

  17. faa-marinaduran di:

    Existen casos de siameses realmente curiosos, como por exemplo, unhas mulleres naceron na India fai 40 anos, son siamesas e estan unidas pola cintura, polo que comparten fígado e aparato feproductor xunto con tres pernas.Debido a esto, aperenderon a ccamiñar axudándose cos brazos, polo que parecíase o movemento das arañas. Así empezaron unha carrea no circo cun show das irmáns araña.

  18. faa-jessicacalo di:

    Os irmáns exsiameses, Rosendo e Tobías Mongozo Yáñez, de sete anos cada un, lograron ser separados sen necesidaed de ciruxía, o que se califica de pequeno milagro sucedido no Hospital Virgen del Perpetuo Socorro de Cerdanyola. Bastou con moita auga, un estropajo e grandes dosis de champú antipiollos. A sorpresa do hospital foi cando, ao atender aos siameses, empezaron por darlles un baño e acabaron cada un nunha punta da bañeira. Resulta que non compartían órganos nin membros, senon unha capa de suciedade endurecida e desatendida por culpa da súa nai liberal que os mantivo unidos durante cinco dos seus sete anos de vida.

  19. fab-carlaseren di:

    Os siameses son xemelos que durante a xestación non lograron separarse físicamente polo que nacen unidos ou incrustados uns en otros.

    Ao longo da historia, moitos de eles forom explotados en circos e “ofrecidos” ós curiosos como verdadeiros fenómenos. Sin embargo, nos últimos años, a medicina foi capaz de ofrecerlle a moitos de eles a oportunidade de separarse.

  20. fab-estelapadin di:

    Siameses son aqueles xemelgos cuxos corpos seguen unidos despois do nacemento. Isto tende a ocorrer nun de cada 200.000 nacementos, nacendo o 50% dos casos mortos e pertencendo o 75% dos siameses ao xénero feminino. A porcentaxe de supervivencia dos xemelgos oscila entre o 5% e o 25%.
    Entre os xemelgos unidos máis antigos que se coñecen atópanse as Mary e Eliza Chulkhurst, nacidas en 1100 en Inglaterra, as cales viviron 34 anos cun só par de extremidades superiores e inferiores, un só recto e unha soa vaxina.