Á última moda!

As modas cambian e a roupa e accesorios que levaban hai dous anos son moi diferentes ás actuais. Aínda que parece un fenómeno propio da época actual, parece que os nosos antepasados se comportaban de forma moi semellante, segundo revela un estudo publicado na revista Journal of Human Evolution que analizou unhas “xoias” de fai 75.000 anos.

O equipo de científicos, da Universidade de Bordeaux, analizou as mostras de cuncha perforadas que se dispoñen nunha cova surafricana en estratos arqueolóxicos datados entre os 72.000 e 75.000 anos.
Segundo os expertos, as cunchas perforadas da especie Nassarius kraussianus empregábanse como contas de xoiaría para facer colares e pulseiras. Os investigadores examinaron o desgaste ao redor das perforacións das cunchas, e realizaron probas adicionais para deducir en que forma usábanse devanditos “abelorios”.

Os resultados indicaron que a maneira de utilizar as cunchas foi variando ao longo dos diferentes períodos temporais que reflicten os estratos da cova. “Nas capas inferiores, as máis antigas, as cunchas colocábanse coas caras planas e brillantes xuntas.
Pero, como todas as modas, non durou moito: nas capas superiores as cunchas colocábanse de dúas en dúas, coas caras planas cara arriba”, explica Mariano Vanhaeren, uns dos autores. Trátase da primeira evidencia dun cambio nas normas sociais que rexerían o “estilo” dos homes paleolíticos.

Doutra banda, non está claro se os residentes da cova realmente chegaron a cambiar as súas ideas, ou ben foron substituídos por outro grupo de humanos primitivos con gustos diferentes. De todos os xeitos, os resultados suxiren que estas contas, do mesmo xeito que a xoiaría actual, desempeñaron un papel meramente simbólico.

Autora: Estela Padín Sanisidro

Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Á última moda!

  1. faa-cristinapadin di:

    Este artigo pareceme moi interesante, xa que este tipo de investigacións informanos non so dos gustos dos nosos antepasados, si non, da evolución do pensamento e a presencia de accesorios e complementos con fins decorativos.

  2. faa-jessicacalo di:

    É realmente fascinante que algo que teñamos tan presente na actualidade se realizase tamén nos nosos antepasados prehistóricos.
    A partir do período no que aparece o Homo Sapiens, é cando empezan a aparecer mostras de vestimentas e materiais para a confección, como tamén as primeras mostras de complementos de vestir como por exemplo xoias, bolsas e calzado.
    Prendas de vestir fabricadas con texidos de liño, e despois de lá, empezan a competir cos vestidos de pel ou as saias de follas, na protección contra o frío e o sol.

  3. fab-danielsomoza di:

    Quizá estas cousas sexan unhas das moitas que nos diferencian dos animais.

  4. faa-soniaporto di:

    Estou daacordo con Cristina xa que nos da a coñecer os gustos dos nosos antepasados. Os que mais información nos deron sobre as xoias foros, os antigos exipcios, xa que eran auténticos apaixonados da ornamentación e do deseño e introduciron unha intensa renovación na xoiaría.
    O costume de enterrar os seus faraóns e sacerdotes cos seus enxovais e xoias permitiu coñecer en profundidade a tecnoloxía da joyeria exipcia así como os tipos de pedras preciosas máis usadas como alfaias ou amuletos e o significado espiritual destas xemas.

  5. faa-lidiamartinez di:

    É moi curioso que cousas tan presentes na actualidade se fixesen xa na prehistoria, como é neste caso o cambio das modas e dos estilos.
    E estou de acordo coa miña compañeira en que sobre todo foron os exipcios os que nos aportaron máis información sobre as xoias e obxetos de deseño porque enterraban aos seus faraóns coas súas xoias máis preciadas e grazas a iso puidéronse estudar na actualidade.

  6. fab-ivangomez di:

    Isto demóstranos que os nosos antepasados prehistóricos vestían e poñían o que lles gustaba,e que como ocorre agora,se atopaban algo máis interesante e chamativo cambiábano polo que tiñan para darse a ver.Parece ser que pese a que pasaron aredor de 75.000 anos os nosos gustos e a nosa maneira de pensar non cambiaron.

  7. Raquel Martínez di:

    Paréceme bastante interesante o feito de que unha preocupación deste tipo comezase desde tan cedo, é incrible como seres tan primitivos tivesen xa intereses polas modas, as xoias e demais sen ter sequera unha moeda para intercambialas, cando tamén tiñan que preocuparse de sobrevivir e ter alimentos, máis que nós na actualidade. Este dato da que pensar, podería ser que os seres humanos teñamos preocupacións e gusto polas modas de forma natural?

  8. faa-irenetroncoso di:

    É moi interesante que cousas tan habituais na actualidade como son as xoias se inventasen xa na prehistorias isto demóstranos que ainda que pasaron arredor de 75.000 anos os nosos gustos non cambiaron.
    Pero os exipcios nos aportaron máis información sobre as xoias.
    As xoias tiveron unha gran importancia na cultura exipcia tiñan dúas funcións:
    As xemas valorábanse tanto pola súa beleza como pola súa protección máxica que lles proporcionaban,é dicir eran a vez xoias e talismáns.

  9. faa-marinaduran di:

    O concepto “moda” refírese as costumes que marcan algunha época ou lugar específicos, en especial aquelas relacionadas con vestir ou adornar. Parece curioso que este fenómeno xa existise na prehistoria, pero pensó que afectarian moitos outros factores, como a abundancia dun estilo de cuncha ou as diferentes técnicas empregadas segundo a zona ou costumes.

  10. fab-estefaniamuras di:

    Este é un artigo moi interesante porque demostra que dende fai moito tempo os nosos antepasados se preocupaban pola roupa e as xoias e iban evolucionando as modas, igual que ocorre hoxe en día.

  11. faa-raulmartinez di:

    O feito de que hai 75.000 o ser humano tamén levase abelorios non me parece un dato demasiado curioso. A razón é que a pesar de evolucionar moito en coñecementos, este tipo de comportamentos son propios do ser humano e son cousas que non cambian co tempo.
    Despois está o tema das modas que, si existen agora, por qué non ían a existir antes? evolucionamos o noso coñecemento pero o comportamento penso que segue a ser moi semellante ao actual.

  12. faa-marinaduran di:

    A maior fabricacións de accesorios foi na idade de metais, pero xa se fabricaban con anterioridade.Os collares prehistóricos da Idade de pedra consisten en sartas de cunchas, osos, dentes e pedriñas. Os da Idade dos metais agregan ós anteriores elementos algunhas contas de ouro e cobre, de barro cocido e de pasta vítrea ou ben transformanse en torques (collares ríxidos).Os adornos no pelo simbolizaban autoridade, o cal se mantivo no resto da historia.As funcións destas xoias non eran so decorativas, se non que tiñan a finalidade de adorno, mostrar certa clase ou poder dentro dun grupo e con fins máxicos.

  13. fab-ireavinas di:

    É moi interesante que cousas como esta, a moda, teñan tanta importancia agora coma fai tanto tempo,75.000 anos. Penso que a moda marca as diferentes etapas e por iso sempre se vai encontrar algún resto dela.

  14. fab-zayravazquez di:

    Como dixo a miña compañeira Estefanía, pareceme moi interesante tamen a evolución da roupa nos nosos antepasados.

  15. faa-bertaferreiro di:

    Paréceme moi curioso que os homes paleolíticos xa usasen xoias para decorar o seu corpo. Ademais de utilizar as cunchas Nassarius kraussianus como xoias estas tamén as utilizaban como ferramentas. Por outra parte apreciase a evolución do pensamento dos homes paleolíticos polo cambio das súas xoias ao longo do tempo.

  16. faa-saramarino di:

    É realmente interesante que o tema da moda se veña arrastrando dende anos tan atrás. Considero que isto é propio da natureza dos humanos, pois os seres primitivos tiñan moitas máis preocupacións das que temos agora e non creo que a moda fose unha das primordiais, polo que, este artigo móstranos que a moda é un tema que preocupou ás persoas dende sempre.

  17. fab-estelapadin di:

    É moi interesante que os nosos antepasados utilizasen prendas e xoias como facemos hoxe en día nós.

  18. fab-carlaseren di:

    Paréceme moi interesante e curioso que os nosos antepasados do paleolíto xa se preocupasen por confeccionar e poñer xoias como cunchas, ósos, dentes e pedras pequeñas para adornar o seu corpo.