Ingredentes esenciais

As mostras de roca marciana que tomou o mes pasado o robot Curiosity da NASA conteñen xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono, é dicir, algúns dos ingredientes químicos esenciais para a formación dos seres vivos.

“Un dos obxectivos fundamentais desta misión é pescudar se en Marte existiu algunha vez unha contorna habitable”, explicou Michael Meyer, científico responsable do Programa de Exploración Marciana da axencia espacial estadounidense. “Polo que sabemos agora, a resposta sería afirmativa”, engade.
Os elementos químicos foron detectados polos instrumentos Sample Analysis at Mars (SAM) e Chemistry and Mineralogy (CheMin) e indican que en Yellowknife Bay, onde actualmente opera o vehículo marciano, era ou ben o final dun antigo sistema fluvial ou ben un lago intermitentemente húmido que podería achegar enerxía química e outras condicións favorables para o desenvolvemento de microbios, hai ao redor de 3.000 millóns de anos. Ademáis, os investigadores chegaron á conclusión de que a auga que axudou a formar as rocas sedimentarias da zona, ricas en arxila e sulfatos, tiña un pH relativamente neutro, e non era nin excesivamente salgada nin demasiado oxidativa.

“Atopamos un ambiente habitable, tan benigno e tan propicio á vida que, probablemente, se un estivese alí e tivese a man esta auga, podería bebela”, afirmou John Grotzinger, investigador no Instituto de California de Tecnología (Caltech).

Autora: Estela Padín Sanisidro

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Ingredentes esenciais

  1. Victor di:

    Neste artigo, Estela fala dunha serie de átomos (xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono)e dí que son elementos indispensables para a vida. Que relación teñen estes compostos co mundo vivo?

    • faa-bertaferreiro di:

      O xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono son os elementos químicos presentes nos seres vivos e reciben o nome de bioelementos. A materia viva esta constituida por 70 elementos, pero o 99% da masa da maioría das células está constituída por os catro elementos: carbono, osíxeno, hidróxeno e nitróxeno.

    • faa-raulmartinez di:

      Por suposto que estos elementos son indispensables para a vida. Toda a materia orgánica está composta por uns 70 elementos dos cales o Hidróxeno, o xofre, o carbono, o osíxeno, o nitróxeno e o fósforo forman o 96%.

  2. faa-noar di:

    A materia órganica esta constituída por 76 elementos químicos, dos cales, xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono, foramn o seu 96%

  3. faa-marinaduran di:

    Os átomos xofre, nitróxeno,hidróxeno,osiíxeno,fósforo e carbono consituten o 96% da materia orgánica.
    Destacan por ser os menos masivos e ter o número atómico máis baixo no seu grupo da táboa periódica.
    Podemos empregar o acrónimo CHONPS, o que significa que interveñen todos estes elementos.

  4. faa-lidiamartinez di:

    Todos os seres vivos están formados principalmente por estes seis elementos. Como dixeron as miñas compañeiras forman o 96% da materia orgánica.

  5. fab-danielsomoza di:

    o 96% da materia orgánica está constituida por Os átomos de xofre ,nitróxeno,hidróxeno,osiíxeno,fósforo e carbono

  6. faa-jessicacalo di:

    O xofre, o osíxeno, o nitróxeno, o carbono, o hidróxeno e o fósforo son os elementos máis comúns nos organismos vivos, os cales forman o 95% da masa total e son inedspensables para formar as biomoléculas. Estos catro elementos destacan por ser os menos masivos e ter o número atómico máis baixos no seu grupo na táboa periódica.

  7. Raquel Martínez di:

    A relación que teñen o xofre, o nitróxeno, o hidróxeno, o osíxeno, o fósforo e o carbono co mundo vivo é que estes compoñentes forman un 96% da materia orgánica.
    Este descubrimento é moi importante, xa que considera a existencia de vida extraterrestre.

  8. faa-yasminasanchez di:

    O osíxeno, o carbono, o fósforo, o xofre, o nitróxeno e o hidróxeno son os elementos pricipais polos que están formados todos os seres vivos. Estes elementos forman o 96% da materia orgánica.

  9. fab-rociorivas di:

    Denominase ciclo biogeoquímico ó movemento de cantidades masivas de carbono, nitróxeno, oxíxeno, hidróxeno, azufre, fósforo e outros elementos entre os seres vivos e o ambiente (atmósfera, biomasa e sistemas acuáticos) mediante unha serie de procesos de producción e descomposición. Na biosfera a materia é limitada de maneira que a súa reciclaxe é un punto clave no mantemento da vida na Terra; de otro modo, os nutrintes agotaríanse e a vida desaparecería.

  10. faa-irenetroncoso di:

    Chámaselles elementos biogenésicos a aqueles que interveñen na conformación dos seres vivos. Os máis importantes son o carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno.
    O carbono ten propiedades químicas que o fan moi importante para os seres vivos. Por exemplo, pode unir os seus átomos para formar longas cadeas que, á súa vez, son os compoñentes básicos das substancias orgánicas, como o caso das proteínas, as graxas e os azucres.
    O hidróxeno é un gas máis lixeiro que o aire pode reaccionar coa maioría dos elementos e compostos químicos. Forma parte de todos os compostos orgánicos.
    O osíxeno é un gas moi importante para a maioría dos seres vivos, pois resulta indispensable para a respiración. Encóntrase nunha proporción de 21% no aire. As reaccións nas que o osíxeno se combina con outros elementos coñécense como oxidacións. Ademais, o osíxeno é un gas que axuda á combustión das substancias. O nitroxeno é moi importante para a vida, porque se encontra na composición química de todas as proteínas. Na natureza encóntrase de forma libre como parte do aire atmosférico, ou combinado en forma de sales, chamados nitratos, que se achan principalmente no chan.

  11. faa-albacastro di:

    Tanto o xofre, como o nitróxeno, o hidróxeno, o osíxeno, o fósforo e o carbono son elementos que forman o 96% da materia orgánica.

  12. fab-ivangomez di:

    O 96% da materia orgánica dun ser vivo está composta polos átomos de osíxeno,hidróxeno,nitróxeno,carbono,xofre e fósforo,que dos 76 elementos que forman a materia son os máis importantes.

  13. fab-adrianaribeiro di:

    O xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono constituen o 96% da materia orgánica.
    Destacan por ser os menos masivos e ter o número atómico máis baixo da táboa periódica.

  14. fab-martinamendoza di:

    Os seres vivos estamos compostos por esta serie de átomos. ata un 95% do noso corpo está composto deste elementos; xofre, nitróxeno, hidróxeno, osíxeno, fósforo e carbono. Por iso é indispensable para a vida, xa que sin eles non existiríamos.

  15. fab-paulodiaz di:

    A relación entre o xofre, o nitróxeno, o hidróxeno, o osíxeno, o fósforo e o carbono, é que compoñen casi o 96% da materia orgánica; consituida por un total de 76 elemento químicos.

  16. fab-zayravazquez di:

    Os seres vivos necesitan arredor de elementos químicos para o seu desarrollo; entre eles están: o carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, fósforo e xofre. A existencia destes e limitada na natureza polo que deben reciclarse de maneira constante. Así xorden os chamados ciclos biogeoquímicos , que poden ser de dous tipos:
    – De nutrientes gasosos: A atmosfera e a fonte de aporte; por exemplo: o carbono , o osíxeno e o nitróxeno.
    – De nutrientes sólidos: Proporcionados pola corteza terrestre; por exemplo: o fósforo e o xofre.

  17. faa-marinaduran di:

    O “Curiosity”, do inglés “curiosidad”, é unha misión espacial que inclúe un astromóbil de exploración marciana dirixida pola NASA.A misión centrase en situar sobre a superficie marciana un vehículo explorador. Unha vez no planeta, tomou varias fotos para mostrar que amartozo con éxito. No trascurso da sua misión tomará docenas de mostras do chan e `plvo rocoso marciano para o seu análisis.

  18. faa-cristinapadin di:

    Os seres vivos estamos formados principalmente por seis elementos quimicos: o xofre, o asíxeno, o nitróxeno, o hidróxeno,o fósforo e o carbono. Estes constitúen o 96% de materia orgánica.
    A detección de estes elemontods indica un porcentaxe elevado da posible existencia de algún ser vivo no noso planeta veciño, Marte.

  19. fab-estefaniamuras di:

    O Xofre, o nitróxeno ,o hidróxeno, o osíxeno, fósforo e o carbono son elementos químicos que están presentes nos seres vivios

  20. fab-carlaseren di:

    O xofre, o hidróxeno, o nitróxeno, o osíxeno, o fósforo e o carbono son os elementos principais polos cales os seres vivos estamos formados e constitúen o 96% da materiaorgánica.