Colaboración espacial

Axencia Espacial Europea (ESA) firmou un acordo de colaboración coa súa homóloga rusa, Roscosmos, para o programa de exploración de Marte ExoMars, que prevé o envío de dúas misións ó Planeta Vermello en 2016 e 2018. Os dous socios repartiranse as responsabilidades en cada unha de esas dúas misións, cuxo obxectivo é dererminar si houbo algunha vez vida en Marte, indicou a ESA nun comunicado.

En concreto, a ESA encargarase do dispositivo de detección de trazas de gases (TGO) do módulo de demostración para o aterraxe (EDM) en 2016, así como do módulo de transporte e do robot móbil en 2018. Roscosmos, pola súa parte, farase cargo do módulo de descenso da plataforma de superficie en 2018, así como das lanzadeiras en ambas misións. Os dous socios aportarán os instrumentos científicos e cooperarán “estreitamente” na explotación dos resultados que se obteñan.

En 2016, el TGO buscará evidencia da presencia de metano ou de outros gases atmosféricos que podrían ser unha traza dunha actividade biolóxica ou de procesos xeolóxicos. O EDM, pola súa parte, permitirá o aterraxe en Marte para probar tecnoloxías clave de cara ao que se fará dous anos máis tarde.

O director xeral da ESA, Jean-Jacques Dordain, puxo o acento en que Exomars porá a traballar xuntos a científicos europeos e rusos e desenvolverá novas tecnoloxías que “demostrarán a competitividade da industria europea” e serán importantes para preparar “futuras misións de exploración” para determinar se houbo algunha vez vida en Marte.

O xefe de Roscosmos, Vladimir Popovkin, sinalou pola súa parte que este programa é o segundo no que que colaboran ambas institucións, despois do lanzamento dos cohetes rusos Soyuz da base europea de Kurú, na Guayana francesa.

Autora:Carla Serén

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Colaboración espacial

  1. Victor di:

    Facede unha valoración sobre a colaboración entre países para levar a cabo exploracións espaciais.

    • faa-jessicacalo di:

      Nestes tipos de investigacións as colaboracións entre países son esenciales sobretodo polo tempos de crise que corren. Estas investigacións son moi caras debido ás altas tecnoloxías que se deben utilizar. Tamén as tecnoloxías son un factor importante na colaboración entre países porque hai Estados máis desenvolvidos en certos apartados de investigación. Neste caso, a colaboración entre a ESA e Rusia supón, aparte dun gran apoio económico, unha gran amiga no ámbito tecnolóxico debido a que Rusia está moi desenvolvida no ámbito da investigación espacial.

    • faa-bertaferreiro di:

      Penso que a colaboración espacial entre os países é moi importante para poder levar a cabo exploracións e investigacións espaciais. Pois en tempos de crise, a colaboración económica e importante pero penso que é moito máis importante os coñecementos das persoas dos diferentes países, e dos diferentes puntos de vista que poden dar.
      Ademais tamén creo que o universo é de todos,e que todos os países teñen dereito a investigar e disfrutar dos seus descubrimentos.

    • faa-raulmartinez di:

      Paréceme ben a colaboración entre países porque supón unha relación entre estos para levar a cabo unhas exploracións de finalidades comúns, que colaborando resulta todo máis doado sobretodo economicamente.

    • fab-carlaseren di:

      Desde a miña opinión a colaboración espacial entre países é moi importante e necesaria xa que as investigacións que se queren levar a cabo son duns custos moi elevados. Ademáis diso, tamén me parecen moi imporatntes polos puntos de vista e sistemas de traballo de investigación de diferentes países.

  2. faa-carlotadominguez di:

    Persoalmente penso que cando se pretende levar a cabo investigacións tan importantes como as espaciais, é moito mellor investigar coa colaboración e axuda doutros países, os cales poden achegar moitas cousas positivas, como por exemplo recursos que ao mellor o país que pretende facer a dita investigación non ten recursos de abondo e tería que abandonar a investigación ou tardarían moito mais en facer grandes descubrimentos, pero grazas á axuda deses países, as investigacións poden ir máis alá e acabar co éxito da misión e dese xeito descubrir un pouco máis deste mundo cheo de misterios.

  3. faa-marinaduran di:

    Na historia das expedicións espacias existiron varios conflictos entre países por cal era o máis desenvolvido ou polo que acadaba maiores expedicións. Pero pasado o tempo empezaron a darse conta de que se necesitaban uns a outros. Polo que prestándose axuda conseguiron máis que por separado. Ademáis poden compartir aparte dos descubrimentos os gastos.
    Na miña opinión estaría moi ben que no ámbito do universo traballasen os países unidos, xa que o universo non é de ningún país en concreto, nin debería ser ningunha parte del.

  4. fab-danielsomoza di:

    Por unha parte, a colaboración sería unha boa medida para os países económicamente falando, pero coma todo, sempre o problema sería o reparto do mérito, no que todos queren que sexa individual e propio.

  5. fab-ivangomez di:

    Na miña opinión os países deberían asociarse para realizar novas expedicións,deste modo poden compartir novos avances e gastos,que a algúns países lles convendría moito,pero sería demasiado fácil,xa que no momento de repartir o mérito un país vai querer levar máis mérito ca o outro e isto conlevará problemas.

  6. faa-angelf di:

    A colaboración entre países está moi ben para aforrar diñeiro e compartir os coñecementos dos grandes profesionais da astronomía podendo así avanzar e coñecer mellor o que nos rodea fora do noso planeta. E xa chegados a conclusión de que xuntos avanzaremos mellor, porque non se forma unha agrupación astrónoma mundial, na que todo o mundo traballe en conxunto en todas as exploracións.

  7. faa-irenetroncoso di:

    A Axencia Espacial Europea é un exemplo de colavoración entre países na investigación espacial que a min pareceme moi ben porque A súa finalidade consiste en garantir que o investimento en actividades espaciais siga dando beneficios aos cidadáns de Europa.

    A ESA encárgase da coordinación dos recursos económicos e intelectuais dos seus membros permite levar a cabo programas e actividades de maior alcance que os que podería realizar calquera país europeo individualmente.

  8. faa-cristinapadin di:

    Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar, situado despois da Terra.
    Tamen e coñecido baixo o nome de Planeta Vermello, debido a súa apariencia vermella que lle aporta o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmósfera delgada formada por dióxido de carbono e dous satélites. Forma parte dos chamados planetas telúricos (de natureza rocosa, como a Terra)e é o planeta interior máis alonxado del Sol.En moitos aspectos é o máis parecido á Terra; este feito é o causante de que sea o máis estudado e investigado nos últimos anos xa que hai unha gran porcentaxe de que existise vida na súa superficie e auga.