Velcro de ouro

Científicos españois crean un “velcro molecular”, que por unha banda se adhire ao ouro e pola outra atrapa moléculas ou virus case ao instante. Este dispositivo poderase aplicar en análises clínicas, detección de infeccións e controis da calidade nos fármacos.

Foron, os investigadores do grupo de Inmunoxenética da Universidade de Xaén, coa empresa Tharsis Biomed e o grupo de Bionanosensores e aplicacións analíticas do Centro de Investigación de Nanociencia (CSIC) de Barcelona, os que aplicando un biosensor baseado nunha prancha de ouro sobre a cal se aplica unha proteína que permite capturar anticorpos, dunha forma ordeada.

Esta orientación na que se capturan os anticorpos é unha novidade do dispositivo, e isto aumenta a sensibilidade e a precisión do sensor. Este sensor está creado para detectar en cuestión de segundos hormonas de crecemento ou virus no sangue e ao detectalas, o sensor presenta un cambio no patrón da luz. A principal vantaxe é a celeridade do sensor, xa que é moito mais rápido ca outros métodos, como o test ELISA. A utlización de proteínas con capacidade de unirse ao ouro faino mais efectivo, ademais este metal non sofre desgaste e pode utilizarse en múltiples ocasións.

Autora: Alba Castro Oubiña

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Velcro de ouro

  1. Victor di:

    O PRÓXIMO DOMINGO ÁS 12 DA MAÑÁ, REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS NO BLOG PARA A 2ª AVALIACIÓN

    Entendedes a utilidade real deste sistema?; seriades capaces de explicar de xeito sinxelo en que consistiría?

    • fab-lauraaragunde di:

      Trátase dun biosensor para detectar hormonas e virus, que funciona como un ‘velcro molecular’: por un lado, adhierese a unha plancha de ouro e, por outro, captura anticorpos que se colocan de maneira ordeada, o cal amplifica a capacidade destos para detectar os virus e as hormonas. O dispositivo é moito mais rápido que os actuais dese tipo, e é aplicable a análisis clínicos, detención de infeccións e controis de calidade na industria farmacéutica.

  2. faa-fabiolaalbornoz di:

    Pois, coma un velcro común está adhierido por unha parte a superficie, que neste caso sería o ouro e por outro lado captura algo determinado, neste exemplo capturanse anticorpos (proteínas localizadas nun fluído corporal a cales se adhieren a bacterias). Así os anticorpos detectan os virus, bacterias o parásitos. Esto realizano nun perído de tempo relativamente rápido comparado con outros métodos.

  3. fab-carlaseren di:

    Realizan a mesma función ca o velcro común, xa que, por unha parte da superficie está adherido que sería o ouro, e polo outro lado capturan neste caso, os anticorpos.

  4. Victor di:

    E que é iso dos anticorpos? Porque é importante detectalos?

    • fab-estelapadin di:

      Os anticorpos son glicoproteínas do tipo gamma globulina. Poden atoparse de forma soluble no sangue ou outros fluídos corporais dos vertebrados, dispoñendo dunha forma idéntica que actúa como receptor dos linfocitos B e son empregados polo sistema inmunitario para identificar e neutralizar elementos estraños tales como bacterias. O anticorpo típico está constituído por unidades estruturais básicas, cada unha delas con dúas grandes cadeas pesadas e dúas cadeas lixeiras de menor tamaño, que forman, por exemplo, monómeros cunha unidade, dímeros con dúas unidades ou pentámeros con cinco unidades. Os anticorpos son sintetizados por un tipo de leucocito denominado lifocito. Existen distintas modalidades de anticorpo, isotipos, baseadas na forma de cadea pesada que posúan. Coñécense cinco clases diferentes de isotipos en mamíferos que desempeñan funcións diferentes, contribuíndo a dirixir a resposta inmune adecuada para cada distinto tipo de corpo estraño que atopan.

    • faa-jessicacalo di:

      Os anticorpos son glicoproteínas producidas por uns glóbulos brancos chamados linfocitos. Éstes envíanos ó sangue para que se encarguen de buscar e capturar os antíxenos dañinos para o noso organismo. Neutralizan virus e bacterias externas e axúndanlle a outros glóbulos blancos a fagocitalas.

    • fab-paulodiaz di:

      Os anticorpos son glicoproteínas de tipo glamma globulina producidas por uns glóbulos brancos chamados linfocitos. Son enviados ao sangue para que se encarguen de buscar e capturar os antíxenos dañinos para o noso organismo. Neutralizan virus e bacterias externas e ofrecen unha función de axuda aos globulos brancos.

    • faa-saramarino di:

      Os anticorpos son glicoproteínas do tipo gamma globulina. Poden encontrarse de forma soluble no sanque ou noutros fluidos do noso corpo. Son empregados polo sistema inmunitario para identificar e neutralizar elementos extraños, como bacterias,virus ou parásitos,por exeplo. Existen diversos tipos de anticorpos, baseados na forma de cadea pesada que posúan.
      O recoñecemento de un antíxeno por un anticorpo, márcao para ser atacado por outras partes do sistema inmunitario. A produción de anticorpos é a función principal do sistema inmunitario humoral.

    • faa-chusaguin Aguín di:

      Os anticorpos son proteínas defensivas producidas polo linfocito (tipo de glóbulos blancos). Éste encárgase de sintetizalos e enviálos ó sangue para que identifique e neutralice os antíxenos existentes, dañinos para o noso corpo, como por exemplo, os virus ou bacterias.

  5. faa-soniaporto di:

    Son células que che axudan a eliminar os virus que causan enfermidades e que ademais viven na sangue e é necesario facer exercicio e asearse para que asi os teus anticorpos se fortalezcan.

  6. faa-cristinaporto di:

    Cando o ser humano enferma comeza a loita interna contra os organismos externos que producen a enfermidade, o sistema inmunolóxico ponse en marcha e segrega os anticorpos específicos para combater e eliminar as bacterias, parasitos ou virus que provoca o malestar. Tamén coñecidos como inmunoglobulinas, os anticorpos son glicoproteínas que circulan polo sangue á busca e captura dos antíxenos que danan o organismo. O coñecemento do mecanismo de resposta do corpo humano fronte aos antíxenos que causan as enfermidades deu lugar ás vacinas, que fan que o corpo se adiante a un posible contaxio facéndoo inmune.

  7. fab-ireavinas di:

    Os anticorpos, tamén coñecidos como inmunoglobulinas son glicoproteínas do tipo gamma globulina. Poden atoparse de forma solúbel no sangue ou outros fluídos corporais dos vertebrados, dispondo dunha forma idéntica que actúa como receptor dos linfocitos B e son empregados polo sistema inmunitario para identificar e neutralizar elementos estraños tales como bacterias, virus ou parasitos.

  8. faa-marinaduran di:

    Os anticorpos (Acs) son moléculas de natureza proteica, cuxa función é identificar aa substancias extrañas e microorganismos que invaden o noso corpo e eliminalas a través da acción de outras moléculas proteicas coñecidas como Complemento, ou ben favorecendo o proceso de fagocitosis.

  9. faa-fabiolaalbornoz di:

    Son proteínas que se atopan nos fluídos corporales creados por o sistéma inmunolóxico. Estas proteínas se adhieren ós antíxenos, unha substancia que abarca bacterias, parásitos, virus…
    Os anticorpos adheridos a eles advirten ac células do sistema inmunolóxico da existencia destas bacterias ou parásitos.

  10. fab-estelavilanova di:

    Os anticorpos son glicoproteínas que se atopan en forma soluble no sangue ou noutros fluídos corporais dos vertebrados. Estes son empleados polo sistema inmunitario para identificar e neutralizar corpos estraños tales como bacterias, virus ou parásitos.O anticorpo está constituído por unidades estruturais básicas que forman monómeros, dímeros ou pentámeros.

  11. faa-saramarino di:

    Consiste nun biosensor para detectar hormonas e virus, que funciona como un “velcro molecular”, xa que, por un lado, adhierese a unha plancha de ouro e, por outro, captura anticorpos que se colocan de maneira ordeada, o que permite amplificar a capacidade destos para detectar os virus e as hormonas

  12. Victor di:

    RECORDATORIO:
    MAÑÁ DOMINGO, ÁS 12 DA MAÑÁ, REMATA A 2ª AVALIACIÓN

  13. fab-adrianaribeiro di:

    Os anticorpos son moléculos da natureza proteica, cuxa función é indentificar as substancias estranas e microorganismos que invaden o noso corpo, e eliminalas a través da acción de outras moléculas proteicas coñecidas como “Complemento”, ou ben favorecendo o proceso da fagocitosis.

  14. fab-alexandregrandal di:

    Os anticorpos son proteínas do noso corpo que se atopan no sangue e serven para identificar e eliminar organismos nocivos, detectalos en cantidade indica que están tratando de eliminar algún virus, bacteria…

  15. fab-ivangomez di:

    Os anticorpos son glicoproteínas que son producidas por glóbulos brancos que son coñecidos co nome de linfocitos.Os linfocitos envían os anticorpos polo sangue para que se encarguen de buscar e capturar os antíxenos que perxudican o noso organismo.Axúdanlle aos glóbulos brancos a neutralizar virus e bacterias externas.

  16. faa-irenetroncoso di:

    Os anticorpos (Acs) son moléculas da naturaleza proteica, cuxa función é identificar as substancias extrañas e microorganismos que invaden o noso corpo e eliminalas a través da acción doutras moléculas proteicas coñecidas como Complemento, ou ben favorecendo o proceso de fagocitose. Os Acs e en xeral o sistema inmune aparecen evolutivamente como os primeiros vertebrados, é dicir cos peixes cartilaxinosos (elasmobranquios), como as quenllas e as mantarrayas, hai 450 millóns de anos.